Balea Cultural
Ennio Morricone: 90 anos, 500 películas (I)

Hai moito Ennio Morricone que estudar. Nesta primeira parte achegámonos aos seus primeiros pasos nunha etapa máis experimental que ainda non define na totalidade o seu estilo. Talvez unha das cuestións máis interesantes de Ennio Morricone, así como da súa maneira de facer música, era como el entendía a necesidade de que imaxe e son coincidisen na pantalla.

Ennio Morricone dirixindo
Ennio Morricone. Foto: www.enniomorricone.org
BALEACULTURAL.NET
10 nov 2018 12:00

Cal é o voso filme favorito do cine italiano? Haberá quen prefira unha total e emotiva oda ao cinema, como é o caso de Cinema Paradiso (1988), un filme no que toda a ilusión que nos transmiten as grandes pantallas se ven reflectidas como nunca. Outra xente dirá que non. Que a década dourada foron os sesenta, cando se producía máis cine no país que no resto da súa historia e onde xurdían novos xéneros coma o spaghetti western, destacando O bo, o feo e o malo (1966) ou Once Upon a Time in the West (1968). Tampouco é unha tolemia rexeitar estes dous filmes dende o respecto, e crer que o cine máis político dos sesenta/setenta como Novecento (1976) ou A batalla de Alxer (1966) son os claros trunfos do cine italiano, capaz de poñer sobre a mesa cuestións non tratadas antes e tan necesarias.

Sexa como for, un feito é que todas esas películas, con décadas de diferenza, comparten un membro no equipo que lle deu vida: Ennio Morricone, O Mestre. Atribúeselle a Bernardo Bertolucci unha frase en relación ao compositor, na que afirma que durante os anos 60 e comezos dos 70 era difícil atopar unha película italiana sen música súa. E sexa ou non del, a frase é certa: aos seus noventa anos, conta con créditos de composición en máis de 500 creacións audiovisuais tales como filmes, documentais, series de televisión ou curtas. E destas, máis da metade foron entre o ano 1960 –cando comezou– e 1979.

Morricone conta con créditos de composición en máis de 500 creacións audiovisuais tales como filmes, documentais, series de televisión ou curtas.

Rematado o período neorrealista, chegados os sesenta, abriuse en Italia unha nova etapa para o cinema. Luchino Visconti, Federico Fellini ou Roberto Rossellini van abrir a porta a novas visións do cine italiano, e van comezar a xurdir novas inquedanzas, visións e maneiras de contar feitos na sétima arte. Existía unha demanda demasiado elevada, e a produción cinematográfica foi bestial ata o punto de que incluso se creou unha burbulla ao redor dalgún xénero coma o spaghetti western. Entre os anos 60 e 70 filmáronse ao redor de seiscentas películas clasificables dentro de dita etiqueta.

Destacaron entre todas, os filmes dirixidos por Sergio Leone. Non se trataba de simples filmes de vaqueiros con disparos, senón de auténticas xoias cinematográficas onde o silencio e a música xogaban un dos papeis máis importantes da historia do cine, todo combinado con primeiros planos agresivos e movementos veloces nos que era sinxelo perderse. O feito é que, por moito que as películas tivesen momentos de acción, e que o pensamento popular dese lugar á idea de que os spaghetti westerns estaban cheos de sangue, disparos e acción, Leone deu un dos cines máis pausados da historia.

Cada silencio dos personaxes, prolongado ata o límite, transmite máis que cen palabras ou que douscentos disparos. Ás veces son pausas claras, e outras moitas simplemente os personaxes tardan en contestarse nas conversas. Aumentan a tensión, déixannos claro que non estamos nunha peli de humor, e engrandecen a historia tan simple na que se basean. Historias de vinganzas e de heroes de poucas palabras que precisan resarcir o seu pasado.


