Os incendios de Ponteareas e Carballo queiman 750 hectáreas en menos de 24 horas

A Consellería do Medio Rural declarou estabilizados os dous grandes incendios forestais que permanecían activos en Galiza, cun balance conxunto que prognostica un verán complexo para o país.
incendio Galleiro - 2
A Serra do Galleiro ardendo este luns. Javier H. Rodríguez
7 abr 2026 11:05

A Consellería do Medio Rural vén de declarar estabilizados os dous grandes incendios forestais que permanecían activos en Galiza, un en Ponteareas (Pontevedra) e outro en Carballo (A Coruña), cun balance conxunto que supera as 750 hectáreas arrasadas polas lapas.

Ponteareas: 600 hectáreas e tres concellos afectados

O lume de Ponteareas, que tivo a súa orixe no monte Galleiro pouco antes das tres da tarde do luns, queimou xa preto de 600 hectáreas e propagouse máis alá do seu foco inicial ata alcanzar os termos municipais de Pazos de Borbén e Mos. 

Para facer fronte ás lapas, a administración autonómica despregou un amplo dispositivo de extinción integrado por catro técnicos, 17 axentes forestais, 25 brigadas, 16 motobombas, dúas pas mecánicas, unha unidade técnica de apoio e once medios aéreos —cinco helicópteros e seis avións—. No seu momento álxido, a proximidade do lume ao núcleo habitado de Galleiro obrigou a activar a Situación 2, unha medida de emerxencia que foi levantada a medianoite unha vez controlada a ameaza sobre a poboación.

Carballo: máis de 150 hectáreas e veciños desaloxados

Na provincia de A Coruña, o incendio que afectou á parroquia de Noicela, en Carballo, e á localidade de Caión, en A Laracha, acabou sumando máis de 150 hectáreas tras a unión de ambos os frontes. Como medida de precaución, os servizos de emerxencia procederon ao desaloxo preventivo dos residentes de cinco vivendas en Caión, aínda que a situación non chegou a requirir a activación do protocolo de emerxencia de nivel 2.

Os traballos de extinción contaron con dous técnicos, 13 axentes, 16 brigadas, 14 motobombas, unha pa, tres unidades técnicas de apoio e sete medios aéreos. En canto á orixe do lume, as primeiras pescudas apuntan a que puido orixinarse a partir dunha queima agrícola na zona de Noicela.

Cómpre lembrar que, debido ás condicións meteorolóxicas adversas, as queimas de restos forestais están actualmente prohibidas en toda Galiza ata novo aviso.

Coordinación co Goberno central

O Executivo central tamén participou nas labores de extinción de ambos os incendios con medios propios, incluíndo avións anfibios FOCA, brigadas de reforzo do Ministerio para a Transición Ecolóxica —concretamente a Brif de Laza— e efectivos das forzas e corpos de seguridade do Estado. Desde a Delegación do Goberno subliñouse a estreita coordinación mantida en todo momento coa Xunta de Galiza.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...