Cárceles
Confinamento solitario (II): punitivismo que destrúe

Que efectos ten nas persoas presas o cárcere dentro do cárcere?
Muro de la cárcel La Model de Barcelona
Pintada nunha cárcere.
25 may 2021 08:39

“El horror de la tumba carcelaria sólo lo conocíamos los hombres enterrados en vida dentro de ella. ¿Qué sabían aquellos energúmenos de la cárcel?”
Fragmento de Huye, hombre, huye, escrito por Xosé Tarrío, que pasou 10 anos en confinamento solitario.

Cárceles
Confinamento solitario: unha tortura (i)legal
Case un milleiro de presas viven baixo o réxime do confinamento solitario nos cárceres, unha medida considerada tortura polos defensores dos dereitos humanos.

Desde Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades (Esculca) levan meses cunha campaña para rematar co chamado confinamento solitario, un réxime que se aplica nos cárceres do Estado español, que conta con irregularidades e que, segundo expertas e asociacións como o Comité Contra a Tortura da ONU, ten “un efecto moi prexudicial na saúde das persoas que o sofren” ademais de constituír “un trato ou pena cruel, inhumana ou degradante, e incluso tortura nalgúns casos”.

Que efectos ten o illamento solitario nas persoas?

“Se xa de por si a cadea non reinserta, a cadea dentro da cadea consegue efectos lamentables”, denuncia Fernando Blanco.” Como moito, incluso no réxime ordinario, é unha milagre se as persoas conseguen non saír peor do que entraron”, engade o avogado.

Pola súa parte Antom Santos, que chegou a pasar meses neste réxime en diversas ocasións, considera que “os efectos están moi relacionados co tempo que botes desa forma”. “Mais en calquera caso”, engade “sempre hai un dano maior ou menor porque digamos que todos os elementos da vida normal que a prisión intenta imitar quedan automaticamente borrados”.

“Se xa de por si a cadea non reinserta, a cadea dentro da cadea consegue efectos lamentables”, denuncia Fernando Blanco”

Hai múltiples estudos psicolóxicos sobre o efecto que este tipo de situacións ten nas persoas, mesmo a curto prazo. A estudosa da Universidade de Oxford, Sharon Shalem explica no Libro de referencia sobre illamento solitario, así como no seu traballo Confinamento solitario como un problema de saúde en prisión, algúns dos efectos psicolóxicos que este réxime causa nos presos e presas. Estes son: “ansiedade, depresión, ira, trastornos cognitivos, perceptivos, distorsións, paranoia e psicosis. Así como niveis de autolesións e suicidios moito maiores que na poboación en xeral e mesmo que no resto de poboación presa”. Xunto ela, outros organismos como a Coordinadora Catalana de Prevención de la Tortura no seu informe El Aislamiento Penitenciario en Catalunya desde una mirada de defensa de los derechos humanos (abril 2016), enumeran tamén múltiples consecuencias físicas: problemas gastrointestinais, cardiovasculares, xenito-urinais, migrañas e fatiga profunda, […] palpitacións, transpiración excesiva súbita, insomnio, dolores dorsais e articulares, deterioro da vista, falta de apetito, perda de peso e diarrea, letarxia e debilidade, tremores, sensación de frío e agravación de dos problemas de saúde preexistentes.

“De feito, neses ámbitos o consumo de pastillas psiquiátricas é maioritario”, comenta Antóm Santos. “Ata os teus sentidos co tempo poden ir atrofiándose por falta de estímulos, de non ter un horizonte ao que mirar, por falta de ruídos, de interacción social... Cousa que non sucede na vida no réxime ordinario en certa medida porque estás rodeado de xente, normalmente tes acceso a certas actividades e o espazo físico no que camiñas é un pouquiño máis amplo”.

“De feito, neses ámbitos o consumo de pastillas psiquiátricas é maioritario”, comenta Antóm Santos. “Ata os teus sentidos co tempo poden ir atrofiándose por falta de estímulos, de interacción social...”

