Culturas
Galiza en zines

O país conta con tres festivais de autoedición consolidados e os fanzines son cada vez máis visibles nas librarías.

Mercadiño de fanzines e autoedición de No Tengo Mamá
Mercadiño de fanzines e autoedición de No Tengo Mamá. Sandra MG
6 ago 2019 07:00

Nos 80 dous barrios de Vigo tiñan o seu propio fanzine: O Coiote, en Coia, e Castrelis, pola banda de Castrelos. Esta década fixo eco dunha onda expansiva da autoedición en todo o Estado. Xa nacera Xofre, o primeiro fanzine de banda deseñada galego, no 1979. A continuación viron a luz El patito Feo, en Ferrol; Atlántico Exprés, en Lugo; ou A Ameixa Cacofónica, en Carballo. O torrente fanzineiro continuou nos 90, co Frente Comixario de Ourensena vangarda. A Coruña foi especialmente fértil neses anos: saíron á rúa Lixo, La Carallada, El bolchevique vespertino ou Xabarín.

A explosión dos anos dez

A xornalista viguesa Alexandra Padín debullou o percorrido da autoedición galega en Comunicando por grapas: el fanzine en Galicia como medio de comunicación alternativo. No seu traballo explica como cos 2000, coa xeneralización dos ordenadores e internet, a febre da autoedición diminuíu. Foi nos anos anos dez cando volveu subir da man da asociación Liceo Mutante de Pontevedra. As actividades do colectivo promoven dende o 2011 a cultura autoxestionada, e puxeron o seu punto de mira na autoedición. As xornadas Grapa Grapa, no 2012, foron o primeiro escaparate de fanzines e outras publicacións autoeditadas por persoas ligadas ás Facultades de Belas Artes e Comunicación Audiovisual da cidade.

Outras cidades e vilas galegas seguiron a estela do Liceo Mutante. No 2014 xurdiron o Autobán en A Coruña, o No Tengo Mamá en Vigo e o Au/Ou en Ourense. No 2015 tivo lugar a primeira e única edición da Xornada de Autoedición Salsa Letal en Cangas, da man do propio Concello e coincidindo coas festas do Cristo na vila. Santiago de Compostela viu nacer o seu festival de autoedición no 2015: o Fun Fun Fun.

“Hai citas que desapareceron, non hai a mesma efervescencia que cando comezamos

Padín é unha das fundadoras do No Tengo Mamá, amparado polo colectivo de edición de fanzines e casettes Seara Records: “Nestes últimos anos hai citas que desapareceron, non hai a mesma efervescencia que cando comezamos. Entón houbo unha explosión, parecía que cada localidade tiña que ter a súa feira de autoedición”. As xornadas do Liceo Mutante desenvolvéronse de xeito intermitente e As Au/Ou deixaron de celebrarse. Con todo, eventos como a Xornada de Feminismo e Autoedición, organizada en Lugo no 2018, e os obradoiros e charlas en torno á autoedición, amosan que o seu retorno non ten volta atrás.

As citas co zine

“Hai citas consolidadas, Galiza está comezando a estar situada no mapa de autoedición de España”, sinala Padín. Na actualidade as que continuaron o seu percorrido son o Autobán, o No Tengo Mamá e o Fun Fun Fun. Os festivais naceron coa vontade común de visualizar e colocar no mapa as creacións artísticas que non atopaban oco nos mercados habituais. Tamén para dar espazo a propostas pouco convencionais. O Autobán, por exemplo, celébrase nas mesmas datas que o festival de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. Para Bernal Prieto, un dos organizadores, “o Viñetas é moi potente, pero viamos que as publicacións de pequena entidade, o fanzine ou a banda deseñada de autor, non tiñan un oco”.

Combate de debuxantes do Autobán
A Nave 1839 de A Coruña acolle as actividades do Autobán Sara Roca

As dúas edicións anuais do Autobán teñen lugar no inverno, na Nave 1839, e no verán en locais do centro da cidade. Cada edición conta cun mercadiño, presentacións de autoras e autores, un combate de debuxantes, unha liga de brilé ou obradoiros. No festival presentouse o fanzine Altar Mutante, finalista en dúas ocasións na categoría Mellor Fanzine do Salón Internacional do Cómic de Barcelona. No 2019 naceu a asociación cultural homónima. “Queremos que poda entrar xente nova e que o Autobán vaia evolucionando”, explica Prieto.

