Investigación
“Que o investimento en investigación en Galicia chegue á media europea custaría o mesmo que 29 quilómetros de AVE”

Paula Cerezo Álvarez, vicepresidenta de Investigal, avisa de que “se Galiza quere medrar, cun investimento do 0,94 % do PIB en investigación e desenvolvemento é dificil conseguilo”.

Investigal_mala
Encontro de Investigal en febreiro deste ano. Cedida.
13 jul 2020 15:00

O 29 de febreiro de 2020 constituíuse InvestiGal - Rede Galega pola Investigación. Neste tempo, conseguiu superar os 200 asociados, manter reunións cos principais partidos políticos galegos e facer valer a súa voz nas redes sociais e en medios xornalísticos. A súa finalidadade: dar resposta aos problemas transversais a todo o sector da investigación en Galiza. Porque a asociación está aberta a investigadores de todas as escalas e categorías e de todas as ramas de coñecemento, pero tamén a perfís técnicos e xestores de investigación.

Sobre InvestiGal e os retos para a investigación en Galiza falamos con Paula Cerezo Álvarez, vicepresidenta da asociación, técnico superior de Xestión de Investigación na Fundación Biomédica Galicia Sur. A entrevista realizouse o xoves 9 de xullo, a tres días das eleccións galegas.

Que balance fan destes primeiros meses de vida de InvestiGal? Que se conseguiu e que teñen pendente por facer?
O positivo son as máis de 200 persoas adscritas á asociación e o seguimento que estamos a ter en Twitter, con máis de 1.200 seguidores xa. Notamos tamén que non só a comunidade investigadora, tamén os políticos, entenderon a importancia desta nova plataforma. De feito, tivemos reunións con partidos durante a campaña e algúns achegáronse a nós previamente para preguntarnos cales son as nosas reivindicacións. Mais queda aínda todo por facer. Si nos gustaría que o que se puxo nos programas dos principais partidos sobre investigación se poña de verdade en marcha e que se conte con nós como expertos para axudar a desenvolver políticas sobre investigación.

Cal é a razón fundamental pola que se creou InvestiGal?
Diferentes asociacións e grupos locais entenderon que era necesario ter unha asociación máis plural e máis grande para ter unha voz que se escoitase. É dicir, integrar persoal investigador, xestores e técnicos, e non só en nome dunha universidade ou dun centro científico concreto, senón integrados todos nunha soa plataforma a nivel autonómico.

Unha das demandas de InvestiGal é un aumento notable do investimento en I+D+i en Galiza en relación ao PIB. En que situación está Galiza no marco español e europeo?
Galiza ocupa o oitavo posto en España na porcentaxe do PIB dedicado a I+D+i, cun 0,94 %, cando a media estatal está no 1,24 %. Entendemos que se Galiza quere facer crecer a súa economía e medrar como sociedade, cun investimento do 0,94 % en I+D+i é dificil conseguilo. Entendemos que como mínimo deberiamos acadar a media española, e aínda mellor a europea, do 2,11 %, aínda que o ideal sería chegar ao obxectivo do 3 % do PIB establecido dende a Unión Europea para o investimento en investigación.

O ideal sería chegar ao obxectivo do 3 % do PIB establecido dende a Unión Europea para o investimento en investigación

Para entender a nosa proposta, fixemos un vídeo sobre a importancia de apostar pola investigación, no que mostramos de xeito gráfico a que equivale chegar polo menos á media española ou europea. Así, por exemplo, aumentar o investimento en investigación até o 1,24 % do PIB galego suporía 188 millóns de euros máis ao ano, que é o que custan 17 quilómetros de autoestrada; ou chegar á media europea equivalería a uns 734 millóns de euros ao ano, que é o que custan uns 29 quilómetros de AVE. Polo tanto, e como dicimos no vídeo, non é tanto o que pedimos ao facer esas comparacións. Entendemos que se a sociedade galega quere evolucionar e saír adiante, sobre todo nestes tempos tan duros que estamos a vivir, cunha crise sanitaria e económica moi grave, un dos piares da recuperación ten que ser a investigación e o desenvolvemento.

