Pensar o presente: tradición e contemporaneidade na V Jornada do Instituto Clara Corbelhe

Que elementos cómpre manter, superar e renovar da teoría crítica? A partires desta pregunta inicial exposta por Manuela Nores na sesión inaugural, despregouse un debate coa fin de sentar as bases para a creación duns estudos emancipatorios galegos.
v jornada clara corbelhe - 3
Brais Arribas, Antom Santos e Carme Adán durante a xornada. Andrés Currás

Nos anos trinta do século pasado, un grupo de pensadores de inspiración marxista reunidos arredor do Instituto de Investigación Social de Frankfurt comezaron a formular unha pregunta que acabaría vertebrando toda a súa traxectoria: por que a razón que prometeu liberar a humanidade acabou converténdose nun instrumento de dominación?

En 1937, Max Horkheimer, director do instituto entre 1930 e 1958, publicou a súa obra Teoría tradicional e teoría crítica, na cal define a teoría crítica a partires da non disociación entre coñecemento e contexto histórico e cuxa finalidade é comprender e sinalar as contradicións estruturais da sociedade para poder transformala. Ao longo do século XX, a teoría crítica tivo diversas bifurcacións entre as que destacan correntes como a nova lectura de Marx, con nomes como Backhaus ou Reichelt, ou o posestructuralismo, do cal autores como Deleuze ou Butler son só algúns dos referentes.

Con este espírito presente, a V Jornada de Estudo do Instituto Clara Corbelhe convidou a algunhas das máis importantes voces do ámbito galego para debater sobre a vixencia dos seus postulados, dar a coñecer as declinacións que tiveron lugar nas seguintes décadas do século XX e a poñer o foco en proxectos que tentan difundir a filosofía, e en particular a teoría crítica, en Galiza.

Así, iniciouse un traxecto teórico con Francisco Conde Soto e o inmenso traballo de Adorno sobre a personalidade autoritaria, elaborado tras o trauma da Segunda Guerra Mundial e o xenocidio contra o pobo xudeu en Europa, para achegarnos en segunda instancia, cunha sesión moderada por Roberto Abuín e da man da filósofa Rebeca Baceiredo e do bailarín, interprete e creador Antón Yanguas a dúas das declinacións contemporáneas da teoría crítica como son o posestruturalismo e a nova lectura de Marx.

No marco dos proxectos, a segunda sesión, moderada por Antom Santos, a filósofa Carme Adán, Secretaria Xeral de Igualdade do Goberno de Galiza entre 2005 e 2009 presentou a Aula Castelao de Filosofía, que dende o curso 1983-1984 organiza s Semana Galega da Filosofía co obxectivo de traer a Galiza ás principais expertas do campo filosófico. Pola súa parte, o filósofo e profesor universitario Brais Arribas introduciu o Proxecto Derriba, cuxa actividade cesou no ano 2015, pero que mantén en aberto todos os materiais que foron elaborando de xeito colectivo durante unha década para cubrir o baleiro de contidos que detectaron coma estudantes no grao en Filosofía.

Coma sempre, nas Jornadas de Estudo que organiza Clara Corbelhe, o espazo final concedéselle a unha lectura guiada da obra, que correu a cargo de Pablo Pesado, doutor en Estudos da Literatura e Cultura e membro do Consello de Redacción de Clara Corbelhe. Este ano, co libro recentemente publicado en España Modernismo Marxista, da filósofa Gillian Rose, a partires dos seminarios de 1979 cos que tentou introducir a teoría crítica ao seu alumnado e que ofrece unha boa porta de entrada para todos aqueles interesados en aproximarse aos traballos de Lukácks, Adorno ou Benjamin, entre outros nomes.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...