Esixen ao Concello de Vigo e Xunta solucións para unha familia en risco de desafiuzamento

A Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia) esixe solucións para unha familia en risco de desafiuzamento inminente. Medio cento de persoas concentráronse diante do Concello de Vigo en solidariedade con Abel e Carmela e para esixir que as administracións públicas deixen de atender “só os desexos dos grandes capitais que especulan con necesidades básicas” e fagan efectivo o dereito á vivenda.

Concentración desafiuzamento Coia
Concentración diante do Concello de Vigo para solicitar solucións para a familia ameazada de desafiuzamento. Foto: ODS-Coia
8 nov 2019 15:00

Se o Concello de Vigo ou a Xunta de Galicia non o impiden, unha parella con dous fillos menores poden acabar na rúa. Así de urxente é a situación para Abel e Carmela —nome ficticio— unha vez que o único ingreso do que dispoñen, a Renta de Inclusión Social de Galicia (RISGA), non é suficiente para facer fronte aos custes do aluguer da vivenda na que residen.

Após a denuncia presentada nos Xulgados polo propietario da vivenda nos meses previos ao verán, o 16 de outubro de 2019 celebrábase finalmente o xuizo. A comezos da semana do 11 de novembro está prevista a sentencia firme. Durante todo o tempo que dura este proceso a familia non parou de solicitar axuda ás distintas administracions competentes. Porén, segundo denuncian desde a Oficina de Dereitos Sociais de Coia (ODS-Coia), a única alternativa que lles ofrecen é que sexa a propia familia a que busque a alternativa. “As administracións ante a gravidade do caso —unha familia con dúas nenas pequenas teñen que facer algo máis que dicir que busquen outra vivenda para alugar e que logo xa se verá”, comenta Diego Lores, activista da ODS. 

Ante a situación na que se atopa esta familia, o Concello de Vigo reuniuse con eles a semana última de outubro “coa condición de que fosen sós, sen acompañamiento da ODS”, conta Lores, e engade que “o que lles comentaron foi que cando atopen vivenda o que lles poden dar é unha axuda de dous ou tres meses para o alugueiro”.

“É obligación da administración velar polo benestar das dúas menores”, continúa Diego Lores. Neste caso ademáis salienta que está familia é beneficiaria da RISGA que “é unha das ferramentas que ten a Xunta —segundo din eles mesmos— para favorecer a inclusión social de persoas que están fóra, iso significa que teñen que asinar un proxecto de inserción e que teñen profesionais —no caso desta familia unha trabalhadora social máis unha técnica de emprego do Concello— para supervisalo”. Na mesma liña Lores insiste en que na inserción “ademáis de asuntos relacionados co emprego, hai cousas que teñen que ver con garantir uns mínimos da vida”. Deste xeito conclúe afirmando que “o que vemos é que ese mecanismo da Xunta só está a servir para estigmatizar e para perpetuar as situacións de necesidade”.

Buscando solucións

Desde a ODS-Coia salientan que a familia era “sabedora de que eles no mercado non ían atopar respostas á súa necesidade de vivenda” e que, polo tanto, “deron todos os pasos fixados polas administracións competentes (Xunta de Galiza e Concello de Vigo) para tratar de conseguir un teito”. Para iso inscribíronse no rexistro de demandantes de vivenda protexida da administración autonómica sen ningún resultado xa que esta “hai anos que non inaugura vivendas de promoción pública en Vigo, a última gran convocatoria foi hai dez anos coa adxudicación dos 384 pisos no “edificio branco” de Navia”.

O seguinte paso que deron foi solicitar a incorporación ao Programa Reconduce, tamén da Xunta. Neste caso o que lles aconsellan é que procuren unha outra vivenda, pese a que desde “o programa poden solicitar que o xulgado aprace o despexo por seren unha familia vulnerable (situación acreditada co informe social dos servizos sociais municipais)”. Segundo puntualiza Lores “hai unha marxe porque ao estaren dentro do Programa Reconduce estes poden comunicarse cos Xulgados para que dean unha prórroga, alén desta non teñen alternativa”.

Ao estaren dentro do Programa Reconduce estes poden comunicarse cos Xulgados para que dean unha prórroga

No momento actual, segundo afirma Diego Lores, este Programa non é quen de ofrecer unha alternativa habitacional e comenta que “desde o Reconduce chamaron para que busquen vivenda noutro concello que non sexa Vigo xa que, segundo lles comentaron, alí son máis baratas”.

Outro dos movementos que tivo que facer esta familia foi solicitar o Bono de Alugueiro Social da Xunta de Galicia (225 euros ao mes para o pagamento do alugueiro, de renovación anual e cun máximo de tres anos de duración). Neste caso “téñeno concedido, mais a Xunta non llo aboará até que consigan unha vivenda”, continúan explicando. Desde a ODS-Coia tamén salientan que a familia comunicou a súa situación aos servizos sociais municipais de Vigo onde son informados de “que o departamento pode concederlles axuda económica para un mes ou dous de alugueiro no caso de que atopen vivenda a través das Axudas de Emerxencia Municipais”, renomeadas hai uns anos polo goberno como Programa Contra Desafiuzamentos e de Emerxencia Social.

A través do Concello de Vigo solicitaron no mes de abril de 2019 as Axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación. Tras agardar máis de cinco meses concédenlles 252,38 euros para gastos de vivenda e alimentación, e no “mes de outubro e iniciado o despexo o concello ingrésalle ao propietario da vivenda na que residen 200 euros en concepto de axuda de vivenda do ‘cheque’”, informan desde a ODS de Coia.

Dereito á vivenda

Desde este colectivo social insistiron nun comunicado lido durante a concentración en que “a situación destas compañeiras fala con claridade da necesidade de pular por outras políticas que garantan o dereito a unha vivenda, mais por desgraza esta familia non é a única que padece as miserentas políticas. Nesta ocasión ocultamos a identidade desta familia para amosar que estamos ante un problema estrutural que por desgraza se leva por diante a moitas veciñas.” E concluiron afirmando que “ao noso carón temos á xente da Acampada contra a Pobreza, que levan meses ofrecendo en tendas de campaña para persoas sen fogar que fican fóra do albergue municipal. Temos compañeiras que malviven en choupanas e infravivendas mentres agardan por axudas sociais como a RISGA. Coñecemos tamén a veciñas que dormen en sofás ou habitacións de familiares ou amizades ante a imposibilidade de pagar unha vivenda. Vivimos ao carón de mozos e mozas que seguen na casa dos seus pais ante a imposibilidade de facer fronte a un alugueiro.” E remataron pedindo “vivenda para Abel e Carmela e as súas fillas e vivenda digna para todas”.
Pobreza
Máis de ano e medio de acampada en busca dun teito
Representantes de diversos colectivos esixen ao Concello de Vigo melloras na administración dos albergues.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...