O cárcere e a Covid-19, outra volta ao illamento das persoas presas

As noticias sobre a incidencia da Covid-19 dentro da poboación reclusa non transcenden tanto como noutros colectivos. Instituciones Penitenciarias remite aos informes e notas de prensa da súa web para consultar o estado das cadeas con respecto á pandemia. As accións levadas adiante son a de illamento total das cadeas coa imposibilidade de visita dos familiares dos presos, incluíndo nalgúns casos o contacto en locutorio.
Marcha á cadea da Lama no 2006 contra as mortes baixo custodia, da Comisión de Denuncia da Galiza.
gzi-ghato Marcha á cadea da Lama da Comisión de Denuncia da Galiza no 2006, contra as mortes baixo custodia.
22 feb 2021 10:30

O primeiro caso coñecido de coronavirus nunha cadea en Galiza saíu á luz a comezos de setembro de 2020. Foi no cárcere de Teixeiro e as medida tomada foi o illamento do recluso para evitar o contacto con outros internos. Este interno estaba en réxime de semilibertade e estivera en contacto con outra persoa que dera positivo. Meses antes, a finais de marzo, en Bonxe saltaron as alarmas cando outro interno con permiso para saídas, volvera do seu fogar e ante a presenza dunha sintomatoloxía semellante á da Covid-19, foi trasladado ao Hospital Universitario de Lugo (HULA) para realizárenlle as probas que resultaron negativas. Antes do traslado ao hospital os funcionarios pedían o illamento do interno ante a falta de EPIs para evitar o contaxio. Logo dun ano de pandemia, os datos sobre a incidencia da mesma nas cadeas en Galiza non se coñecen.

Illamento sobre illamento

A primeira medida do Ministerio do Interior para a prevención da Covid-19 foi pechar totalmente as comunicacións co exterior. Isto para todas as cadeas da súa competencia (as catalás son competencia da Generalitat). A medida estaba dirixida a que os contactos dos internos cos familiares e as visitas non fosen foco de contaxio. A partir de aí produciuse un “illamento sobre o illamento” que como di o colectivo Esculca é “O cárcere dentro do cárcere”.

Logo dun ano de pandemia, os datos sobre a incidencia da mesma nas cadeas en Galiza non se coñecen

Postos en contacto con Instituciones Penitenciarias, a resposta deste organismo desde o seu gabinete de prensa foi indicarnos a consulta da súa web onde “están os datos e noticias das últimas medidas adoptadas para evitar contaxios”. Dentro da web podemos ver que as cadeas galegas teñen interrompido todo tipo de contacto con familiares ou persoas procedentes do exterior. “Os únicos que entran e saen son os funcionarios” din desde o colectivo Abaixo os Muros.

O resultado destas medidas foi o peche absoluto das cadeas galegas: Bonxe, A Lama, Monterroso, Pereiro de Aguiar e Teixeiro. Pola contra, en todas as cadeas de Euskadi permiten o contacto oral e nalgunhas en concreto algún tipo de contacto directo. Isto a día 11 de febreiro de 2021. “É unha decisión arbitraria, Instituciones Penitenciarias deixou en mans dos directores de cada centro as medidas a tomar” din desde Esculca, que apunta tamén o descoñecemento sobre a incidencia da Covid-19 entre a poboación reclusa e funcionarios. O organismo dependente do Ministerio de Interior emitiu o 4 de febreiro unha nota pola que se engadían máis medidas sobre as que existían para evitar o contaxio de presos e persoal penitenciario.

O sorprendente é a prohibición de contacto en locutorios. “Entre a persoa que visita e a persoa interna hai un cristal polo medio, non é posible o contaxio”. Desde Abaixo os Muro sinalan casos de persoas a quen “lles tiñan concedidos unha serie de vises (contactos directos) e de súpeto foron interrompidos”. A resposta, segundo esta organización antirrepresiva, foi que os vises xa estaban compensados polas vídeoconferencias entre familiares e persoas presas.

O resultado das medidas tomadas por Instituciones Penitenciarias foi o peche absoluto das cadeas galegas: Bonxe, A Lama, Monterroso, Pereiro de Aguiar e Teixeiro

Os vises poderían ser momentos nos que se introducía droga no interior das cadeas. Coa interrupción total das comunicacións a entrada de estupefacientes quedou interrompida. A consecuencia foi o aumento de casos de síndrome de abstinencia (“mono”) e aumento da sensación de inseguridade. “A única persoa que traía substancias “paliativas” é o médico da cadea, nalgunhas cadeas mesmo aplaudían cando chegaba o facultativo, a única persoa que traía ‘droga’ legal”.


Asistencia sanitaria

A preocupación das persoas, autoridades e internos sobre a posibilidade de contaxio dentro da cadea debera implicar un reforzo de medidas sanitarias. Non é o caso. Os médicos das prisións son funcionarios de prisións. No caso galego non son profesionais incluídos dentro do Servizo Galego de Saúde (Sergas). “A asistencia sanitaria dentro das cadeas é a dun centro de saúde, non existe asistencia especializada, para iso traslándanse aos centros hospitalarios de referencia” din desde Instituciones Penitenciarias nunha moi breve conversa.

