Gentrificación
Sindo Guinarte, concelleiro de Turismo: “Non temos capacidade para ir ao problema de fondo”

Falamos co concelleiro de Turismo en Compostela sobre a masificación turística na cidade e as afectacións na veciñanza.
IMAXE: ELENA MARTÍN
8 ago 2022 15:29

A afluencia masiva da Peregrinación Europea de Jóvenes abriu un debate ao redor do modelo turístico de Compostela. Centos de veciñas amosaron en redes sociais o seu fastío e as molestias ocasionadas, e mesmo fixeron un decálogo para as peregrinas que chegan á cidade. Ademais, esixen solucións ás consecuencias da turistificación, coma o encarecemento dos prezo do aluguer e a perda do comercio local na zona vella. Trasladamos estas cuestións a Sindo Guinarte, concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo do Concello de Santiago.

Gentrificación
‘Fóra’: Historias de xentrificación
VV.AA.
Persoas afectadas explican como viven un proceso de transformación no que foron ignoradas.

Nestes anos vimos falando con comerciantes da zona vella, ou con xente que quixo criar alí pero non puido por mor das consecuencias ocasionadas ou acentuadas pola turistificación da zona. Que resposta hai para esta xente que quere e non pode?
A zona vella ten unha protección especial por ser Patrimonio da Humanidade e porque no seu día tamén se adoptaron unhas normas moi rigorosas no relativo ao espazo público e inmobles privados. Isto limita a capacidade de intervención nas edificacións. Nun tempo houbo un exceso de proliferación de locais para uso hostaleiro turístico. A isto púxoselle coto no mandato anterior e agora nós estamos ampliando esa limitación ao conxunto da cidade.

En canto o alugueiro, a oferta é moi limitada. Estamos nunha economía de mercado e os prezos márcanos a oferta e a demanda; e o certo é que os prezos son moi caros, algo que tamén nos trasladan as asociacións de hostalería e de comerciantes. Nós intentamos que os propietarios baixaran os prezos, pero non houbo receptividade. No relativo ás tendas de souvenirs, que a min non me gustan nada, os concellos só podemos determinar usos (residencial, comercial, hoteleiro...) pero unha vez que un espazo ten uso comercial, nós non podemos impoñer o tipo de comercio que vai haber aí. Isto é un problema que temos nós e que temos falado con cidades que tamén son Patrimonio da Humanidade. En Barcelona, por exemplo, hai unha normativa autonómica que permite unha certa intervención nese ámbito. En Galicia, non.

Nos últimos anos a veciñanza non sente que se avanzara neste tema.
É moi difícil avanzar neste ámbito pola normativa comunitaria de competencia, pola estatal e pola inexistencia de normativa autonómica que protexa específicamente este tipo de actividades... Desde o municipal case non temos armas para intervir neste tipo de cuestións. Como poderiamos intervir? A través de incentivos fiscais, pero é moi difícil que compensen o interese económico que poida ter o titular dun baixo en facer unha tenda de souvenirs, que dá moito máis beneficio que unha mercería ou unha sombreireiría. Claro que é un problema, porque desnaturaliza o espazo, fai que perda a súa propia esencia e a longo prazo faino menos atractivo para os visitantes.

Hai que traballar por un turismo sostible, tamén partindo de que en anos santos se produce esa avalancha de peregrinos.

Entón, polo que dis, só nos queda tomar medidas paliativas?
Pois si, porque non temos na nosa man capacidade cirúrxica para ir ao problema de fondo.

E con outra normativa autonómica?
Poderíase intervir nalgunha medida, pero tamén é certo -para velo dun xeito positivo- que na zona vella de Compostela hai moitas pequenas tendas de roupa, singulares, que son un atractivo da cidade. Temos centos universitarios que lle dan moita vida á cidade, que posibilita que haxa comercio asociado a eses residentes. Despois, temos que asumir que o comercio evoluciona cos tempos. A todos nos gusta conservar os comercios que temos na retina, pero hai novas actividades comerciais que se van implantar. No Plan de Sostibilidade Turística imos promover dentro da cidade histórica actividades profesionais vinculadas á artesanía tradicional. Pero volvemos ao mesmo; as accións que podemos tomar son limitadas, de impulso, de facilitación.

Queremos un turismo sostible socialmente, para que os colectivos non se sintan confrontados entre eles, nin veciños con visitantes nin ao revés.

