Literatura
Da Sección Feminina do franquismo ao Cancioneiro Popular Galego: o pobo é quen canta e baila

As cantareiras protagonizarán o Día das Letras Galegas de 2025. Beatriz Busto e Richi Casás fálannos delas, de Dorothé Schubarth, do Cancioneiro Popular Galego e da dificultade de acceder aos arquivos sonoros que conservan as súas voces.
Letras galegas 25 noelia - 4
Teresa, Prudencia, Manuela e Adela en Mens (1982). Fonte: Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego. Imaxe extraída da páxina web da Real Academia Galega.
29 dic 2024 05:30

Adolfina e Rosa Casás Rama (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía), Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar —as tres Pandereteiras de Mens (Malpica de Bergantiños)— serán as cantareiras que a Real Academia Galega homenaxeará o vindeiro 17 de maio no Día das Letras Galegas 2025. Sumaremos os seus nomes ás tan só seis mulleres que recibiron este galardón con anterioridade desde 1963.

“Entendo que este premio é para todas as cantareiras que houbo e que haberá, personalizárono nestas figuras como podían facelo noutras”, asenta o músico Richi Casás, familiar de Adolfina e Rosa Casás (neto de Rosa e sobriño de Adolfina) e autor do libro Fuliada na Vila (aCentral Folque, 2020). Casás lémbraas cantando e tocando arredor da mesa: “Non tiñan pandeireta e prato como instrumentos fixos, tocaban o que había, ás veces era unha cunca ou o testo dunha pota”. O que si recorda perfectamente é que a maxia acontecía despois do café, sobre todo polas noites: “As cadeiras poñíanse arredor tomando o escenario dunha foliada e no medio as veciñas e os veciños bailaban e elas comezaban a cantar, estas son as primeiras foliadas que lembro antes de saber que se chamaban foliadas”, sentencia.

“Entendo que este premio é para todas as cantareiras que houbo e que haberá, personalizárono nestas figuras como podían facelo noutras”, di Richi Casás.

“A nova é boa para o colectivo e para o recoñecemento de fórmulas creativas tanto musicais como neste caso literarias ou líricas”, afirma a investigadora e profesora Beatriz Busto Miramontes, autora da obra Pandereteiras de Mens (aCentral Folque, 2021). “A idea é poñer de relevancia que outros modelos de creación son posibles e igualmente importantes, forman parte de nós, e que se amosan de xeito popular, colectivo e femenino”. Para Busto este recoñecemento supón un cambio de paradigma sobre outros modelos de creación posibles que non se vían representados.

Letras galegas 25 noelia - 2
Rosa Casás e o seu neto Richi Casás de fuliada na Vila da Igrexa no verán de 2002. Arquivo familiar de Richi Casás.

Con todo, implica un modelo que ter que ver coa literatura escrita, non coa literatura oral. “Os criterios para o recoñecemento son moi determinados: que sexan persoas concretas, recoñecibles, que leven mortas máis de dez anos, é dicir, é necesario que se cumpran unha serie de criterios que son válidos e facilmente aplicables a un paradigma de literatura formal escrita pero non son aplicables a un paradigma de literatura oral. No caso das de Mens elas a priori foron cinco, mais ás veces foron máis e inclusive ás veces menos (ou inclusive en conxunto con algún fillo seu), e no caso do Día das Letras só vemos recoñecidas ás tres que hai máis dunha década que finaron... Eu como investigadora das de Mens non podo estar a favor de que non se recoñeza á colectividade enteira, e esa colectividade era aberta, dinámica, colectiva e solidaria. Se ben, hai que entender que o feito de que figuren só tres, ten que ver co feito innegable de que, ata este momento, o Día das Letras Galegas ten sido un recoñecemento univocamente ligado ao recoñecemento da autoría literaria individual e ese criterio non é aplicable, con coherencia e sen conflito, ao feito da creación colectiva. En resumo, a intención é boa e o recoñecemento único”.

