Decenas de miles de feministas saen ás rúas de toda Galiza contra o medo e o auxe do fascismo

A Marcha Mundial das Mulleres mobilizou este domingo a feministas en cidades e vilas de toda Galiza nunha xornada marcada pola unidade e pola denuncia do avance da extrema dereita.
2026 - 8M - Vigo - 15
Juancho Everman A cabeceira da manifestación de Vigo este 8 de marzo.
8 mar 2026 20:18

O 8M deixou en Galiza unha xornada de mobilización feminista masiva e unitaria, cunha participación que se estendeu desde as sete cidades até decenas de vilas e concellos. Baixo o lema ‘Feminismo é revolución’, a Marcha Mundial das Mulleres protagonizou unhas protestas nas que se esixiron vidas dignas, pobos libres e territorio vivo.

A unidade foi unha das notas características desta convocatoria. A Plataforma Feminista Galega sumouse ás marchas da Marcha Mundial das Mulleres, rompendo cunha dinámica de división que marcara os últimos anos. Nas principais cidades, as concentracións reuniron a milleiros de persoas: desde o Obelisco na Coruña e a Praza dos Cabalos en Vigo até a Praza 8 de Marzo en Santiago, onde a marcha nocturna contou coa presenza da portavoz nacional do BNG, Ana Pontón. En Lugo, Ourense e Ferrol tamén houbo mobilizacións multitudinarias ao longo do día.

Máis aló das cidades, o feminismo galego desbordou cara a localidades como Ribadeo, Vilagarcía, Cangas, Lalín ou Ribadavia, entre outras moitas.

Os manifestos lidos nas distintas cidades poñían o acento en tres grandes eixes: a denuncia do avance da ultradereita en Europa e no mundo, a defensa do territorio fronte a proxectos como os macroeólicos ou a minería agresiva, e a loita contra a precariedade laboral e a sobrecarga dos coidados que recae de xeito desproporcionado sobre as mulleres.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...