Pero si que irían, en todo caso, na liña de evitar a masificación?
Si, esa é a idea. O modelo turístico de Santiago ten que evolucionar a un modelo máis diverso e expandido no tempo, desestacionalizado e de máis valor engadido. Isto ten unha connotación sociolóxica, no sentido de que promovemos un turismo de calidade que deixe cartos na cidade, porque o turismo tamén é unha actividade económica que representa máis do 20% do PIB local. Non nos interesa que chegue máis xente, interésanos que chegue máis xente disposta a gastar máis e quedar máis días.

Entón, que é o que falla para que a percepción social sexa que Concello e Xunta están optando por un modelo de masificación? Esta semana viuse claramente, coa Peregrinación Europea de Jóvenes.
O da Peregrinación non ten nada que ver co modelo turístico de Santiago; isto foi unha cuestión concreta que tamén houbo nos outros anos santos e que seguramente haberá nos anos santos próximos. Esta cidade é de peregrinación, o terceiro destino do cristianismo despois de Roma e Xerusalén. Estes grupos organizounos a igrexa e veñen peregrinar por motivos relixiosos, non son turistas. Eu diferenciaríao do modelo turístico da cidade.

Sindo Guinarte 2

Pero non cre, que, independentemente desta semana, hai un clima de fastío na veciñanza con respecto ao turismo?
Nos anos santos sempre se nota máis. Nótase nas entradas do Camiño Francés, principalmente, e eu entendo que haxa unha certa sensación de incomodidade e molestia, porque efectivamente están invadindo a súa tranquilidade veciñal. Hai unha parte que hai que asumir porque é unha cidade construída historicamente ao redor da peregrinación. Non é fácil poñerlle coto porque o Camiño pasa por vías públicas, e entendemos esas molestias. No Plan de Sostibilidade Turística, da man coa USC, imos facer un pacto local para conciliar os intereses dos veciños e doutros colectivos. Queremos un turismo sostible socialmente para que os colectivos non se sintan confrontados entre eles, nin veciños con visitantes nin ao revés, que sexa sostible medioambientalmente... Hai que traballar nesa liña, tamén partindo de que en anos santos se produce esa avalancha de peregrinos. Hai que dicir que o Camiño e Santiago son opcións turísticas de éxito e hai que conseguir que sexa sostible.

Hai unhas certas peaxes que é inevitable pagar por vivir nun casco histórico que é Patrimonio da Humanidade, como os custes relativos á vivenda.

Falabas da interlocución con certos sectores. Algunhas asociacións veciñais quéixanse de que a interlocución entre elas e o Concello non é tan intensa como a que tedes con asociacións de hostaleiros.
É certo que temos moita máis relación coas asociacións de hostaleiros porque o meu departamento xestiona o turismo, e ten uns implicados que son os hostaleiros, guías de viaxe, etc. Non temos unha liña particular interlocución cos veciños, pero que si van estar presentes no pacto local que comezaremos en setembro. Participarán os veciños, en xeral, e en especial os que viven en espazos de máis presenza de peregrinos.

Viron o decálogo da veciñanza de San Pedro?
Si. Son propostas moi razoables feitas nun ton construtivo. Ese ten que ser o camiño para ese pacto local. Temos que recoller as demandas dos residentes, dos visitantes e concilialas e mesmo instar á administración a adoptar medidas que sexan imperativas, de obrigado cumprimento para que a convivencia sexa respetuosa entre uns e outros. A ver, Santiago é unha cidade de acollida, acostumada a acoller peregrinos, universitarios, xente que ven ao hospital... É unha cidade de acollida.

Pero en moitos casos, a xente local, sobre todo a xente da zona vella, séntese expulsada. De feito, os datos demográficos van nesa liña. Cada ano marcha ao redor dun 1% da poboación da zona vella.
O casco histórico ven perdendo poboación desde hai moitos anos, non dun xeito acusado pero si dun xeito progresivo. Inflúe moito a falta de determinados servizos, o custe de restauración das casas... Hai moitos factores que inflúen nesa situación. Pero hai cascos históricos doutras cidades de España, como Cáceres ou Ávila, aos que xa lles gustaría ter a vida que ten o casco histórico de Compostela.

Tamén é esencial manter a actividade universitaria na zona vella, e tamén estamos traballando noutras cuestións que poden facela máis habitable, como regular a carga e descarga para que entorpeza menos a vida cotiá. Antes podías deixar aos nenos xogar na zona vella e non había coches.

