Baile
Tradición: torreiro de conflito

Un novo movemento de bailadoras e de escolas está a defender o baile tradicional galego como algo vivo: desmontando estereotipos machistas ou estendendo foliadas onde mandan a espontaneidade e se abandonan os vellos xeitos folclorizantes. Cuestionan desde o feminismo o “isto sempre se fixo así” dos sectores máis “puristas”.

baile tradicional galego
Os seráns ou foliadas de baile espontáneo son unha característica do novo movemento de bailadoras. Elena Martín

Habitar unha comunidade lingüística e culturalmente non hexemónica adoita provocar a reflexión e o cuestionamento do que é a identidade. O mundo semella camiñar cara á uniformización cultural e o desarraigo, mais nel emerxen suxeitos outrora invisibilizados que cuestionan a visión que desde a posición de poder se ten da cultura. A tradición é territorio de conflito.

No 2018 certas agrupacións folclóricas galegas reivindicaron a declaración do baile tradicional como Ben de Interese Cultural (BIC). O 16 de marzo a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria resolveu incoar o expediente e publicou no DOG a declaración. Desde moitos sectores viuse con preocupación a visión folclorizante que se daba do baile, así como o mantemento de moitos estereotipos e códigos sexistas. Por estes e outros motivos a Asociación Galega de Antropoloxía Social e Cultural, o Museo do Pobo Galego, A Gentalha do pichel e muitas outras asociacións e persoas presentaron alegacións á proposta de BIC antes do 26 de xullo de 2018. O veredicto final fica sen resolver.

Unha nova xeración de bailadoras

Carme Campo é profesora de baile tradicional na Gentalha do Pichel (Compostela) e, xunto con Chus Caramés, impulsora do proxecto Andar cos tempos que busca “revisar o baile e a música tradicional con perspectiva de xénero”. A Gentalha é un centro social, entre outras cousas pioneiro no ensino do “baile tradicional espontáneo”, que cumpriu 15 anos de andamento no 2019. Campo deu clases de baile desde o comezo e, polo tanto, o de pioneira tamén vai por ela. “Cando comecei a dar aulas atopeime con que teño que analizar como trasmito, como ensino. Foron as miñas alumnas quen me preguntaron ‘como home como teño que por os brazos?’ ou ‘como muller teño que saltar máis ou menos?’. Eu tiña consciencia de xénero e pregunteime: ‘cal é o sentido de manter uns estereotipos que no resto da miña vida non son válidos?’ Ante esta pregunta véñenme coa resposta de sempre: téñense que manter estes estereotipos porque é o tradicional”, conta.
Cando comezo a dar aulas atopóme con que teño que analisar como trasmito, como ensino

“A outra pregunta que nos facemos Chus e máis eu en Andar cos tempos é que entendemos por tradicional. É unha foto fixa do século XIX? Un espectáculo? Ou é algo vivo que vai cos tempos?”. Desde a súa perspectiva o texto da declaración do Ben de Interese Cultural “é confuso na definición do que se quere declarar ben. Créase unha confusión entre baile vivo, espontáneo, e o baile de escenario, folclorizado. Desde que o propio ben non está claramente definido, todo o que van tentar marcar a partir de aí é confuso”.

A Pontraga é un lugar da parroquia de Numide, concello de Tordoia. De aí é Carme Iglesias quen, ademais de profesora de baile e pandeireta, é integrante do grupo de música tradicional Bouba. A particularidade do lugar é que —a diferencia doutros sitios— conseguiron manter certa interxeneracionalidade. “Non dun xeito directo como hai 60 anos” aclara. “Os rapaces aprenden a bailar nas aulas, mais ao mesmo tempo están en contacto con xente maior que tocou e bailou sempre e tamén con nós —a miña xeración— que aínda que temos unha visión máis artística, valoramos o traballo comunitario e sobre todo o traballo no rural”, conclúe. “Cando comecei a bailar non tiña nen idea de que existían tipos distintos de baile. Con nove anos dinche: ‘a muller non baila, só acompaña’, ‘as rapazas só medio sorriso’, ‘non saltes tanto’… No momento non te dás conta, mais cando tes 14 ou 15 anos xa pensas que algo pasa”. No seu caso produciuse un antes e un despois cando a Asociación Cultural Brisas do Quenllo —fundada por catro amigos, entre eles seu pai— decidiu “falar coa xente da parroquia e xuntala, xente da que sabían que bailaban de mozos e tal”. “Cando vimos bailar a aquela xente flipamos. Nós tiñamos aulas na asociación que mantiñan o xeito de ensino tradicional da Sección Femenina e cando vimos aos vellos a improvisar, a mudar de posición e de parella… Non entendiamos o que estaban a facer. Ver iso fixo que comenzásemos a interesarnos e a partir de aí combinamos todos os domingos”, conta.

