Deportes
Fútbol na lama contra a morte do rural

Barciademera celebra cada ano un evento deportivo que involucra a todos os veciños desta vila de 300 habitantes.

Fútbol Lama 1
Partido de fútbol lama. Fonte: Asociación Terra por Terra Barciademera
22 dic 2019 08:00

Barciademera é unha parroquia do Concello de Covelo, inscrita na comarca de Paradanta. A vida transcorre aló nun val fértil que non escapou á dinámica que asulaga a maior parte do rural galego. Nos anos 90, este núcleo contaba con máis de 2.000 veciños. Hoxe supera por pouco os 300. Minguantes pero que dun tempo a esta parte se organizaron na Asociación Terra por Terra Barciademera, entidade sociocultural que procura reactivar a zona coa celebración de eventos de todo tipo: magostos, cursos, romaxes até outros de creación propia como o ‘Fútbol Lama’. “Para que a xente se vexa máis aló dos enterros...”, di Suso Iglesias, un dos membros da asociación e coñecido, entre outras facetas, por ser fundador do Xabarín Club. Un programa que marcou a varias xeracións e cuxo carné era a primeira identidade dos pequenos galegos: “Lembro que aló había un montón de socios. Agora teñen que ir en autobús a Covelo ao colexio. Quitarlles os servizos é o comezo da morte”.

Deportes
Liga Gallaecia: o poder do deporte mixto
No país dispútanse dúas competicións dun deporte que chegou de Irlanda para quedarse: o fútbol gaélico.
Trátase dunha modalidade balompédica na que dúas equipas de sete xogadores (poden ser mixtos) disputan un encontro nun terreo cheo de barro. “Aínda que recomendamos que veñan o dobre, porque cansa que nin Dios. É por iso que non hai número de cambios limitados”, conta Suso Iglesias. Todo vale —non hai fóras de xogo— agás usar botas de tacos ou andar descalzo. O resto: lama, goles e diversión. A idea tívoa José Antonio Lourido, coñecido como ‘Pispote’, emigrante como tantos outros, que tomou a idea dunha práctica similar que se fai en Alemaña. Quixo facer nas festas algo diferente ao típico partido de solteiros contra casados. Disto hai unha década. Logo de varios anos sen que ninguén asumise a organización do evento, dende 2018 voltaron os campos enlamados á vila da man de Terra por Terra Barciademera, que toma o seu nome dunha expresión popular na zona.

Trátase dunha modalidade balompédica na que dúas equipas de sete xogadores (poden ser mixtos) disputan un encontro nun terreo cheo de barro: “Aínda que recomendamos que veñan o dobre, porque cansa que nin Dios.”

“Terra por Terra Barciademera significa que se hai que escoller entre varias, quedámonos coa nosa. A expresión seguiría con outros versos como ‘Terrón por Terrón, Avión’. Terra significa aldea ou pobo para os portugueses. Nesta zona sur hai unha tremenda influencia lusa, xa non só pola proximidade de Portugal, senón polo enorme número de habitantes que emigraron a Lisboa durante os séculos pasados e que fai que á xente de Barciademera se lles coñeza como os lisboanos. Aló non se sentían tan lonxe da casa ao estar nun país no que o idioma era o mesmo”, conta Suso Iglesias. El naceu e criouse en Vigo pero ten as súas orixes nesta parroquia de Covelo, patria pequena dos seus devanceiros e coa que, por tanto, ten compromiso.

A recuperación das levadas

A preparación do terreo do xogo comeza na primavera e involucra a todo o pobo. Para levar a auga ás fincas utilízanse as levadas. “Eran correntes de auga que se utilizaban para regar a coñecida como Veigas da Barcia. Tiñan varios quilómetros. Pero co abandono do rural quedaron inutilizadas. As terras onde se xoga o Fútbol Lama eran cultivables e boas. Eran, por exemplo, onde se botaba o millo. Agora malamente se recolle a herba unha vez ao ano nelas. Se non se fixese isto encheríanse de fentos, xesteiras e coellos. A terra queda fresca e ben remexida”, conta Suso Iglesias. Grazas ao traballo que esixe esta proba deportiva, conseguiuse recuperar as levadas, que contan con varios quilómetros, por se algún veciño quere facer uso del e para darlle vida ás leiras, outrora esixidas, e agora carne de descoido. Teñen cadansúa o seu propietario, pero ningún torce o bico cando se lle pide que ceda o eido para o Fútbol Lama. “Isto axúdalles a socializar e crear comunidade. A xente é consciente de que se non fose por isto, non habería auga nas Veigas da Barcia. E faise de balde, coa traballo voluntario e colaborativo dos veciños”.

