Internet
O novo fascismo utiliza ‘memes’ para propagar a súa mensaxe de odio

Baixo a aparencia de memes e gifs, o fascismo campa ás súas anchas disfrazado de humor, ironía e amor polo friki.

Proyecto Una fascists
Imagen: Proyecto Una
24 may 2019 10:00

A finais de abril de 2018, en Toronto, dez persoas morrían arroladas por un home montado nunha furgoneta, nun acto que finalmente foi recoñecido como un ataque terrorista. Antes de levar ao cabo este atentado, o autor deixara subida unha mensaxe no seu Facebook na que afirmaba que a guerra contra os homes de éxito e as mulleres atractivas comezaba. O terrorista era un Incel —acrónimo de celibato involuntario—, persoas, na súa inmensa maioría homes brancos, que non teñen relacións sexuais pero que o desexan, e que culpan ao resto da sociedade por este feito. O seu rancor, dirixido sobre todo ás mulleres ás que consideran culpables da súa falta de relacións, induce a que sexan altamente misóxinos e enxalcen a violación e a violencia como medio de conseguir o que queren.

O atentado de Toronto non foi o único acto violento deste grupo, pero a verdadeira pregunta radica en como a tópica imaxe de friki —comunmente homes que non practican sexo, amante dos videoxogos e das series, ao estilo do estereotipo que se debuxa en ficcións como "The Big Bang Theory"— acabou convertida nunha oda á violencia e ao odio. A resposta atópase en internet e nas redes sociais, caldo de cultivo de ideas de ultradereita ata convertelas, para moitos, no discurso máis apetecible. Esta é a premisa de Leila, Rihanna y Trump (Descontrol, 2019), o libro que acaba de publicar Proyecto Una na editorial Descontrol, unha “colectividade millenial”, como se definen a si mesmas, “que ten como cometido desenmascarar as novas formas de fascismo que se ocultan baixo simboloxía aparentemente inofensiva”.

De Pepe The Frog ao auxe do fascismo

No ano 2005, o debuxante estadounidense Matt Furie creaba Boy’s Club, un cómic protagonizado por un grupo de animais, entre eles Pepe, unha ra, feitos co programa Microsoft Paint. Isto, que podería ter pasado como unha banda deseñada máis nas redes, acabaría facéndose moi coñecido cando Pepe se converteu nun dos memes máis utilizados pola ultradereita para “atraer xente ao seu terreo”.

Furie acabou matando á súa creación no 2017, farto de que se relacionara con movementos de odio e de que se convertera no símbolo de páxinas de corte racista, misóxino e fascista como 4chan. Porén, Pepe non é o único símbolo collido pola ultradereita actual, e só é un indicativo do que está acontecendo en internet: baixo a aparencia de memes, gifs, e imaxes de corte irónico e humorístico, o fascismo campa ás súas anchas, coa axuda dun exército de trolls, considerados a si mesmos como Alt-right, ou dereita alternativa, pero que en verdade comparten ideas de odio cara ao outro, todo isto disfrazado de humor, ironía e amor polo friki, culpando aos demais de ser uns ‘ofendidos’.

Baixo a aparencia de memes, gifs, e imaxes de corte irónico e humorístico, o fascismo campa ás súas anchas nas redes coa axuda dun exército de trolls, considerados a si mesmos como Alt-right

“A identidade friki foi sempre unha identidade pechada, moi masculinizada”, comentan os creadores de Leila, Rihanna y Trump. “Porén, agora o friki é mainstream, e os frikis ao ver isto pensaron, que me queda a min? Non eran machos alfa, entendían que o friki estaba ‘contaminado’ e que as feministas tomaran o mundo, e entraron nunha teoría da conspiración”, engaden.

Foi así cando as páxinas como 4chan ou Forocoches viron como se incrementaban as súas visitas e a súa presenza en internet. “Si, a dereita está crecendo moito nas redes e hai moitos trolls conspirando, pero realmente non é que sexan tantos, senón que teñen unha identidade moi construída, identifícanse a si mesmos nas redes, e están case todo o tempo navegando. Isto é potente porque desde o punto de vista dunha sociedade capitalista e individualizada, eles están utilizando a arma da identidade para aglomerarse”, advirten desde o proxecto. Tamén inciden en que non é un problema de ‘homes que xogan aos videoxogos’, senón que o tema é moito máis profundo. Nunha sociedade capitalista, que esquece ás persoas, non é tan raro que se creen este tipo de problemas.

Machismo
Y el meme salió rana

En su propagación, la nueva extrema derecha estadounidense forjada en internet ha empleado lenguajes, herramientas y conceptos que parecían coto privado de la izquierda. Un breve ensayo de Angela Nagle ofrece pistas para desentrañar este cambio de paradigma.