“Hai unha reivindicación histórica de que os médicos de prisións pasen ao Sergas, no caso galego, mesmo así se pronunciaron os colexios médicos” sinala Esculca. A figura do médico da prisión é descrita por membros de Abaixo os Muros “como un médico funcionario de prisións”. Desde este colectivo sinalan que “o medico de Instituciones Penitenciarias só responde diante de Instituciones Penitenciarias, por iso sentimos que o trato que dispensan é despectivo” cara ao interno ou interna.

Os médicos das prisións son funcionarios de prisións. No caso galego non son profesionais incluídos dentro do Servizo Galego de Saúde (Sergas)

En todo caso e ante a posibilidade de que as cadeas se convertan en focos de coronavirus, desde Esculca insisten en que “coas medidas de illamento reforzadas, quizais a poboación interna das cadeas sexa dos colectivos con menos risco de contaxiarse, porque están absolutamente pechados”. Por outra banda o peche absoluto non é unha garantía para evitar o contaxio, pois se só se permite a entrada e saída de funcionarios, non se pode garantir que haxa asintomáticos entre eles e que, por tanto, exista o risco de contaxio.

De darse unha situación así, a posibilidade de espallar a doenza entre cadeas pode producirse cando se fai un traslado. Os desprazamentos de internos a outras cadeas é habitual por diversos motivos, aínda que desde Esculca apuntan que tamén existe arbitrariedade detrás destas accións. “Hai veces que trasladan á persoa interna sen aviso previo, tivemos un caso hai pouco, o interno foi trasladado no día sen aviso previo e sen poder levar nada das súas pertenzas”.

O illamentos contra a COVID-19, posíbeis efectos

Despois de aprobar o estado de alarma (Real Decreto 463/2020), todas as comunicacións quedaron clausuradas. O impacto que terán estas medidas descoñécese polo de agora. Mais algúns estudos demostraron que as persoas internas sen contacto familiar en prisión presentaban unha maior tendencia á morbilidade psíquica  e consumo de drogas en prisión.

O illamento da poboación reclusa con cada persoa dentro da súa cela sen poder saír, confronta unha serie de problemáticas como poden ser a xa apuntada síndrome de abstinencia, a depresión, o posible empeoramento de cadros clínicos até ese momento levadeiros, e tamén consecuencias motrices. Os peches prolongados fan que os sentidos perdan capacidade e que os músculos non teñan a consistencia que deberan ter nunha persoa. A aparición da Covid-19 e a aplicación do estado de alarma crearon unha situación de desconexión entre internos e internas coas súas familias. Por exemplo esta desconexión priva da asistencia de fillos e fillas para ver aos seus pais e nais.

Os peches prolongados fan que os sentidos perdan capacidade e que os músculos non teñan a consistencia que deberan ter nunha persoa

Sobre as vacinacións, nun primeiro momento parece ser que se pensara nos e nas internas como un dos primeiros grupos en recibir as doses. A finais de xaneiro circulaba un documento que colocaba o colectivo de presos e presas como un dos primeiros en recibir as doses. Non obstante, o Ministerio de Sanidade aclarara no seu momento que dito documento non era da súa elaboración, senón do Grupo Colaborativo Multidisciplinar para o Seguimento Científico da Covid-19 (GCMSC), un grupo de investigación impulsado polo Instituto de Saúde Global de Barcelona (ISGlobal), o Colexio de Médicos de Barcelona (COMB) e a Asociación de Entidades de Investigación de Cataluña (ACER). Polo de agora algunhas comunidades autónomas vacinaron poboación interna, mais os datos en Galicia son descoñecidos.

A pandemia de coronavirus pechou os muros das cadeas que xa eran un mundo pechado en si. As consecuencias a curto prazo son o illamento total da poboación reclusa. Isto pode traducirse en síndromes de abstinencia por drogas, efectos negativos no desenvolvemento psicomotor da persoa recluída e perda absoluta de contacto co exterior. Á parte diso, non se pode dicir nada sobre efectos a longo prazo, por tanto, haberá que esperar estudos e investigacións sobre este tema.

Sistema Penal
"Gobernar as nosas vidas culpábeis"
Entrevistamos a Borxa Colmenero na presentación do seu libro "Vidas culpáveis. O controlo neoliberal do crime"
Cárceles
Teixeiro e A Lama: 19 anos na sombra
A crítica ao cárcere padece un estigma de desconfianza moral sobre as organizacións e persoas que defenden dereitos para a poboación reclusa
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

Danza
Todo o que podería ser o xénero e como desfacelo dende o escenario
A compañía Disiden.cia rompe os moldes da identidade con 'Bipedestrución' na Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia, que cumpre 41 edicións cunha aposta radical pola diversidade, a memoria e o pensamento crítico.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.

Últimas

Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
El Salto n.79
Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos
Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social que encuentra el proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...