O que máis traballo dá é a preparación do campo para a cita deportiva. “Hai que achantar toda a finca, fresar, sachala… Crearlle un sistema con pozo e aspersores para regala continuamente de xeito que non se vaia o barro. Hai detrás un traballo impresionante. E faino a xente de aló. Un leva o tractor, outro a paleadora… Preferentemente o sábado, que é un día que todo o mundo pode”. Isto axuda a xerar comunidade e disimular a morriña polos tempos nos que esta aldea era a máis poboada da zona. Condición que perdeu logo de tres décadas de galopante escapada cara a Vigo, Ponteareas ou fóra de Galicia. Cando menos, os que quedan, camiñan na mesma dirección, xa que Iglesias estima que o 70% son socios da asociación.

Despois do sacho, o ‘Marito’

Estas xornadas de traballo para o mundial lamacento tamén veñen acompañadas de distensión. Cando se apousan os sachos comezan os maritos: “Son unha especie de seráns —romaxes a carón dos ríos— propios da zona que se facían ao carón do Río Tea. Antes, as festas patronais celebrábanse os días que eran, non se facían cadrar coas fin de semanas. Estas, cando quedan libres de festivos, utilizábanse para organizar estes maritos que nós estamos a recuperar. Á xente encántalle”. Terra por Terra utiliza as celebracións tamén para honrar a figuras como Delmiro Barral ‘Calistro’, un gaiteiro autodidacta que fixo os seus primeiros instrumentos con canas. Precisamente, fíxose famoso nos maritos pola súa habilidade para tocar de orella calquera peza que lle propuxeran.
Fútbol Lama 2
Momento dun partido de Fútbol Lama. Fonte: Asociación Terra por Terra Barciademera
“Isto axúdalles a socializar e crear comunidade. A xente é consciente de que se non fose por isto, non habería auga nas Veigas da Barcia.”

A música acompaña aos participantes do Fútbol Lama dende primeira hora da mañá. De feito, a idea dos organizadores é facer un festival paralelo ao torneo que ten lugar en agosto. Faise neste mes porque outro dos obxectivos que ten este deporte é combater as altas temperaturas. “Ten moito éxito, para o ano pensamos en facer dous campos. Agora xogan 16 equipas durante dez horas, dende a mañanciña. Os partidos son de dous tempos de oito minutos cada un. En total, dispútanse 27 encontros até as 9 da noite. Alén diso, hai dous partidos de exhibición entre celebrities e outro de cativos”, conta un dos organizadores dun evento que se financia en parte coas cotas que pagan os equipos: 40 euros que se unen ás aportacións anuais dos socios (10 ao ano) e de patrocinadores. Malia que hai duchas montadas, a maioría dos participantes prefire lavarse noutro lado: “Para bañarse hai un río que está ao carón e que é afluente do Tea. A xente métese nel de ben boa gana”.

E o que comezou sendo unha idea tola do Pispote, un emigrante retornado, está a converterse nunha tradición nas comarcas do Condado e Paradanta. En Fornelos da Ribeira ou San Paio de Alxén teñen as súas propias competicións. En todos os lugares, por un día, silénciase o laio máis repetido, segundo recita Iglesias: “Xa non vive ninguén aquí. Xa ninguén quere vir”. Un lamento sustentando por datos como que as tres escolas que había en Barciademera hai tres décadas son agora tres… Tres pequenos en toda unha vila que se sacode, aínda que sexa por un día, a sangría poboacional a golpe de lama.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Fútbol
Fútbol y política Las gradas de todo el mundo enseñan la tarjeta roja a Israel
La campaña ‘Show Israel the red card’ suma más de 170 acciones desde que, en febrero, el grupo ultra del Celtic de Glasgow hizo un llamamiento al mundo del fútbol para exigir que la FIFA cumpla sus estatutos y suspenda a Israel de sus competiciones.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Palestina
Genocidio La ONG anti-UNRWA lanzada por exespías y marines de EEUU siembra el caos en el reparto de alimentos en Gaza
La Fundación Humanitaria de Gaza (GHF) creada a comienzos de este año y vinculada a agentes del ejército y la inteligencia estadounidense ha sido acusada de desaparecer a una persona y disparar a quienes estaban esperando ayuda.
Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Últimas

Universidad
Genocidio Las universidades españolas han firmado 44 proyectos con Israel desde septiembre de 2024
Los acuerdos dentro del programa Horizon Europe se han sucedido a pesar de las declaraciones de decenas de universidades de suspensión de relaciones con Israel.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.