Ence
Antón Masa: “A Xunta fai barullo para salvar o cú de Ence”

A empresa pasteira abriu a porta a unha reubicación da factoría no inicio da mesa de traballo sobre o seu futuro. A Xunta pide fondos europeos e a APDR critica que difunda mentiras para favorecer os intereses da factoría.
ence 3
O futuro de Ence en Lourizán depende do fallo da Audiencia Nacional. Pablo Santiago
23 abr 2021 06:21

Nos últimos tempos temos asistido a movementos estraños ao redor da permanencia de Ence en Lourizán. O conselleiro delegado da empresa advertindo dun posible “susto medioambiental”, curiosas interpretacións da Lei de Cambio Climático e informes de Ence botando balóns fóra pola contaminación de mercurio. Polo medio, escraches no concello de Pontevedra e o comezo da mesa en Madrid polo futuro, ou non, de Ence en Galiza. Ao mesmo tempo, agárdase polo fallo da Audiencia Nacional. A factoría podería marchar en 2033, manterse ata 2073 ou mesmo pechar moito antes, postura defendida pola Asociacion pola Defensa da Ría da que é parte Antón Masa.

Cres que os movementos de Ence teñen algo que cun posible fallo da Audiencia Nacional en contra dos seus intereses? 
Penso que é a primeira vez que empezan a crer que van ter que marchar. Non sabemos moi ben a que responde este nerviosismo, poderiamos pensar que saben algo sobre a decisión da Audiencia Nacional porque o seu avogado foi avogado do Estado e se cadra mantén certos vínculos. En todo caso, non creo que a Audiencia Nacional falle dunha maneira máis positiva á nosa postura que á postura de permitir a permanencia ata 2033.  Aí cumpriranse 75 anos desde que Ence chegou á ría e cumpriría unha das condicións esixidas a calquera instalación en dominio público.

antón masa
Antón Masa nunha imaxe cedida por Nós Televisión.

Hai outra condición fundamental que recolle a lei de costas aprobada na polo Partido Popular en 2013, e non na lei de cambio climático da que tanto se fala agora. Nela resérvase o dominio público a aquelas actividades que pola súa natureza non podan estar fóra de dominio público, e non é o caso de Ence. Entendemos que con independencia do que diga a Audiencia Nacional, o Ministerio non debería permitir que Ence siga en Lourizán. Sabemos que é unha pretensión difícil pero non imos renunciar a ela.

A ministra de Transición Ecolóxica dixo esta semana na mesa de negociación en Madrid que Ence seguiría “mínimo ata 2033” e que “temos dez anos para prepararnos”. Parécevos ben esta postura?
A ministra vén dicindo iso e nas xuntanzas coa directora xeral de costas intentamos facerlle ver que non é unha posición lóxica porque o Ministerio ten que defender o dominio público con independencia do que diga a Audiencia Nacional. Na última xuntanza díxonos que iso xa o veriamos despois do fallo, pero a ministra está mantendo que acatarán a sentenza mesmo se di que Ence se pode manter ata 2073.  Isto sería unha desistencia nas súas funcións porque o Ministerio non debe renunciar á recuperación do dominio público.

Con independencia do que diga a Audiencia Nacional, o Ministerio non debería permitir que Ence siga en Lourizán.

Sobre as declaracións de Colmenares, penso que indican que se sinten presionados. Buscan arengar aos traballadores e aos responsables das auxiliares e facer presión á sociedade e á administración para quedar en Lourizán. O que dixo foi moi burdo, pediu coa boca aberta o peche de Ence. Non podes dicir que en calquera momento pode haber un “susto” con consecuencias para a saúde pública, nin dicir que non pensas investir a non ser que quede ata 2073. Esas declaracións deberían ser delito, pero non se admitiu a trámite a nosa denuncia. Nós imos seguir, as declaracións están aí.