Fernando Blanco engade que hai que ter en conta que, ata o 2020, se aplicaba mesmo un Orde de Servizo, que se acabou anulando a través do Valedor do Pobo por mor das múltiples denuncias contra ela “por establecer fóra do regulamento condicións absolutamente denigrantes para a vida”. Era a Orde de Servizo 6/2016 para presos considerados conflitivos e que se lle aplicou, por exemplo, a Fabrizzio Silva, un preso que estivo en Teixeiro e faleceu na Lama”, conta Blanco. “Todos os desprazamentos eran esposado ás costas, mesmo para comunicar cos letrados. Non tiña contacto con outros presos e estaba xa non só nunha cela en solitario, senón nunha galería en solitario”, denuncia o avogado. “E o Valedor do pobo dicía que era un réxime non regulamentario, porén estivo sometido a dous anos a ese réxime, completamente incomunicado, ata que faleceu. O cal di moi pouco dos nosos sistemas de tutela e de control destas situacións”, engade. 

Son moitas as persoas presas que contaron a súa experiencia e efectos ao longo prazo na saúde que sufriron tras pasar por unha situación así. Steven Czifra, por exemplo, pasou 8 anos neste réxime pero ao saír asegurou só poder “recordar uns poucos días”. Tamén hai casos de persoas presas que acaban morrendo durante este réxime —moitas mesmo se suicidan ao non poder aturalo. É o caso de Frabrizio Silva ou de Raquel E.F. que se suicidou tras estar pechada nunha cela 21 horas ao día durante 6 meses.

Con todo, como se explica no manual de María del Mar Lledó e César Manzanos, Guía práctica para conocer los programas de apoyo social a personas presas y sus familiares, o feito de “ser unha persoa presa clasificada en primeiro grao non nega o dereito a acceder a tratamento individualizado” e “o cárcere debe asegurar a reeducación e reinserción social das persoas que estean cumprindo medidas privativas de liberdade”. Segundo este manual, “todas as persoas teñen dereito a xornal, radio, televisión, cursar estudos…”. Con todo, isto non parece cumprirse en moitas ocasións.

Unha medida que non reinserta: como mudar a perspectiva social

“Non debemos esquecer que o castigo é unha forma de reprimir o mal e nunca reconduce o ben”, denunciaba un dos participantes do dossier Campaña contra los malos tratos y la tortura en prisión, publicado no ano 2011 coas testemuñas de presos e presas que sufriron algún tipo de violencia no sistema penitenciario. Con todo, especialistas como Fernando Blanco pensa que queda moito por facer para que a sociedade entenda que esta non é a solución.

“É difícil porque é unha cuestión de pedagoxía sociopolítica”, explica Blanco. “E é certo que vivimos nunha sociedade punitivista que pensa que a solución, non sei se xa como impulso social, é a reacción penal”.

Tanto para Blanco como para Santos, ademais, o problema recae tamén en como se fala dos presos e presas en primeiro grao nos medios de comunicación que dominan a opinión pública. “Nestes medios amósase que a prisión é un lugar para certos psicópatas, totalmente incompatibles coa sociedade humana. E sempre que se fala do confinamento solitario é con casos truculentos de asasinatos horribles: un descuartizador, un violador múltiple....”, comenta Santos. “Isto chamámolo en Esculca ‘xornalismo de tricornio’”, engade Fernando Blanco. “A aceptación de esquemas dados pola institución penitenciaria e polo control político das forzas de seguridade do Estado, onde ese perfil que se crea é o dun monstro que non ten outra opción que estar encerrado, porque é o que se fai cos monstros na sociedade”.

Na maioría de medios amósase que a prisión é un lugar para certos psicópatas totalmente incompatibles coa sociedade humana.

Mais Santos advirte de que estes casos truculentos son unha “porcentaxe minoritaria da prisión”, e que “o cárcere acolle sobre todo á marxinalidade, no sentido literal. Xente que queda nas marxes porque non está integrada no mercado laboral nin no circuíto económico convencional”, advirte. “E, en principio o que lle acontece á xente máis desfavorecida da sociedade non nos importa demasiado, preferimos mirar para outro lado porque é incómodo”.

