Elecciones
Cachan a monxas e persoas sen identificar levando anciáns internos a votar en Cambados e Lugo

Non só pasou en Vigo. Durante a xornada electoral deste domingo, varias monxas e persoas sen identificar foron capturadas polas cámaras levando a votar a anciáns e anciás internas en dous asilos das localidades de Cambados (Pontevedra) e Lugo. Este último xa foi noticia no pasado, a última vez durante as eleccións xerais do 23 de xullo de 2023, cando tivo lugar unha incidencia semellante que mesmo chegou a ser denunciada de maneira formal. Segundo relatan as persoas que documentaron graficamente esta escena, no asilo das Hermanitas de los Ancianos Desamparados de Lugo, na céntrica rúa San Roque, o tránsito de monxas e outras personas non identificadas levando anciáns e anciás a votar non parou durante as primeiras horas da xornada electoral. De feito, nas imaxes que complementan este texto pódese apreciar como unha mesma persoa repite a viaxe unha de outra vez con diferentes electores e electoras de avanzada idade.
Ademais de en Lugo, onde a práctica coñecida popularmente como carretaxe xa parece unha constante neste lugar, foi documentado un caso semellante nun asilo de Cambados, nas Rías Baixas. Alí, segundo o relato das persoas que tiraron as fotografías, un par de coches estiveron realizando viaxes de ida e volta entre o asilo e os colexios electorais durante toda a mañá. Moitas das persoas maiores desplazadas presentaban evidentes problemas de mobilidade. Entre estas persoas, aínda non identificadas, había monxas da congregación que acompañaban a outros dos residentes internos coa papeleta na man.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!