Elecciones
Ourense e a gaiola conservadora

Para que haxa un cambio o 28M, PSdeG, BNG e Agora Ourense necesitan fidelizar os seus apoios das xerais e autonómicas e mobilizar os electores máis novos.
@Ian_dpaso
5 may 2023 14:00

Ourense semella estar presa nunha gaiola conservadora. A alternativa á dereita (Democracia Ourensana) é outra dereita (Partido Popular). O conxunto das forzas do cambio (PSdeG, BNG e Agora Ourense) teñen grandes dificultades para conservar o 28M os apoios electorais recibidos nas últimas xerais e autonómicas. Máis debido á desmobilización dos electores máis novos. A memoria de gobernos municipais progresistas na cidade é débil. O último de signo progresista saíu das urnas o 22 de maio de 2011, unha semana despois do 15M. Unha das máis sonadas novidades daquelas municipais de 2011 foi a entrada de Democracia Ourensana no consistorio, o primeiro grande éxito electoral de Jácome. Doce anos despois semella que conservará poder bastante para decidir quen será o novo alcalde de Ourense.

Democracia Ourensana como forza de impugnación

Democracia Ourensana (DO) estreouse nas eleccións de 2003 cun pobre resultado: 284 votos. O partido crearase, en 2001, para denunciar a «discriminación de Ourense». DO callou como un proxecto persoal (e personalista) de Gonzalo Pérez Jácome, empresario que, daquela, dirixía un negocio familiar de instrumentos musicais e servizos de son.

A Pérez Jácome é doado sacarlle parecidos con outros «empresarios políticos» como Berlusconi, ou Jesús Gil… Comparte trazos psicolóxicos e políticos: narcisista, extravertido, audaz, destemido, provocador, malhumorado, grotesco, pero tamén carismático e con formas populares. Fundou DO como un partido empresa e para ampliar a súa audiencia política creou unha televisión local, Auria TV, coa que disputou a La Región o dominio informativo na cidade. Auria TV acubillará programas de sátira política como Planeta Baltar e fará popular a MiñoMán, un superheroe ourensán que loita contra o caciquismo. Antipolítica, humor e información contenciosa (e tendenciosa).

Así, Jácome impugna o réxime caciquil do baltarismo, o bipartidismo e a política convencional, e beneficiase da onda de indignación que abrolla en 2011. O descrédito de PP e PSOE denunciado o 15M abriulle campo institucional. DO proclámase «nin de esquerdas, nin de dereitas, de Ourense». Réndenlle beneficios electorais as campañas negativas, a xudicialización da política e o caudillismo histriónico de Jácome que remata por ser o látego mediático de Xosé Manuel Baltar, herdeiro da Deputación Provincial e do PPdeG de Ourense.

A impugnación desde a dereita achicou o espazo das forzas políticas do cambio (PSdeG, BNG) que, malia a irrupción de Ourense en Común (10,37 % dos votos e 3 concelleiros), recuou até mínimos históricos nas localis de 2015 ao sumar tan só o 24 % dos votos (13 puntos menos que en 2011).

Democracia Ourensana como alternativa de orde

En 2015, DO foi a segunda forza política local, cuadriplicou a súa representación e apañou 1 de cada 4 votos. A maiores, conseguíu 2 actas en Pereiro de Aguiar e outras 2 en Barbadás, acadando representación na Deputación Provincial o que lle permitiu abrir unha nova fronte de loita contra Baltar. Jácome entregouse con renovadas forzas ao asedio do PP en Ourense e á fiscalización da Deputación, e prodigou as súas denuncias contra as corruptelas e o nepotismo dos populares.

Firma convenio FAO Ourense
O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, o alcalde de Ourense na altura, Jesús Vázquez e o director xeral da Fundación Amancio Ortega (FAO), Óscar Ortega, asinando en 2016 o convenio de colaboración para a construción do interxeracional de Ourense. Foto: Xunta de Galicia

En 2016 DO encaixou un forte revés nas autonómicas. Sumou na provincia de Ourense tan só 7.679 papeletas, o 4,42 % dos votos. Malia todo, Jácome sería quen desbordar ao PSdeG e a Ourense en Común no enfrotamentos antagonista co alcalde do PPdeG, o ex-conselleiro de Eduación, Jesús Vázquez. Pérez Jácome chegou ás elección de 2019 como unha alternativa aceptable para os partidarios da Orde. Xosé Carlos Caneiro, prescritor de La Voz de Galicia, dedicoulle unha benvida. En «¿Y si Jácome fuese buen alcalde?» denunciaba: «La semana pasada, España se fue de cacería a por Jácome» e concluía: «¿Y si resulta que Jácome es un buen alcalde? Lo deseo, por amor a Ourense, con toda mi alma».

