Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual

A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Carlos Osorio
Alba Cambeiro Carlos Osorio, unha das persoas migrantes que denunciou á ONG Rescate Internacional.
9 may 2025 08:00

Carlos Osorio chegou a España como solicitante de asilo hai pouco máis dun ano: “Unha traballadora social faloume da ONG Rescate Internacional e díxome que buscaban voluntarios”. Iso levouno, en pouco tempo, a establecer contacto con C.E, director da organización, que xestiona o acompañamento de preto de 2.000 persoas refuxiadas no Estado. “Non había persoal. Eran 300 usuarios para cinco persoas”, lembra. A comezos de xaneiro de 2025, Carlos xa ía camiño do dispositivo de acollida para migrantes xestionado pola organización en Mondariz-Balneario, un pequeno municipio de Pontevedra onde reside actualmente.

Segundo explica en conversación con O Salto, ao pouco de chegar, xa se incorporou “facendo xornadas de dez a doce horas diarias” como técnico de acollida, profesor de castelán ou mesmo monitor de actividades deportivas. “Eu non asinei nada, pero recibo 50 euros semanais (...) A outro compañeiro recrutárono nunha fundación pedindo comida”, denuncia e engade: “Este é o perfil que buscan, xente en situación vulnerable, porque ninguén quere vir traballar aquí”.

Carlos non é o único que afirma vivir esta situación e atreveuse a denuncialo publicamente e no xulgado. Un compañeiro, Marcos Tulio, procedente de Salvador, chegou en marzo ao mesmo centro, situado agora no Hotel Cemar de Mondariz. “O único que teño é un documento do Ministerio que me permite estar en España mentres espero cita para solicitar a protección internacional, pero non podo traballar legalmente”. Con todo, e como explica en conversación con esta redacción, fai tarefas de técnico de acollida, cun horario que vai de nove da mañá a unha da tarde. Aínda que mesmo o matiza: “En épocas como o Ramadán trabállanse moitísimas máis horas”.

Marcos Tulio
Marcos Tulio, outra das persoas migrantes que denunciou á ONG Rescate Internacional. Alba Cambeiro

Outros voluntarios chegaron ao centro de acollida despois de falar co director de Rescate Internacional e asinar un acordo de voluntariado. O documento, ao que tivo acceso este medio, estipula que o voluntario “colaborará de forma desinteresada e altruísta coa entidade”. Outros solicitantes de asilo que prefiren preservar o anonimato, traballan de dous da tarde a dez da noite cinco días á semana “a cambio de 50 euros semanais”. “Facemos de todo, apoiamos aos técnicos de acollida en todo”, afirman.

Dentro do programa estatal de acollida, a ONG Rescate Internacional encárgase da xestión de varios centros de protección internacional en España. Esta organización administra unhas 1.700 prazas en todo o país, das cales aproximadamente 1.400 están situadas en Galiza. Hai un mes, este diario destapou unha serie de irregularidades que incluían recortes de persoal, despedimentos improcedentes e falta de recursos básicos nos dispositivos de acollida xestionados pola organización.

Segundo explica un traballador de Rescate Internacional que falou con este medio baixo condición de anonimato por temor a represalias, moitos migrantes en situación administrativa irregular “suplen a contratación doutros profesionais a cambio dunha axuda de peto de 50 euros semanais”. “Falta persoal laboral en todos os centros de protección internacional, cando é obrigatorio que haxa avogados e psicólogos”, asevera.

En febreiro deste ano, o goberno municipal de Mondariz-Balneario dirixiu unha carta ao Defensor do Pobo e á Delegación do Goberno en Galiza para denunciar a situación na que se atopaban os 300 migrantes acollidos nas instalacións do dispositivo. O documento, ao que tivo acceso O Salto, alerta sobre a falta de persoal sanitario e psicolóxico, sinala “episodios de trato denigrante cara aos acollidos” e describe as condicións de alimentación e hixiene como “insuficientes”.

A ONG Rescate Internacional forma parte do conxunto de entidades do terceiro sector que colaboran coa administración pública na xestión do Sistema de Acollida de Protección Internacional e Temporal (SAPI). Neste marco, a organización xestiona recursos financiados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións.

“Moitos días dáselle só pasta ou arroz, nunca hai pito ou tenreira. O persoal de cociña, que falou con este medio en condición de anonimato, afirma que se atopa “traballando en situación irregular”. Segundo relatan, tamén dan servizo ao comedor do Colexio Bilingüe Marcote Mondariz —situado no complexo— a pesar de que o menú é distinto.

comidas RI - 2
Unha das comidas coas que se alimentan as personas refuxiadas.