Moitos deses silencios veñen cun único acompañante, que é a música. Unha música que, ademais, no caso d’O bo, o feo e o malo, foi dotado de elementos recoñecibles que se transmitiron xa como un elemento cultural externo á película. Cando falamos deste elemento referímonos a certo asubío, que soa varias veces por todo o filme, ás veces anunciando a chegada de personaxes e outras axudando a crear tensión nas escenas que a precisan. Dito asubío volveuse agora de sobra coñecido, e foi utilizado ata a saciedade en programas de humor en sketches de duelos.

Hai quen considera a Clint Eastwood a estrela indiscutible do spaghetti western, mais foron as batutas de Sergio Leone –capaz de compoñer escenas como ninguén– e de Ennio Morricone –quen encheu os silencios que Leone deixaba– as que, sen lugar ás dúbidas, converteron o spaghetti western nun dos subxéneros cinematográficos máis queridos e valorados da historia. Dixemos xa de que existen máis de seiscentas películas producidas e categorizables baixo o xénero, mais o feito de que falemos sempre só das mesmas é porque cando Leone e Morricone colleron o xénero en 1964 preparárono todo para facer cine en maiúsculas, con poucos cabos soltos e cun estilo único para contar historias.

Mais Leone e O Mestre colaboraron só en cinco filmes xuntos durante as décadas dos sesenta e dos setenta, e dixemos antes que Morricone fixo ao redor de duascentas composicións para o audiovisual durante ditas décadas. En certos momentos, Morricone estaba a compor mensualmente para vinte producións diferentes, e explorou a través da súa música sensacións e sentimentos de todo tipo lonxe da creación de tensión dos westerns.

No ano 1958, Morricone acode de oínte a un seminario en Roma ofrecido por John Cage, músico de jazz norteamericano. Alí, pronto se verá fascinado polas habilidades de improvisación deste. Descobre novas oportunidades, novos sons, e novas capacidades artísticas para chegar a sons e sensacións nas que non pensara detidamente. E a oportunidade para darlles forma en plenitude chegará ao coñecer, en 1968, a Darío Argento.

Ennio Morricone e Dario Argento
Fotograma de Il gatto a nove code, Dario Argento (1971)
Argento traía canda si unha visión do cine moi diferente da que Sergio Leone tiña. Os seus filmes, definibles no cine italiano como cine giallo, son máis violentos. Os planos son longos, igual que os de Leone, pero xa non son utilizados para crear tensión, senón para escandalizar e asustar. E, dentro desta visión, Morricone logra dotar ás imaxes de Darío Argento da forza necesaria para crear esa repulsión procurada. Colaborará con Argento na súa Triloxía zoolóxica, sendo tamén a súa música unha peza esencial na narración da historia.

Morricone móstrase errante nas composicións, con claras influenzas do jazz, utilizando como única peza condutora da banda sonora unha liña de baixo repetitiva. Soan voces entoando nanas, animais queixándose, pianos e arpas que aparecen e desaparecen confundindo aos ouvintes. Non se crean ritmos como antes, nin cancións como tal, senón que a composición está creada para casar perfectamente coas imaxes do filme. E, con todo, o valor musical destas composicións é innegable, pois mostra un Morricone excelso e inquieto, cunha necesidade xa non só de acompañar á perfección os filmes nos que traballa, senón de crear novos sons e plasmar os seus novos coñecementos na súa música. Sen dúbida, as creacións de Morricone para Argento supoñen a súa faceta máis experimental.

Sente a necesidade só de acompañar á perfección os filmes nos que traballa, senón de crear novos sons e plasmar os seus novos coñecementos na súa música.

Talvez, unha das cuestións máis interesantes de Ennio Morricone, así como da súa maneira de facer música, era como el entendía a necesidade de que imaxe e son coincidisen na pantalla. E se cadra por isto, sumado a unha imperiosa necesidade de dar exemplo de como debería facerse, poidamos entender como Ennio Morricone xamais se cortou á hora de explorar os diferentes xéneros cinematográficos que existen, tales como os xa mencionados ou, incluso, o cine erótico.