Outra das súas demandas é a posibilidade dunha carreira investigadora “digna”, coa contratación e estabilización de profesionais. Cal é a situación laboral dos investigadores en Galiza?
Si, esa é unha das principais demandas de InvestGal, que se defina unha carreira investigadora, xa que a figura de investigador, tanto nas universidades como na investigación sanitaria, non existe como tal. Nas universidades teñen que combinar a investigación coa docencia, que resta moito tempo e dedicación; e na sanidade, o persoal contratado polas fundacións biomédicas está totalmente en precario, con contratos inestables… A figura de investigador dentro do Sergas non existe.

Cando falan da precariedade dos investigadores, a que se refiren en concreto?
Referímonos a salarios que ou non creceron desde hai anos ou que o fixeron moi pouco, e que seguen moi por debaixo dos salarios doutros países e doutros sectores. Pero sobre todo, a precariedade que denunciamos é a situación de inestabilidade que se prolonga desde o inicio da actividade investigadora até o final, ou case até o final da mesma.

En que situación están os investigadores galegos en comparación cos doutras autonomías?
Podemos poñer como exemplos Euskadi e Cataluña, para comparar. Alí si teñen programas para a retención e captación de talento e para a estabilización de investigadores sénior, algo que en Galiza non existe. Por exemplo, os investigadores asociados ao Sergas teñen contratos que deben ser avaliados bianual ou anualmente algúns deles.

A precariedade que denunciamos é a situación de inestabilidade que se prolonga desde o inicio da actividade investigadora até o final, ou case até o final da mesma

Precisamente, unha das súas demandas é a creación dunha Fundación Galega para a Investigación, semellante ás que existen en Euskadi e Cataluña…
Así é. O que demandamos é a creación dunha institución pública semellante ao Ikerbasque (Fundación Vasca para a Ciencia) e ICREA (Institución Catalá de Investigación e Estudos Avanzados), e que sexa a que xestione todo o persoal investigador de universidades e organismos públicos en Galicia.

E que din de investigación e ciencia os programas dos partidos políticos de Galiza?
A nosa sensación, en xeral é positiva, porque de súpeto apareceu a investigación nos programas dos principais partidos. Pero aínda que a lectura foi positiva, entendemos que son programas que haberá que desenvolver na práctica.

Algún partido destacou sobre os outros nas súas propostas?
O programa máis desenvolto con propostas para a investigación é o do BNG. A realidade é que falaron estreitamente con diferentes grupos e asociación de investigadores, e puidemos comprobar que tiñan xa unha visión bastante feitiña sobre os problemas e necesidades da investigación en Galiza. Pero tamén hai que destacar que todos os partidos, dos que contactamos, incluíron a idea dun pacto galego pola ciencia, ou pola investigación, algo que nós consideramos primordial para dar maior estabilidade á investigación, que non pode depender de que partido político goberne hoxe ou dentro de catro anos. Tamén celebramos que moitos partidos entenderon que o aumento do investimento en investigación é fundamental, e que queiran acadar a media española en relación ao PIB, ou mesmo superar a europea.

Unha cousa é a sensación da palabra escrita e outra a que causa unha conversa cara o cara. Con que partidos mantiveron reunións e con que sensacións saíron deses encontros?
Tivemos reunións co PP, PSdeG, BNG, Galiza en Común e Marea Galeguista. Eu non estiven en todas as reunións, estiven na que tivemos co BNG. O que observamos entre os que asistimos por InvestiGal é que, efectivamente, o BNG levaba moi traballadas a súa idea e propostas sobre investigación e sobre a problemática da súa xestión. No resto tamén vimos disposición a escoitarnos e o seu interese pola investigación.

