Cárceles
Teixeiro e A Lama: 19 anos na sombra

A crítica ao cárcere padece un estigma, unha sorte de desconfianza moral sobre as organizacións e persoas que defenden dereitos para unha parte da poboación marcada pola marxinalidade e a delincuencia

Marcha á cadea da Lama no 2006 contra as mortes baixo custodia, da Comisión de Denuncia da Galiza.
Marcha á cadea da Lama da Comisión de Denuncia da Galiza no 2006, contra as mortes baixo custodia. gzi-ghato

O pasado mes de marzo, o narco galego Laureano Oubiña saía da prisión de Navalcarnero (Madrid IV). Xa na estrada, camiño de desfrutar o terceiro grao, baixaba a xanela do coche ao observar a presenza de xornalistas e facía as primeiras declaracións: “Iso é un Estado dentro de outro Estado, un gran negocio para quen a dirixe”. “Hai moita xente que non ten avogado e están podrecendo aí dentro”, engadía a continuación. Polas características da personaxe, esta ben podería ser unha escena dunha comedia española dirixida por Juanma Bajo Ulloa, porén as palabras do famoso capo, mal que pese, están cargadas de realidade.

Privación de liberdade

“A opacidade de Institucións Penitenciarias é o núcleo de todos os problemas que acontecen nas cadeas, é a Administración Pública máis pechada en todos os sentidos”, quen fala é unha persoa da Comisión de Dereitos Humanos de Avogados Novos de Vigo. “É importante falar de transparencia nas cadeas, se isto fose unha realidade non pasarían moitas das cousas que denunciamos, nomeadamente os casos de malos tratos e torturas”, continúa. “As macrocadeas modulares contribuíron á separación, ao illamento dos presos entre si, isto sumado á imposibilidade que teñen os presos de asociarse, impide que se solucionen moitos dos problemas que hai dentro”.

MACROCADEAS PARA O SÉCULO XXI
Os cárceres da Lama (Pontevedra) e Teixeiro (A Coruña), comezaron a funcionar no ano 1998. Entre os dous suman 2.219 celas e máis de 172.000 metros cadrados de superficie construída. Os dous forman parte do Plan de Amortización e Creación de Centros Penitenciarios, posto en marcha polo PSOE en 1991. Baixo o pretexto da modernización e facer fronte ao aumento da poboación reclusa, este plan procuraba tamén o afastamento dos cárceres dos núcleos urbanos e o illamento interno dos presos, asentando un novo deseño arquitectónico que transitaba do clásico panóptico a unha estrutura modular.

 Desde a posta en funcionamento dos macrocárceres en Galiza, foron constantes as denuncias que, desde os sindicatos que representan os funcionarios de prisións (Acaip-USO, CCOO, UGT, CIG, CSIF), chegaron aos medios de comunicación. As queixas destas organizacións van desde a situación de saturación dos penais, que se produciu na primeira década do século, ás deficiencias nas insta lacións, denuncias por aire tóxico procedente de vertedoiros próximos, falta de medios e persoal, até protestas por carencias na seguridade dos funcionarios e determinados episodios de agresións por parte dos reclusos.

Con todo, á marxe da preocupación polas condicións de traballo, o silencio destas organizacións é notorio respecto da problemática das vulneracións de dereitos das persoas presas. Este silencio só é roto por determinados organismos da sociedade civil que traballan no ámbito dos dereitos humanos, e levan anos documentando diferentes casos de abusos, malos tratos e, no extremo máis grave, denuncias por torturas a persoas presas. Un destes organismos, que traballa na ámbito galego, é o Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, Esculca, que vén de realizar unha recente campaña audiovisual nas redes. Como eles mesmos explican “non se trata dunha campaña específica sobre cárceres, forma parte dunha serie de vídeos sobre Dereitos e Liberdades nos que denunciamos o retroceso que se vive neste ámbito na actualidade”. É dentro desta campaña onde se enmarca a denuncia da “grave situación que se está a vivir nas denominadas macrocadeas galegas, Teixeiro e A Lama, con continuas denuncias por vulneración de dereitos das persoas presas, con situacións de malos tratos e tortura”. Estes feitos “provocaron que no mes de setembro o Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa visitara, entre outros centros de detención, a cadea de Teixeiro”.

