Contaminación
A Confederación Hidrográfica sancionará ao Celta polas verteduras da súa cidade deportiva declarada ilegal

A investigación chega grazas á vixilancia de Ecoloxistas en Acción na zona onde se sitúa o recinto, en Mos, na comarca de Vigo.
Infografia Ciudad deportiva Celta

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil vén de informar sobre a apertura dun expediente sancionador ao Real Club Celta de Vigo debido a verteduras de augas residuais procedentes da súa Cidade Deportiva Afouteza, situada en Mos (Pontevedra), e declarada ilegal polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza ao constatar que as licenzas urbanísticas nas que fundamentou a súa construción foron absolutamente irregulares. Esta acción foi motivada polas denuncias presentadas por Ecoloxistas en Acción tras detectar verteduras de augas residuais no monte comunal de Pereiras, no municipio da comarca de Vigo.

Galicia
Galiza O Goberno tomba o intento da Xunta de regularizar a cidade deportiva do Celta declarada ilegal
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil emite un informe que bota por terra os intentos da Xunta de declarar Proxecto de Interese Autonómico pola porta de atrás unha cidade deportiva con centro comercial en montes comunais expropiados.

A notificación emitida pola Confederación Hidrográfica, á que tivo acceso este medio, explica que a sanción débese a unha “vertedura directa, sen autorización administrativa previa do organismo de conca, de augas residuais procedentes das instalacións de depuración que recolle as augas pluviais e de escorrentía das instalacións de depuración do Real Club Celta de Vigo á canle dun arroio o día 22 de maio de 2024 no lugar de Pereiras”.

Os ecoloxistas sinalan que a súa denuncia inclúe os resultados dunha análise que mostra “unha altísima concentración de fecais e tamén a presenza de varios compostos químicos asociados ás pesticidas e fertilizantes orgánicos habitualmente utilizados no coidado e mantemento dos campos de fútbol”.

Expediente sancionador inco... by El Salto periódico

Desde Ecoloxistas en Acción tamén destacan que “queda claro que o Concello de Mos recoñece xa que a tubaxe procedente das instalacións do Celta é un emisario do aliviadoiro dunha cuba de recollida de pluviais e augas residuais das regas. Esta auga recollida arrastra material fecal dos abonos orgánicos e compostos químicos dos praguicidas utilizados no mantemento dos campos de fútbol”.

A organización considera que este acto constitúe un “delito contra os recursos naturais e o ambiente”, ademais de supor un risco para a saúde pública, xa que hai mananciais próximos á zona afectada.

“A infiltración nos mananciais de produtos contaminantes pode afectar as familias usuarias e á clausura das captacións de auga, deixando a miles de fogares sen auga”, sentenza Xaquín Pastoriza, coordinador local de Ecoloxistas en Acción.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.