Tal e como defende a investigadora, esta mención pode funcionar como alicerce para que veñan moitas máis relacionadas coa creación colectiva, lírica, de mulleres e popular que sirva como altofalante de tantas outras sen libros dedicados a elas, como acontece no caso de Eva Castiñeira, unha das persoas homenaxeadas e cuxa investigación fica pendente de realizarse, entre tantas outras.

Beatriz Busto: “No caso das de Mens elas a priori foron cinco, mais ás veces foron máis e inclusive ás veces menos e no caso do Día das Letras só vemos recoñecidas ás tres que hai máis dunha década que finaron”

Labregas, vellas, veciñas e bailadoras

Prudencia e Asunción Garrido Ameijende, Manuela Lema Villar, canda Adela Rey Torrado e Teresa Lema Varela, as coñecidas como Pandereteiras de Mens, quen as atopou primeiro foi a Sección Feminina de Falange Española a través dos Coros y Danzas. “Cando falamos de atopar ou descubrir falamos da perspectiva que a Sección Femenina neste caso, ou Manuel Cajaraville despois, aplicaron sobre as de Mens”, sinala Busto.

En palabras da profesora “as de Mens foron cinco mulleres que sendo labregas e xa de avanzada idade (algunha viúva, xa con netas e bisnetas) subiron aos palcos enunciando por primeira vez no espazo público que o noso territorio estaba repleto de bailadoras, cantadoras, tocadoras: facilitadoras, transmisoras e creadoras do nosa oralidade máis intrínseca. Ao fin, as cantareiras érano para facer comunidade e esa comunidade, facíase bailando, é dicir, así se procuraba ocio social e así se fortalecían os lazos do común. Desa necesidade tan humana de divertirse e de relacionarse xorde a musicalidade xa que, efectivamente para poder bailar, alguén ten que facer música”.

Labregas, vellas, bailadoras e tamén veciñas. “O que facían as de Mens era desviarse do que se supoñía que tiñan que facer unhas mulleres da súa idade e da súa condición: quedar na casa”, advirte Busto. “Pero elas, lonxe daquilo que lles era propio, decidiron andar polos palcos coas súas zapatillas, a súa roupa, poñendo un mantón de cachemir por riba para dar esa estética uniforme de grupo folclórico; pois foi o universo do folclore urbano o que propiciou e lexitimou esa actividade pero tamén foron elas as que utilizaron a estrutura folclórica para actuar en palcos cantando o que era seu, ou para ir ver aos veciños de Mens a Bos Aires de paso que ían cantar con Aturuxo. Foi unha especie de utilidade mutua”.

Beatriz Busto: “As de Mens foron cinco mulleres que sendo labregas e xa de avanzada idade subiron aos palcos enunciando por primeira vez no espazo público que o noso territorio estaba repleto de bailadoras, cantadoras, tocadoras”

Dorothé Schubarth e o Cancioneiro Popular Galego

Cando Richi Casás entrou no conservatorio Superior de Música da Coruña descubriu que alí non se estudaba nada do que sucedía na casa da avoa Rosa en Cerceda, alí non había foliadas nin veciñanza a converter nun instrumento calquera utensilio que caia nas mans. No ano 2015 accedeu ás gravacións do Cancioneiro Popular Galego e todo mudou. “No Arquivo Sonoro de Galicia puiden escoitar as voces de Rosa e Adolfina de novo, foi moi emocionante volvelas ouvir, porque nós na casa non conservamos ningunha gravación delas”, confesa, ao que engade que tamén sentiu decepción ao non poder levar esas gravacións para a casa, xa que “o Arquivo ten unha política moi severa e iso obrigoume a conseguir a sinatura de Dorothé Schubarth”. Foi nese instante cando o neto de Rosa Casás coñeceu á musicóloga suíza Dorothé Schubarth, autora do Cancioneiro Popular Galego.

