Culturas
Liceo Mutante de Pontevedra: crónica dun rexurdimento cultural colectivo

O centro cultural autoxestionado Liceo Mutante en Pontevedra reconstrúese nun novo espazo tras o complexo peche da primeira ubicación, de onde foi expulsado nun proceso turbio de denuncias e especulación encuberta, segundo este colectivo.
Liceo Mutante de Pontevedra
Asemblea no novo espazo do Liceo Mutante, en Pontevedra.
Traducido por Alma López Figueiras
6 jul 2023 18:30

A segunda acepción da palabra “templo”, segundo a RAE, di que se trata dun “lugar real ou imaxinario no que se lle rinde culto ao saber, á xustiza”. É unha definición que se pode axustar ao que ten sido e é o Liceo Mutante: un centro cultural autoxestionado na cidade de Pontevedra cunha traxectoria de máis dunha década que, por momentos, ten parecido unha fantasía feita realidade. Agora transita cara á apertura dun novo espazo, tras ser obrigado a deixar en 2022 o lugar no que medrara o proxecto: un edificio de dous pisos, baixo, soto nun solar con xardín con vista ao mar que albergaba o Liceo Mutante en réxime de alugueiro desde 2011. Anteriormente, o inmoble fora sede dunha igrexa evanxélica. Outro tipo de templo, se cadra.

“Temos un novo local e estamos traballando nun proxecto para acondicionalo. Para iso temos contado co traballo e as aportacións desinteresadas de centos de persoas que consideran que un espazo así non se pode perder, o cal animounos moitísimo e reforzou a nosa determinación para seguir adiante”, explica Berto Fojo, participante no Liceo Mutante, que recoñece que o proceso non vai tan rápido como lles gustaría e que deberon reubicar algúns concertos que tiñan sido programados para este verán.

Como xesto desa solidariedade que recibiu o Liceo Mutante, este venres 7 de xullo celébrase na sala Wurlitzer Ballroom de Madrid un concerto benéfico cos grupos Rata Negra, Tzetze, Pablo Prisma e Las Pirámides e Atomizador. “A nosa iniciativa é un pequeno apoio a esta causa, unha celebración da cultura libre e unha homenaxe á xente que, dese xeito completamento desinteresado, ten pasado unha década levando un dos espazos máis importantes da contracultura europea”, afirman desde a organización do evento.

“Temos contribuído a construír unha comunidade moi extensa, inclusiva e solidaria, con ramificacións que chegan a lugares moi remotos do planeta”, afirman desde o Liceo Mutante

Que fixo o Liceo Mutante para gañar esa reputación neste tempo? Basicamente, e non é pouca cousa, converterse nun refuxio para propostas culturais e actividades artísticas –mais non só– que non atopan acomodo nas canles habituais. A falta de ánimo de lucro e a autoxestión de todo o relativo ao espazo son outras notas características dunha iniciativa que sempre tivo no horizonte a intención de crear entre iguais. “Desde esta esquina —comenta Fojo— temos contribuído a construír unha comunidade moi extensa, inclusiva e solidaria, con ramificacións que chegan a lugares moi remotos do planeta. Hai compis que chegaron apenas acadada a maioría de idade e agora rozan a treintena, temos construído amizades, naceron as nosas fillas, perdemos recentemente a Tato, veciño de Mollabao e o noso socio máis antigo ao que, por certo, doeulle especialmente o peche”.

O peche ocorreu en 2022 tras unha longa historia e con moitos matices, como lembra Fojo. O seu resumo deste “triste final” menciona a un arquitecto que non residía alí, pero que se interesou por diversas propiedades do barrio de Mollabao —“un barrio completamente abandoado pola administración e que ultimamente comezouse a xentrificar”— e mercou un par de edificios próximos ao Liceo Mutante. “Por algún motivo —apunta o integrante do colectivo— non encaixábamos nos plans deste home, que comezou a chamar á policía cada vez que faciamos uso do local, continuamente, acadando niveis de acoso. A policía viña e decíanos que estaba todo en orde, que non había ningún problema, pero que, ao haber chamadas, debían personarse. Finalmente, no seu afán por botarnos, descubriu unha irregularidade na situación catrastral do edificio que nada tiña que ver con nós e que, cremos, con vontade podería ter tido fácil solución, e presentou unhas 8 ou 9 denuncias no prazo dun mes” . 

En novembro de 2021, o Liceo Mutante recibiu unha orde de cese de actividade por parte do Concello. “Así, sen avisos, sen ofrecer ningunha solución. Da noite para a mañá péchase sen ningunha opción un proxecto cultural referencial, con máis de dez anos de existencia, en favor do listillo especulador de turno”, lamenta Fojo.

Coa experiencia aprenderon que a existencia de espazos autoxestionados consolidados fai que, a pesar da súa fraxilidade e que nacen case condeados ao fracaso, o poder síntese desafiado, aínda que non sexa un obxectivo específico destas iniciativas. Fojo considera que isto ocorre en todas as latitudes, pero tamén entende que no caso do Liceo Mutante hai especificidades propias: “Teñen ocorrido unha serie de cousas que teñen moito que ver coas particularidades de Pontevedra, pequena capital de provincia, de marcado tufillo conservador pero con goberno de esquerda na que todo cambia para que todo siga igual”.

O Liceo Mutante, xunto a espazos como A Faena en Madrid, que anunciou a súa despedida a finais deste ano, conforman unha galaxia de iniciativas culturais que, desde o subsolo e con carácter minoritario, achegan un nutriente difícil de atopar nas programacións oficiais. Tamén comparten modos de facer e bótanse unha man cando veñen mal dadas. “A existencia de cada un deses espazos repercute positivamente en todos os demais. Aos poucos foise creando unha especie de circuíto para grupos que veñen de xira e artistas ou grupos de aquí foron recibidos hospitalariamente cando saíron por aí. É tamén frecuente que cando algún destes espazos atópase en problemas aparezan iniciativas de apoio desde esoutros lugares afíns”, asegura Fojo, quen resume o momento actual do Liceo Mutante cunha frase que convén subliñar: “Superar colectivamente esas penurias é algo moi fermoso”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Educación
Policialización del ámbito educativo Haciendo frente a la policialización del ámbito educativo
Ante la creciente normalización de la presencia policial en espacios educativos, emerge una reflexión sobre las formas no punitivas de hacerse cargo de los conflictos escolares
Comunidad de Madrid
Huertopías Ecourbanismo o cómo combatir la crisis climática en las ciudades y desde lo comunitario
En los últimos años han ido floreciendo, en su mayoría desde organizaciones de base anticapitalista, numerosos proyectos sociales basados en la agricultura urbana. Todos ellos ofrecen alternativas sostenibles y cooperativas frente al sistema actual.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.