Non houbo sorpasso de DO ao PP o 26M de 2019 e o PSdeG favorecido polo efecto Sánchez foi a lista máis votada. Ciudadanos obtivo 2 concelleiros. O BNG recuperou representación municipal e desapareceu Ourense en Común. Retrocederon o PP e DO: Jácome recuou do 25,45 % dos votos ao 21,54 %, perdeu unha acta mais logrou, con todo, igualar en representación ao PP.

O fracaso do goberno das dúas dereitas

En 2019, a gobernabilidade de Ourense presentábase como crebacabezas sen solución. A correlación de debilidades das dúas dereitas fixo posible a solución máis impensable. Baltar perdera a maioría absoluta na Deputación Provincial. Jácome, sen alianza co PPdeG, nunca podería ser alcalde. Para a historia queda un chío seu: «Din que hai un pacto PP e DO para a alcaldía, a cambio de manter a Manuel Baltar. DO negociará con PSOE e PPdeOU, pero sempre esixiriamos a cabeza de Baltar» (16 de maio de 2019). Jácome foi elixido alcalde o 15 de xuño de 2019. 13 días máis tarde, Baltar foi investido presidente da Deputación co voto de 12 deputados do PP e 2 de DO. «Somos un goberno único», santificaron Baltar e Jácome.

Jácome
O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome. Óscar Pinal

DO deixou de ser alternativa para ser complemento. Xermolou o descontento polo autoritarismo mesiánico de Jácome. A lealdade de Baltar durou pouco, gañouse a lealdade de Miguel Caride, deputado provincial de DO, o que lle garantía a presidencia da Deputación, e estimulou un motín no grupo municipal ourensán de DO contra Jácome. Para aumentar a presión, O PPdeG abandonou o goberno municipal. O Pleno reprobou o alcalde.

Desde a crise de DO en 2020, a actitude de Jácome resúmese nunha frase que McNulty deixa en The Wire: «Poden mastigarte, pero terán que cuspirte». Jácome contou coas amplas competencias da alcaldía para resistir. Sobreviviu ao cisma de Democracia Ourensana. Resistiu as protestas cidadáns (mobilizadas por SOS Ourense en 2021, e as entidades culturais en 2022) e os conflitos sindicais (en 2021 e 2022). Beneficiouse da imposibilidade dunha moción de censura que só era practicable cunha Gran Coalición entre PPdeG e PSdeG. Significouse como o máis forte entre os débiles. Con todo, crebouse o seu imaxinario como gran xestor. Queda unha retórica grotesca tan basta como improdutiva. A cidade paga as contas do seu desgoberno. A fabulación feliz de Xosé Carlos Caneiro dorme na hemeroteca: Jácome non é bo alcalde. Empero resiste e chega aínda con folgos abondos ás eleccións do 28M.

O marco da Coalición Inmobilista

A publicación da enquisa de Sondaxe & La Voz de Galicia adoita sinalar o inicio oficioso das (pre)campañas electorais. Unha tradición que fixa a grella de saída da competición electoral e enmarca o campo do posible —e o desexable— segundo a Coalición Inmobilista que, en Galicia, cadrela intereses políticos, mediáticos e económicos desde a restauración do PPdeG á fronte das institucións autonómicas en 2009.

Fotomatón
Jácome prefire a Faulkner

Gonzalo Jácome chegou ao bastón de mando sen mudar a súa antiga pel. Non entra nos seus cálculos proxectarse coma un político de última xeración, aséptico e modelado para os escaparates informativos.

Os principais teatros de operacións serán as grandes cidades e os concellos de máis de 20.000 habitantes, os seus resultados electorais determinarán os gobernos das catro deputacións. A sondaxe publicada por La Voz de Galicia o 30 de abril abonda no continuísmo. En Vigo, Pontevedra e Santiago ás posibilidades do PPdeG para facerse coa alcaldía son nulas ou moi remotas. En Ferrol apúntase cambio de goberno con máis dúbidas do que a enquisa sinala, en 2019 a prospectiva de Sondaxe daba por gañador ao PPdeG, pero as urnas non ratificaron a previsión. A tendencia que se subliña desde a war room de Sabón é o avance (insuficiente) do Partido Popular.

