Elecciones
Lugo e a agropolítica: o progreso máis alá da metrópole

Non parece que vaia haber grandes sorpresas nunhas eleccións nas que probablemente a coalición PSOE-BNG revalide o goberno da Deputación acadado en 2007. Unha das poucas incógnitas é saber se o retorno de Besteiro á política terá efecto inmediato na provincia, alén da súa previsible carreira cara a Xunta.
16 may 2023 12:30

En Lugo o progreso non só dá nome ao xornal local, senón que camiña silandeiro, paradoxal e moitas veces incomprendido á marxe dos devires da historia. Pode que aquí as cousas vaian amodo, pero avanzan acorde cos ditados da nosa idiosincrasia. Esa que nos impele a non molestar moito. Non obstante, ao contrario do que se pode pensar dende o Eixo Atlántico, xa sexa dende a capital como dende o extenso e variado rural lucense, ben pode tomarse aquí o pulso da política galega. Iso si, primeiro hai que entender a nosa particular linguaxe.

Lugo non é ningunha metrópole, pero é un bo exemplo diso que o xeólogo e escritor asturiano Jaime Izquierdo chama “cidade agropolitana”. En Lugo xurdiron as primeiras cooperativas de consumo local e ecolóxico de Galiza, as primeiras bosque-escolas e outras iniciativas alternativas e pioneiras que aínda tardaron moito en chegar a cidades máis grandes. Na provincia de Lugo está, ademais, o que Anxo Lugilde nomeou como a “montaña roja”: concellos dos Ancares, O Courel e máis A Fonsagrada que resistiron con gobernos socialistas incluso nos anos de gloria do sistema caciquil do fraguismo. A Montaña lucense concentrou, no ano 2000, unha boa porcentaxe dos concellos galegos que se lle escaparon ao PP como lista máis votada naquelas eleccións xerais. E duns anos para acó, pouco a pouco, a tintura vermella da montaña foi baixando cara a costa. Pero imos por partes.

A saída dos concellos lucenses da súa longa noite de pedra

Mentres varias das principais cidades galegas amencían, hai oito anos, coa innovadora revolta democrática das mareas cidadás, algúns concellos da Mariña lucense vivían a chegada do cambio político por primeira vez dende o franquismo. Ourol, Alfoz, Trabada e Lourenzá estrearon en 2015 alcaldes e alcaldesas do PSOE, derrotando a ese PP que encarnaba a continuidade no poder das familias que gobernaran toda a vida. Un suceso serodio e dotado de certa argucia que colleu co pé cambiado a algún alcalde ao que tiña a veciñanza moi enganado sobre a eternidade do seu cargo. A alternancia democrática aínda demorou catro anos máis en chegar a outros feudos históricos do PP, como Vilalba, capital da Terra Chá e berce de Manuel Fraga, onde o PP encadeaba vitorias dende 1979 (cando o partido aínda se chamaba Alianza Popular). Así sucedeu tamén en Barreiros, un dos tres concellos lucenses nos que hoxe goberna o BNG. A maioría destas xestas de cambio, por certo, foron lideradas por mulleres.

A lenta caída do voo do PP no rural artellouse, curiosamente, dende o mesmo instrumento caciquil do que se valeron toda a vida: a Deputación

A lenta caída do voo do PP no rural artellouse, curiosamente, dende o mesmo instrumento caciquil do que se valeron toda a vida: a Deputación. A conquista do Pazo de San Marcos polo bipartito (BNG e PSOE) en 2007 foi determinante para acadar posteriormente o goberno en concellos máis pequenos. Pero, en realidade, o fin da etapa do histórico barón da boina lucense —o falecido Francisco Cacharro Pardo— xa comezou en 2003. Ese ano, o socialista José López Orozco revalida a Alcaldía na capital con maioría absoluta, e Regina Polín dá a sorpresa ao gañar Guitiriz. Iníciase a baixada do PP provincial, que pasa de 469 a 428 concelleiros, o que non lle impide manter o goberno provincial ata 2007. Ese ano, o PP suma xa a perda de catro deputados e precipítase a saída da Deputación de Cacharro Pardo, logo de case un cuarto de século de poder omnipresente (do 1983 ao 2007). E, así, dá inicio unha nova etapa encabezada polo socialista José Ramón Gómez Besteiro.

A Deputación: terreo de batalla entre os propios socialistas

Besteiro exerceu con acerto e boas doses de marketing a política provincial como plataforma para a construción do seu perfil político, moldeado ao estilo sanchista. Tivo boas ideas e conformou un equipo que soubo dar pulo ao seu liderado. Ía embalado ata que a xuíza Pilar de Lara lle fixo derrapar coas imputacións no caso Garañón e a Operación Pulpo, forzándoo a apartarse da política.

O PSOE mantivo a Deputación, pero viviu anos de balbordo. O nomeamento do alcalde máis votado porcentualmente da provincia, o pontenovés Darío Campos, en 2015, rebotou a quen cría ser merecedor da Presidencia do ente provincial: Manuel Martínez. O alcalde de Becerreá deu moitos desgustos e dores de cabeza ao PSOE provincial ata a súa expulsión do partido. Quedan para a historia as portadas da prensa local dando conta da liorta, nas que Campos chegou a declarar: “Teño a cabeza coma un bombo”, polo conflito desatado. Cun perfil moi lonxano ao de Besteiro, Campos acabou caído nas guerras internas do partido de 2019. O entón secretario xeral, Gonzalo Caballero, apartouno sen moitos miramentos e puxo ao alcalde de Monforte de Lemos, José Tomé, á fronte do ampuloso despacho presidencial do Pazo de San Marcos. Un posto que o monfortino probablemente revalidará.

