China
Xulio Ríos: “A China ten un proxecto político independente de influencias externas que busca inspiración na súa propia historia e cultura”

Coincidindo co centenario da fundación do Partido Comunista da China (PCCh), o fundador do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) acaba de publicar ‘A metamorfose do comunismo na China’ (Kalandraka, 2021).
Xulio Ríos
Xulio Ríos no seu estudo en Galiza. Alma López Figueiras
29 jun 2021 08:39

Como actor político e económico, o protagonismo da China no escenario global non deixa de medrar. Desde hai tempo, os oráculos das relacións internacionais sitúan o xigante asiático como principal potencia mundial do século XXI. Entre o público occidental, no entanto, a China non pasa de ser unha civilización enigmática na que impera a autoridade absoluta dun partido comunista e non hai liberdades. A falta de coñecemento contextual, sumada ao rol de vilán que se lle vén asignando á China comunista no discurso de confrontación entre oriente e occidente que lidera Estados Unidos, inducen á simplificación, á desconfianza e ao rexeitamento.

No mundo iberoamericano son relativamente poucas as persoas que analizan en profundidade e con criterio propio a realidade política chinesa. Entre as máis activas e recoñecidas está o galego Xulio Ríos (Moaña, 1958), fundador do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) hai tres décadas e prolífero autor de artigos e ensaios sobre os cambios que experimenta a China contemporánea. A súa extensa obra fíxoo merecedor do Premio Casa Asia 2021. Este mesmo ano, coincidindo co centenario da fundación do Partido Comunista da China (PCCh), Xulio Ríos está publicando varias edicións dun libro esclarecedor que racha definitivamente co tópico da inmutabilidade ideolóxica do réxime político chinés. Antes de que saian ao mercado editorial as traducións ao castelán, catalán e portugués, conversamos co autor sobre A metamorfose do comunismo na China (Kalandraka, 2021), que xa se pode ler en galego.

Na túa traxectoria como analista internacional parece que hai un punto de inflexión sobre os anos 1997 e 1998, cando publicas os teus primeiros ensaios sobre a China contemporánea —China, a próxima superpotencia (Laiovento, 1997), Hong Kong, camiño de volta (Laiovento, 1997) e A China por dentro (Xerais, 1998)— despois dunha serie de obras sobre varios países de influencia soviética. Como xurdiu este interese pola China, que se mantén até a actualidade?
Á China cheguei por varias vías. Sinto atracción por oriente desde moi novo. Cando era estudante universitario, nos últimos anos do Franquismo, recibía as publicacións clandestinas de Edicións en Linguas Estranxeiras. Dese xeito fun lendo as obras de filosofía política de Mao Zedong. Máis adiante, durante os anos oitenta, centrei o meu traballo en seguir o proceso de transformación das economías planificadas en economías de mercado, no contexto do IGADI. A China, que estaba a experimentar a política de reforma e apertura, tamén era obxecto de estudo. Foron anos de viaxar moito a países de influencia soviética e orientar as miñas publicacións ao mercado educativo; pero cando caeu o Muro de Berlín e desapareceu a URSS focalicei a miña atención na China. A fundación de Casa Asia, hai vinte anos, deu pulo ao meu seguimento da realidade chinesa, canalizado principalmente a través da posta en marcha do Observatorio de Política Chinesa.

Aqueles primeiros libros foron publicados en lingua galega. Despois chegarían ao mercado editorial numerosos títulos en castelán até este último, “A metamorfose do comunismo na China” (Kalandraka, 2021), onde retornas ao galego como lingua de escritura orixinal. Por que fuches mudando de lingua para escribir sobre asuntos internacionais?
Publicar sobre temas internacionais en Galicia non é sinxelo. As editoriais insisten en que non hai mercado para estes libros, agás que teñan orientación educativa. En castelán, non obstante, teño as portas abertas, tanto en editoriais como en medios de comunicación do Estado español, de países iberoamericanos e mesmo da China. Parece que hai unha consigna sobre a inconveniencia de escribir en galego sobre temas internacionais, sobre todo nos xornais galegos de referencia. Respecto deste último libro sobre a China, consideraba absolutamente necesario que saíra primeiro en galego. Xa levaba moitos anos sen publicar nesta lingua e desexaba facelo. Con todo, tamén hai previsión de publicar edicións en castelán, catalán e portugués.

