ASalta
‘Detrás do odio’: o aumento das agresións LGTBIfóbicas

Entre 2015 e 2019 os incidentes de odio en materia de orientación sexual e/ou identidade de xénero aumentaron un 65%. Nas últimas semanas, colectivos vinculados á causa advirten dun incremento das agresións, que poñen en risco os dereitos conquistados ata agora.

O número de agresións cara o colectivo LGTBIQ+ aumentou nos últimos anos. No 2019, o Ministerio de Interior recollía no seu informe sobre a evolución dos delitos de odio no Estado español 259 denuncias por parte de persoas do colectivo. Os datos contrastan cos da Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans e Bisexuales –FELGTB- que recadaba no mesmo ano un total de 971, xa que amplían o campo a incidentes discriminatorios que poden non ser constitutivos de delito. O asasinato de Samuel, as agresións de odio pola rúa cara persoas do colectivo e as pintadas lgbfóbicas das últimas semanas poñen o foco outra vez nun problema estrutural que vai en aumento.Xandre Garrido é activista polos dereitos do colectivo na organización Avante LGBT+ e, aínda que cre que sempre houbo agresións, considera que si se pode falar dun incremento canto máis visible é o colectivo: “No mes do orgullo hai máis agresións todos os anos, e este houbo unha repunta tras o asasinato de Samuel e a vaga de solidariedade que se mostrou ante isto. Estamos vendo que existe unha resposta por parte das persoas LGTBIfóbicas, que non lles gusta que a sociedade as estea deixando atrás”. Segundo el, non existe máis xente que odia, senón que os que xa odiaban antes se senten con máis liberdade para facelo “porque teñen persoas nas institucións que defenden estes discursos e se ven lexitimados”. Para a activista Laura Bugalho, “xente que odia existiu sempre, aínda que agora se lle están dando moitos azos, non só polo aumento da dereita, senón tamén polos titubeos dun goberno progresista”.

Elena Rey ten 20 anos e é bisexual. Segundo ela, aínda que agora si hai máis liberdades para as persoas do colectivo que en xeracións anteriores, seguen existindo aspectos a mellorar: “Eu nunca sufrín agresións físicas, pero si que me sentín cuestionada e xulgada por parte do meu entorno. A bisexualidade continúa poñéndose en dúbida, coma se fora unha fase que se che vai pasar”. Xandre Garrido ten 29 anos e saíu do armario con 16. Conta que a súa mellor amiga o fixo con 14 e as súas experiencias foron completamente diferentes: “Ela sufriu moita LGTBIfobia. Perseguíana no instituto, tirábanlle pedras pola rúa... a miña experiencia foi completamente diferente, en parte porque eramos máis maiores, pero tamén por ela ser unha muller e eu un home”. Julián Prieto ten 38 anos e saíu do armario con 17. “As experiencias das persoas novas que saen do armario agora son diferentes porque existen máis referentes. Antes, a etiqueta que máis se permitía era a da homosexualidade, sobre todo masculina. O tema trans seguía a ser difícil e o non binarismo era algo que nin se podía chegar a cavilar naquel momento. Aínda así, a miña percepción continúa a ser que existen dous mundos. Hai xente que pode falar disto con normalidade e outra que nin por asomo”, explica Julián. El é camareiro e, polo tanto, traballa de cara ao público. “A nivel clientela téñense dado casos de comentarios absolutamente homófobos cara min que quizais non estaban motivados unicamente pola sexualidade pero nos que a sexualidade si era criticada, e sen máis información pola miña parte que unha masculinidade non hexemónica”, conta Julián.

Laura Bugalho: “As cousas teñen nome e isto foi un crime homófobo, un crime de odio.”

