Chega o sexto episodio de A Catapulta: unha conversa con Lupe Blanco

O Salto Galiza regresa co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio conducido polo poeta Samuel L. París, desta vez en conversa coa regueifeira Lupe Blanco.
22 sep 2023 11:30

A Catapulta activa os seus mecanismos coa regueifeira Lupe Blanco, coa que falamos dunha arte que conxuga lírica e improvisación. O programa tamén conta cunha axenda mensual de eventos poéticos para non perder nada do que está a pasar no mundo da poesía galega. Aos mandos da Catapulta está Samuel L. París

A artista de Coristanco vén de acadar por segundo ano consecutivo o título de Mellor Regueifeira da Galiza no Festival Espalla Rimas de Carballo e, ademais, tamén realiza unha gran labor divulgadora e formativa desta forma de improvisación poética oral galega, co traballo que fai na Asociación ORAL de Galicia e noutros espazos coma a web enregueifate.

O vindeiro programa vai ser o luns 16 de outubro ás 19.30h. Falaremos co Diego Horschovski, poeta e director de eventos poéticos. Podes escoitar ou ver os programas anteriores nas pezas que están a seguir.

A Catapulta
A Catapulta 01x01: Nuria Vil
O Salto Galiza comeza a súa andaina nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio
A Catapulta
A Catapulta 01x02: Lúa Mosquetera
O Salto Galiza comeza a súa andaina nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio
A Catapulta
A Catapulta 01x03 X.M. Xespi
O Salto Galiza continúa a súa andaina co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio.
A Catapulta
A Catapulta 01x04 Edicións Malafera
O Salto Galiza continúa a súa andaina co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio.
A Catapulta
A Catapulta 01x05 Bratzantifa
O Salto Galiza continúa a súa andaina co seu programa de poesía galega nas plataformas Twitch, Youtube e El Salto Radio. A Catapulta volve tensar os seus mecanismos co grupo ferrolán Bratzantifa. O programa vai regresar en setembro.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...