Inditex
Amancio Ortega cobrará 3.234 millóns de euros en dividendos de Inditex este ano
Amancio Ortega ingresará este ano un total de 3.234 millóns de euros en dividendos de Inditex. O fundador e primeiro accionista da multinacional galega cobrará este luns, 2 de novembro, 1.617 millóns de euros correspondentes ao segundo pagamento da retribución que a compañía abona aos seus accionistas.
A cifra supera os 3.104 millóns de euros que Ortega percibiu o ano pasado por este mesmo concepto. Inditex distribuirá durante este exercicio máis de 5.454 millóns de euros entre os seus accionistas, tras incrementar un 4,1 % o dividendo, ata acadar os 1,75 euros por acción.
A retribución divídese en dous pagamentos iguais de 0,875 euros por acción. O primeiro, correspondente ao dividendo ordinario, aboouse o pasado 4 de maio. O segundo faise efectivo este luns e inclúe 0,325 euros de dividendo ordinario e outros 0,550 euros de dividendo extraordinario.
Ortega recibirá os 1.617 millóns de euros a través das súas sociedades Pontegadea Inversiones e Partler, mediante as que controla o 59,294 % de Inditex. A súa participación equivale a un paquete de 1.848 millóns de accións.
A especulación inmobiliaria dos dividendos de Inditex
Unha parte dos dividendos que recibe do grupo téxtil destínase aos investimentos inmobiliarios de Ortega. O empresario é propietario da maior inmobiliaria española, centrada na adquisición e xestión de grandes edificios.
A súa carteira está integrada fundamentalmente por inmobles de oficinas e outros edificios non residenciais situados no centro de grandes cidades de España, Reino Unido, Estados Unidos e Asia.
Pola súa banda, Sandra Ortega, filla do fundador de Inditex, recibirá este ano máis de 275 millóns de euros en dividendos. A súa participación na compañía ascende ao 5,053 %, equivalente a 157,48 millóns de accións. A cantidade supera os 264 millóns que percibiu o ano pasado.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!