Como en moitas partes de Occidente, os anos sesenta significaron cambios verdadeiramente significativos nas relacións sociais, na maneira de desenvolvelas e na definición de cuestións sexuais e románticas como tabús ou despreocupacións. No Estado español chamóuselle cine de destape, mais foi unha cuestión xeneralizada na época nos diferentes países europeos, sobre todo naqueles cun pasado político fascista.


Das películas daqueles tempos, non moitas continúan nin a ser visionadas nin comentadas. Pero si a participación de Ennio Morricone nelas. O Mestre pensou que todo ese erotismo merecía unha música acorde ás sensacións que as películas da época tentaban mostrar, e lanzou toda unha gama de bandas sonoras alegres, divertidas, que invitaban á festa e que casaban á perfección co ton sexual e provocativo daquel cinema.

Destaca sobre todo a marabillosa composición para Maddalena, filme erótico de 1971 no que Morricone xoga cos instrumentos de vento e confróntaos con percusións. E, á parte da achega vocal, moi presente sempre nas súas obras, agora aparece en modo de xemidos de pracer, repetíndose e tentando formar melodías como un instrumento máis. Sobresae tamén, dentro da película Quando l’amore e sensualita (1974), o tema Soluzione Borghese, onde para buscar similitudes cos ritmos que crea hai que se ir a artistas de rythm and blues como Stevie Wonder xa na súa etapa máis experimental.

Hai moito máis Morricone que estudar. Polo de agora, só falamos dos seus primeiros pasos e dunha etapa máis experimental que non achegou concrecións ao seu estilo. Aínda quedaban para Morricone, de feito, participacións co cine socialista italiano dos setenta, con directores como Gillo Portecorvo, ou con Bernardo Bertolucci. Participacións que merecen tamén o seu estudo, pois Morricone atopou neles xente que entendía o cine igual ca el.

Esa participación en filmes tan políticos, así como as súas achegas musicais ao cine “de destape” italiano, chocan cunha das cuestións máis persoais de Morricone: católico devoto, tamén tivo grandes participacións no cine relixioso feito durante as décadas dos anos 60 e 70 en Italia, e que rematou concretizándose na primeira das súas obras maduras, a banda sonora de The Mission, de Roland Joffé, a que Morricone considera unha das súas maiores creacións.

Pero iso é outra historia que xa contaremos, pois require de novo que nos deteñamos a analizar con detalle a segunda etapa de traballo do Mestre, que aínda que non foi tan activa, si deixou de novo música para a Historia.

Balea Cultural
Pasolini, o poeta que facía películas
O xenio comprometido que morreu por amor a unha sociedade que odiaba, que quería salvar e que o matou.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Laboral
Laboral El Consejo de Ministros aprueba la prevalencia de los convenios colectivos autonómicos y provinciales
La medida entrará en vigor el miércoles 22 de mayo cuando el BOE publique el decreto. Las patronales españolas, Comisiones Obreras y UGT apostaban por la estatalización de los convenios colectivos.
Genocidio
Genocidio Karim Khan: el tipo duro que ha puesto contra las cuerdas a Netanyahu y de los nervios a Biden
La decisión de la Fiscalía del Tribunal Penal Internacional de solicitar órdenes de detención contra los jerarcas israelíes responsables de la masacre de Gaza genera división entre los países europeos e indigna al gobierno de Estados Unidos.
Biodiversidad
Biodiversidad Natura 2000: una red de protección medioambiental amenazada por la agricultura
La pieza central de las políticas de protección medioambiental ha sido incapaz de frenar el avance de la agricultura intensiva en zonas sensibles. Visitamos tres ecosistemas protegidos en España, Portugal y Alemania para comprobar su impacto
Alemania
Extrema derecha “Es imposible confiar en el Estado alemán y su policía en la lucha contra los neonazis”
En Alemania, el movimiento antifascista se enfrenta a una oleada de represión, mientras que las elecciones de septiembre auguran la victoria del partido de extremaderecha Alternativa para Alemania en diferentes estados.
Contigo empezó todo
El Salto libros El Salto lanza su propia línea editorial con un libro sobre la otra historia de España
El Salto Libros se estrena con el volumen ‘Contigo empezó todo’, del periodista Eduardo Pérez, otra visión de la historia de España a través de 30 episodios olvidados. Suscríbete y te lo enviamos gratis.
Congreso de los Diputados
Congreso de los diputados Solo el voto en contra del PP evitaría que pasara su primer trámite la ley del PSOE contra el proxenetismo
Al primer partido del gobierno le bastaría una mayoría simple para comenzar el trámite de la propuesta del ley que presentó en solitario al Congreso de diputados. Aún y con ello grupo popular no les regalará el sí directamente en este primer pulso. Sumar hecho público su 'no' ya que considera que la propuesta del PSOE no aborda ninguna solución.
Análisis
Neoliberalismo Aquelarre fascista en Madrid: el auge de la aporofobia
El desaguisado argentino, VOX, Meloni, Le Pen, Trump, Bolsonaro, … son la consecuencia final lógica de un sistema de gobernanza que ya ha fracasado, el neoliberalismo.

