Bosques
O Bosque Ridimoas, un río que nace entre grandes pedras

Ridimoas é un lugar, un bosque idílico no occidente de Ourense, pero tamén un proxecto esperanzador e un grupo de persoas. Unha asociación con base social dentro e fóra de Galicia, que desde 1988 se dedica a recuperar e protexer o bosque autóctono galego, potenciando a súa biodiversidade.
Ridimoas.
Bosque Ridimoas
Tradución: Rodrigo Alfaia
14 feb 2023 09:00

O bosque Ridimoas é un espazo forestal do sur de Galicia, existente entre a comarca ourensá do Ribeiro de Avia, nas terras dos concellos de Beade e Leiro, entre os que flúe o regato de Caldelas, afluente do río Avia. Atópase sobre un terreo irregular de base granítica, comprendido entre 90 e 40000 metros de altitude. Aquí, o solo está repartido en pequenas parcelas de propiedade privada, con escasos fragmentos comunais, sendo o uso do mesmo, basicamente agrario con predominio do viñedo acollido na Denominación de Orixe Ribeiro.

Desde a Idade Media, o bosque autóctono sufriu un retroceso considerable por desmontes para viñas. Isto mudou na metade do século XX, cando moitos agricultores emigraron a outros países e isto facilitou un principio de recuperación da cobertura vexetal, por mor do abandono de moitas viñas e do descenso significativo na tala de árbores, ao ser substituídas a leña e a madeira por outros produtos. Pero o que debeu ser unha recuperación natural do bosque non se produciu: a implantación de novas técnicas vitícolas favoreceu as mimosas (Acacaia dealbata) -introducidas para obtención de titores destinados ás vides e que caeron en desuso en favor das espaleiras de arame- e agora, descontroladas, son unha praga difícil de erradicar; ao que temos que sumar algunhas repoboacións con eucaliptos.

Síntese histórica

En 1988 varios profesores e alumnos da Universidade Laboral de Ourense, fundaron a Asociación Cultural Ecolóxica Ridimoas para o estudo e a defensa dos bosques autóctonos, sobre a base dunha actividade extraescolar anterior que involucrara ao alumnado o interese polas árbores e iniciando traballos de silvicultura (1976-1987) en parcelas rústicas de propiedade privada do concello de Beade, previamente  afectadas por incendios forestais. A súa primeira parcela reforestada foi  unha zona denominada Ridimoas, da que toma o nome a nosa asociación. O topónimo Ridimoas, contracción de Río de Moas, significa río que nace entre grandes pedras.

O primeiro obxectivo da nova asociación foi o de adquirir as novas parcelas reforestadas pola actividade extraescolar xa desaparecida. Así constou no artigo nove dos estatutos, a condición de copropietaria/o de toda persoa afiliada a ela. Ata hoxe, son 1,200 persoas socias e o seu apoio leva permitido cumprir os obxectivos iniciais e superar moitas dificultades,  ampliando o bosque ano tras ano.

Desde o seu inicio, Ridimoas recibiu diversos premios e, hai pouco, foi declarada de Utilidade Pública pola Xunta de Galicia.

Secretaría de Ridimoas

Cando en 2016 aceptei o cargo de secretaria da Asociación, esta xa levaba 28 anos de funcionamento e a súa estratexia de protección, baseada na compra de parcelas, estaba ben asentada. As aportacións económicas das cotas anuais das socias e socios (a cota mínima anual é de 20 €) máis os donativos e ingresos por visitas guiadas, constitúen a totalidade dos nosos recursos económicos para adquirir novas parcelas e axudar o mantemento da biodiversidade, incluíndo a das ribeiras do curso baixo do río Avia coa intención de protexer o habitat do sapoconcho común.