“A autoedición é unha forma de empoderar ao pobo

Pola súa banda, tanto o Fun Fun Fun coma o No Tengo Mamá acollen fanzines ligados ás artes gráficas e a banda deseñada, pero tamén outros exemplos de autoedición: roupa, música ou incluso curtametraxes. Todos os eventos comparten a filosofía do do it yourself. Para Manu Barreiro, un dos organizadores do Fun Fun Fun, a autoedición “é unha forma de empoderar ao pobo, hai moito talento no mundo e hoxe en día, practicamente todas podemos aproveitar as ferramentas que trouxo internet e os avances das tecnoloxías de impresión, de filmación, etc. Dun xeito accesible”.

Coa consolidación chegou tamén unha profesionalización cada vez maior. Existe un interese crecente por parte de librarías ou editoriais, como Fosfatina en Vigo ou o colectivo Leite Edicións. Afra Torrado, unha das impulsoras do fanzine Infumable e de Leite Edicións, explica que esta naceu precisamente para “unir proxectos de autoedición”. A maiores, autores e autoras promociónanse a través de redes sociais ou das súas propias tendas en liña: Nuria Figueirido, o colectivo El Cosmonauta Tropical ou Camila Viéitez son algúns exemplos. Segundo Alexandra Padín: “Non hai tanta escena punki e de grapas, senón que cada vez a arte alternativa pode chegar a outros espazos máis ‘formais’ ou ‘profesionais’. E isto é positivo, aínda que queda moito por facer”.

Fanzines e activismo

Moitas publicacións están ligadas ás artes gráficas, mais existen outros exemplos que beben de tradicións diferentes. Nos 60 xurdiron no estado fanzines e panfletos de corte antifranquista. Nour Al-Hussen Villa publicou o fanzine Más allá de todo como homenaxe a unha resistencia moito máis actual: a do pobo de Raqqa, na súa Siria natal, contra a ameaza de Daesh. Villa, hoxe afincada na Galiza, reúne catro relatos construídos a partir de testemuñas reais. A autora destinará parte das vendas á ONG siria Women Now For Development.

“Pensamos nun formato que nos dera liberdade á hora de crear

Outras publicacións nacen no marco do activismo feminista ou LGTBIQ. É o caso do Galiza Nación Cuir, editado no centro social ourensán A Galleira. Ximena González é unha das súas impulsoras: “Pensamos nun formato que nos dera liberdade á hora de crear e pensamos nos fanzines, anárquicos e libres ao mesmo tempo. Partimos do noso activismo LGTBIQ, independentista e socialista. Ademais cada un analiza unha figura do ámbito cultural, algunha figura chave na nación, como Blanco Amor e desmontámola dende o humor”. En novembro verá a luz o número catro.

González explica que no seu momento non atoparan referentes similares ao seu traballo. “Logo si vimos algún, coma o feminista CONA, ou os que publicaron dende Avante LGTB”. Aña, Fanzine de (des)identidades femininas de Bueu engrosou esta lista. A publicación recolle as homenaxes ás bueuesas máis senlleiras que cada 8 de marzo organiza a Asociación Club-Golfiños. O primeiro veu a luz en marzo e entrevista á actriz e drag-king galega Susi Ons-Nico Elsker. Dende Bueu lanzan aviso: “Moitos outros virán”. Logo da efervescencia dos anos dez, a onda expansiva fanzineira segue a sumar títulos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cómic
Cómic ‘Los nadie’, un reportaje en viñetas para empatizar con las víctimas de la masacre en la valla de Melilla
La novela gráfica ‘Los nadie’ recrea la vida de cinco personas hasta el fatídico 24 de junio de 2022, cuando encontraron la muerte al tratar de cruzar la frontera y llegar a Melilla desde Marruecos.
El Salto Radio
Podcast Lecturas: El Eternauta
Analizamos el cómic distópico que anticipó la barbarie política en Argentina y que se ha convertido en una china en el zapato de Milei
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.