“Ao longo destes anos, en relación ao seguimento da realidade chinesa, procurei construír un discurso orixinal. (...) Ser unha rara avis ou ir por libre fai que recibas dun lado e do outro. A honestidade é un principio fundamental”

Nas últimas dúas décadas tes vivido na China, principalmente en Pequín, durante períodos de tempo máis ou menos longos, colaborando en proxectos coa Academia das Ciencias Sociais de China e con medios de comunicación moi controlados polo poder estatal, como Radio Internacional de China e outros. En medio dun discurso propagandístico tan rancio, é frecuente que as persoas contratadas como expertas estranxeiras en medios de comunicación chineses asuman ou rexeiten o proceso de alienación, posicionándose vehementemente a favor ou en contra da China. Nos teus ensaios, porén, sempre destaca a independencia de pensamento. Cal é o teu segredo para logralo?
Eu chámoo crítica construtiva. O que intento é ser honesto comigo mesmo e dicir o que penso. Ao longo destes anos, en relación ao seguimento da realidade chinesa, procurei construír un discurso orixinal que non militara nin nun sitio nin tampouco nas súas antípodas. Hai elementos do meu discurso, como a caracterización do PCCh como unha dinastía orgánica, a defensa do eclecticismo ideolóxico ou mesmo a consideración da economía chinesa como unha economía mixta, que non están suficientemente recollidos nas análises que se publican sobre a China. Parece que neste campo hai que elixir bando. Eu vexo que na China hai cousas que funcionan ben, e outras que non tanto. É importante ter a valentía de dicilo. Mais é certo que unha posición deste tipo te deixa desamparado. Eu téñoo sentido. Ser unha rara avis ou ir por libre fai que recibas dun lado e doutro. A honestidade é un principio fundamental. É evidente que a China necesita mellorar, pero que necesite mellorar non significa que non teña experimentado cambios positivos. É importante realizar unha análise minuciosa. Eu sempre insistín no desenvolvemento dun coñecemento sobre a China con valor engadido, que non imitase os esquemas de análise anglosaxóns ou mesmo francófonos. Penso que é posible construír un discurso a partir da nosa historia, identidade cultural, posición xeopolítica,... que sexa diferente ou matizado con respecto ás grandes tendencias da sinoloxía contemporánea. Esta idea está na matriz do Observatorio de Política Chinesa e das miñas publicacións.

“A metamorfose do comunismo na China” está estruturado en tres bloques que se corresponden co “maoísmo”, o “denguismo” e o “xiísmo”, as liñas de pensamento de Mao Zedong (1893-1976), Deng Xiaoping (1904-1997) e Xi Jinping (1953). Incluír ao actual presidente da China, proclamado secretario xeral do PCCh en 2012, parece un exercicio visionario pola túa parte. Por que consideras que é tan importante na historia do comunismo chinés?
O “xiísmo” é unha nova etapa porque introduce unha contradición de base distinta á que compartían os líderes do “maoísmo” e o “denguismo”. Antes, a contradición que establecía o PCCh era entre unha sociedade pobre, que precisa mellorar as súas condicións de vida, e un desenvolvemento insuficiente da economía do país; agora, a teor do pensamento de Xi Jinping, a contradición principal é entre as demandas da sociedade e un desenvolvemento desequilibrado. Aquí é onde entra a corrección do factor social, do factor ambiental, do factor tecnolóxico,... Trátase dun pensamento en formación, pero supón un novo tempo político cun obxectivo claro no horizonte: culminar o proceso de modernización que iniciou o PCCh a partir de 1949.

