Dependencia
Servizo de atención ao fogar, dúas horas diarias para persoas dependentes

O Servizo de Atención ao Fogar dá cobertura ás persoas dependentes para mellorar a súa calidade de vida e retrasar a súa institucionalización. A falta de financiamento, de persoal e os baixos prezos impostos ás empresas que o prestan repercuten nas traballadoras e, especialmente, nas persoas usuarias.

Calle de Usera
A Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais vén alertando que os recortes en servizos sociais durante a crise non foron revertidos. Olmo Calvo
11 oct 2019 12:00

Muller de máis de 75 anos, cuns ingresos en torno aos 500 euros mensuais, moitas veces cunha persoa dependente ao seu cargo e con redes de apoio febles. É o perfil máis común das persoas dependentes na Galiza. Ana Vilar, traballadora social e membro do Colexio Oficial de Traballo Social de Galiza, explica que no territorio únese o envellecemento da poboación “o illamento e a falta de recursos para atender a estas persoas”.

Un dos servizos establecidos pola Lei de Dependencia do 2006 é o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). “Trátase dun conxunto de actuacións que se levan a cabo no domicilio co obxectivo de evitar a institucionalización e mellorar a calidade de vida dunha persoa na súa contorna habitual. Inclúe atencións persoais, domésticas, de acompañamento ou tarefas de carácter persoal como o aseo, cambios posturais ou a administración das medicinas”, describe Vilar.

Cuidados
España tendrá cada vez más dependientes y menos personas cuidadoras
Un cuarto de la población española será mayor de 65 años en 2033, y la tasa de dependencia va en aumento. La población de entre 30 y 49 se verá mermada en los próximos 15 años, mientras que aumenta la mayor de 50.
Na Galiza máis de 60.000 persoas teñen recoñecida a súa dependencia. É ademais a segunda comunidade co maior envellecemento da poboación do Estado, o que fai prever que as persoas demandantes de servizos de atención á dependencia aumentarán nos vindeiros anos. En febreiro de 2019 23.309 persoas, segundo datos do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, eran beneficiarias do SAF. Para Vilar esta é unha das prestacións máis importantes do catálogo de Dependencia: "Permite mellorar con moi pouco a calidade de vida dunha persoa”. 

A Asociación Estatal de Directoras e Xerentes de Servizos Sociais vén alertando que os recortes en servizos sociais durante a crise non foron revertidos, prexudicando así a poboación máis vulnerábel. Sinalou a Galiza como unha das catro Comunidades Autónomas que non recuperaran o investimento en servizos sociais previo á crise económica. En 2019 a Xunta de Galiza destinou ao SAF 75 millóns de euros. Vilar sinala que outro dos problemas da xestión autonómica, ligado directamente ao presuposto, é o custo por hora que establece para as empresas que prestan o SAF: "É de 9,5 euros. Non é suficiente, sobre todo en concellos con poboación moi dispersa nos que as traballadoras teñen que realizar desprazamentos”. 

Familiares, piar dos servizos sociais

O SAF, de ámbito autonómico, é prestado polos propios concellos. “O normal é que as propias familias acudan a solicitar o servizo”, di Vilar. A outra vía é que os traballadores sociais do municipio detecten unha situación de risco, fagan unha valoración social e a solicitude no municipio.  A Xunta da Galiza organiza a prestación do servizo entre os municipios en forma de bolsa de horas, segundo as necesidades das persoas dependentes das que informe cada consistorio. No plano local os traballadores sociais fan a distribución das horas e realizan un seguimento que, por normativa, debe ser bimensual por cada caso. “Concellos onde o número de servizos cubre a 900 persoas fai imposíbel que o podamos facer”, denuncia Vilar.