Segundo un informe realizado pola FELGTB, o 85% dos agresores son varóns. Xandre Garrido, que está a realizar unha tese sobre LGTBIfobia explícao: “Hai un pico de LGTBIfobia na adolescencia, precisamente cando se está construíndo a identidade, xa que se usa a LGTBIfobia como unha forma de probar a masculinidade. É máis macho o que é máis homófobo. Para min isto foi o que condenou a Samuel; se fora calquera destas persoas por separado tería parado antes, pero precisamente ao estar en grupo e ter a outra xente mirando quería ser o que máis”. Na experiencia de Julián “todas as persoas non lidas como unha masculinidade non hexemónica sufrimos rexeitamento”. Elena Rey recalca a importancia da educación dende a base para paliar estes comportamentos. Laura Bugalho teno claro: “As cousas teñen nome e este foi un crime homófobo, un crime de odio. E isto débeno entender algunhas feministas: que este crime é resultado do heteropatriarcado, para que se vexa que o suxeito do transfeminismo é moito máis amplo que ser muller biolóxica”. Segundo ela, a deconstrución non significa só liberdade para as mulleres, senón tamén para os homes. “Poder falar dos afectos, dos sentimentos, é unha cousa marabillosa que libera. Ao final a castración sufrímola todes”, explica. 

En Galiza, na lei 2/2014 especifícase que se ten que explicar a diversidade familiar e a realidade das persoas LGTBI+ no ámbito educativo. Dende a organización Avante LGBT+, que traballa tamén en institutos, Xandre Garrido explica a realidade que elas perciben nas aulas: “A situación cambia moito dun instituto a outro. Hai institutos nos que realmente si hai profesorado implicado, noutros nos que non hai charlas de ningún tipo e ata hai centros nos que o propio profesorado non se atreve a saír do armario por medo a sufrir acoso laboral”.  Segundo datos da FELGTB, un 7% dos incidentes discriminatorios acontece dentro dos espazos educativos e un 68% das vítimas ten entre 19 e 35 anos. Ademais, o 70% dos informantes son homes gais o que, segundo a Federación, “fala da maior visibilidade social destas persoas e tamén, probablemente, do maior acceso que teñen ás organizacións encargadas de dar resposta a estes incidentes”. Ademais, os espazos onde se producen as discriminacións son con frecuencia (13%) os espazos de intimidade e refuxio persoal das vítimas. “Coa pandemia, a mocidade LGBT+ está moito máis illada, máis soa, e ten moitos máis problemas de saúde mental ca antes”, explica Xandre Garrido.

Elena Rey: “O problema non está non individuo, senón na sociedade na que vivimos.”

Nos días posteriores ao asasinato de Samuel, difundíronse noticias falsas sobre a nacionalidade dos presuntos agresores. Dende Avante LBGT+ cóntannos que as súas redes sociais chegaron mensaxes culpando a persoas doutras nacionalidades deste crime. “Esta xente non quere que se sinale a lgbtfobia que hai na súa propia sociedade, e da que eles son partícipes, entón van a buscar unha cabeza de turco, como a xente racializada, para botar balóns fóra”, explica Xandre Garrido. Segundo datos do Ministerio de Interior, en 2019 producíronse 515 delitos de odio por motivos de racismo e xenofobia.

Despois do crime, as redes sociais enchéronse tamén de comentarios nos que se pedían altas penas para os agresores. Elena Rey reflexiona sobre isto e considera que, en ocasións, poden deberse a un “mecanismo de defensa” pero que o problema non está aí, no individuo, senón “na sociedade na que vivimos”. Laura Bugalho considérase “anticáreceres por definición” e pensa que “o sistema carcerario illa o problema, pero nunca o resolve”. Xandre Garrido pregúntase: “De que nos vale que uns rapaces de 20 anos pasen toda a vida no cárcere se isto non serve para evitar que outra xente cometa os mesmos crimes ou que eles mesmos, cando saian da cadea, non volvan a facer o mesmo?”. El avoga por “un programa con apoio psicolóxico e formación para que, cando saian do cárcere, poidan ter un impacto positivo sobre a sociedade na que están, incluso que sexan eles os que disuadan á xente de cometer este tipo de actos, e non un castigo simplemente por revanchismo”.Nos días posteriores ao asasinato de Samuel, as cabeceiras dos xornais e as redes sociais enchéronse de noticias, entrevistas e reportaxes de todo tipo que trataban o acontecido. Chegáronse a difundir, incluso, fotografías dos presuntos agresores. “Facer escarnio de persoas concretas nun caso de crime de odio ven vinculado cunha estrutura social que é o cisheteropatriarcado, e saca o foco de onde o hai que poñer, que é no sistema, na reproducion do odio cara as persoas LGTB”, explica Xandre Garrido. Elena Rey considera que “depende do medio” xa que “hai xornais que aportan un bo contido e outros nos que xa se di directamente que este asesinato non foi homófobo”.