Con nove anos dinche: ‘a muller non baila, só acompaña’, ‘as rapazas só medio sorriso’, ‘non saltes tanto’… No momento non te dás conta, mais cando tes 14 ou 15 anos xa pensas que algo pasa

Para Iglesias está claro que o texto da Declaración do BIC “só representa o espectáculo de escenario, non o baile que está vivo”. Ademais afirma que poñen como características propias do baile: “as dúas filas, unha de homes e unha de mulleres; o feito de que o home ten que ser quen saca sempre; o home salta máis, e leva os brazos mais arriba, a muller máis abaixo…”

Xulia Feixoo é etnomusicóloga e mestra de percusión tradicional e xunto a Guillerme Ignacio Costa integra o grupo de traballo Arredor da tradición. “Non creo que a declaración estea feita con mala intención”, afirma. “Abre un camiño interesante, pero a maneira de resolver o texto ten moitas eivas. Creo que non fixeron unha lectura atenta doutros textos. Por exemplo, cando se declarou o baile popular da bretaña francesa Patrimonio Innmaterial da UNESCO. Ese sería un exemplo perfecto”. Feixoo ve confusa a definición do ben: “O tema do folclorismo non pinta nada dentro da música e do baile de tradición oral. Esa é outra corrente, que ten que ver cos escenarios, coa representación escénica. Non pode haber folclorismo, se falamos de música e de baile tradicionais”.

O tema do folclorismo non pinta nada dentro da música e do baile de tradición oral. Esa é outra corrente, que ten que ver cos escenarios, coa representación escénica

A ruptura na cadea de trasmisión

“O baile folclorizado naceu a finais do século dezanove e comezos do vinte”, conta Carme Campo. “A transmisión da danza deixou de ser familiar e comezou a ser regrada, a través das agrupacións e dos coros. O obxectivo era subir ao escenario un espectáculo que obedecese a unha foto fixa –a romántica e costumista–. Marcouse o que se debera considerar tradicional, esencial da nosa identidade e do noso folclore”, conclúe. Isto mantívose até o franquismo, cando nacen os “Coros y Danzas” da “Sección Femenina”.

Esta agrupación franquista fixo recollidas de campo, mais a súa finalidade non era amosar a realidade musical de Galiza. Beatriz Busto Miramontes, antropóloga cultural e musicóloga, nun artigo titulado O poder do folclore: os corpos en NO-DO (1943-1948) afirma que para ‘Coros y Danzas’, “non era en absoluto necesario recoller todos as variedades que se bailasen de xeito real nas vilas, senón que con achar un ou dous que resumisen a Galiza, incluso homoxeneizándoa ou estereotipando a súa música ou o seu baile, o obxectivo estaba cumprido”. Busto conclúe que estas agrupacións “non só representaban unha e outra vez os significados de xénero que xa existían na sociedade [...] senón que inventaron movementos concretos que evidenciaban máis ainda os roles de xénero asociados á muller: o coidado, a feminidade, a delicadeza, a pureza, a alegría, a dozura, a maternidade, a inxenuidade”.

baile tradicional galego 2
A Gentalha do Pichel é un centro social pionero no ensino do baile tradicional espontáneo. Elena Martín
Nos anos 70 moitas das persoas que traballaban coa “Sección Femenina” rompen con ela, voltan ás aldeas e “elaboran outras montaxes folclóricas, que consideran que son máis tradicionais”, continúa Campo. “É importante salientar que a xustificación destas agrupacións sempre é a mesma: achegarse máis ao tradicional. O problema é que as recollas dos 80 fixéronse co vello ideal decimonónico: a sociedade era machista, logo os códigos que se recolleron tamén” afirma.