Máis. Sinálanse Lugo e Ourense como as cidades galegas co escenario electoral máis aberto. Os resultados municipais en Lugo van ser decisivos para dirimir a presidencia da deputación lucense, decidida polo voto dun único deputado provincial en 2015 e 2019. Derrotar a Lara Méndez, alcaldesa do PSdeG, e arrebatar a presidencia da Deputación ao socialista José Tomé ten valor político adicional porque significa debilitar no seu feudo a José Ramón Gómez Besteiro, o mellor cartel electoral do PSOE para disputarlle ao PPdeG a presidencia da Xunta en 2024.

A correlación de forzas (nas enquisas)

En Ourense, a aspiración da Coalición Inmobilista é a normalización do goberno municipal evitando un novo mandato de Gonzalo Pérez Jácome e minguando a capacidade de Democracia Ourensá para decidir a presidencia da Deputación, a única das galegas gobernada, arestora, polo PP. A procura dunha solución de goberno de orde pasa por minimizar a anomalía populista (ultra)conservadora que encarna Pérez Jácome.

As eleccións de 2019 resolvéronse cun triplo empate: Democracia Ourensá (DO), PPdeG e PSdeG obtiveron cada un seus 7 concelleiros. A corporación completouse con dous máis do BNG e outros dous de Ciudadanos. Respecto dos resultados de 2019, o inquérito de Sondaxe subliña o entalamento do PSdeG (7), de Democracia Ourensá (7) e do BNG (2), a desaparición de Ciudadanos e o incremento de dous concelleiros do PPdeG (9). En relación á anterior cata demoscópica de Sondaxe (do pasado febreiro): recuarían o PSdeG (—1) e o BNG (—1), e DO recuperaría un representante.

Desta volta, concorren 3 candidatos que xa foron alcaldes da cidade: Manuel Cabezas do PPdeG (1995−2007), Francisco Rodríguez do PSdeG (2007-2012), e o actual, Pérez Jácome. Na enquisa, dos tres, Jácome suma o maior grao de coñecemento (98%) e a peor valoración (4,3), Rodríguez recibe unha alta valoración (4,75) cun grao de coñecemento menor (71,1 %), e Cabeza maior coñecemento (87,4 %) e menor estima (4,69). Luís Seara, do BNG, ten os rexistros máis cativos de coñecemento (65,7 %) e valoración (4,20). Todos homes. O máis novo, Jácome de 54 anos; o máis idoso, Cabezas con 70.

Pouca marxe para o cambio. Máis posibilidades de relevo dentro do campo conservador. Unha dereita (PPdeG) como alternativa a outra dereita (DO). O bloque das dereitas (PPdeG: 29,2 % + DO: 22,3 %) superando os rexistros do PP nas autonómicas de 2020 (46,76 %) e case igualando o resultados das municipais de 2019 de PPdeG + DO + Ciudadanos (52,9 %). O espazo das forzas políticas do cambio (PSdeG, BNG, Agora Ourense), pola contra, precisan fidelizar nas municipais os apoios electorais das xerais e/ou autonómicas. O PSdeG (—11,4 puntos respecto da xerais de 2019, +5,3 puntos respecto das autonómicas de 2020). O BNG, á inversa, +1,8 puntos respecto das xerais de 2019 e —15,8 nas últimas autonómicas. Por xunto, PSdeG-BNG suman 9 puntos menos respecto das últimas xerais e 10 puntos menos respecto das galegas de 2020. A desmobilización dos electores máis novos —máis dun 50 % absteríanse o 28M— pexa tamén o avance de PSdeG, BNG e Agora Ourense (Podemos-EU-Ourense Mellor). Todo está por decidir. O campo do posible é máis amplo do que deixa enxergar a grella das enquisas.

Galicia
‘Retrincos’: Xosé Manuel Beiras
VV.AA.
Retrincos é un formato audiovisual de O Salto Galiza en colaboración con Nós Televisión.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda El 5 de abril, nueva fecha clave para que la vivienda deje de ser un negocio
Más de 40 ciudades salen a la calle este sábado para pedir a los gobiernos que reaccionen y garanticen el derecho a la vivienda.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.