Tamén se armou moito barullo co artigo 18.4 da coa nova Lei de Cambio Climático, entendendo que aprobala implicaría que Ence e outras empresas tiveran que marchar. Que hai de certo?
Esa lei non afecta en absoluto a nada que non se tivera afectado con outras leis anteriores. Primeiro, ningunha lei se pode aplicar con retroactividade, que é un principio básico do dereito, agás que sexa cunha transitoria explícita. Ademais tería que beneficiar a alguén, non prexudicalo. Todo este barullo armouno a Xunta, e tamén algún outro partido. O Bloque, por exemplo, solicitou a retirada do 18.4 en base a que toda industria mar-alimentaria se vería afectada, e non é certo. Aquelas industrias da cadea mar alimentaria que teñan dereito a estar en dominio público poden solicitar prórrogas ou mesmo unha nova concesión. A quen lle afecta é fundamentalmente a actividades que pola súa natureza non teñan que estar en dominio público, como é o caso de Ence. Mesmo se falou das bateas ou do marisqueo, cando nin sequera se rexen por esta lei nin pola de costas, porque teñen unha lei de pesca autonómica. E isto a Xunta sábeo, pero o que quere é facer barullo para salvar o cú de Ence, exclusivamente.

A Xunta foi máis belixerante na defensa da permanencia da factoría que a propia Ence.

No caso das conserveiras, efectivamente non teñen que estar en dominio público. Xa moitas se foron trasladando porque sabían que tiñan que marchar. Calquera político ten que respectar esas leis e facilitar eses traslados, porque tiveron 50 anos para facelo. Hai uns anos uns chineses mercaron unha conserveira galega e o primeiro que fixeron foi trasladarse á zona de Ponteareas. Fano porque son responsables, non como Ence, que tanto fala da RSC e esas cousas. Ence só defende os seus privilexios, co apoio da Xunta, que mesmo di que a esta nova lei é inconstitucional. E o artigo 18.4 di o mesmo que o 12.2 do regramento de costas. Abonda con lelos e comparalos. Nós pedimos os informes xurídicos que din que avalan a inconstitucionalidade da lei, pero non contestaron. Seguiremos insistindo.

Di Feijóo que desta vez si que é posible que Ence peche. Cres que o pensa de verdade ou é un movemento político?
O Conselleiro de Economía di que en Galiza hai sitio para dúas pasteiras, como dicindo que é irrenunciable a non saída de Ence. Unha mesa de negociación para negociar que Ence non pode saír da ría si ou si? Iso non é negociar. As noticias que tiven eu desta mesa de Madrid é que foi máis belixerante na defensa da permanencia a Xunta que a propia Ence. Porque a empresa chegou a aceptar, cousa que non aceptou nunca, que podería estudar outro emprazamento. Di que é inviable pero se se busca outro punto e se lle pagan o traslado, podería estudialo. O que dicimos é que Ence non pode estar aí; e se Galiza necesita unha pasteira habería que ver quen opta a ela e en que condicións, non ten porque ser Ence.

Ence 2
A pasteira leva na da ría de Pontevedra desde 1958. Pablo Santiago
A Xunta fala de empregar fondos europeos para esta industria. Parécevos lícito?
Parece ser que nesa mesa a ministra dixo que os fondos europeos non son para iso, que en todo caso se podería buscar outro xeito. Remitía á Xunta para que axudara a buscar un emprazamento alternativo. Despois está a posición de “na ría non, pero na comarca si”, que é algo defenden o concello, o PSOE e o BNG. Na comarca non hai ningún sitio axeitado, non pode ser conditio sine qua non. Falárase de Barro, pero seguiría vertendo na ría e sería mover o problema 10 quilómetros. Sei que isto é adiantarse á situación pero habería que preguntarse se Galiza precisa unha fábrica de papel.

Precísaa?
Habería que velo, pero non se pode dicir que como hai moitos eucaliptos fai falta unha fábrica de pasta de papel porque se perden postos de traballo. Isto é unha falacia. A xente que vende eucalipto aquí podería vendelo en Navia e en Aveiro, como fixeron moito tempo e algúns seguen facendo. Os postos de traballo non teñen porque perderse, e os de Ence poderían ir algúns á fábrica Navia, que queren ampliala, ou a outras que precisan persoal especializado. Tamén hai que ter en conta que a persoal é bastante maior e podería haber un sistema de incentivos. Non tería que provocar paro nesta comarca.

