Fútbol
Construír a pirámide, alcanzar a cúspide

Unha suposta estafa piramidal relacionada cun mercado de valores de xogadores de fútbol estalou en diferentes cidades de Galiza, Catalunya e Madrid.

sport social managers
10 may 2018 10:38

Anthony ten 22 anos. Ata hai uns meses, ás sete da mañá atopábase puntual para recibir os provedores. Ás oito, a panadería recentemente fundada pola súa nai estaba lista. Pero as cousas foron non foron como esperaban: sen un gran capital inicial, competir con outras panaderías xa asentadas era case imposible. Pobraron a cambiar o pan, a repostaria, os provedores, pero finalmente víronse abocados a pechar.

A partir de setembro traballou como comercial da empresa R, con iso podería manterse en Compostela e estudar unha carreira. En novembro esgotouse o diñeiro. Entón Anthony atopou un camiño, atopáronllo. A súa promesa, un amigo, chamémoslle Xoán*. Xoán deixara os estudos polas finanzas, a mellor idea da súa vida. E agora tiña un proxecto entre mans, zumarento, que cando se fixese viral ía estalar o mercado. Sería nun ano, o próximo setembro, co comezo da tempada deportiva.

— Quero darche os parabéns por estar interesado. Agora é a túa decisión se queres indagar un pouco máis.

En decembro Anthony estaba completamente embarcado na aventura. Organizaba vídeos en directo ou chamadas de Skype por toda España e América Latina. En xaneiro tiña exames, e a decisión estaba tomada: non se presentaría. "Se traballas podes ter unha boa carteira de clientes". A partir de agora, todo era cousa súa. Se traballaba moito, comería o mundo.

— "Eu veño do mundo das finanzas. Veño contar algo do que estou verdadeiramente namorado. Por que non unir as finanzas con aquilo que nos gusta tanto como é o fútbol? Así como o bitcoin estivo uns aniños ata que rebentou, o deporte + trading farao. Isto farase viral..." En numerosos actos, chamados Champions, semis ou amigables, os líderes de grupo van achegando información do proxecto. E as mentes sentadas pensan: hai que estar aí dentro. Se estás nas cousas cando empezan... A partir de febreiro as viaxes comezaron para Anthony. Listos para coñecer ao cadro de persoal corporativo e a outros grupos. Reuniuse en Madrid co xerente distribuidor: Israel Guerrero. Levounos a comer a un bo restaurante, cando chegou a hora de pagar, sen dubidalo, sacou o seu cartón e pagou a conta de todos, non eran poucos. E como falaba... Cando saes á rúa a realidade non cambia, pero ti si. Sabes que tes algo entre mans, que o resto de xente aínda non sabe, unha comichón percorre o teu corpo de abaixo arriba. Tes ganas de saltar. Estás nunha nube.

REVALORIZAR OS SOÑOS

Tras as palabras, os feitos. Camp Nou, 2016. Presentación dun proxecto, unha empresa emerxente que revolucionará o mercado, de nome Sport Social Managers. Detrás dela: presidente Toni Freixa, ex-candidato á presidencia do FC Barcelona; conselleiro delegado Rafa Moya, empresario; Óscar Font, encargado de ir anunciando as novidades; e por último Israel Guerrero, a ligazón. A maiores, un secretario que non parece ter cabida nesta historia e unha empresa de Óscar Font. Estes nomes -físicos e xurídico- formarían o corporativo, o núcleo promotor da empresa.
captura presentación ssm
Presentación SSM. Captura.
A idea estaba clara: unha bolsa de valores con persoas físicas. O que é o mesmo, compra-venda de accións de xogadores que dan dereito a accións de proximidade. Acordos con seis grandes ligas e todos os grandes xogadores: Messi, Cristiano, Dybala, Lewandowski, Leo Messi, Sergio Ramos... As suficientes accións dan acceso a adestramentos, firmas de balóns, de camisetas, incluso, por que non cear cos ídolos? Abriríase todo un novo mercado. A partir de setembro sería masivo. As posibilidades de revalorizar as accións... enormes. Pero iso non era todo.

— En España o márketing multinivel non é demasiado coñecido, e cando algo non o coñecemos, sospeitamos, e é normal porque....