A xustificación destas agrupacións sempre é a mesma: achegarse máis ao tradicional

Na mesma liña, Iglesias comenta que cando comezou a dar aulas non quixo “manter certas cousas”. Daquela xa entrara en contacto co baile espontáneo. “Eu puña as nenas a sacar, dicíalles que levantasen a saia [para que se vise como sacaban o punto]… iso considerouse unha ofensa moi grande por parte das agrupacións folclóricas”, lembra. Aínda a día de hoxe, a transmisión de estereotipos de xénero no baile é habitual nas aulas. Non obstante, Xulia Feixoo ten claro que: “Se queremos seguir transmitindo o noso patrimonio temos que seguir facendo modificacións para que non sexa nocivo para nós. O tema do xénero é clave, temos que analizalo e revisalo”.

A música e o baile

Outro dos elementos que se cuestionan da declaración de BIC é a relación entre o baile tradicional co traxe e non coa música. Carme Campo amósase contundente: “O traxe é un constructo con connotacións claramente de xénero: a muller como anxo do fogar. No traxe reprodúcense códigos de clase e de xénero. Se no século XIX o baile vai ser unha escenificación idealizada da sociedade, no traxe búscase idealizar á muller segundo a moral burguesa da época: doce, sumisa, bonita e ben ataviada”.

Condición para a UNESCO é protexer o entorno no que ten lugar ese baile, nese entorno música e baile son indivisíbeis

No que se refire á relación entre o baile e a música tradicional Xulia Feixoo comenta que “non se entende unha cousa sen a outra. Ese é un dos motivos polos cales ese expediente non pode ser aprobado. Condición para a UNESCO é protexer o entorno no que ten lugar ese baile, nese entorno música e baile son indivisíbeis”. E continúa, “o patrimonio inmaterial, se chega até nós, é porque sufriu certas modificacións que o fixeron útil para a xente”.

Feixoo resalta tamén a importancia das mulleres na transmisión do patrimonio inmaterial: “Estou convencida de que realmente todo o peso da transmisión e da conservación recaeu sobre as mulleres”. Como investigadora foi comprendendo “que a música e o baile eran claves dentro da vida da sociedade tradicional. Non só era un momento para o lecer, dos traballos agrícolas moi duros: constituían un espazo no que se daban moitas circunstancias. A nivel sociolóxico, por exemplo, regulaba as relacións entre os homes e as mulleres. Iso foi posíbel grazas ao traballo das mulleres”. O BIC, non obstante, relega a estas mulleres a un papel difuso nesta transmisión, mentres declara ás agrupacións folclóricas como depositarias fundamentais deste patrimonio inmaterial.

O conflito

A polémica en torno á declaración de BIC do baile galego é síntoma dunha mudanza na correlación de forzas entre dous xeitos de entender o que debe ser a tradición no século XXI. Fronte a unha visión “folclorizante”, irrompen novos ollares que incorporan o feminismo como ferramenta de análise e revisión da nosa tradición. Desde o respecto cara o pasado, o noso patrimonio transfórmase grazas ás ópticas do presente. En palabras de Carme Iglesias: “É un movemento de volta ao baile espontáneo e que se nutre dunha serie de asociacións e de persoas que están a rachar cos roles”.
Hemeroteca Diagonal
Swing: pasos para recuperar la ciudad