E as sensacións co partido que gobernou durante os once últimos anos?
A situación é distinta, porque o PP non só se presentou como partido candidato a gobernar os próximos catro anos, tamén é o partido que gobernou Galiza os últimos once anos. Así que a pregunta é por que non fixo antes o que incluíu no programa electoral. En todo caso, vemos de forma positiva que quixesen escoitarnos ou que incluísen no seu programa o pacto pola ciencia.

Debería Galiza ter unha Consellería de Ciencia e Innovación liderada por un científico?
A verdade, é algo do que non falamos na asociación. Pero si é certo que algúns partidos teñen entre os seus propósitos crear esa consellería. E sería unha grandísima nova, ademais, que a liderase unha persoa ligada á investigación. Ninguén, agás algún negacionista, pon en dúbida que da crise causada pola pandemia da Covid-19 só se sairá da man da ciencia.

Neste contexto, os investigadores notaron unha maior atención dos medios, da política e da sociedade en xeral cara ao seu labor?
Esta pandemia axudou a poñer a investigación no foco mediático, político e social, e evidenciou todas as carencias, ademais de en sanidade, que hai en investigación. Púxose a investigación no debate público. Pero esperemos que isto non sexa a ‘burbulla’ da Covid-19, que non se esqueza logo a importancia de continuar apoiando a investigación, que non é un gasto, senón un investimento… Investir en investigación, máis tarde ou máis cedo, xera algo positivo para o conxunto da sociedade. Con iso hai que quedarse.

Atrévese cunha valoración do papel xogado pola investigación galega nesta pandemia?
Hai que recoñecer que é difícil que de Galiza saia unha solución definitiva para esta pandemia, porque non temos unha estrutura en viroloxía tan importante como para ser capaces de desenvolver unha vacina contra a Covid-19. Pero si podemos contribuír na procura ou mellora de tratamentos mentres non aparece a ansiada vacina. E tamén estamos colaborando no desenvolvemento de tests de diagnose da Covid-19.


Coronavirus
Freará a calor a transmisión e propagación do coronavirus?
Investigacións apuntan a que un aumento da temperatura reduce o número de contaxios; outras salientan a existencia dunha propagación de casos en países calorosos.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Ciencia
un día para la ciencia, 364 días para la precariedad La ciencia precaria del 11F
La precariedad en la investigación sigue imparable y el efecto tijera-pinza cada vez es más visible. Y los últimos informes no parecen presentar mejoría a largo plazo.
Memoria histórica
Memoria histórica Los calendarios laicos: desde los almanaques al científico escolar del CSIC
El 11 de febrero se celebra el Día Internacional de la Niña y la Mujer en la Ciencia, una fecha ideal para hacer un repaso del historial de calendarios laicos y científicos desde sus orígenes.
Plástico
Medio ambiente Un estudio de nanoplásticos en cerebros humanos detecta un aumento pronunciado en ocho años
El análisis de 52 córtex frontales publicado en ‘Nature’ apunta a que la acumulación exponencial de plásticos en el ambiente estaría incrementando su abundancia en nuestros organismos.
Historia
Descifrando a historia As 4.000 cigarreiras da Coruña: a primeira folga de mulleres na historia de Galiza
O 7 de decembro de 1857, as mulleres da Real Fábrica de Tabacos iniciaron unha revolta polos seus dereitos que fixo historia no imaxinario do sindicalismo galego.
Culturas
Cultura ‘O minuto heroico’ racha co silencio sobre o Opus: “É un documental sobre a vulneración sistemática de dereitos”
Dirixido pola prestixiosa xornalista Mònica Terribas, o documental destaca os testemuños de 13 mulleres que relatan os malos tratos e coaccións sufridos no seo da organización. Falamos con Terribas e Marina Pereda, antiga membro do Obra.
Tribuna
Tribuna Ladróns de luva branca no Parlamento
As traballadoras e traballadores da CRTVG pagaremos os efectos dunha lei antidemocrática que nos retira algunhas das poucas ferramentas que tiñamos para defendérmonos e esixir respecto pola misión de servizo público que a corporación ten encomendada.
Feminismos
Feminismos As mulleres galegas ocupan o segundo posto de menor retribución por hora de todo o Estado español
A súa precariedade maniféstase na contratación temporal, oportunidades limitadas de promoción e acceso limitado a postos de dirección. A desigualdade estrutural afecta especialmente ás traballadoras do sector primario, onde permanecen invisibles.

