Balea Cultural
‘Saga’, cando a verdadeira guerra é formar unha familia

Ilustrado por Fiona Staples e escrito por Brian K. Vaughan, Saga é unha banda deseñada da editorial Image, saído en 2012 e que aínda está en publicación. Con multitude de premios, o cómic crea un universo propio onde se mistura a fantasía e a ciencia ficción con temas de corte intimista e social a un ritmo vertixinoso.

Saga 1
Saga, primeira portada. Fiona Staples e Brian K. Vaughan

Comparouse con Star Wars, con Xogo de Tronos, mais á hora da verdade nin a ciencia ficción de aventuras nin a alta fantasía poden enmarcar unha historia que é en realidade moito máis humilde e pequena: sacar unha familia adiante. Dos pinceis de Fiona Staples e da cabeza de Brian K. Vaughan sae un universo alternativo ao noso realmente vivo e natural, afastado de convencións típicas das aventuras espaciais, pero cos seus elementos de toda a vida: viaxes galácticos, aliens, androides, razas humanoides, animais con conciencia.... todos están aí, pero as súas interrelacións son presentadas de maneiras moi curiosas e pouco habituais, que flúen realmente ben a través da historia do cómic.

Cal é esta historia? A grandes rasgos, todo o universo conflúe na guerra entre o planeta Terrada e a súa lúa, Guirnalda. Dentro deste contexto, a narrativa céntranos na historia dunha parella: Marko e Alana, na que cada un é dun destes lugares, é dicir, que dentro do odio absoluto, nace esta familia mestiza, cuxa formación e evolución se expón ao lector. Cada un dunha raza tamén distinta, aínda que humanoides. En Terrada a xente é semellante a unha bolboreta, en sociedades tecnoloxicamente avanzadas, mentres que en Guinalda, as persoas teñen cornos e fan maxia.

Unha das teses que manexa esta banda deseñada é que o antónimo da guerra é o sexo

Mais é que isto só é unha parte mínima dun universo incriblemente rico, onde todo alude a este guerra, nos bandos, nos odios, nos refuxiados. Adóitanse primeiro meter os personaxes na trama por impacto para despois, a raíz deles, coñecer mundos, razas e culturas que compoñen o ambiente do cómic. Coñecemos desde compañías de teatro ilegais a rebeldes que queren acabar coa guerra a través da violencia, pasando por unha especie de mapaches fundamentalistas e outros estraños seres onde destaca o Reino Robot, onda hai unha especie de androides con sentimentos que respostan a unha tradición e xerarquía semellante á dunha Europa decimonónica.

saga 2
Sophie e a Gata da Mentira en 'Saga', viñeta do Tomo II
Destaca a velocidade de presentación de todo isto, continua e entretida, acadando un montón de información clara en moi pouquiñas viñetas, e sempre con detalliños que aluden á integración deste univeso dentro do imaxinario popular de forma sinxela. Por exemplo, a raza de Guirnalda fala esperanto (que non se traduce directamente no cómic, mais cuxo orixe, tan mestizo coma a familia protagonista, fai que se poidan entender certas frases sexa de onde sexa o leitor) e practica unha maxia cunhas regras bastante claras, a través da canalización de sentimentos ou da revelación de contido abstracto, coma soños ou segredos.

A narrativa recae nunha especie de analepse continua, onde a filla da familia nos explica en retrospectiva, as aventuras dos seus pais, dela mesma, e duns cantos personaxes secundarios, que se senten moi protagonistas. As súas partes, en forma de voz en off, representadas pola caligrafía real da ilustradora Fiona Staples, vannos deixando píldoras de información, que adoitan dar contexto, aprofundar en sentimentos ou directamente facernos unha especie de spoilers impactantes que funcionan como cebo tipo “... e así o meu pai foi na miña busca, sen saber que tardariamos anos en volver a estar xuntos”, que non fan máis que obrigar a deixarte levar e seguir lendo.

Coñecemos desde compañías de teatro ilegais a rebeldes que queren acabar coa guerra a través da violencia, pasando por unha especie de mapaches fundamentalistas

Este tipo de narrativa dirixida ao impacto está moi subliñada tamén a través do debuxo, onde destacan o modelado e a expresidade concreta de todas as razas, así como as fantásticas splash pages (debuxos que cobren todo o espazo da páxina, ás veces ata dúas) claves que funcionan como puntos de inflexión na historia, ou como final de cada capítulo (a entender, de cada grapa). Estes finais de capítulo son, irremediablemente, cliffhanger tras cliffhanger, nun estilo de contar historias ao que Brian K. Vaughan xa nos tiña acostumados con Y, O último home. Onde alí, o debuxo era máis útil que expresivo, as cores e trazos de Fiona Staples son marabillosos, coloristas a rabiar, facendo que todo sexa fermoso, aínda dentro do escabroso e das penurias que poida haber na trama.

Saga 3
Izabel en 'Saga', viñeta do tomo II
Hai, de forma xeral varias historias paralelas, que envolven a seres do máis heteroxéneo: a familia protagonista, varios asasinos a soldo, a ex do pai, unha esclava sexual liberada, un par de paparazzis ou un nobre da raza Robot.