Letras galegas 25 noelia - 3
Adolfina e Rosa Casás na Vila da Igrexa (Cerceda) retratadas por Dorothé Schubarth. Fonte: Fondo Schubarth-Santamarina. Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego. Imaxe extraída da páxina web da Real Academia Galega.

Schubarth regresou á casa onde anos atrás gravara a Rosa e Adolfina, esta vez para recoller á tía e ao tío de Richi Casás. “Nós armámoslle unha festa, puxemos pinchos e todo pero ela viña a traballar, sacou o caderno e a gravadora e fixo moitas fotos de meu tío e de miña tía ese día”, explica. “Dorothé Schubarth foi a primeira que fixo un traballo específico con todas as letras e as  melodías, un traballo de clasificación que puxo en relación a música tradicional galega co resto do mundo. Ela estaba alí dentro, e quedou alí para que as xeracións que estamos agora desfrutando do Cancioneiro e poidamos coñecer a esa xeración das avoas que están ao outro lado do túnel, as avoas que sabían cantar e que non nos transmitiron aos netos directamente, pero si grazas a outras persoas xenerosas como Dorothé que doaron ese traballo. Díxonos que a súa vida estaba dentro dese Cancioneiro”.

Richi Casás: “Dorothé Schubarth foi a primeira que fixo un traballo específico con todas as letras e as melodías, un traballo de clasificación que puxo en relación a música tradicional galega co resto do mundo”

A conservación nos arquivos e o difícil acceso

O inmenso valor que posúen compilacións e recollidas colectivas como o Cancioneiro Popular Galego é difícil de explicar para un pobo. O feito de que desde a nosa actualidade poidamos regresar ás voces do pasado, ás músicas daqueles tempo e ás formas de creatividade porque houbo persoas que dedicaron a súa vida a termar dese material para que poida perdurar no tempo é algo que só se pode explicar desde o amor, a paixón e a admiración. Pero que acontece a día de hoxe con esas gravacións?

“Aproveitando que o ano 2025 das Letras Galegas vai ser para as cantareiras eu teño que reivindicar que os arquivos se poñan á disposición do público xeral, esa é a miña petición e o meu reclamo”, denuncia Richi Casás. “Eses arquivos que se fixeron grazas á xenerosidade das informantes, como Rosa e Adolfina Casás, Eva Castiñeira ou as Pandereteiras de Mens, e que están en mans privadas, sobre todo os públicos, deberían estar en aberto -xa institucións como o Museo do Pobo Galego están a facelo-”.

O neto de Rosa Casás demanda que as gravacións que conteñen os arquivos sexan máis accesíbeis para que ninguén máis teña que pasar o mesmo ca el cando quixo acceder ao Cancioneiro Popular Galego e ás gravacións de Rosa e Adolfina (gravacións que, por certo, son o punto de partida do seu libro Fuliada na Vila). “O meu reclamo ás institucións é que abran os arquivos”, sinala, un obxectivo que tamén compartía Dorothé Schubarth, xa que cando Casás lle comentou que precisaba a súa sinatura para poder levar as gravacións a musicóloga suíza enfadouse moito: “como ela definiu o Cancioneiro é para vós, é unha foto vosa como pobo”.

Richi Casás: “Aproveitando que o ano 2025 das Letras Galegas vai ser para as cantareiras eu teño que reivindicar que os arquivos se poñan á disposición do público xeral, esa é a miña petición e o meu reclamo”

Grazas á existencia deses arquivos podemos regresar ás voces das cantareiras. Se pechamos os ollos igual imaxinalas. “Descubrir as gravacións sempre é marabilloso porque nelas son elas mesmas as que enuncian a súa voz, ben sexa cantando, falando, bailando. Ten unha potencia emocional e política única”, comenta Beatriz Busto. “Elas facían o que facían porque querían, porque lles gustaba, porque desfrutaban, porque lles conectaba con algo que era seu (e que por fin sabemos e recoñecemos que é de todas nós) e que as unía ás unhas coas outras, no divertimento e na amizade, e non só na súa infancia ou mocidade senón tamén na súa vellez, ese tempo no que divertirse cantando e bailando coas veciñas e amigas do teu lugar parece algo inadecuadamente impensable para moitas persoas que consideran que o máis axeitado é envellecer no loito, no silencio, na soidade”, comenta en vinculación ás de Mens.