Últimas

Congreso de los Diputados
Congreso Sumar hace malabares con el debate de la defensa y apunta contra la “izquierda frívola”
El grupo que lidera Yolanda Díaz se reacomoda al compás de los nuevos hitos en la geopolítica, no sin contradicciones y con Podemos en colisión. Desde el PSOE advierten que será un debate “no de semanas sino de meses”.
Gasto militar
Gasto militar Militarismo, disuasión y cultura de paz
¿Qué garantías plantea la UE y sus Gobiernos para que ese plan de rearme masivo no haga escalar aún más las amenazas y desafíos a los que pretende dar respuesta?
Tribuna
Tribuna Mercadona, ¿la cocina de tu casa?
La comida preparada en manos de grandes supermercados gana terreno y amenaza nuestra alimentación en pro de la cocina industrial. El autor responde a Juan Roig, presidente de Mercadona, quien asegura que dentro de unos años no habrá cocinas.
Tribuna
Tras el 8M Feminismo sindical para transformar el mercado laboral
El informe de CCOO muestra que los problemas habituales en el empleo, la negociación colectiva y la brecha salarial desde el punto de vista de las mujeres se están cronificando.
Más noticias
Argentina
Argentina Balas de goma contra jubilados e hinchas
Las hinchadas de varios equipos de fútbol argentinos, enfrentadas entre sí por sus colores, participaron juntas en la concentración de los jubilados que acabó con una fuerte represión por parte de la policía.
El Salto Radio
El Salto Radio Fallece Juana Orta, la memoria de la mujer trabajadora
El pasado 8 de Marzo fallecía Juana Orta y las señales de hoy escriben en el aire su nombre. Una mujer cuya vida ha estado indisolublemente ligada a la historia de los movimientos sociales, sindicales y políticos de Andalucía.
Galicia
Galicia La ría de Arousa, al borde del colapso ecosistémico
La principal productora de marisco de Galicia se enfrenta a una crisis sin precedentes; el impacto de la contaminación actual y la de potenciales industrias como Altri o la reapertura de la mina de Touro ponen en jaque al sector del mar.
Palestina
Cisjordania Después del desplazamiento masivo, se asienta la ocupación militar en Yenín y Tulkarem
Cada vez son más comunes los testimonios de personas que se arriesgan a entrar al campo de refugiados para tratar de alcanzar sus casas y recuperar las pertenencias que dejaron atrás cuando fueron forzados a huir.
Argentina
Argentina Milei pisa el acelerador en Argentina con la represión feroz de una protesta frente al Congreso
Una marcha de jubilados respaldada por aficionados de fútbol desata la mayor violencia desplegada por el Gobierno del presidente argentino desde el comienzo de su mandato hace más de un año.

Recomendadas

Costas
Costa A ría de Arousa, ao bordo do colapso ecosistémico
A principal produtora de marisco de Galiza afronta unha crise sen precedentes; o impacto da contaminación actual e a de potenciais industrias como Altri ou a reapertura da mina de Touro poñen en perigo o sector do mar.
Música
Música Una improbable historia de punk y autogestión en la Cuenca de los años 90
Carlos ‘Piwi’, quien fuera voz y guitarrista de Kuero, añorada banda de punk rock, recuerda cómo se desarrolló en Cuenca en los años 90 una escena contracultural, autogestionada y antifascista muy activa y peculiar.