Esculca non pode entrar como tal nas cadeas, pois “non hai ningunha norma que regule o acceso de organizacións como a nosa”, afirman. “Desde hai anos insistimos en acadar a autorización de entrada para facer un labor de control e apoio”, continúan, mais “mesmo para os colectivos que realizan traballo asistencial cada vez é mais difícil”. Desde este Observatorio tense constancia do caso “dunha organización que logo de traballar durante anos na cadea da Lama, viu rexeitada a súa entrada este ano”. Insisten, ademais, en que a función de monitoreo a “debería prestar o Mecanismo Nacional de Prevención Contra a Tortura”. “O noso traballo descansa nas avogadas e avogados que visitan a persoas presas para lles proporcionar asesoramento, nas xestións que facemos posteriormente como Observatorio (denuncias, queixas, relatorios que enviamos a diferentes organismos, xestións con grupos parlamentares, divulgación de información, palestras, elaboración de material audiovisual, traballo no cadro de plataformas como a Coordinadora Para a Denuncia e Prevención da Tortura, etc.). E sinalan “a inexistencia dun servizo de asesoramento xurídico dentro da Quenda de Oficio para a asistencia xurídica penitenciaria, que só se dá chegado o momento do recurso de apelación ou, en casos excepcionais, servizos prestados de maneira gratuíta por avogadas adscritas a certos Colexios de Avogados, no caso galego, por exemplo, o Colexio de Avogadas de Ourense”.

Esculca elaborou un relatorio que documenta até 14 casos de abusos sobre internos na prisión de Teixeiro, “coa información que puidemos recoller de fontes fidedignas, ou sexa, apenas unha parte do que de certo acontece no interior do penal”. Insisten nisto último porque “a dificultade de recoller información é realmente moi grave”. Neste sentido, apuntan que “os abusos, malos tratos e tortura non son acontecementos esporádicos nin descoñecidos por quen ten a obriga de os impedir, ou no seu caso, sancionar”. “No cárcere de Teixeiro tiveron lugar graves episodios de tortura e malos tratos aos que a dirección do centro e os xulgados responsábeis de sancionar estas prácticas inhumanas e ilegais non puxeron fin”, advirten.

O Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades Esculca denuncia ademais “problemas de saúde derivados da pésima alimentación que reciben as persoas presas no penal, do sufrimento que causan as baixas temperaturas durante os meses de inverno, da demora en solucionar o problema da non potabilidade da auga, ou das longas listas de espera para poder recibir atención médica adecuada”.

“Na Lama constatamos escaseza na alimentación”: así de contundente se mostra un dos avogados da Comisión de Dereitos Humanos de Avogados Novos de Vigo. “A partir do 2010 notáronse os recortes, os presos compran no economato porque non chega co que dan”, continúa. Polo que se refire á asistencia sanitaria, desde esta asociación denuncian que “os servizos médicos das prisións non teñen acceso aos historiais clínicos dos presos, o que dificulta o seguimento de determinados tratamentos”. Este é un dos motivos polos que asociacións como esta levan “moitos anos reclamando que as competencias se trasladen de Institucións Penitenciarias ás Comunidades Autónomas para integralas no sistema xeral”. “Observamos insuficiencia tanto persoal como de material”, engade e continúa denunciando irregularidades “como a denegación de acceso a medicamentos como forma de sanción encuberta”. Polo contacto directo que manteñen cos presos, comentan ter coñecemento de casos de malos tratos. “Temos escoitado relatos dos propios internos de presos espidos aos que se lles tira auga fría por riba, pancadas nas plantas dos pés, no estómago ou golpes con mantas molladas. Mais tamén o que coñecemos como tortura branca, a psicolóxica, que se dá no día a día, que non deixa marca mais si consecuencias na saúde mental e tamén física, porque leva a presos á evasión no consumo de drogas, a autolesións ou suicidios”.

Pensamos tamén que o propio réxime de illamento é en si mesmo unha tortura: 21 horas pechados na cela, 3 de patio
"En agosto de 2015 pecharon con reixas os patios de primeiro grao, de forma que os presos ao mirar ao ceo ven reixas, non poden ollar nin un chisco de liberdade: mirar ao ceo a través de barrotes, até ese punto chegan”, conclúe.