A reacción ante as agresións á simboloxía LGTB
Marta Álvarez é granxeira, lesbiana e membro do colectivo agrocuir da Ulloa, onde son visibles dentro da vila. Alí hai un parque que arranxaron xa fai tempo onde pintaran a bandeira do arcoiris nun tobogán. A semana na que asasinaron a Samuel, tamén atoparon pintadas de “maricones” no tobogán e nos bancos dese mesmo espazo.
MARTA granxeira
Marta Álvarez, do Colectivo Agrocuir
“Esa mesma semana, facendo un percorrido por Lugo, tamén nos insultaron pola rúa”, narra Marta. Ela considera que está habendo un “retroceso” en todos os dereitos que acadaran. “Ás veces a xente di ‘non sei por que tendes que celebrar o voso día se xa estades normalizados´ e con estas cousas o que se demostra é que non, que temos que seguir reivindicando con máis forza”, explica Marta. Cando os bancos apareceron con pintadas e insultos “a xente de Monterroso reaccionou dunha maneira alucinante. Dicíannos que ían a volver a pintar os bancos, o que para min é unha maneira de expresar un ‘non temos medo e imos facer algo ao respecto’. A xente de Monterroso respondeu, veu a manifestación e partillou moito o das pintadas. Hai esperanza”.
Tras o asasinato de Samuel, continuaron a sucederse agresións de odio en concellos como Ponteareas e Sada e, na Coruña, destrozaron o altar que se lle fixera a Samuel. Ante o aumento das agresións e a necesidade de xerar espazos e rúas máis seguras para todas, Elena Rey avoga pola educación desde a base: “Todo comeza cando somos pequenos, coas películas, a música, os papeis que che mandan para firmar dende o colexio onde só hai a opción de pai-nai... É necesario ensinarlle aos máis cativos que hai outras familias que hai que respectar”.

Para Xandre é fundamental que todo o mundo se responsabilice deste tipo de agresións e actúe se presencia algunha: “Cando unha persoa interven e detén unha agresion LGTBIfóbica estalle salvando a vida a vítima nese momento, porque podería ir a máis, como pasou con Samuel; está salvando futuras vítimas do mesmo agresor, porque se viu que o pararon nese momento vai pensalo dúas veces antes de volver a agredir; e á vítima no futuro, porque se sofres agresións e ninguén fai nada podes acabar incluso no suicidio”. Para Laura Bugalho tamén é fundamental a organización interna dentro do colectivo e os autocoidados: “Temos que xuntarnos todes para ver como podemos evoluir e continuar, e con que estratexia”. Julián coincide con ela e engade: “Non podemos facer máis que seguir nas rúas, seguir xerando espazos de sororidade e irmandade dentro do colectivo para que quen precisa unha man, poida tamen encontrar unha man”.

'Detrás do odio: o aumento de agresións LGTBIfóbicas' é a primeira reportaxe dunha serie adicada a analizar as causas e consecuencias detrás das agresións e delitos discriminatorios.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

ASalta
Fotogalería 11 mulleres, 11 historias
Mulleres diferentes contan en primeira persoa por que o feminismo é importante todos os días do ano.
ASalta
“Coñecer o ciclo é importante para ser máis comprensivas”
A menstruación continúa a ser un tabú e, en moitos países, afecta de xeito grave a que as nenas poidan acceder a unha educación de calidade.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.