Audiovisual
Carballo Interplay: os novos camiños dos contidos dixitais pasan pola Costa da Morte

O festival explora o talento e a creatividade na internet e reivindica a Ángela Ruiz Carballos, Hedy Lamarr, Alice Guy ou Ada Lovelace.

Carballo Interplay Sexi Herpes
Fotograma de Sexi Herpes, unha das webseries que se poderán ver no Carballo Interplay.

“Podes vir descubrir series dixitais ou escoitar aos directivos ou directivas das plataformas que nos van contar cara a onde se encamiña o futuro dos contidos dixitais; podes vir para ver que pasa co audiovisual galego ou ver o concerto de Carlo Padial; ou podes coñecer como o petaron as redes de Operación Triunfo escoitando a Carolina Igrexas e Belena Gaynor”, explica Sonia Méndez, directora do Festival Carballo Interplay.

A principal vila da Costa da Morte acolle entre os días 4 e 7 de abril este evento que na súa quinta edición reivindica o papel das mulleres no desenvolvemento tecnolóxico e o audiovisual. Ademais dunha selección de webseries de todo o mundo, este festival “explora o talento e a creatividade na internet, atendendo ao seu uso como medio para a narración, o humor máis transgresor, a non-ficción, a cultura dixital ou a performance interactiva”, explican os seus organizadores.

“Fomos o primeiro festival específico de webseries, e conseguimos facer unha comunidade que vai máis aló das webseries e xera novos experimentos audiovisuais”, di Méndez que, a pesar do programa repleto de youtubers e instagramers cre que o público milenial non é o único interesado neste festival.

“Evidentemente eles están a construír dalgunha maneira a linguaxe que usamos: todo cambiou”, explica, pero pon como exemplo da aposta interxeracional a webserie gañadora do ano pasado na sección de webseries en galego, Teño unha horta en San Sadurniño, unha canle de Youtube na que as protagonistas comparten os seus coñecementos sobre o traballo no campo.Entre as novidades deste ano atópase a zona profesional, que ten como obxectivo poñer en contacto creadores e creadoras con plataformas, cun pequeno mercado, charlas e zona de networkig. 

CLAUSURA CON MULLERES TECNOLÓXICAS

“Tratamos a imaxe do festival con moito agarimo e queriamos usala para visibilizar mulleres pioneiras”, di Méndez sobre a cartelería do festival, que ten como protagonistas a Hedy Lamarr, precursora da tecnoloxía móbil, Ada Lovelace, matemática e escritora británica, Alice Guy, primeira persoa en dirixir unha película de ficción, Ángela Ruiz Carballos, inventora do e-book, Delia Derbyshire, pioneira da música electrónica, Margaret Hamilton, científica computacional, Radia Perlman, precursora da internet, Mary Allen Wilkes, enxeñeira programadora, Susan Kare, pioneira no deseño de interfaces de usuario e Agnès Varda, cineasta.

Ademais, este ano a gala de clausura do festival levará o título Mulleres e tecnoloxía: unha unión imposible?. Na gala, a actriz e clown Akira Valero fará un percorrido pola vida dalgunhas das mulleres que protagonizan o festival, utilizando o cabaret, o cuplé, o falso documental e a improvisación experimental.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Economía social y solidaria
Nuevos formatos Nuevo estudio, formatos y programas para hablar de Economía Social y Solidaria
En El Salto tenemos nuevo estudio de grabación y lo estrenamos por todo lo alto con la producción de nuevos formatos audiovisuales con los que ampliar nuestra cobertura informativa de las alternativas al sistema capitalista.
Eventos
Taller de podcast El Salto invita a estudiantes a explorar las posibilidades del formato audiovisual
Proponemos un taller de guion y producción de programas para estudiantes de comunicación y periodismo los días 24 de abril y 8 de mayo.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.