Letras galegas 25 noelia - 1
Eva Castiñeira retratada por Pablo Quintana, coordinador do disco Recolleita, onde rexistrou a voz da cantareira de Muxía. Fonte: Cortesía de Pablo Quintana. Imaxe extraída da páxina web da Real Academia Galega.

“Descubrir con estas gravacións que unha das cousas que máis lles gustou da Arxentina e de Bos Aires foi poder visitar a eses veciños de Mens que emigraran hai 40 anos e que había 40 anos que non vían, pon de relevancia a súa maneira de ver o mundo. Bos Aires é, desde aí, unha extensión da aldea propia, un lugar ao que ir ver os veciños que hai 40 anos que non vían. É espectacular: evidencia unha liberdade de pragmatismo, unha extensión do micro no global, un sentido da amizade, da vontade por vivir a vellez no divertimento que me parece unha marabilla e éncheme de orgullo e tamén de tenrura”.

Beatriz Busto: “Elas facían o que facían porque querían, porque lles gustaba, porque desfrutaban, porque lles conectaba con algo que era seu e que as unía ás unhas coas outras”

Solidariedade, fluidez, pobo

As cantareiras é un termo que inevitablemente nomeamos en plural, porque elas eran un colectivo, unhas cantaban, as outras bailaban, pero xuntas. No caso das de Mens, especifica Busto que “as relacións que existen entre elas, tamén musicalmente, son relacións de solidariedade”. “Non é un proxecto, é unha maneira de vivir a musicalidade e a participación nos palcos do folclore totalmente fluída, líquida, viva e aberta”. Isto eran as Pandereteiras de Mens, pero tamén as cantareiras de Galiza, as nosas avoas, bisavoas, que quitaban o ritmo e a sabedoría de debaixo do mandil. “Rosa e Adolfina somos nós como pobo”, indica Casás.

