Corpos Incómodos
Deter a roda

A reacción patriarcal ao 8M aproveitou o estoupido da crise para meternos a todas as que enchemos as rúas de lila no mesmo saco. Foi a cabeza de turco perfecta para que a crise reforzara, de novo, aos de sempre.

Manifestación del 8 de marzo en Madrid - 21
29 abr 2020 11:14

Hoxe tocaba encher este espazo, de novo, con argumentacións e perspectivas prácticas que arroxaran luz aos enquistados debates que cuestionan a participación das mulleres trans como suxeitos activos do feminismo. Tocaba volver á vista atrás ata antes da pandemia, retomar a roda xigante de conceptos e teorías que ameazaba con derrotarnos a través de infinitas divisións. Aquela que medraba apoderada baixo a sombra dos medios de comunicación para amosar o lado escuro dun día da muller traballadora que encadeaba outro ano máis de éxitos. Era o momento de situarnos naquel intre inmediatamente posterior ao 8M, onde as nosas divisións se agudizaron máis que nunca e as mensaxes que falaban de coidados e de vida quedaron agochadas na exportación masiva que se estaba a realizar, dende o omnipotente Madrid, do sen fin de conflitos acaecidos durante a súa manifestación.

Mais todo iso foi antes de que a reacción patriarcal aproveitara o estoupido da crise para meternos a todas as que enchemos as rúas de lila no mesmo saco, independentemente de se eramos cis, trans, abolicionistas ou regulacionistas. Foi xusto antes de que os discursos e as columnas dos xornais diluíran as nosas diferencias no cabeza de turco perfecto para que a crise reforzara, de novo, aos de sempre.

O mundo ficou parado, como di Guadi Galego. A maquinaria frenética que envolvía as nosas vidas descarrilou ameazando co colapso, todo entre tibias promesas dunha volta paulatina á normalidade. A mesma normalidade que contén todos aqueles detalles cotiás que nos dá a vida, as lembranzas dos momentos de felicidade e o campo no que materializamos os nosos proxectos vitais. Pero tamén a mesma que sementou o terreo da desigualdade, que tristemente está a aflorar en todas e cada unha das excepcionalidades que nos trouxo a crise.

As mensaxes de unidade interclasista materializadas polas campañas de márketing do españolismo banal, non chegan a agochar o proceso a través do cal as nosas interseccionalidades atoparon un forte punto en común para cooperar e construír.

Todas sabemos que iso non é posible e que esa realidade que nos precedeu desapareceu xusto no momento no que comezamos a vivir un fenómeno inédito na nosa memoria colectiva, sobre o que a penas tiñamos ferramentas para desenvolvernos. A realidade material das nosas vidas quedou ao descuberto, e, nunha sorte de traslado das análises de Marx sobre infraestrutura e superestructura, amosouse que os piares que a sostiñan non coincidían en moitos casos cos que nós críamos que exercían esa función. Cultivamos traballos, oposicións, carreiras, e cando levantamos a vista á fronte para mirar máis alá das catro paredes e do confinamento só quedou a presenza da dicotomía entre individualismo e comunidade.

Coronavirus
Sobre a corentena e a vida en comunidade
En tempos de precariedade, xentrificación e amor romántico, cada aplauso das oito –por ‘repipi’ que sexa– produce un efémero e valioso sentimento comunitario.

Rapidamente, saíu a relucir a cultura da competición e de apisoar á outra na procura do beneficio propio, a que colaborou estreitamente coa expansión do virus en episodios como a diáspora madrileña, ademais de dificultar aínda máis as vidas das que afrontaron a pandemia cunha maior vulnerabilidade mediante a implementación dos sistemas de vixiancia.

A maquinaria frenética que envolvía as nosas vidas descarrilou ameazando co colapso, todo entre tibias promesas dunha volta paulatina á normalidade.

Mais, cando as eternamente sinaladas, as negadas, as cuestionadas, as que nunca superamos as súas probas nin entramos nos seus estándares, apoderámonos, para loitar contra o medo que provoca que o mundo se convertera nun control de verificación, o primeiro que atopamos diante foi a comunidade. A veciña que che fai a compra cando es persoa de risco, a amiga que che pregunta como estás ou a descoñecida que alimenta as distancias sociais con miradas de empatía. Só o povo salva ao povo dicía aquela máxima portuguesa que se repite nos grupos de apoio mutuos, nos de reparto de produtos básicos, nas novas relacións veciñais que están a florecer en moitos lugares e que as policías do balcón tratan de agochar en cada intervención que fan. Unha comunidade que se amosou muller, que se declarou proletaria, e que floreceu para salvarnos da besta capitalista que ameaza con engulirnos de novo con crises interminábeis.

Con todo, as mensaxes de unidade interclasista materializadas polas campañas de márketing do españolismo banal, non chegan a agochar o proceso a través do cal as nosas interseccionalidades atoparon un forte punto en común para cooperar e construír. Unha verdadeira irmandade contra a militarización da vida e contra a miseria que ameaza por inundarnos a todas. Un suxeito político forte e preparado para seguir salvando vidas na repetidamente nomeada era post pandemia.

Todos estes motivos son máis que suficientes para sentir unha volta á normalidade, sen máis, como unha traizón ás ensinanzas de ter vivido un dos capítulos máis importantes da historia recente. Entre elas, destaca a de utilizar as pantallas para construír novas canles de comunicación que nos acheguen realidades agochadas, en lugar de concebilas como trincheiras para o combate. Pensar en retomar onde o deixamos remóveme por dentro un sentimento de orfandade semellante ao que provoca só poder ollar a vida dende unha xanela pechada, na que a face da veciña se volve a difuminar nunha silueta que vén e vai sen interacción posíbel. Mais iso ficou no pasado.

Activismo
Retrincos: Xácia Ceive
VV.AA.
Viaxamos ata a Ribeira Sacra para pasar unha mañá coa protagonista deste Retrincos, a creadora do proxecto Sete Outeiros e activista feminista Xácia Ceive.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.