A licenza de xerente son -eran- 48 euros. Con ela adquirida, comeza o xogo. Adquirir un paquete predefinido, de 150 euros para arriba. Ou escoller xogadores soltos ata formar o teu propio paquete. Cada reserva, dez euros. Dez euros que en pouco tempo valerían 30, 40, 50....

Por cada persoa que entrase no sistema, o xerente que o trouxese recibiría unha comisión do 5, 6 ou mesmo do 7 %, había moitos tipos de comisións. Se esa nova xente traía a outra o primeiro xerente recibiría unha comisión derivada. Así se forma a pirámide
O multinivel. Cada xerente debía traer xente ao proxecto. Por cada persoa que entrase no sistema, o xerente que o trouxese recibiría unha comisión do 5, 6 ou mesmo do 7 %, había moitos tipos de comisións. Se esa nova xente traía a outra o primeiro xerente recibiría unha comisión derivada. Así se forma a pirámide, e así se formou o proxecto: o corporativo na cúspide, Israel Guerrero como ligazón xunto a Lluis Herrera. Tras eles, líderes de grupo: Tomás Garnelo en Galiza, Isaac e David Graciano en Barcelona, Alberto Modroño ou Javier Brun en Madrid.
ssm cristiano

— As opcións de xerar diñeiro son moi importantes.... márketing en rede... Produto moi innovador... O sector financeiro do que veño... Con este cálculo, gañaremos 87.000 euros en doce semanas... Plan 5/90: alcanzar as cinco cifras... Imos marcarnos obxectivos. Con 25 anos quero gañar o meu primeiro millón de euros... Xerar 2000 euros á semana... Xerar diñeiro. Xerar diñeiro.

Na túa cabeza, cúmprense os soños. Un futuro feliz. Nada de opulencia, estar cos de sempre, ben. Deixar de quitarlle diñeiro a mamá. A final de contas, uns xa o tiñan, por que ti non? Anthony vía o exemplo na súa propia casa. O seu amigo, que non paraba de traballar nin un momento, de ningunha maneira. Ía ben.

Non lle pareceu ben a todos, mais iso Anthony non o sabía. David Hernández meteu 5000 euros. Á semana arrepentiuse.

A PIRÁMIDE

Chegou setembro pero non trouxo nada. Díxose que Sport Social Managers non sairía ata que non se enchesen as vinte comunidades diferentes. Aproximado, 1.300.000 euros investidos polos xerentes. Facía falta traballar máis. Isto é como R, se non saes á rúa, non xeras, dicía Anthony. E un día atopou un vídeo de Youtube. Israel Guerrero, o mesmo que pagara sen miramentos en Madrid, predicando, cantando a palabra do Señor nos Estados Unidos. Boas risas. Pero pasaban os meses, e a pesar do que dicía, do que traballaba, Anthony non xeraba diñeiro. Tiña certas dúbidas. Era correcto o que dicía?

Aos poucos días de meter os 5000 euros, David Hernández empezou a facer preguntas. Onde estaban os contratos con esas seis grandes ligas? E os equipos? Os grandes xogadores? Non apareceron. "Aparcamos as negociacións cos clubs para centrarnos nos futbolistas", díxose desde o corporativo. Pero eses grandes xogadores desapareceron. Polas redes sociais empezaron a publicar novos acordos: Pedro León, Jordi Amat, Gerard Moreno, Nolito, Bojan Krkic os máis coñecidos.
sport social managers aspas
Captura SSM.
Outros investidores contactaron con David, querían o seu diñeiro de volta, iso non era o que atoparan. Moitos atopáronse ante unha barreira: "transcorreron os catorce días dispoñibles para solicitar a devolución do diñeiro". A pesar de que o produto nin existise. Os líderes de grupo daban a cara. "Vou traballar ao mil por cen para que o proxecto saia e así poidas recuperar o teu diñeiro", "non destruamos, por favor". Só cabía unha solución cara a diante.