“Rosa e Adolfina son calquera par de avoas da xente da miña xeración, eu chámolle xeración de antes do túnel, que bebeu toda a cultura tradicional, transmitiulle aos seus fillos que é a xeración dos meus pais, a xeración túnel, pero os fillos á miña xeración non nos transmitiron. Os meus pais non me falaron galego, non me ensinaron as cancións que eles sabían, nin me ensinaron todo o que aprenderon a facer de novos. Rosa e Adolfina somos nós, o pobo, o que nós sempre fomos e só deixamos de ser durante unha xeración, a xeración de meus pais, e agora grazas ás foliadas que se volven facer, ao boom da música tradicional e da música popular, e grazas a eses arquivos que aínda existen, volvemos a ser nós outra vez”.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Galicia
Investigación Varios refugiados denuncian a la ONG Rescate Internacional por explotación laboral y agresión sexual
La Guardia Civil investiga al centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran trabajar sin contrato a cambio de 50 euros semanales. La ONG gestiona 1.700 plazas del programa estatal de acogida.
Madrid
Madrid El grito de ‘Altri Non!’ llega al Congreso de los Diputados
La Plataforma Ulloa Viva y organizaciones ecologistas exigen directamente al Gobierno español que rechace subvencionar el proyecto de la macrofábrica de celulosa y que respete la voluntad del pueblo gallego.
Investigación
Investigación Varios refuxiados denuncian á ONG Rescate Internacional por explotación laboral e agresión sexual
A Garda Civil investiga o centro de Mondariz-Balneario tras varias denuncias por parte de voluntarios migrantes que aseguran traballar sen contrato a cambio de 50 euros semanais. A ONG xestiona 1.700 prazas do programa estatal de acollida.
Comunidad de Madrid
Luis A. Ruiz Casero “Durante la transición la cárcel de Carabanchel albergó a más presos que en algunos años del franquismo”
De los presos franquistas que construyeron el penal, pasando por los que fueron fusilados, hasta los revolucionarios que pusieron patas arriba el centro penitenciario con iniciativas como la COPEL, Luis A. Ruiz Casero ofrece en 'Carabanchel. La estrella de la muerte del franquismo', un documentado homenaje a las luchas de las personas internas.
Industria armamentística
Genocidio Las relaciones armamentísticas de España e Israel han sido “más lucrativas que nunca” desde octubre de 2023
Un informe del Centre Delàs señala diferencias significativas en las armas que España dice que ha vendido a Israel y las que Israel registra. Las empresas israelíes han firmado 46 contratos con las administraciones por más de mil millones.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'Os Pecadores' loitan contra montruos reais e mitolóxicos no novo episodio de 'O Teleclube'
O dúo do director Ryan Coogler e o actor Michael B. Jordan estrean unha película sobre a experiencia afroamericana cunha ameaza sobrenatural engadida.
Opinión
Opinión ¡A la mierda Europa!
Hay otra Europa que es víctima de la Europa neoliberal y belicista que apuesta por la industria de las armas a costa de los derechos sociales, es una Europa que se muere de vergüenza cada vez que ve imágenes de Gaza o Cisjordania.
Laboral
Laboral Al borde de la huelga en la educación pública vasca
Los cuatro sindicatos convocantes denuncian que el Departamento de Educación vasco no se han sentado a dialogar hasta este viernes pocos días antes de los paros
Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Palestina
Ocupación Isarelí Primera movilización unitaria contra el genocidio en Palestina y por el fin del comercio de armas con Israel
Este sábado 10 de mayo se espera en Madrid una asistencia multitudinaria de personas venidas desde cientos de municipios de todo el Estado español para concentrar la protesta de los ataques indiscriminados del Israel contra la población palestina.
Tribuna
Tribuna Para acabar de una vez con las nucleares: sobre el último intento de prolongar la vida de las centrales
Los voceros de la nuclear han encontrado la oportunidad ideal para difundir sus bulos con el apagón del 28 de abril. Quieren generar polémica para mantener operativa una infraestructura innecesaria, peligrosa y que genera residuos incontrolables.
Análisis
Análisis ¿Existe una identidad europea?
El 9 de mayo se celebra el “día de Europa”, que conmemora la paz y la unidad en el continente y que coincide con la declaración presentada en 1950 por Robert Schuman que sentó las bases de la cooperación europea. Pero, ¿qué es Europa realmente?
Estados Unidos
Libertad de expresión Canadá recomienda al profesorado LGTBQ+ o crítico con Trump no viajar a Estados Unidos
Una circular de la Asociación Canadiense de Profesores Universitarios (CAUT) recomienda “encarecidamente” que el personal académico viaje a los EEUU “solo si es esencial y necesario”.
El Salto Radio
El Salto Radio Malismo
Hacerse el “malote” aporta beneficios: entrevista con Mauro Entrialgo, autor de Malismo, un ensayo sobre los mecanismos de ostentación del mal

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Pensamiento
Lola Olufemi “No me atraen las utopías lejanas, estoy más interesada en el ahora”
La escritora e investigadora británica Lola Olufemi trabaja desde la certeza de que el presente no es una jaula, desde la confianza en que viviremos cosas diferentes aunque no se sepa exactamente de qué tipo van a ser.
Catalunya
Acción directa Las Sublevaciones de la Tierra francesas llegan a Catalunya: “Necesitamos una forma nueva de luchar”
Una acampada de tres días y una acción simbólica han sido el pistoletazo de salida de Revoltes de la Terra. La organización ha sido capaz de unir a ecologistas de campo, de ciudad y campesinado en una dinámica de lucha “nueva”.