Elecciones 10N
Victoria insuficiente do Partido Popular en Galiza

A lixeira melloría do Partido Popular, o regreso do Bloque Nacionalista Galego ou o estancamento de En Común-Unidas Podemos son algúns dos titulares da noite eleitoral. Pese a que o PP é a forza máis votada, o conxunto da esquerda supéraos en votos. As opcións de Feijóo para revalidar a presidencia da Xunta en 2020 debilítanse.

Eleccións BNG
Rolda de prensa do Bloque Nacionalista Galego durante a noite eleitoral. Foto: BNG

Aínda que ao longo da xornada eleitoral xurdían as alarmas polo aumento da abstención en Galiza —con máis de cinco puntos menos que nas eleicións de abril ás 18:00 horas— finalmente a participación aumentou en 4,56 puntos. Polo demais, o día 10 de novembro deixa algunhas claves de importancia de cara ás eleicións autonómicas do ano 2020.O Partido Popular volve a ser a forza máis votada en Galiza, se ben a suma de socialistas, Galicia en Común e BNG podería pórllo difícil a Feijóo nas próximas autonómicas. Nas pasadas eleicións do 28 de abril o PSdeG-PSOE alzárase como primeira forza nas provincias de Coruña e Pontevedra, porén nas do 10 de novembro só nesta última provincia se mantén como forza máis votada. O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero destacou a “maioría progresista” que afirmou lidera en Galiza “un PSdeG preparado para as autonómicas”.

Yolanda Díaz (UP): “A nosa prioridade será deter á extrema dereita e facemos un chamamento para conformar un goberno de esquerdas
Galicia en Común-Unidas Podemos mantén os resultados do pasado abril, mais perde polo camiño 51.800 votos. Os sucesivos conflitos e divisións do espazo confluente case desde os seus comezos poderían estar a pasarlles factura. Sobre os resultados, a deputada pola provincia de Pontevedra, Yolanda Díaz asegura que “como terceira forza política do noso país imos traballar por e para Galiza”. Sinala que a prioridade do partido será “deter á extrema dereita” á vez que fai “un chamamento desde xa mesmo para conformar un goberno de esquerdas”.

Queda por ver cal será a política de alianzas tanto de Podemos como de Esquerda Unida de cara ás vindeiras eleicións autonómicas. Nestes meses, veremos se ambos partidos recuperarán a vontade de incluír tanto aos sectores do soberanismo galego —entre outros o partido de Xosé Manuel Beiras, Anova— que estiveron desde o comezo nos procesos de confluencia e se descolgaron nas dúas últimas eleicións xerais, ou ás opcións municipalistas como Marea Atlántica e Compostela Aberta, que nos últimos tempos se foron afastando. Cómpre non esquecer que nas eleicións xerais do 2015 En Marea acadara seis representantes no Congreso e dous no Senado.

Ana Pontón (BNG): “A axenda e as preocupacións das galegas e dos galegos estarán no centro da nosa política
O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volta ao Congreso dos deputados, onde ficara sen representación no ano 2015. A inestabilidade do espazo das confluencias semella beneficiar á organización nacionalista. Parte do eleitorado soberanista, que nun momento puido ter apoiado eleitoralmente a opción das confluencias, volta confiar no Bloque como única opción "xenuinamente galega". Así o sintetizou Ana Pontón, a súa portavoz nacional: “Obxectivo cumprido, Galiza vai ter voz propia no Estado”. En canto ao escenario político e á posibilidade de pactos de goberno, Pontón é clara ao afirmar que “no Bloque estamos dispostos a colaborar para que haxa un Goberno de progreso, pero a axenda das galegas estará no centro da nosa política”.

De cara ao seu eleitorado, a opción nacionalista sae reforzada deste proceso eleitoral e con opcións de mellorar os seus resultados nas próximas eleicións autonómicas marcándose o obxectivo de “botar a Feijóo e ao PP da Xunta”. Fica por ver se existe posibilidade de sorpasso do Bloque ao espazo da antiga Marea, agora dividida en dous grupos parlamentares.

Ciudadanos e Vox fican fóra

VOX segue sen acadar representación por ningunha das catro provincias galegas, se ben se convirte na quinta forza en número de votos. De abril a novembro a forza de extrema dereita pasa dun 5,29% a un 7,80% de apoios e suma case 115.000 votos. Por outra banda, un dos grandes derrotados neste 10N é Ciudadanos que perde os dous deputados que acadara nas eleicións do 28 de abril. A forza liderada por Albert Rivera perde na Galiza máis de 120.000 votos en oito meses. Así, Laureano Bermejo, o secretario xeral de Ciudadanos en Galiza, recoñece que “son malos resultados, sen paliativos e sen excusas”. Está por ver que repercusións pode ter está recomponsición no espazo das dereitas de cara aos comicios autonómicos e á hexemonía do Partido Popular.

Por último, a opción de Más Pais-Equo non consigue atraer eleitorado suficiente e se sitúa como séptima forza por debaixo de Ciudadanos e un 1,53% dos votos. Do mesmo xeito o partido animalista PACMA fica cun 0,74% dos sufraxios cando en abril acadara un 1,05% dos apoios.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.