Denuncias e percorrido xudicial

“Os presos que denuncian ás veces fano mal e denuncian no Xulgado de Vixilancia, e este ás veces non envía as denuncias ao Xulgado de Garda, outras veces si. Cando chega a denuncia ao Xulgado de Garda, solicitan probas ao cárcere, que envía o que quere. Cando se piden vídeos, por exemplo, nunca os achegan, ou din que nese sitio non hai cámaras, ou afirman que non todas están gravando sempre, ou que xusto a que se pide non gravaba ese día e a esa hora”, apuntan desde Avogados Novos. “O arquivo por falta de probas é a resposta normal”, engaden.No caso de Teixeiro “o xulgado de Instrución de Betanzos, ten como norma arquivar todas as denuncias que se presentan por torturas e malos tratos. A resposta é sempre o sobresemento, na maioría das veces sen sequera tomar declaración aos propios denunciantes, servíndose para o arquivo dun informe solicitado á propia cadea. Non hai que esquecer que, no 100% dos casos, a situación de malos tratos e/ou tortura leva aparellada unha contradenuncia por parte dos funcionarios, e que a persoa presa se enfronta á imposibilidade material de conseguir probar os feitos tanto pola falta de asesoramento xurídico como, sobre todo, pola dependencia dos servizos médicos das cadeas de Institucións Penitenciarias”, comenta a avogada Yolanda Ferreiro, de Esculca. Insiste en que para unha persoa presa, denunciar implica un expediente sancionador na súa contra. “Non hai investigación con garantías. Tampouco existe intervención de persoal médico independente. A consecuencia mais habitual non é, contrariamente ao que debería ser, unha investigación imparcial, senón a transferencia inmediata a outro cárcere do Estado da persoa que presenta a denuncia”, continúa. “Só temos constancia dun caso en que o xulgado número 3 de Betanzos ditou auto de abertura de xuízo oral contra seis funcionarios denunciados (por A.P.R.), por presuntas torturas graves en 2012, quen tivo que ser operado de urxencia para lle salvar a vida por rotura de bazo debida ás fortes pancadas que lle propinaron”, engade.

Guillerme Presa, o avogado que leva a denuncia de A.P.R., comenta que o factor diferencial respecto de outras é a gravidade das lesións provocadas, o que fixo que “non se puidera pasar por alto: fractura de dous arcos costais e a rotura do bazo, que lle foi extirpado, cunha hemorraxia interna na cavidade peritoneal que acumulou máis de tres litros de sangue.” Mesmo así, comenta que as dificultades do proceso son moitas: “A lentitude da xustiza neste país; que estes temas acontecen en sitios pechados, sen testemuñas; a pouca credibilidade que para os xuíces teñen os internos (están presos por algo); e logo o corporativismo dos funcionarios. Remarco que non todos se exceden no cumprimento das súas funcións, mais si tenden a protexerse en vez de individualizar os casos: ninguén vai denunciar un compañeiro. Tamén hai que sinalar a conivencia dos médicos, minimizando lesións ou non documentándoas”. Aínda que non sempre é así. “Lembro un caso de 2005, un xuízo por torturas a un cidadán magrebí na cadea de Monterroso (Lugo), no que unha médica testificou a favor do preso e recibiu todo tipo de presións. O sindicato CSI-CSIF ameazou con querelarse contra a doutora, testemuña determinante para que chegara a xuízo esta denuncia por torturas contra tres compañeiros seus, que finalmente foron absoltos”, conclúe. 

“Silencio administrativo”

Para a elaboración desta reportaxe puxémonos en contacto coa dirección do penal de Teixeiro para contrastar o relatorio de Esculca. Sinaláronnos que non estaban capacitados para realizar declaracións ou “desmentidos, e menos dunha asociación como a que vostede menciona”. Dinnos que contactemos co Gabinete de Prensa de Institucións Penitenciarias en Madrid. Facémolo e solicitamos unha serie de datos históricos sobre estes centros, mais cando preguntamos por protocolos para a prevención da tortura responden que “a prevención é o código penal, nós axustámonos á lei ao 100%, somos rigorosos e escrupulosos nese sentido, iso está prohibido, é unha ilegalidade, unha inmoralidade, e iso non se fai, non sabemos de onde sacas eses datos”. A continuación pregúntannos os nomes das organizacións e dos informes e comentan “pero por que lle estás dando credibilidade, por Deus? Ben, vale, este tipo de preguntas por escrito e contestámolas por escrito. De todos xeitos estes do Observatorio, quen son? Porque os nomes son moi bonitos, pero en fin...”. A día de rematar a reportaxe non tivemos resposta ao correo que enviamos.