“O fascismo é a cara fea e o capitalismo a cara amable dun sistema que está baseado na xerarquía, que ven tamén do patriarcado, do dominio sobre os corpos e sobre os territorios. O fascismo é como unha reacción ás causas de todo isto: a soidade, ao abandono... Ao final, calquera persoa, dá igual a súa ideoloxía, decátase de que as cousas non están ben”, recordan desde Proyecto Una. O fascismo aproveita isto indo ao sentimento en vez de ir á raíz do problema, que é o sistema económico o que provoca desigualdades. “O fascismo diche, se estás só e triste non te preocupes que eu che vou dar símbolos: patria, gloria... ou ‘memes’ das túas personaxes favoritas que che vendan esta mensaxe de odio. A ra Pepe, por exemplo, é unha personaxe dun cómic de fumados, e eles baleirárono do seu significado orixinal enchéndoo de significado fascista. É ridículo se o pensas”, engaden.

Nunha sociedade capitalista e individualizada, eles están utilizando a arma da identidade para aglomerarse

E é isto o que crea e alimenta grupos como os Incel, homes que se desprezan a si mesmos e que se senten vítimas —porque albergan o sentimento de que o mundo xa non xira ao seu redor e de que se lles está roubando o privilexio— e que culpan á sociedade do que lles pasa sen ver que o sistema é o culpable. “Hai que facerlles ver isto, porque en realidade todos estes novos rapaces, trolls, son infelices polo mesmo que están propugnando, e, ademais, nunha sociedade como a nosa eles nunca van ser o macho alfa”.

O fascismo deixou de disimular o seu odio contra ás mulleres, contra o estranxeiro... Contra o alleo. Mais, como din desde Proyecto Una, isto non deixa de ser a mostra de que o neoliberalismo, como unha besta ferida, síntese ameazado e está intentando morrer matando. Desde o Proxecto advirten de que isto non quere dicir que a situación que vivimos non sexa perigosa, nin que a ‘batalla’ estea gañada. Tampouco que o que está acontecendo nas redes non sexa algo a tomar en serio. Porén, tamén din que queren “ser positivas e pensar que en certos aspectos a situación está máis preto que nunca de mellorar”. Por iso hai que seguir traballando, e lanzarlle a mensaxe a estas partes da sociedade de que o seu inimigo é xusto aquel que se representa a si mesmo como o ‘heroe’.

O neoliberalismo, como unha besta ferida, síntese ameazado e está intentando morrer matando advirten desde Proyecto Una

“Temos que usar todos os medios precisos para chegar á xente”. A esquerda ten que deixar de ver internet, os videoxogos e a cultura Pop como algo externo e residual, porque é aí onde se move e se representa a sociedade. “Xogo de Tronos, por exemplo, pode ter moitísima máis influencia no imaxinario das persoas que calquera ensaio, e internet é a ferramenta para achegar esa mensaxe que defendemos: que nunha sociedade na cal a vida, e non o capital, estivera no centro, todo o mundo viviría mellor”.

Desde o perfil de twitter de Proyecto Una din que “a guerra comeza”, e a mellor forma de librala é facer “que as risas cambien de bando”, utilizando memes ou o que faga falta. Pero hai que librala. “Porque, nisto, nos vai a vida”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.
#34820
26/5/2019 10:41

Hai todo un mundo de memes nazis en Telegram. Dende o ecofeixismo ate a antisemitismo pasando polo lobby feminista e lgbt.

0
0
O mesmo de antes
24/5/2019 12:21

Levo tempo fascinado por este tema. Fixen está traducción dun artigo que fala do tema e advirte de que non se debera simplificar ou conectar sen máis estos novos síntomas có "fascismo clásico". Hai bastante de novidade nestas expresións actuais o cal non quita que o fascismo de toda a vida trate de sacar proveito.
https://transistemas.wordpress.com/2019/05/09/el-nuevo-hombre-de-4chan/?preview=true

[non é nada cómodo comentar dende o móbil]

0
0
#34718
24/5/2019 11:55

Levo tempo fascinado por este tema. Fixen está traducción sin artigo que gala do tema e advirte de que non se debera simplificar ou conectar sen máis estos novos síntomas do fascismo có "clásico". Hai bastante de novidade nesta novas expresións o cal non quita que o fascismo de toda a vida trate de sacar proveito.
https://transistemas.wordpress.com/2019/05/09/el-nuevo-hombre-de-4chan/?preview=true

0
0
Galicia
Investigación Varios refugiados denuncian a la ONG Rescate Internacional por explotación laboral y agresión sexual
La Guardia Civil investiga al centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran trabajar sin contrato a cambio de 50 euros semanales. La ONG gestiona 1.700 plazas del programa estatal de acogida.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Congreso de los Diputados
Aranceles El Congreso aprueba el decreto de aranceles por la mínima
La mayoría parlamentaria que invistió al ejecutivo, con la abstención de Podemos, se impone al voto en contra de PP y Vox.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
Más noticias
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
Sanidad
GENOCIDIO EN GAZA 200 trabajadoras del Hospital de Cruces piden vetar los fármacos de Teva Pharm
Las profesionales sanitarias registraron el pasado 2 de mayo una petición ante la Dirección de Osakidetza para exigir la retirada inmediata de todos los productos de la farmacéutica israelí.
Libertad de expresión
Libertad de expresión La Justicia da la razón al humorista Héctor de Miguel, Quequé, frente a la denuncia de Abogados Cristianos
La Audiencia Provincial de Madrid estima el recurso de apelación presentado por Héctor de Miguel, imputado por unas declaraciones tras una denuncia de Abogados Cristianos.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.