Encuesta monarquía
Outros datos da enquisa: Un 71,9% da poboación ve necesario reformar a Constitución de 1978

A sondaxe sobre a monarquía tiña outras 30 preguntas sobre a valoración que fai a cidadanía sobre diversas institucións ou a saúde democrática do réxime. Un 42% da poboación xeral está moi pouco ou nada satisfeita coa democracia do Estado. Ademais, confíase máis na Igrexa que nos partidos políticos. 

O Salto, xunto aos 15 medios da Plataforma de Medios Independentes, publicou o pasado luns 12 unha enquisa co obxectivo de analizar a valoración da Casa Real ou a posibilidade dun referendo. O resultado máis destacado foi o de que un 40,9% da poboación votaría pola república e un 34,9% pola monarquía, no caso dun suposto referendo. Mais, a sondaxe incluía outras cuestións de importancia en canto ao funcionamento do englomerado estatal.

Encuesta monarquía
Un 40,9% de la población votaría por la República y un 34,9% a favor de la monarquía en caso de referéndum

Las personas indecisas serían clave en una hipotética consulta. La población cree que, si se preguntase, la monarquía sería la opción más votada. El Salto y 15 medios de la Plataforma de Medios Independientes publican la mayor encuesta sobre la monarquía realizada en el mandato de Felipe VI.

DEMANDA DE RENOVACIÓN

As reivindicacións políticas que se veñen demandando desde hai anos semellan non teren caducado. Un 71,9% da poboación do Estado español está a favor de modificar ou reformar a Constitución. Aínda que na enquisa se recolleron os datos en  función da simpatía polos distintos partidos políticos, limintándose aos 5 cunha maior representación no Congreso —e deixando fóra outras opcións e ideoloxías—, a maior parte dos votantes de cada partido está a favor de reformala.

Sorprende que para os votantes do partido de ultradereita Vox e os do PP, a reforma constitucional é necesaria para un 58,5% e un 58,1%, respectivamente. No caso de Unidas Podemos, onde se agruparía o sector “máis de esquerdas” da sociedade, a modificación da Constitución precísase para un abrumador 95,2%. En canto ao PSOE e en Ciudadanos, esixen o cambio nun 87,4% e nun 72%, respectivamente.

SUSPENSO XERAL NAS INSTITUCIÓNS PÚBLICAS

Os elementos hexemónicos que integran a superestructura ideolóxica do Estado (Parlamento, Igrexa, Prensa, Partidos Políticos) están nun declive xeral. A única institución que a poboación xeral valora dun xeito positivo é o Exército, cunha nota de 6,2 (onde 0 é moi pouca confianza e 10 moita).

Organizacións sociais como sindicatos e partidos políticos apenas teñen importancia para os cidadáns preguntados. A enquisa mostra unha clara perda de confianza na política e nos movementos sociais. Pese a perder o suposto referendo, a monarquía ten mellor valoración (cun 4,3) que os Partidos Políticos institucionais (3) e os Sindicatos (3,7). Nunha sociedade supostamente laica, a Igrexa Católica supera os partidos, obtendo un 3,3. 

En Marea
Outra vez o desencanto?

Os resultados do 10N de Galiza parecen confirmar a tendencia á desafección do electorado galego coas forzas do antigo espazo das mareas. Diversas voces analizan para O Salto as posíbeis causas do desencanto coa política transformadora

En canto aos medios de comunicación, vense pouco cribles. A mocidade é quen menos confía na prensa. Aínda que non están aprobados en ningunha franxa de idade, entre 16 e 24 anos puntúase con menos dun 4 á prensa.

A DEMOCRACIA ESPAÑOLA NON FUNCIONA

A satisfacción xeral co réxime de 1978 é baixa. Os cidadáns menos satisfeitos son os votantes dos partidos de dereita e ultradereita. Os de Vox, son os que peor valoran a democracia parlamentaria actual, cun 3,3, seguidos polos do PP cun 4,5. Os votantes de Ciudadanos tamén a suspenden, cun 4,9.

Estes datos pódense explicar dado o contexto actual do Goberno de coalición. Os votantes do PSOE son os que mellor valoran a democracia, dan unha valoración dun 6,2. Pola súa banda, os de Unidas Podemos son máis críticos, cun 5,0.


Informe monarquía PMI 2020 by El Salto periódico on Scribd

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Madrid
Madrid La Marcha Republicana convoca su manifestación “¡hasta que se vayan!” los borbones
Se esperan más de quince autobuses en la manifestación republicana del domingo 15 de junio. Los grupos republicanos en el Congreso se han reunido este jueves para mostrar su apoyo a la iniciativa.
República
Movimiento republicano “Hasta que se vayan”: lema de la segunda Marcha Republicana fijada para 2025
En junio de 2025 la marea republicana se propone llevar a cabo una segunda demostración de rechazo a la monarquía. En la edición de este año se movilizaron miles de personas de distintos puntos del Estado.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.