Guatemala
Lolita Chávez: o risco de defender a vida en Guatemala

O 17 de febreiro a activista, feminista comunitaria e defensora dos dereitos territoriais e ambientais do seu pobo, visitou a cidade d'A Coruña. Con Lolita Chávez falamos da responsabilidade de algunhas empresas galegas no "expolio" dos bens naturais do seu país.

Lolita Chávez
Lolita Chávez visitou A Coruña o pasado 19 de febreiro. Antía García Sendón
14 mar 2018 12:00

O 19 de febreiro, convidada pola Marea Atlántica, visitou A Coruña a activista indíxena guatemalteca Lolita Chávez. Feminista comunitaria e defensora dos dereitos territoriais e ambientais do seu pobo, leva exiliada en Bilbao (Euskal Herria) máis de 6 meses, logo de padecer ameazas e agresións por parte dos poderes fácticos e unha permanente campaña de criminalización desde o propio Estado de Guatemala.

Durante a mesa redonda na cal participou, presentouse o informe “Transnacionais, oligarquía e criminalización da protesta social”, elaborado pola ONGD vasca Mugarik Gabe, que denuncia -abordando o caso paradigmático de Guatemala: a alianza que se dá entre as oligarquías locais, as institucións públicas e as grandes empresas para continuar co espolio dos bens naturais que seguen presentes nos territorios indíxenas. Empresas, que no caso deste país centroamericano, teñen a súa orixe precisamente no Estado español e nomeadamente, en Galicia.

Como destaca Lolita, “o noso gran problema é que moito do que está a pasar alá ten a súa orixe aquí, na vosa casa”.

No municipio de San Pedro Carchá está actualmente en construción o que se prevé sexa o maior complexo hidroeléctrico de Centroamérica, denominado Renace, froito dunha alianza entre unha das máis importantes familias da oligarquía guatemalteca e a transnacional española ACS, de Florentino Pérez. 

O capital galego en Guatemala

Pero, talvez, o caso paradigmático destas redes empresariais e as súas consecuencias sexa o de Ecoener-Hidralia Enerxía, transnacional con sede matriz na Coruña e que conta entre os seus socios fundadores con Luis Castro Valdivia, o coñecido “rei do quilovatio galego” e adxudicatario de numerosas concesións eólicas e hidroeléctricas por parte do Goberno de Fraga, que lle valeron imputacións por suborno e prevaricación. De novo en alianza coas elites locais, está empresa abordou a construción do megaproxecto coñecido como Hidro Santa Cruz, no municipio de Santa Cruz Barillas.

En ambos os dous casos, a resposta de empresas e oligarquías locais á oposición e mobilización popular das comunidades foi a mesma: a criminalización dos e das líderes indíxenas, a represión contra a poboación activa e o control social das maiorías. No caso de Barillas, a situación chegou ao grao máis alto de conflitividade, producíndose varias mortes e o Goberno declarou un Estado de Sitio de 18 días, durante os cales o exército ocupou as comunidades, producíndose numerosas denuncias de detencións arbitrarias, roubos, intimidacións e agresións sexuais.

Lolita teno claro: “todos os ataques que veño padecendo son froito destas alianzas criminais. A responsabilidade das agresións, aínda que as execute o meu veciño, son da oligarquía e das empresas que nos queren roubar os nosos territorios”.

E cando Lolita fala, é imposible esquivar as súas palabras.

As palabras de Lolita

Porque as palabras de Lolita veñen de lonxe, da memoria do seu pobo, o maya k’iche’, que leva máis de 500 anos resistindo unha ofensiva colonial permanente. Esta historia de agresións culminou co recente intento de xenocidio que sufriron os pobos orixinarios: só no departamento do Quiché, de onde é Lolita, producíronse un total de 200 masacres durante o conflito armado interno que arrasou o país ente 1960 e 1996 (unha guerra de exterminio contra os pobos indíxenas e os movementos sociais, na cal o exército e os paramilitares asasinaron a 200.000 persoas, “desapareceron” 45.000, e causáronse máis de 100.000 persoas desprazadas).

Porque as palabras de Lolita representan a voz das que non teñen voz: a das mulleres indíxenas e rurais, as máis excluídas. As nunca vítimas: “se me pides que fale, se agora queres escoitarme na asemblea, escóitame tamén na casa e na cama, dicímoslles aos compañeiros”. A dignidade feita discurso nun país feminicida: en 2017 producíronse 88 mortes violentas de mulleres... de media, cada mes. “E aínda así, non imos permitir que se invisibilicen as loitas das mulleres contra o neoliberalismo, o racismo e o patriarcado: resistimos ao exército durante a guerra, resistimos agora o Estado de Sitio e as agresións e seguiremos resistindo”.

Porque as palabras de Lolita son tamén as nosas, as das persoas que imaxinamos e traballamos por un mundo máis habitable e máis xusto. As da xente que se opón aos megaproxectos en Guatemala, pero tamén en Corcoesto ou en Touro. “O noso chamado é que as nosas voces se entretezan. Fronte ao nivel das agresións que sufrimos, que nos queda? Unirnos entre pobos: construír alianzas que transcendan o modelo neoliberal que non é único nin absoluto. Somos quen de construír xuntas un modelo que defenda a vida. Non buscamos caridade, queremos reciprocidade”.

Porque as palabras de Lolita son tamén as de Berta (Berta Cáceres, líder indíxena lenca de Honduras e defensora ambiental asasinada en 2016), as de Bety (Bety Cariño, dirixente indíxena mixteca e activista de dereitos humanos asasinada por paramilitares en 2010) e as de tantas outras mulleres que deixaron a vida por defender os seus territorios.

E depende tamén de nós que as palabras de Lolita non se apaguen.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Feminismos
Chahim A’jam Vásquez Leal “Las mujeres indígenas no somos Pokahontas, hablamos en primera persona política”
Sanadora y defensora de los derechos de las mujeres indígenas y racializadas de Guatemala, la activista comparte su visión de la resistencia y los desafíos que enfrentan las comunidades en Guatemala.
América Latina
Leandro Morgenfeld “El triunfo de Trump va a empoderar a los Milei y los Bukele”
El historiador e investigador argentino especializado en la relación entre Estados Unidos y América Latina, analiza el triunfo electoral de Donald Trump y el impacto que tendrá en una región que Washington sigue considerando su “patio trasero”.
La vida y ya
La vida y ya Huipil
Han escrito un libro que se titula 'Nuestros tejidos son los libros que la colonia no pudo quemar'. No hay lugar para las dudas sobre lo que te vas a encontrar al leerlo.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.