As súas tramas entrelázanse a miúdo, e, aínda que o protagonismo xeral está na familia, todos se senten dalgun xeito moi protagonistas, é complexo sinalar heroes ou malvados, senón que todo se move nun gris coherente e permanente para cada un, co que é difícil non simpatizar ou non odiar un chisco a todos eles nalgún momento.

É curioso coma un cómic cun tema tan absolutamente adulto tamén sirve coma reflexo e entremento na xuventude

A narrativa ten unha temporalidade moi curiosa, sobre todo se o cómic é lido nos tomos recopilatorios, que adoitan completar arcos enteiros. Ás veces un personaxe queda inutilizado por capítulos enteiros, ou discorren anos enteiros sen información, ou parámonos con varios capítulos nun só día. O ritmo interno da historia é moi variable, tomándose Vaughan o seu tempo (ou non) para contar o que lle peta e da forma que el quere en cada momento. Estas mudanzas (drásticas a maioria delas) entre arcos reflíctense, de novo, de xeito importante na ilustración, sobre todo na mudanza física da parella protagonista e da súa filla.

Xa que ao final, Saga fala moito do paso do tempo. De como mudan as persoas, as interrelacións entre as mesmas, ou os xeitos de facer as cousas. Falan do proceso da maduración, e dun xeito moi persoal, pero universal ao fin e ao cabo, do que significa ser nai ou pai. É curioso coma un cómic cun tema tan absolutamente adulto tamén sirve coma reflexo e entremento na xuventude. Saga non fica, ademais, no concepto tradicional de familia, fala do amor coma lubricante para mover os personaxes e a historia adiante, amor entre familiares, por riba dos conflitos, amor heterosexual, homosexual, entre iguais, entre razas diferentes, en tempos de guerra, en tempos de loito, entre amigos.

Amor cun alto compoñente sexual, sitúandonos nun Universo que semella aceptar calquera tipo de amor, excepto o dos nosos protagonistas, excepto entre países en guerra, pero que non se queda aí, presentándonos a unha parella homosexual reprimida, a outra que lle vai mellor, a unha muller transexual, personaxes andróxinos, bisexuais, asexuados, ata hai un mundo aberto a toda perversión onde sae o tema da pederastia onde se establece unha das relacións máis curiosas do cómic. Precisamente unha das teses que manexa o cómic é que precisamente o antónimo da guerra é o sexo, e nesa dicotomía móvese habitualmente, máis aló das aventuras tanto espaciais como cotiás, que o fan avanzar todo. Excepto, precisamente iso, a guerra.

Saga 4
Príncipe Robot IV en Saga, viñeta do tomo III
Aínda que como pano de fondo, a guerra sempre está aí, nun estadío semellante, coma contexto da relación protagonista, coma condicionador da maioría de accións que fan os personaxes principais, mais é curioso, coma o mensaxe parece oculto detras doutras aventuras, pero sempre acaba saíndo, facéndose especialmente sangrante nun tomo sete que é dos máis lúgubres e tristes da historia até o momento presente. O relato de Saga é radicalmente pacifista, pero non inxenuo, articulando a historia arredor dela, pero non de forma directa, senón coma un condicionante máis da narrativa principal, xa que aínda que se soe facer humor de maneira constante, con moitas doses de acción, os grandes momentos se moven na felicidade ou na tristeza máis claras e directas.

Saga é un cómic moi divertido, pero que gaña capas de profundidade de forma vertixinosa, e canto máis te fundes no seu universo, máis te atrapa. As relación entre os personaxes e o lector non pode ser máis relevante, creando situacións que apelan a situacións reais (nun dos últimos tomos, as dúas nacións guerrilleiras loitan por un pequeno satélite do que só lles preocupan os seus recursos naturais) pero que, sobre todo, nos fan reflexionar sobre nós coma seres humanos, sobre o que nos preocupa, sobre o que nos da medo, chegando aos ocos máis profundos do corazón, alí onde rapaces coma min aínda non chegamos, pero que grazas a cómics coma Saga podemos, non comprender, pero si sentir algo semellante. Saga é familia, o calor do fogar, o fantástico e a tolemia interespacial que pasa ao intimismo máis serio nun par de viñetas. Unha aventura que non se pode deixar de recomendar.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Violencia machista
Violencia institucional Un observatorio registra en un año más de un centenar de casos de violencia institucional contra las mujeres
El Observatorio de Violencias Institucionales Machistas, creado hace un año, recoge 117 casos de violencia institucional contra las mujeres, la mitad de ellos cometidos por el sistema judicial.
México
Recursos naturales Los “millonarios del agua” aumentan el estrés hídrico de México
Bancos españoles y grandes corporaciones obtienen beneficios del agua ante un Estado que incumple su obligación de garantizarla. Más de un millón de viviendas en México se abastecen de forma recurrente por servicios de entrega privada de agua.
Energía
Juan Bordera “En la crisis energética, el tecnooptimismo es mesiánico y juega a favor de Trump"
El diputado en Les Corts se pronuncia sobre el apagón del pasado lunes y carga contra la forma en la que se están implantando las renovables. También señala el peligro de que el sentimiento antirrenovable cale entre la población.
Análisis
Energía El apagón de la liberalización: cómo el mercado eléctrico ha fallado a la ciudadanía
La liberalización no ha cumplido ninguna de sus promesas y ha generado riesgos estructurales para la economía, el medioambiente y la cohesión social

Últimas

Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Más noticias
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.