Volvendo á primeira pregunta, semella que tanto o decálogo da veciñanza como todas estas medidas, van na liña de paliar pero non de resolver os problemas que vimos escoitando durante estes anos. Hai algunha resposta estrutural que darlle á cidadanía ou esas respostas van máis alá do ámbito municipal?
A resposta estrutural é o conxunto de todas esas respostas, pero con realismo. Hai que mellorar a carga e descarga, a fibra óptica... Pero hai elementos que son estruturais nos que sería unha decisión moi trascendental, e eu penso que sería un paso atrás tomar decisións na protección da zona vella, permitir por exemplo máis intervencións urbanísticas, como poñer ascensores. Seguramente aparecerían empresas interesadas, pero Santiago deixaría de ser unha cidade medieval e barroca no seu casco histórica. Hai unhas certas peaxes que é inevitable pagar por vivir nun casco histórico que é Patrimonio da Humanidade, como os custes relativos á vivenda.

Por exemplo, unha medida da que se fala moito e que semella sinxela desde fóra, sería limitar os pisos turísticos ou as tendas de souvenirs. Aínda que polo que di, non se pode, non se pode forzar para que si que sexa posible?
Tanto nos preocupa isto, que a pesar de non ter instrumentos legais para facelo, estamos falando no grupo de cidades Patrimonio da Humanidade para atopar elementos onde agarrarnos para poder dicirlle a alguén que ten un local comercial: “Vostede non pode abrir unha tenda de souvenirs”. E no seu momento, a proliferación de pisos turísticos expulsou a moitos cidadáns, pero xa non están permitidos. Expulsounos, ou auto-expulsounos, porque decidiron ir vivir a outro sitio e usar a súa vivenda para ter un maior rendemento. A isto púxoselle límite e seguimos loitando por que se cumpra esa normativa, aínda que moitos particulares non queren. A finais de ano ampliaremos esta medida a todo o Concello.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Altri
Altri Dimite a directora de Patrimonio que asinou o informe onde se cualificaba de “icónica” a cheminea de Altri
Tras máis dunha década á fronte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, María del Carmen Martínez Ínsua abandona o seu cargo, que asumira a comezos de febreiro de 2013.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Uruguay
Muere Mújica Muere José Mujica: el descanso del guerrero
La muerte de Pepe Mujica hará aumentar sin duda la leyenda que rodeó durante tantos años al viejo guerrillero tupamaro convertido en presidente de Uruguay, pero no todos serán elogios.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Laboral
Laboral Los trabajadores de Bridgestone tendrán que decidir sobre la última oferta de la empresa
Reducen en 103 despidos el ERE de la multinacional, fomentan las prejubilaciones y se comprometen a asegurar la producción en las dos plantas afectadas en Cantabria y Bizkaia.
Energía
Límites planetarios Reducir el consumo energético, el debate olvidado (e incómodo) del gran apagón
España proyecta un 43% de aumento de consumo eléctrico en los próximos cinco años. Especialistas opinan que la electrificación de la demanda, clave para abandonar los combustibles fósiles, tiene que ir acompañada de la suficiencia energética.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Vecinas de Madrid convocan otra gran manifestación por la sanidad pública
El próximo 25 de mayo la plataforma Vecinas y Vecinos de Barrios y Pueblos de Madrid organiza otra gran marcha contra la política sanitaria del Gobierno de Ayuso.
Palestina
Palestina Imputan a dos capitanes de buque implicados en el comercio de armas con Israel
El Juzgado de Instrucción nº 6 de Barcelona investiga la implicación de la naviera Maersk en el suministro de armas al ejército israelí y le requiere que identifique a dos capitanes.
Sanidad pública
Sanidad Pública España necesita 100.000 enfermeras para alcanzar la media europea
Casi un 40% de enfermeras manifiesta que dejará la profesión en los próximos 10 años. Son datos del Ministerio de Sanidad y las profesionales exponen las razones: falta de conciliación y contratos precarios.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Michael Hardt “La respuesta a Trump no debe ser volver a la normalidad”
Pensador estadounidense y colaborador de Antonio Negri en algunas de sus mejores páginas, el filósofo Michael Hardt ha seguido dedicando su trabajo a la idea y a las prácticas del común.
Estados Unidos
Roberto Montoya “Nos dicen que hay que armarse contra Putin cuando el mayor peligro para el mundo es Trump”
Más Donald Trump que nunca, el multimillonario ha regresado para terminar lo que no pudo hacer en su primer mandato. El periodista Roberto Montoya bucea en el personaje y su contexto en el libro ‘Trump 2.0’ (Akal, 2025).
Cine
Cine Colectivo y sin autor: breve historia de otro cine
La película ‘Una isla y una noche’, autoproducida y autodistribuida por el colectivo francés Piratas de Lentillères, es la puerta de entrada para recordar otros modos de hacer cine, alejados de la firma de autor y los grandes estrenos.