Galego
A lingua das crianzas (II): Algunhas respostas sociais á substitución lingüística en Galiza

A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas. En fronte, parte da cidadanía galega artella movementos de resistencia.

galiza lengua mani
Ante a inacción da Xunta os movementos sociais foron quen de artellar respostas ante ese proceso. Zélia García

A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas. En fronte, parte da cidadanía galega artella movementos de resistencia.

Galego
A lingua das crianzas (I): Paus nas rodas ao galego na infancia

Nos últimos anos, Feijóo, Pocoyó e os seus amigos aceleraron o proceso histórico de substitución lingüística do galego a prol do castelán. A política lingüística da Xunta e a súa inacción ante a imposición estrutural do castelán favorece unha desgaleguización que comeza coa vulneración dos dereitos lingüísticos dos nenos e nenas galegas.

DEFENDER DEREITOS LINGÜÍSTICOS

Ruth Caramés é moi crítica coa escasa oferta de recursos de ocio e educativos en galego. Co apoio da Coordinadora de Traballadoras de Normalización da Lingua (CTNL) e dentro do programa Apego decidiu crear o proxecto Alí, que pretende difundir materiais educativos para nenos de entre zero e seis anos: “Fomos pais e viamos que nós e o noso entorno tiñamos preocupación por escolarizar aos nenos porque cambiaban automaticamente de lingua”. O proxecto comezou dirixíndose a profesionais da educación pero derivou nun portal tamén dirixido a nais e pais: “Había moito material en galego que non se estaba a empregar, polo que ademais dos obradoiros, fixemos un portal cos apuntamentos en liña”. Ademais, reivindica outras iniciativas xurdidas nos últimos anos, como a escola autoxestionaria e de inmersión lingüística Semente: “É unha necesidade vital nas cidades, onde hai moito máis corte de transmisión”.

Ruth Caramés, do proxecto Alí: “Fomos pais e viamos que nós e o noso entorno tiñamos preocupación por escolarizar aos nenos porque cambiaban automaticamente de lingua”.

Séchu Sende foi unha das persoas que botaron adiante a Semente hai 8 anos. “Con tres crianzas e varias activistas, pensamos: ‘Podemos crear unha escola?’. Isto supón un custo, unha rede social ampla e moito traballo militante. Sabiamos que ía funcionar só se había un movemento comprometido co proxecto e iso foi aparecendo”. Dende entón xurdiron novos centros e proxectos noutras vilas galegas, mentres a escola pública segue limitando e minorizando o galego. “Podemos ser outra xeración máis que vexa que os seus fillos e fillas se desgaleguizan ou podemos intentar outra cousa. Estamos orgullosos porque estamos demostrando que a autoxestión é eficaz para que as nosas crianzas sexan máis competentes comunicativamente, teñan un desenvolvemento cultural e unha educación científica, laica e feminista”. Sende enmarca este modelo nun movemento de loita polos dereitos lingüísticos que malia ser minoritario, está a aumentar a súa base: “Non sei de que xeito a escola pública pode vivir de costas a isto”.

Séchu Sende, sobre a Semente: “Podemos ser outra xeración máis que vexa que os seus fillos e fillas se desgaleguizan ou podemos intentar outra cousa.”

A Xunta rexeita o modelo de inmersión lingüística e defende o seu Decreto. Nunha investigación de Xaquín Loredo e Henrique Monteagudo, comparábase a transmisión lingüística do galego coa do catalán: en 2013, Indice de Transmisión Lingüística do Catalán era dun +0,09 e o ITIgal (o índice galego), un -0,08. No mesmo estudo recoñecían que “as últimas investigacións demolingüísticas revelan o resultado de que galego está sendo paulatinamente substituído polo castelán”.

Galego
Galego con acento catalán

Estudantes cataláns da lingua sorpréndense pola situación do idioma en Galiza.

É POSÍBEL REVERTER A SUBSTITUCIÓN?

O rexeitamento á retirada do Decreto 79/2010 que pediron diversas organizacións esgotou a vía legal, unha vez que o Tribunal de Estrasburgo desestimara por cuestións formais unha demanda da RAG. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, aseguraba hai meses para este medio: “Non hai ningún problema no sistema educativo, esa é a lectura fácil. O que hai que facer é ver de onde veñen eses rapaces. Os nenos de Vigo ou da Coruña nunca falaron galego”.

Séchu Sende: “Déronse pequenos movementos sociais coma o reintegracionismo, o neofalantismo, a regueifa, a reivindicación da inmersión lingüística ou o feminismo como movemento liberador das persoas.”

Malia que a Xunta semella mirar cara a outro lado ante a desgaleguización, Séchu Sende cre que as xeracións actuais foron quen de artellar respostas ante ese proceso: “Déronse pequenos movementos sociais coma o reintegracionismo, o neofalantismo, a regueifa, a reivindicación da inmersión lingüística ou o feminismo como movemento liberador das persoas”.

Nese horizonte esperanzador atopamos moitos outros exemplos, algúns deles nas redes sociais. É o caso de Wika, unha rapaza natural da Galicia polaca pero “compostelana de pascer”, reintegracionista e divulgadora da súa experiencia a través de Twitter; ou Mar, unha ‘twitteira’ “granaína galegofalante”. Outro exemplo cóntanolo Ruth Caramés, que despois de levar a súa filla a unha unitaria onde só había nenos castelanfalantes, albisca cambios e conta que “xa hai algún neno que xa chapurrea galego”, malia que recorda a responsabilidade dos pais: “Debemos pasar máis tempo cos pequenos. Se queremos que sigan pertencendo á nosa cultura temos que estar con eles, porque se non vannos educar outros”. Séchu Sende tamén ve necesaria unha maior participación social máis alá de votar en eleccións: “Podemos responsabilizar á clase política nun momento histórico determinado, mais como cidadáns tamén temos responsabilidades”. Por dignidade, por pragmatismo, por conservación da cultura, por militancia ou de xeito inconsciente. Calquera motivación que axude a reverter a desgaleguización é benvida e necesaria. A de Sonia é puramente emocional: “Se viviramos en China, falaríalle a Xía en galego. Como lle vou falar noutro idioma á miña filla?”.

Sonia: “Se viviramos en China, falaríalle a Xía en galego. Como lle vou falar noutro idioma á miña filla?”

Ao rematar unha das entrevistas na Gentalha, un cativo achégase á barra e pide “un pouquiño de auga”. Temos unha breve conversa e cando marcha reparo no precioso que é escoitar a un cativo en galego. E bonito é, pero máis bonito será poder escoitalo das nosas netas. Todo é poñerse. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galego
Manifestación Miles de persoas enchen Compostela cun berro único en defensa da lingua galega
A plataforma Queremos Galego conseguiu aglutinar voces diversas da Galiza social, política e cultural para “parar a emerxencia lingüística” que sofre a lingua propia e así esixir á Xunta “un cambio de actitude”.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.