O director da ONG recoñece nun audio que o Goberno lle filtrou a denuncia

No mes de abril, varios voluntarios dirixíronse á Garda Civil de Ponteareas para presentar as denuncias relatadas ao comezo desta investigación contra a ONG Rescate Internacional por explotación laboral. Entre eles, Carlos Osorio. Na denuncia, á que puido acceder O Salto, Osorio afirma que “non ten horario establecido” para o seu labor de voluntariado e, a pesar de non asinar ningún contrato, “cobra semanalmente en man 50 euros”, polo que asina “un recibín do que non recibe copia algunha”.

Na denuncia tamén consta que o persoal do hotel pode “estar inmerso nunha situación similar de explotación laboral, ao traballar sen contrato e baixo a ameaza de non poder legalizar a súa estancia ou residencia no país” e indica que serían “polo menos seis persoas que traballan na cociña do hotel” na mesma situación.

Pero nas sombras da xestión de Rescate Internacional non só hai denuncias por explotación laboral. Outro dos voluntarios da organización acudiu a Garda Civil para presentar unha denuncia por agresión sexual. No documento, que tamén foi enviado a esta redacción, a vítima explica que un coordinador “tócalle o ombreiro esquerdo” de forma que “masaxeaba o mesmo cara á altura do pescozo, convidándolle a que se relaxase, que estaba moi tenso, que se era o seu desexo convidáballe a cear”. Así mesmo, manifestoulle, sempre segundo a denuncia, “que lle podía axudar a conseguir os papeis en España, procedendo a baixar a man por fóra da camiseta do denunciante para acariñar o seu peito”.

Nunha conversación co Salto, C.E. admitiu que lle informaron sobre a existencia de denuncias na Garda Civil. Doutra banda, afirma que actualmente hai 28 voluntarios en Galiza, pero nega que persoas en situación irregular estean a realizar labores estruturais dentro da ONG, alegando que “reciben diñeiro para compensar os gastos incorridos polo seu voluntariado”.

Segundo explica Carlos Osorio, o venres 25 de abril, a Garda Civil apareceu no dispositivo de acollida: “Presentáronse como policía xudicial, cunha inspección de traballo; e tomaron declaración a todas as persoas que estaban a traballar”. Posteriormente, segundo relata, os voluntarios son chamados a unha reunión con A.M, coordinadora dos centros en Galiza. “Ata o de agora vós estades a facer, isto está escaneado (…) recibídelos semanais. Os 100 euros semanais e os 50 semanais”, afirma nun audio ao que tivo acceso O Salto. “O da inspección foi sorpresa para todo o equipo (…) somos conscientes de que houbo unha mala praxe”.

O director da ONG presentouse no municipio pontevedrés un día despois da inspección de traballo no centro. “Despois da chegada da poli aquí (…) temos algúns contactos (…)  alguén nos dixo, non oficialmente, que había unha denuncia á ONG nunha comisaría de Galiza, que é dalgún de vós”. Así é como se dirixe aos voluntarios para indagar sobre as denuncias nos audios aos que tivo acceso este medio. “Isto díxomo a Garda Civil (…) e non me mente a Garda Civil”. Posteriormente aclara que a filtración vén de máis arriba: “Isto a Garda Civil non mo escribiu a min, escribiullo ao delegado do Goberno en Galiza”.

Este medio contactou coa Delegación do Goberno en Galiza para solicitar unha valoración sobre a presunta filtración das denuncias, pero non obtivo resposta ata o momento da publicación deste artigo.

Varios voluntarios presentaron denuncias ante a Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. Nos documentos, aos que tivo acceso este diario, alegan “abandono, acoso e explotación laboral”, así como “vulneración de dereitos básicos” e solicitan protección xurídica fronte a posibles represalias por parte da ONG.

Segundo afirman, o director da organización, C.E., segue en Mondariz-Balneario e “di que non se irá ata que se solucione o problema”. Mentres tanto, a incerteza instalouse entre os voluntarios do centro de acollida. Ninguén lles comunicou oficialmente que ocorrerá tras a inspección de traballo nin se se tomarán medidas fronte ás denuncias presentadas. “A policía aínda non chamou a ninguén a testificar nin se fixo absolutamente nada”, aseveran.

Hotel Cemar
Fachada del Hotel Cemar, donde se alojan las personas migrantes. Alba Cambeiro

 

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...