Santos avisa de que ademais esta “indiferenza” se dá tamén nos “colectivos máis solidarios”. “Incluso cando relataba algún caso dos que me aconteceron no illamento —como algunha vez que me pegaron ou me obrigaron a espirme sen bata— atopeime con xente ‘politizada’ que non quería oílo”.

Para Santos, entón, a chave de que se sigan dando estes casos recaería, por unha banda, nunha “idea punitivista moi fomentada pola extrema dereita” e, por outra, “nunha mestura de indiferenza é medo que ten que ver co que o mundo está cheo de moitas cousas desagradables e preferimos non sabelas ou polo menos non irnos á cama pensando nelas”.

Mais tanto Antom Santos como Fernando Blanco recordan que “o primeiro grao non é algo para persoas tremendamente perigosas das que a sociedade se ten que afastar, senón que en primeiro grao pode caer calquera persoa que ingresa en prisión, simplemente por unha defensa dos dereitos ou pola motivación pola que cometeu o delito, por unha actitude de defensa reivindicativa dos dereitos do colectivo de presos e presas”. E, reflexiona o avogado: “a ninguén lle agradaría pensar que el mesmo, ou algunhas das súas persoas máis próximas, pode acabar nunha cela 21 horas, cos desprazamentos entre módulos coas mans atadas ás costas”.

“En primeiro grao pode caer calquera persoa que ingresa en prisión, simplemente por unha defensa dos dereitos ou pola motivación pola que cometeu o delito”

Por esta razón, Antom Santos fala da importancia de que “se poña o foco nesta realidade” e se informe dela, para que deixe de ser “un mundo descoñecido no exterior e moi blindado desde fóra” para así minimizar os efectos daniños que ten mentres siga existindo. “Eu dígoo desde un punto de vista egoísta entre aspas como beneficiario que fun. Quero dicir que puiden escoitar malos tratos, malleiras, presos humillados atados á cama... mais notaba que con nós o trato era moito máis comedido”, di Santos. “E cal era a razón deste trato diferenciado? Pois que sabían que podía haber un medio de comunicación ou un avogado que se interesara pola nosa situación, ou que eu podía facer unha chamada para comunicar o que acontecía”, reflexiona Santos. Para el é, polo tanto, “moi meritorio o traballo que fan colectivos de solidariedade cos presos políticos como Ceivar xa que ten beneficios directos para o preso ou presa”

“Na prisión o ser humano está nunha situación de moita máis fraxilidade que na rúa, que esa fraxilidade se fai máis forte se lle falta apoio por parte do exterior: familiar, ou dun movemento social ou político; e esa fraxilidade no illamento multiplícase por cen”, conclúe Santos. “Porque os efectos da prisión endurécense, a soidade é moito máis extrema, e a impunidade dos gardas no caso de querer vulnerar os teus dereitos é moitísimo maior porque ninguén ve o que están facendo. Obviamente hai cámaras gravando practicamente todo o que acontece no módulo pero segue habendo ángulos mortos”.

Desde o dossier Campaña contra os malos tratos nas prisións, unha das testemuñas engade que o único xeito de mudar as cousas é “ter o apoio incondicional de moitísima xente”. “A min gustaríame ver á xente da rúa manifestándose a favor dos presos”, comenta “mais iso é máis difícil que buscar unha agulla nun pallar”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Libertad para las Seis de la Suiza
Cuando el sindicalismo entra en prisión, lo que está encerrado es mucho más que una protesta. Es el eco de todas las veces que dijimos “basta”.
Cárceles
El Salto Radio Vigilar y castigar 50 años después
Leer el libro fundacional de las sociedades disciplinarias cuando ya somos otra cosa
Opinión
Opinión No habrá paz sin las presas
Mantener hoy silencio respecto a la necesaria inclusión de la liberación de los presos y las presas palestinas en las conversaciones del alto al fuego es una postura solamente excusable en un supremacismo blanco más interesado.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.