Últimas

Industria
Transición ecosocial El sindicato ELA se prepara para demandar a la multinacional Stellantis por el cierre de la fábrica Mecaner
Considera que Stellantis ha podido vulnerar derechos básicos como la tutela judicial efectiva y la libertad sindical al empujar a los trabajadores a elegir una indemnización que triplica el mínimo y que implica renunciar a una demanda colectiva.
Crisis climática
Overshoot Day España entra en déficit ecológico
Este 20 de mayo se cumple el Día de la Sobrecapacidad de la Tierra en España, lo que significa que el país ya ha consumido el límite de recursos naturales por año que permitiría al planeta regenerarse.
Más noticias
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Tamujas
Lo que ocurrió fue que nos limitamos a escribir sobre una página en blanco la fecha del día, el nombre de la asignatura y las palabras que el profesor había escrito en el encerado. Eso fue todo.
Laboral
Convenio colectivo UGT, LAB y CC OO aceptan formalizar el contrato fijo discontinuo parcial en los polideportivos de Bizkaia
El preacuerdo atiende la reivindicación de la semana de 35 horas, por lo que, junto con los incrementos salariales, el valor de la hora de trabajo aumenta en un 20,8%. ELA ha rechazado el preacuerdo y mantiene la huelga en al menos 18 centros.
Irán
Irán La muerte del presidente de Irán sacude un escenario internacional convulso
Teherán comunica la muerte de su jefe de Gobierno, Ebrahim Raisi, y su ministro de exteriores, Hossein Amirabdollahian, después de que su helicóptero se estrellara en la tarde del domingo.
Movimiento BDS
Palestina La Universidad Autónoma de Barcelona y la ciencia europea al servicio de Israel
Una investigación destapa los lazos entre la universidad catalana y el entramado universitario israelí, así como sus vínculos con tecnologías armamentísticas.
Medio ambiente
Contra la planta de biogás La Coronada vuelve a movilizarse contra la planta de biogás
La Coronada (Badajoz) alberga ya un macrovertedero y sería la principal perjudicada por la planta de biogás proyectada en la vecina localidad de Villanueva de la Serena.

Recomendadas

Literatura
Día das Letras Galegas As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”
Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.
Feminismos
Feminismos Ana Requena y June Fernández: periodistas, feministas… e intensas
Estas dos comunicadoras comparten amistad, oficio y edad: cumplirán este año los temidos cuarenta. Por fortuna, en las presentaciones del último libro de Ana Requena, ‘Intensas’, las señoras suelen contar que una se libera con los años.
Migración
Migraciones Patera vacía: navegando en la necropolítica migratoria
Seguimos a un grupo de gente que se resiste a aceptar el designio de la suerte y del azar que hace que haya víctimas o supervivientes de manera injustamente aleatoria.
Periodismo
Jesús Cintora “Nunca había estado tanto tiempo fuera de la televisión o la radio... no sé por qué será”
El expresentador de Las mañanas de Cuatro publica ‘El precio de la verdad’ (Editorial B, 2024), un ensayo sobre el estado actual del periodismo español.