“Cidadáns de segunda”

O Plan para a abordaxe da Hepatite C —en vigor desde hai dous anos—, contempla a poboación do cárcere como prioritaria pola elevada incidencia desta enfermidade no colectivo recluso. “En Galiza temos a dubidosa honra de contar coa prisión con maior número de afectados de todo o Estado, un 24’7% na de Teixeiro”. Ao outro lado do teléfono contéstanos Quique Costas, o presidente da Plataforma Galega de afectados pola hepatite C. “Pese a existir esta enorme incidencia no sistema, os tratamentos non chegaban ás cadeas”. Isto resulta difícil de enteder mais “como as competencias sobre saúde penitenciaria non están transferidas ás Comunidades Autónomas, ou trataban as persoas presas enfermas e despois pasaban a factura a Institucións Penitenciarias, ou pasaban olimpicamente, como no caso da Xunta”. E é que en Galiza as persoas presas afectadas “tiñan que ser trasladadas a un cárcere de Madrid para seren tratadas na Unidade Penitenciaria do Gregorio Marañón”. Pensamos no que debe supor un traslado para alguén que está en prisión, no duro que resulta. “Desde a plataforma considerámola unha medida claramente disuasoria”, continúa Quique Costas, “e esiximos que sexa o Sergas quen os trate, e que o Ministerio pague a factura”.

Finalmente o convenio que se asinou foi algo distinto: é o Sergas quen prescribe o tratamento, mais quen o executa é Institucións Penitenciarias. “A nós parécenos claramente insuficiente pola opacidade coa que funciona o organismo estatal, e pola ausencia de supervisión por parte do Sergas após a prescrición”. Os datos aos que tivo aceso a Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C confirmaban que no primeiro semestre do ano 2016, só un total de 12 persoas presas en Galiza —oito en Teixeiro e catro na Lama—, estaban a recibir o tratamento. “A día de hoxe, segundo un informe de Institucións Penitenciarias, son tratados 71 presos galegos, aínda que os datos non están desglosados por prisións”.

O activismo e o traballo da Plataforma Galega de afectados pola Hepatite C foi intenso nestes anos: denuncia pública, reunións con todos os grupos parlamentares, excepto o PP, Foro Asturias e UPN. O obxectivo da transferencia ás Comunidades Autónomas da Saúde Penitenciaria aínda non se conseguiu. “Hai agora dous anos que entrou en vigor o Plan para a abordaxe da Hepatite C, e se agora se comezaron a activar os mecanismo para abordar o tema dos cárceres foi grazas á denuncia que fixemos desde a Plataforma”, conclúe Quique Costas. “Contribuímos a dar algo de luz ao que sucede detrás dos muros das prisións”.

DESACTIVACIÓN DAS PERSOAS PRESAS ORGANIZADAS
A división en módulos independentes, xunto coa irregular posta en marcha dun réxime especial altamente restritivo nos dereitos e liberdades dos internos –o Ficheiro de Internos de Especial Seguimento (FIES)–, así como o novo Regulamento Penitenciario de 1996 –que introducía departamentos especiais de control directo para os internos extremadamente perigosos e módulos ou centros de réxime pechado para os reclusos manifestamente inadaptados aos réximes comúns–, son o exemplo da consolidación dun modelo penitenciario que buscaba rematar coa conflitividade vivida nos anos 80.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión No habrá paz sin las presas
Mantener hoy silencio respecto a la necesaria inclusión de la liberación de los presos y las presas palestinas en las conversaciones del alto al fuego es una postura solamente excusable en un supremacismo blanco más interesado.
El Salto Radio
El Salto Radio Te llamo desde mi muro: recordando a Marcos Ana
Cuando volvamos la vista atrás, que sea siempre para iluminar el presente… Hoy encendemos esa luz a través de la vida de Marcos Ana, y os podemos asegurar que hay motivos.
Euskal Herria
Kortatu El “Sarri, Sarri” suena en la cárcel de Martutene y el Gobierno Vasco no volverá a permitirlo
Tras las críticas de Covite, PNV y PSE-EE apuestan por una postura unitaria que pasa porque el departamento de Justicia y Derechos Humanos endurezca los requisitos para los actos culturales dentro de las penitenciarías.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.