Las plazas se llenan de gente con ganas de bailar. Lo hacen de manera colectiva y cada vez son más.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Entrevista La Poderío
Entrevista La Poderío Carmen Fernández Gálvez: “El origen de la creatividad está en la naturaleza”
Carmen Fernández Gálvez (1979) nace en Vélez Málaga. Como mujer inquieta y curiosa decide realizar estudios de psicología. Su pasión por la cosmética natural y los remedios vegetales comenzó años más tarde.
Brasil
Ana Carolina Lourenço y Fabiana Pinto “Organizar la imaginación es la lucha de nuestro tiempo”
En la vanguardia de los movimientos que plantaron cara a la extrema derecha bolsonarista, las mujeres negras cuentan con una largo recorrido en la disputa política brasileña. Un libro recoge su genealogía y sus miradas para el futuro.
Alemania
Alemania Feminicidios en alza en un país sin Ministerio de Igualdad ni ley de violencia de género
La convocatoria de elecciones en Alemania dejará en suspenso la propuesta para crear una ley específica de violencia de género en un país donde la última cifra oficial, 360 feminicidios en el año 2023, podría no reflejar una realidad mucho más grave.
Vigo
Sanidade Unha multitudinaria manifestación enche Vigo contra a privatización sanitaria orquestrada desde a Xunta
Ducias de miles de persoas e os partidos da oposición acoden ao chamado de SOS Sanidade Pública para reclamar “a reconstrución da área sanitaria de Vigo”, empobrecida pola privatización de servizos e os sobrecustos do Álvaro Cunqueiro.
Vigo
Política A exdirectora financeira de Povisa perfílase como a nova líder do PP de Vigo
Luisa Sánchez Méndez foi entre 1999 e 2023 alto cargo do Hospital Povisa desde onde Alfonso Rueda deulle o pulo á sanidade pública, dirixindo os Recursos Humanos da Consellería de Sanidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Medio ambiente
Minaría A Xunta xestiona a reactivación de 51 minas en Galiza coa licenza caducada
O goberno de Alfonso Rueda publicou medio centenar de concursos de dereitos mineiros con permisos caducados que abrirán as explotacións unha vez conclúa unha fase de análise e investigación do solo.
Rap
Poetas Puestos “Tanto los medios como la política quieren que seas un tonto feliz”
Charly Efe y Teko, acompañados de una banda, publican el disco ‘Tontos felices’ donde mezlcan su carrera en el rap con ritmos rock para crear lo que han bautizado como rap‘n’roll.
Ocupación israelí
Ocupación israelí Israel firma el acuerdo con Hamás, pero todavía tiene que votarlo el Gobierno
Los representantes israelíes en Doha validan el pacto para un cese temporal de las hostilidades y un intercambio de prisioneros. Este viernes se vota en el Gobierno israelí, donde dos partidos ultras se oponen.

Últimas

Groenlandia
Análisis Por qué Groenlandia es clave en la carrera por las materias primas
El anuncio de Trump parece salido de una precuela de la película 'Don’t Look Up', en la que los intereses geopolíticos y económicos no nos dejan ver el colapso inminente.
Opinión
Opinión Un alto al fuego hecho a la medida de Trump
El esperando anuncio del cese temporal de los ataques sobre Gaza responde a una estrategia de los EEUU de cambio de paradigma regional. El acuerdo es injusto e insuficiente para los gazaties, que han sufrido un genocidio aún impune.
Historia
Descifrando a historia As cortes de Melide, así foi como o medo da nobreza galega tratou de frear novas revoltas como a Irmandiña
No ano 1520 en Castela, estala a Guerra das Comunidades. Esta revolta vai ter un carácter antiseñorial e tamén en contra o novo rei, Carlos I. En Galiza, tamén tivo o seu eco.
Más noticias
China
Pulsos bajo el cielo Beijing rave: amor, unidad y respeto
Exploramos los entornos de la música electrónica underground en Beijing, donde los jóvenes siguen creando espacios y nuevas formas de relacionarse y entenderse
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El CIS vuelve a situar la vivienda como el principal problema de la población
Uno de cada dos votantes de las izquierdas sitúan la vivienda entre los tres grandes problemas que afronta el país. La encuesta del CIS muestra a los partidos de la izquierda en la misma situación de desinfle que el mes pasado.
Análisis
Análisis El PSOE intenta pescar en el río revuelto de la izquierda para acercarse al PP
Entre los votantes del PP solo hay dos cosas que produzcan ilusión: el rechazo a Sánchez y su Gobierno e Isabel Díaz Ayuso. Feijóo no es una de ellas.
Galicia
Literatura Daniel Salgado reformula las claves de la poesía política en la contemporaneidad en 'Poemas realistas'
El discurso de este poemario convoca las dos ideas-fundamento que vertebran la poética de Salgado: la constatación de la ruina y la perseverancia en la posibilidad de un horizonte no clausurado.

Recomendadas

Literatura
Letras Galegas Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila
As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Historia
Historia La segunda vida de Joaquín Maurín
Alberto Sabio reconstruye en ‘Excomunistas’ la vida y el pensamiento del fundador del POUM: desde su politización en el republicanismo hasta su giro socialdemócrata y anticomunista durante la Guerra Fría.
Ocupación israelí
Expansionismo israelí El Golán sirio, radiografía de una joya natural diezmada por la ocupación israelí
Las actividades extractivistas del Estado israelí sobre los recursos hídricos o proyecto de parque eólico en las tierras colonizadas amenaza el sustento diario de las comunidades locales.
Represión
Represión Cómo descubrir a un infiltrado, el manual
Un grupo de afectadas por el espionaje policial publica un texto colectivo como herramienta y reflexión sobre este fenómeno.