Tamén observamos cambios políticos importantes. Mentres que no período anterior había debates internos sobre a introdución de prácticas democráticas, Xi Jinping abandona totalmente esa liña de pensamento e avoga pola construción dun sistema político distinto fundamentado na actualización do discurso lexista que vén a chamar “top level design”. Rexeita a doutrina liberal occidental e afonda, aínda máis que os seus antecesores, na identidade cultural chinesa para resucitar o confucianismo e o lexismo. Busca unha gobernanza a través da lei. Máis que un Estado de dereito, é un Estado con dereito que busca a eficiencia na xestión pública a través do respecto á lei. Mao fundamentou a lexitimidade do PCCh na revolución. Deng fundamentou a lexitimidade do PCCh no benestar económico e social, no crecemento económico e na mellora das condicións de vida. E Xi quere fundamentar a lexitimidade do PCCh no respecto á lei. É un cambio cultural moi profundo, pois na China sempre houbo a idea de que mandan os homes, non as leis.

“Mentres que no período anterior había debates internos sobre a introdución de prácticas democráticas, Xi Jinping abandona totalmente esa liña de pensamento”

Os cambios ideolóxicos no comunismo chinés a miúdo se teñen relacionado coas loitas de poder entre as distintas faccións que conviven no Partido. Precisamente, pouco antes de que Xi Jinping fora proclamado secretario xeral do PCCh, houbo un caso tan mediático como rocambolesco: a caída en desgraza de Bo Xilai, o líder do PCCh na cidade de Chongqing. Naqueles meses previos á transición de poder era frecuente ler análises sobre unha suposta rivalidade interna entre dous grupos de influencia encabezados polos presidentes Hu Jintao e Jiang Zemin. Esta dinámica, non obstante, non aparece elaborada no teu libro.
No libro intentei centrar a atención nos temas principais. Nestas dinámicas hai moito de conxuntural. No capítulo sobre o “maoísmo” si aparecen explicadas as dúas liñas de pensamento que había dentro do PCCh porque serven para entender a política de reforma e apertura que veu despois. Porén, as clasificacións que se fan sobre as distintas familias non sempre responden a unha realidade contrastada e sólida. Nunha organización política con máis de 90 millóns de persoas, por suposto que hai diferentes sensibilidades; mais actualmente observamos unha corrente que está bastante unificada. A axenda política na China non está obrigando a que eses sectores tomen posicións conflitivas que afecten a estabilidade do país.

O legado político de Mao Zedong está bastante denostado na actualidade, en clara contraposición ao que deixou Deng Xiaoping; mentres que o primeiro é recordado polo personalismo exacerbado e os fracasos do Gran Salto Adiante (1958-1961) e a Revolución Cultural (1966-1976), o segundo é retratado na historiografía como o adaíl do espectacular desenvolvemento da China a través da política de reforma e apertura económica cara o exterior. Realmente foi tan negativa a aportación de Mao Zedong?
Hai dous Mao que debemos diferenciar: o do período anterior á revolución e o do período posterior á revolución. Antes de 1949 observamos un Mao que teorizaba, que reivindicaba a autonomía de decisión do PCCh para non seguir os dictados de Moscova, que defendía a necesidade de adaptar o proceso de revolución ás singularidades da China e buscar o apoio do campo, e que apostaba pola guerra e a construción dunhas forzas armadas como instrumentos de revolución. Unha vez proclamada a República Popular, pola contra, Mao evidencia un desapego da realidade que contrasta radicalmente coa súa consideración da realidade como motor de adaptación e éxito do PCCh. No contexto de rivalidade coa URSS, experimenta cunha vía propia para acelerar a revolución pero fracasa nas súas políticas do Gran Salto Adiante e a Revolución Cultural, cun enorme custo social. As contribucións do Mao anterior a 1949 gozan dun recoñecemento unánime dentro e mesmo fóra da China, pero respecto do Mao posterior xa se fixo un balance en ton agridoce: 70 % de acertos e 30 % de erros, segundo a conclusión do propio PCCh. Hai aspectos dese período histórico que merecen máis investigación, pero na China é un capítulo pechado.