Desde o inicio comprendín que o coñecemento da realidade física, baseada no dominio do catastro, permitíanos anticiparnos, nas nosas posibilidades económicas, a accións destructivas e elixir a figura de protección máis eficaz en cada momento, tal como a Categoría de Refuxio de Fauna por segregación dos terreos cinexéticos, principalmente no concello de Beade, por estar ben catastrado, o como zona de Exclusión de Caza no de Leiro, por estar mal e incompleto. Isto non foi doado pois a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, consideraba que todo era territorio para a caza. Agora xa saben ben que non, aínda que o control sobre os cazadores é practicamente inexistente.

Valores biolóxicos

Verbo da flora, Ridimoas é un bosque mixto de carballos e piñeiros: Quercos robur nas valgadas, Quercus pyrenaica nas ladeiras e Pinus pinaster no alto. O sotobosque confróntano arbustos como: a hedra, a xibarda, a silva, o codeso branco, a pereira silvestre atlántica, estripeiro ou distintas especies de breixo, con abundancia de albedro nos claros. Nas ribeiras do regato de Caldelas, que percorre o bosque, hai abeleiras, amieiros, salgueiro, loureiro, pau de san Gregorio e fento.

Sobre a fauna, destacamos: a bolboreta Charaxes jasuis, a vacaloura, a troita, a píntega, o lagarto das silveiras e mamíferos como a marta, xineta, o raposo, o teixugo, o xabaril e o cervo. Entre as aves, o corvo grande, a pega, pito ibérico, o miñato, gabián, o falcón pequeno, a avenoiteira cincenta, a avelaiona, o moucho e a curuxa común son de frecuente observación.

Traballos de campo, mantemento e futuro

As nosas accións diarias atenden a eliminación de flora alóctona, mellora de hábitats e  a vixilancia da caza furtiva. Nos traballos de mantemento e vixilancia interveñen algúns voluntarios, por exemplo, a nosa egua “Mancha”. A maioría dos traballos forestais son responsabilidade do persoal remunerado. Diariamente rexístranse datos meteorolóxicos: ao noso bosque correspóndenlle unha precipitación anual de algo máis de 1000 1/m2 repartidos en 100 días de chuvia. A temperatura media é lixeiramente superior a 14ºC, con tendencia á alza, mentres a chuvia diminúe en primavera. Tamén mantemos diálogo cos agricultores sobre herbicidas e biocidas, tratando de reducir o impacto negativo no medio ambiente e na súa propia saúde.

Actuamos nunha superficie de 500 hectáreas, integradas nunha masa forestal continua de máis de 1000, onde as 100 máis importantes xa son da nosa propiedade, tras comprar 186 parcelas a 113 propietarios. Co tempo, esperamos adquirir a totalidade do conxunto, ampliando a área de protección ou mellora, para que este espazo forestal, ben xestionado, constitúa no futuro, un ecosistema de transición entre a Rexión Floral Eurosiberiana e a Mediterránea. Con este obxectivo continuamos traballando; pero todo isto sería imposible sen o apoio das socias e socios, cos que estamos profundamente agradecidos. Gracias a todas estas persoas que conforman a asociación, o bosque autóctono pode seguir existindo e ter unha oportunidade.   

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pesca
Biodiversidad Un boicot al pescado de las Feroe para frenar la matanza de más de un millar de delfines y ballenas al año
Nueve supermercados españoles comercializan bacalao de las Feroe. España compra a las islas 83,4 millones de dólares anuales, principalmente en productos del mar.
El Salto Radio
El Salto Radio Árboles contra el desierto
Las señales de hoy no sólo quieren hablar de árboles y bosques, de reforestación, de recuperar nuestros entornos maltratados. También pretenden sembrar un poquito de esperanza ante tanta desolación, porque hay muchas cosas que podemos hacer, que ya s
Industria alimentaria
Neocolonialismo empresarial La industria salmonera devasta el mar patagónico en Chile
Esta empresas transnacionales están contaminando con antibióticos el mar chileno. Además debido a la sobreproducción, millones de ejemplares están depredando a las especies locales, afectando gravemente al equilibrio marino.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.