Aquí hai empresas que xeran máis traballo que Ence pero a Xunta non as defende porque non hai ninguén do PP nos seus consellos de administración.

Nese sentido todas as partes, tamén o Ministerio, poñen o mantemento do emprego como algo prioritario e innegociable.
Ao empezar a falar dunha reconversión sábese a complexidade que ten, e máis nesta situación. É máis cómoda esa postura, e nós tamén defendemos que non se perdan os postos de traballo. A solución a isto non ten que ser nosa e en todo caso non sería un desastre como o que pasou en Ferrol co naval, algo que se di moito. Daquela eran máis 20.000 postos directos e aquí son 270. E dos 270 aos 400 que di Ence, son postos de xente que traballa no monte que pode seguir traballando independentemente de onde estea a empresa. Non ten nada que ver co de Ferrolterra nin sería comparable cun hipotético peche de Citröen en Vigo, que ten mínimo 8.000 postos directos. Non hai comparación. Aquí hai empresas que xeran máis traballo que Ence pero a Xunta non as defende porque non hai ninguén do PP nos seus consellos de administración, que esa é outra.

Imaxinemos que Ence marcha, sexa en 2021 ou en 2033, e ten que pagar a descontaminación. Cres que xa están pensando niso?
Por lei hai que recuperar eses terreos. Aí hai unha baza interesante, porque o Estado podería dicirlle: “vostedes marchan de aí e nós condonámosvos os cartos para a recuperación da zona, pagaría o estado.” Non digo que haxa que facelo, pero esa sería unha maneira, o comido polo servido. Aparte está todo o tema da contaminación que seguen provocando na ría con materia orgánica, e a que provocou especialmente Elnosa co mercurio. Aquí Ence esquece que Elnosa se montou porque a precisaban para ‘blanquear’, ata que ao redor do 2000 deixaron de empregar cloro. Durante uns anos dese período, Elnosa foi de Ence, polo tanto a responsabilidade é compartida. No tema do mercurio no solo Ence non fixo nada para evitar que contaminase os seus terreos. Terían que ter tomado medidas naquel momento. Ademais este mercurio non está só no solo, porque Elnosa estivo vertendo os últimos anos nas balsas de decantación de Ence e antes facíao na canle perimetral. Nos anos 80 xa había informes que falaban de cantidades enormes de mercurio tanto na canle como nas balsas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Opinión
Opinión Non sempre ter moitas luces é sinónimo de intelixencia
Que impacto ecolóxico e social produce a iluminación do Nadal de Vigo? A cidade sofre máis aló da masificación, o caos de tráfico, as molestias á veciñanza, o malgasto ou os recortes en orzamentos de emerxencia social.
Pontevedra
Ecoloxismo Unha investigación revela alta contaminación por nitratos en augas superficiais da comarca do Deza
Os resultados da análise de Ecoloxistas en Acción, con máis de 80 puntos de mostraxe, reflicten concentracións xeneralizadas e moi altas de NO3. Só o 19% das augas superficiais analizadas están “fóra de toda sospeita”.
Galego
Dereitos lingüísticos Miles de persoas desbordan a praza da Quintana para mudar o rumbo da lingua galega
A Plataforma Queremos Galego, que convocou esta mobilización, sinala unha nova data para outro acto protesta: o vindeiro 23 de febreiro na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
Opinión
Opinión Non sempre ter moitas luces é sinónimo de intelixencia
Que impacto ecolóxico e social produce a iluminación do Nadal de Vigo? A cidade sofre máis aló da masificación, o caos de tráfico, as molestias á veciñanza, o malgasto ou os recortes en orzamentos de emerxencia social.
València
Exclusiva El Gobierno de València contrata 12,9 millones en obras de la dana a una constructora investigada por pagos al cuñado de Barberá
La Generalitat Valenciana ha hecho el encargo a Ocide, una empresa cuya matriz está siendo investigada en el caso Azud por pagos “de naturaleza ilícita” al abogado José María Corbín a cambio de contratos adjudicados por el Ayuntamiento de València.