“Nunha organización política con máis de 90 millóns de persoas, por suposto que hai diferentes sensibilidades; mais actualmente observamos unha corrente que está bastante unificada”

E respecto do aclamado legado político de Deng Xiaoping, foi tan positivo? No teu libro sitúas a decadencia desta liña de pensamento no período de Hu Jintao, xusto na década anterior á chegada ao poder do actual presidente, Xi Jinping. Por que puido decaer unha estratexia política que foi tan exitosa en termos de crecemento e desenvolvemento económico?
Durante o tempo de Hu Jintao, relacionado internacionalmente con eventos como os Xogos Olímpicos de Pequín 2008 ou a Exposición Internacional de Shanghai 2010, observábase que a filosofía de Deng comezaba a ser prexudicial. A idea de que uns se poden enriquecer antes que outros levou consigo unha enorme exacerbación das desigualdades, tanto sociais como territoriais; a idea de que uns territorios se poden desenvolver antes que outros supuxo un marcado desequilibrio no desenvolvemento territorial. O mesmo coa política demográfica. Durante o “denguismo”, a consigna era primeiro eficacia e despois xustiza. No ámbito medioambiental, traducíase como primeiro manchar e despois limpar. Os múltiples desequilibrios foron evidenciando o esgotamento desta fórmula e o PCCh, xa durante os dous mandatos de Hu Jintao, foron madurando novas estratexias para cambiar de modelo: pasar do “made in China” ao “created by China”, buscando un desenvolvemento máis harmónico. En 2012, cando Xi Jinping chegou ao poder, a reflexión estaba feita e puido implementar o cambio de modelo en pouco tempo. Podemos concluír que durante o período de Deng Xiaoping se puxeron en marcha procesos positivos que, non obstante, tiveron contraindicacións. Foi un tempo no que se liberaron moitas enerxías. Houbo un gran crecemento económico pero tamén importantes crises políticas como a de 1989 en Tian’anmen. Para acadar a modernización, a China precisaba cambiar de modelo e deixar de ser a fábrica do mundo para converterse na vangarda tecnolóxica mundial, corrixindo ao mesmo tempo os desequilibrios que deixou o “denguismo”.

Incluír o concepto de “metamorfose” no título do libro pode interpretarse como unha chiscadela kafkiana referida á transformación do comunismo chinés?
Realmente pasouse de campañas contra Confucio a crear o Instituto Confucio. Este tema xera debate mesmo dentro do PCCh, xa que gran parte da China popular foi militarmente anticonfuciana. Os movementos modernizadores da China iniciados no século XIX culpaban a esa cultura do atraso e da decadencia do país, e o PCCh herdou ese pensamento. Así a todo, co tempo comprendeu que a cultura tradicional era un valioso aliado para protexer o sistema político chinés da influencia do liberalismo occidental. Exaltar a diferencia cultural e a singularidade dos valores asiáticos actúa como instrumento de cohesión fronte a esa influencia política occidental. Mais non todos os sectores do PCCh ven clara esta apelación ao confucianismo, que tamén colide coa revitalización do discurso marxista, outro dos empeños de Xi para frear a influencia liberal occidental que pode pór en perigo a hexemonía do PCCh. En todo caso, a capacidade do PCCh de reconciliarse coa súa propia cultura é un artificio moi significativo.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Literatura
50 aniversario Aresti vive en la memoria de un pueblo vasco en disputa
Hoy comienzan en Bilbao los actos del 50 aniversario de la muerte de Gabriel Aresti, referencia ineludible e incómoda de la literatura vasca moderna.
Iritzia
Vivienda Narkomfin bezalako etxe komumal gehiago behar ditugu
Egun feminismoan ditugun eztabaiden antipodetan daude etxe komunalen ereduak, gaur faltan dugun erradikaltasuna eta materialtasuna direlako horien adierazle.
Historia
Historia La segunda vida de Joaquín Maurín
Alberto Sabio reconstruye en ‘Excomunistas’ la vida y el pensamiento del fundador del POUM: desde su politización en el republicanismo hasta su giro socialdemócrata y anticomunista durante la Guerra Fría.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Multinacionales
Multinacionales Maersk y las rutas de complicidad con el genocidio israelí en Gaza
Crece la presión internacional contra la naviera danesa que está aprovisionando a Israel de armas para cometer el genocidio de Gaza en contra de las medidas cautelares tomadas por la Corte Internacional de Justicia.
Estados Unidos
Estados Unidos La buena sintonía entre Trump y Meloni
Como era de esperar, los mandatarios mostraron afinidades políticas e ideológicas. La italiana insistió en la idea de “fortalecer Occidente”.
Camboya
Camboya 50 años del inicio del genocidio en Camboya
El régimen de Pol Pot acabó con la vida de más de dos millones de personas. Solo tres integrantes de los Jemeres Rojos han sido condenados por crímenes contra la humanidad.