Martínez, pola súa banda, creou un partido chamado Galicia Sempre, co que repetiu na Alcaldía de Becerreá en 2019. Nas vindeiras eleccións, xunto con outro histórico socialista lucense rebotado, Claudio Garrido, alcalde por Camiña Sarria, forman unha coalición electoral chamada Contamos que aspira a ser chave no goberno provincial. Contamos, que se define como centro-esquerda, preséntase, da man de candidaturas independentes, ademais de en Becerreá e Sarria, en Lugo cidade, Meira, Samos, O Corgo e O Páramo.

Unha das poucas incógnitas existentes é se a candidata do PP, Elena Candia, acadará a maioría na capital ou se continuará a socialista Lara Méndez en coalición co BNG

Non obstante, non parece que vaia haber grandes viraxes nin sorpresas nestas eleccións. As enquisas apuntan á continuidade. Unha das poucas incógnitas existentes é se a candidata do PP, Elena Candia, acadará a maioría na capital ou se continuará a socialista Lara Méndez en coalición co BNG. Candia é unha candidata de perfil forte, foi por uns meses presidenta da Deputación grazas ao rebote de Manuel Martínez e ten experiencia como alcaldesa de Mondoñedo. Pero xogan na súa contra varios factores, entre eles o retorno de Besteiro.

Besteiro é a gran esperanza do PSdG, un político hábil que fixo gala da máxima que di que en política hai que saber agardar. O arquivo das causas que o obrigaron a dimitir en 2016 sen sequera chegar a xuízo devólveo á política pola porta grande e ábrelle as portas á candidatura á Xunta de Galicia. Coa imaxe limpa, acaba de ser nomeado delegado do Goberno. Agora está por ver se desprega os seus encantos xa nesta campaña ou garda folgos para máis adiante. Non ten présa. As municipais non son eleccións nas que importen demasiado os movementos partidistas a outras escalas, pero no caso de Besteiro, a súa caída e rexurdimento están moi ligados aos avatares urbanísticos da cidade, así que é de agardar que teña o seu efecto positivo.

Unha provincia peculiarmente conservadora, cun BNG á alza e pouca vida nas marxes

O BNG afronta o reto de manter non só a súa boa tendencia á alza no montante de votos na provincia (nas pasadas eleccións autonómicas o BNG superou ao PSOE en votos). Tamén ten por diante o desafío de manter Ribadeo, trala marcha do carismático Fernando Suárez. E agarda ver plasmada nun incremento de concelleiros a boa xestión da que presume na capital. Fóra dos partidos convencionais, as marxes pintan pouco. Podemos ou as Mareas apenas levantaron cabeza no 2015, para facelo agora en tempos de devalo xeralizado. Esquerda Unida e Podemos lograron presentar candidatura en Lugo capital sen moitas trazas de obter representación, e Modesto Renda repite con Vilalba Aberta. Vox preséntase en oito concellos (seis máis ca en 2019), pero non se espera que logren sumar sequera un deputado provincial.

Na provincia de Lugo, arredor do 70% da veciñanza está gobernada polas agrupacións locais do PSOE ou do BNG, ou ambos

Para o Estado español, Lugo, xunto con Ourense, é unha das sete provincias máis conservadoras. Aquí xamais foi lista máis votada para as Xerais un partido que non fose de dereitas. Pero este é un retrato moi pouco fiel da complexidade dun territorio diverso no que sobreviven estruturas sociais precapitalistas e no que esa implantación territorial pola que devecen os novos partidos é un factor esencial. Na provincia de Lugo, arredor do 70% da veciñanza está gobernada polas agrupacións locais do PSOE (coas súas excisións) ou do BNG, ou ambos. Os cambios son lenes, silandeiros e fanse devagar, pero permanecen.

Elecciones
Ourense e a gaiola conservadora
Para que haxa un cambio o 28M, PSdeG, BNG e Agora Ourense necesitan fidelizar os seus apoios das xerais e autonómicas e mobilizar os electores máis novos.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Lugo
Lugo Os sindicatos esixen a Traballo que tome medidas no “peche patronal” de Sargadelos
O dono, Segismundo García, permitiu a entrada de case todo o persoal tras catro días do que cualifican de “chantaxe”. Desde CCOO e CIG denuncian que este mércores “ignorouse a 12 traballadores”.
Galicia
Galicia Los sindicatos exigen a Trabajo que tome medidas en el “cierre patronal” de Sargadelos
El dueño, Segismundo García, ha permitido la entrada de casi toda la plantilla tras cuatro días de lo que califican de “chantaje”. Desde CCOO y CIG denuncian que este miércoles se ha “ninguneado a 12 trabajadores”.
Lugo
Lugo As traballadoras de Sargadelos esixen a reapertura da fábrica e rexeitan a “irresponsabilidade” do dono
Os sindicatos apuntan a que a reacción do propietario é “inxustificada” pola multa de Inspección e apuntan a que usa ao persoal para chegar a un acordo coa Xunta de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.