Últimas

Palabras contra el Abismo
Palabras contra el Abismo Lee un capítulo de ‘Café Abismo’, la primera novela de Sarah Babiker
El barrio es el espacio físico y social en los que transcurre ‘Café Abismo’, la primera novela de la responsable de Migraciones y Antirracismo de El Salto, Sarah Babiker.
Memoria histórica
Memoria histórica Museo del franquismo, ¿eso dónde está?
España sigue ajena a la proliferación mundial de espacios museísticos dedicados a dictaduras y resistencias democráticas.
Unión Europea
Unión Europea La ultraderecha europea ante la victoria de Trump
El triunfo de Donald Trump da alas a todas las formaciones ultraderechistas de Europa y del resto del mundo, que han visto como el millonario republicano ha conseguido volver a ganar las elecciones sin moderar un ápice su discurso.
Tribuna
Tribuna Vivienda: es hora de organizarnos
La situación de crisis inmobiliaria nos exige leer el momento para acertar en las batallas que debemos dar ahora, reflexionar sobre los modos de acción colectiva y lograr articular una respuesta política amplia.
Más noticias
Pontevedra
Ecoloxismo Unha investigación revela alta contaminación por nitratos en augas superficiais da comarca do Deza
Os resultados da análise de Ecoloxistas en Acción, con máis de 80 puntos de mostraxe, reflicten concentracións xeneralizadas e moi altas de NO3. Só o 19% das augas superficiais analizadas están “fóra de toda sospeita”.
Racismo
Racismo institucional Diallo Sissoko, una víctima más del sistema de acogida a migrantes
La muerte de este ciudadano maliense durante su encierro en el Centro de Acogida, Emergencia y Derivación (CAED) de Alcalá de Henares ha puesto de manifiesto algunas de las deficiencias del sistema de acogida a migrantes en el estado español.
Comunidad de Madrid
Violencias machistas Huelga en la red de atención a la violencia de género de la Comunidad y Ayuntamiento de Madrid el próximo 25N
Las trabajadoras de ambas redes se unen para reivindicar mejoras laborales y de atención a las mujeres víctimas en un paro de 24 horas. “Te sientes impotentes porque no puedes ayudar como deberías”, explican.
Turismo
Opinión Abolir el turismo
VV.AA.
Lleguemos a donde lleguemos, no puede ser que sea más fácil imaginar el fin del capitalismo que el fin del turismo.
Opinión
Opinión La eclosión del autoritarismo reaccionario y otras nueve tesis sobre la victoria de Trump
La victoria del candidato republicano nos ha demostrado que estamos en una nueva era: la del neoliberalismo autoritario, en donde el camino del mal menor propuesto por los Demócratas ha sido la fórmula más rápida para llegar al mal mayor.

Recomendadas

Galego
Dereitos lingüísticos Miles de persoas desbordan a praza da Quintana para mudar o rumbo da lingua galega
A Plataforma Queremos Galego, que convocou esta mobilización, sinala unha nova data para outro acto protesta: o vindeiro 23 de febreiro na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela.
València
Dana y vivienda “La crisis de vivienda multiplicada por mil”: la dana evidencia el fracaso de las políticas del PP en València
La dana ha dejado a miles de familias sin hogar. Ante la inacción de las instituciones, han sido las redes familiares las que han asumido el peso de la ayuda. La Generalitat, tras décadas de mala gestión, solo ha podido ofrecer 314 pisos públicos.
Redes sociales
Redes sociales Bluesky, la red social donde se libra la batalla por el futuro de internet
Ni es descentralizada ni está fuera de la influencia de los ‘criptobros’ que han aupado a Trump a la Casa Blanca, pero ofrece funcionalidades útiles para recuperar el interés por participar en redes sociales.