Desapareceu Sport Social Managers.
Chegou Finasfy.
Anthony volveu estudar.
Chegaron as ameazas de morte cara aos líderes de grupo, tamén cara ao corporativo, pero eses estaban máis lonxe. En Pontevedra, onde todo se coñece, iso ía quedar aí para sempre. A mesma xente nas mesmas rúas. David Hernández tívoo claro. Organizar unha demanda colectiva.
As licenzas de dez euros valerían dous euros e medio. Anthony mirou o que aínda quedaba na plataforma: non llo revalorizaron. E a idea que revolucionaría o mercado abríase con só oito nomes. "Pero negociacións moi avanzadas con...". Foron para o México. A outros países. Máis xente. Necesitaban máis xente. Cos seus 150 euros para arriba. Supostamente eran 5000, iso dixeron. 5000 eran os rexistrados, menos de 2000 os que puxeran diñeiro. Dos amigos de Anthony, un meteu o diñeiro e esperou a súa revalorización. Segue sen el. A outro reinvestíronllo. Nunca o viu. Chegaron as ameazas de morte cara aos líderes de grupo, tamén cara ao corporativo, pero eses estaban máis lonxe.

Que ían facer cunha acción de xogador de segunda división inglesa? Comezaron os enfados. Chegaron as ameazas de morte cara aos líderes de grupo, tamén cara ao corporativo, pero eses estaban máis lonxe. En Pontevedra, onde todo se coñece, iso ía quedar aí para sempre. A mesma xente nas mesmas rúas. David Hernández tívoo claro. Organizar unha demanda colectiva.

O que vendían na stories do Instagram, nas charlas, na roupa que levaban, eran pirámides. Así era o sistema de comisións, o multinivel. Pero unha pirámide que se constrúe cara abaixo. Que, unha vez deixa de ser construída, cae. Crecer ata morrer.

Pero... era todo mentira?

O PASADO EXPLICA O PRESENTE

Dúas datas marcaron o inicio de todo. O ano 2012 e o 4 de novembro de 2015. En 2012, a empresa Indexsports empezou a xestar a idea do Trading no deporte. En 2015, Toni Freixa perdía as eleccións á presidencia do FC Barcelona e atopábase cun baleiro. Acudiu a Josep Delgado para que lle financiase as súas ideas. Delgado ofreceulle un posto de traballo, o de director xeral de Indexsports, empresa que xa investira máis dun millón de euros no desenvolvemento da idea. Entón Freixa namorouse do proxecto. Contactou con Rafa Moya e Israel Guerrero. Ambos colaboraban cun bufete de avogados de Madrid expertos no multinivel. E chegou o día da presentación de Indexsports no Camp Nou. Porque quen se presentou alí non foi Indexsports, foi Sport Social Managers. Freixa deixou de traballar en Indexsports o 4 de novembro de 2016.
Toda mentira nace da verdade. Freixa recibía un soldo de luxo en Indexsports, pero ese proxecto era demasiado bo, como deixalo pasar?
Sport Social Managers engadía o multinivel, o capital necesario que perderan sen Indexsports. Pero... era todo mentira? Non, claro que non. Toda mentira nace da verdade. Freixa recibía un soldo de luxo en Indexsports, pero ese proxecto era demasiado bo, como deixalo pasar? Que a empresa os ía a demandar era seguro, talvez foron os procesos xudiciais demasiados lentos. Ou talvez non o pensaron. Pero agora enfróntanse á demanda desde Madrid do ex-bufete de Moya e Guerrero, á demanda colectiva dos afectados e á de Indexsports. Freixa, ademais, está relacionado co caso Neymar. Xa foi absolto xunto ao actual presidente do FC Barcelona polo caso cos columbarios. Rafael Moya e Israel Guerrero foron relacionados co caso Lucrazon e Os Pelayos.

Todo segue o Esquema Ponzi. Ponzi, un migrante italiano en busca de diñeiro nos Estados Unidos, non foi o primeiro, pero si o máis grande. A xente chegou a hipotecar as súas casas por el.

Toda mentira nace da verdade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Fútbol
Fútbol y política Las gradas de todo el mundo enseñan la tarjeta roja a Israel
La campaña ‘Show Israel the red card’ suma más de 170 acciones desde que, en febrero, el grupo ultra del Celtic de Glasgow hizo un llamamiento al mundo del fútbol para exigir que la FIFA cumpla sus estatutos y suspenda a Israel de sus competiciones.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.