Últimas

Series
Series Masculinidad hegemónica o plomo: la sátira contra los hombres en ‘The White Lotus’
La serie culmina de forma trágica, llevando al extremo la lógica neoliberal, y se cuestiona si es posible una transformación que no termine cooptada por el propio patriarcado.
Grecia
Grecia Frontex pone de nuevo la mirada en Grecia
En enero de 2025 el Tribunal Europeo de Derechos Humanos acusó a las autoridades griegas de llevar a cabo devoluciones forzadas de manera sistemática.
Más noticias
Valencià
València Duelo colectivo y brecha de género, las consecuencias de la dana en la salud mental
Más allá de lo material, el sufrimiento mental continúa golpeando las vidas de l´Horta Sud. Mujeres cuidadoras y colectivos vulnerables encabezan un luto que todavía no ha encontrado descanso.
Almería
Artes escénicas Almería reclama su (dancístico) lugar
A menudo relegada al olvido en los mapas culturales, esta provincia oriental sigue siendo una gran desconocida, a pesar de su riqueza histórica, su diversidad paisajística y su potencia creativa.
Palestina
Genocidio Israel sigue atacando hospitales, la ONU habla del peor momento en los 18 meses de asedio
No hay tregua en Gaza, donde Israel ha recrudecido las matanzas y sigue sin permitir el acceso de alimentos y productos de primera necesidad. La ONU denuncia asimismo el asesinato de más de 70 civiles en Líbano.
Crisis climática
Balance climático El Mediterráneo se consolida como zona especialmente vulnerable al cambio climático
Las víctimas de la dana suponen dos tercios de las muertes por fenómenos extremos en Europa en 2024, según un informe conjunto de Copernicus y la Organización Meteorológica Mundial que hace un balance climático del continente el pasado año.

Recomendadas

Comunidad de Madrid
Memoria histórica Contra la basura y el olvido: tras la pista de los cuerpos y de la memoria de los brigadistas internacionales
El Salto acompaña a un contingente internacional de políticos, políticas y activistas en una ruta en memoria de los brigadistas internacionales que acudieron a luchar a España contra el fascismo, en un ejercicio inspirador para el presente.
Poesía
Culturas Joan Brossa, el mago que jugó con la poesía para reinventar el poder de la palabra
Casi inabarcable, la producción creativa de Joan Brossa se expandió a lo largo —durante medio siglo XX— y a lo ancho —de sonetos a piezas teatrales, pasando por carteles o poemas objeto— para tender puentes entre el arte, la política y el humor.
República del Sudán
Sudán Cara a. Un Sudán en guerra
Se cumplen dos años de una guerra que ya deja más de 13 millones de personas desplazadas y más de ocho millones de sudaneses al borde de la inanición.