As auxiliares de axuda a domicilio, quen en última instancia presta este servizo, adoitan dedicar dúas horas a persoas dependentes e unha a persoas que non teñen a dependencia recoñecida, mais que si precisan de coidados. “Nestes momentos, os servizos teñen un nivel de cobertura moi baixo. Unha persoa dependente precisa atención as 24 horas. Con dúas fas moi pouco, aínda que as repartas é imposíbel manter a unha persoa con dependencia severa no seu entorno sen a axuda familiar”, ditamina Vilar. “As familias son as que teñen a carga da atención dunha persoa dependente. O Sistema de Dependencia incorporou a figura dos coidadores non profesionais, un xeito de retribuír ese traballo de coidados, pero non se pode deixar nas súas mans”.

A traballadora social explica que nas áreas rurais as problemáticas agrávanse: “Nas urbes existen servizos complementarios, como os centros de día ou os xantares a domicilio. Mais no rural non, e o servizo de axuda non é suficiente para que a persoa dependente permaneza no seu medio”. Mais cando se baralla a opción de solicitar unha residencia pública a persoa atópase con que o tempo de agarda chega a un ano. “Entón só restan as residencias privadas, para quen poda pagalas xa que o custo ronda os 2000 euros”, di Vilar.

Auxiliares, o último elo da cadea de coidados

Ramona Penedo comezou a traballar en domicilios a principios dos 90, no municipio de Teo. Aínda non existía a Lei de Dependencia, lembra. “A atención no fogar estaba comezando, o Concello daba cartos ás familias para que pagasen pola atención na casa. Dúas horas ao dia, de luns a venres. Máis tarde a Xunta de Galicia empregou o método dos cheques asistenciais. As persoas que tiñan recoñecida a axuda asistían ao Concello, que lles daba unha lista de empresas que prestaban ese servizo e entre as que podían escoller”, di.

Ao longo dos anos, explica Penedo, as tarefas do SAF multiplicáronse: “Ao comezo estaba centrado na atención á persoa usuaria: o aseo, coidar o cuarto, facer acompañamento. Logo incluíronse outras atencións como ir ao médico polas receitas, subministrar a medicación ou acompañar aos usuarios ao Sintrom. Sanidade recorta e a nós amplíannos as funcións”.

“Sanidade recorta e a nós amplíannos as funcións

Paz Veiga, María Dolores Calderón e Cristina Mara tamén traballan como auxiliares do SAF. Lamentan que a súa profesión non está o suficientemente valorada. “Nunha das empresas nas que traballei por cada nova alta dunha persoa con dependencia contrataban a unha nova persoa, co que iso supón á hora de establecer horarios e salarios”, explica Calderón. Engade que a falta de ferramentas de traballo nos domicilios, como grúas para axudar a levantarse ás persoas en mobilidade ou camas adaptadas, repercute na súa saúde. Mara traballa directamente para un municipio. As condicións son boas, conta, teñen un mes de vacacións, festivos e "un contrato de 35 horas semanais". “Cada certo tempo temos que ir ao paro, pero dannos de alta rápido. A verdade é que o preciso, para descansar, é un traballo moi agotador”.

A dificultade para conformar horarios e de conciliación, así como a carga de traballo, explican a alta rotación das auxiliares no Sector de Axuda ao Fogar. Ana Vilar salienta que isto repercute nas persoas usuarias: “Para moitas a visita da auxiliar é a única que reciben ao día, para esas persoas son un referente”. Vilar subliña as reivindicacións das auxiliares de que se recoñeza o seu importante labor, así como unhas políticas sociais acordes ás necesidades da poboación. “Son servizos que terían que estar moi ben dotados, non só en canto a financiamento senón en canto ao número de profesionais que os realizan”, conclúe.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.
Trabajo doméstico
Opinión Prevención10, la herramienta de evaluación de riesgos en el empleo de hogar
La evaluación no se va a realizar al menos en una cuarta parte de los hogares, en los que la trabajadora interna no tiene papeles. Para esas mujeres la herramienta es una cortina de humo, una operación de propaganda sin más.
Energía
Energía La organización colectiva, el verdadero kit de supervivencia en tiempos de emergencia y caos
Decenas de centros sociales, cooperativas y grupos autogestionados de vecinos en todo Madrid hicieron frente a los embates del parón eléctrico a través de improvisadas iniciativas comunitarias.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.