Literatura
Manuel Rivas: “Reivindico o xornalismo como o activismo da liberdade”

“Se hai unha coraxe necesaria e importante é a coraxe de pensar”. Rivas publica Contra Todo Isto, editado por Alfaguara en versión castelá e en galego por Xerais.

Manolo Rivas
Manuel Rivas nun momento da entrevista. Lois Alcayde Dans
11 jun 2018 08:00

Manuel Rivas leva a esfera por riba da cabeza, os cabelos grises e os ollos azulados, esa mesma esfera que, segundo di, se pousa nun lugar e dela xorde a creación. Hoxe enriba ten tamén un calidoscopio de cores, as que compoñen de xeito xeométrico a pintura que cobre gran parte dunha parede do café Universal, un lugar no final da rúa de Santo André na Coruña, no punto concéntrico do barrio da Peixería. O café está a uns pasos dunha libraría pechada hai anos, recuberta con solapas de madeira verde ennegrecidas polos anos e un letreiro onde se podía ler “La poesía”, a mesma librería que recolle o escritor n´As voces baixas, espazo literario e autobiográfico. Quedo co autor antes de que se dirixa a outra libraría para conversar sobre Contra Todo Isto e O lapis do carpinteiro nun club de lectura. Sostenme que as dúas obras están relacionadas, que as dúas “foron escritas coa punta da lingua”.

Rivas publica Contra Todo Isto -editado por Alfaguara en versión castelá e en galego por Xerais- coa pulsión das palabras que queren dicir: “O que non ten o libro é un arrinque discursivo ou doutrinal. Non hai nel unha visión doutrinal sobre o mundo. O punto de partida en que ver o traballo coas palabras, coa linguaxe. Eu estaba traballando nunha novela, unha obra de ficción á cal acabo de volver. Nunha novela a relación coas palabras é ás agochadas, é diferente. Ves que as palabras din ou queren dicir, que andan en galerías de grilos. Atopeime cunha urxencia, cunha necesidade das palabras por levantarse do chan, coma se as palabras me conduciran ao compromiso. Un sérvese das palabras, pero, desta vez, notei que as palabras se serviron de min.” O Todo Isto exprésase nunha aliaxe de poesía e xornalismo na boca da literatura, con capítulos adicados á desigualdade entre homes e mulleres, á desigualdade económica, á produción do odio e do medo, á explotación da muller, á manipulación das palabras ou á indiferenza. “Escribir, que a escrita tire para adiante é sempre unha pulsión do eros, do desexo, da erótica fronte, ás veces, o cansazo. Unha necesidade de encher o baleiro. Neste caso pesa a palabra vergoña, é unha desas palabras que activou o libro. A palabra vergoña é a primeira activista.”

Sobre a vergoña mencionas no libro unha carta…
A carta do Marx novo, o xornalista, que lle escribe a un amigo editor. O Marx mozo ten moito de activista e moito de poeta. Emocionárame moito unha visita que fixera en Tréveris, onde fora á universidade falar sobre o vínculo de Galicia con esta cidade onde se executou a Prisciliano…

Refíreste ao bispo?
Non era un bispo convencional. Sabes que hai unha crenza entre o Seminario de Estudos Galegos e da Xeración Nós de que en realidade quen está enterrado en Compostela é el, non Santiago? Foi un bispo da antiga Gallaecia moi innovador, hoxe moitas cousas que se identifican cunha concepción avanzada da Igrexa proveñen de Prisciliano. Na súa igrexa permitíanse as mulleres, as sacerdotisas, unha certa igualdade. Hai sempre unha esaxeración sobre a súa figura e o seu tempo, relacionándoo cun lugar de orxías, de “encontros feiticeiros” e eróticos. Dende a perspectiva do noso tempo faino aínda máis atractivo, non? Creou un movemento relixioso cunha profunda crenza e respecto pola natureza, co panteísmo, crían que Deus se expresaba a través dos seres vivos, das fontes… Metade verdade, metade lenda, hai un dato histórico fundamental sobre o que estamos a falar. Despois da conversión do Imperio Romano ao cristianismo da man de Contastino esta relixión vólvese o culto oficial do estado. Prisciliano é executado polo Imperio a instancias da Igrexa. A igrexa condénao por herexe e emprega o estado coma instrumento de represión, unha unión entre poder relixioso e poder estatal para reprimir os disidentes coa espada. O precedente de moitas cousas de Todo Isto xa o podemos atopar en Prisciliano.

Rivas pide un té verde, nada máis entrar no lugar recibira a mirada cómplice das encargadas, é un cliente habitual. Pido o mesmo e pídolle que me fale máis daquel Marx, o mozo indignado que era tamén poeta: “Eu en Tréveris puiden ver a súa casa natal, un lugar daquela non moi publicitado. Nela hai moito material sobre o Marx novo e os libros que lle gustaban, posuía varios exemplares do Quixote. Era un coleccionista do Quixote, estaba fascinado con el, de feito hai un exemplar asinado por el que lle regala a Engels. Ten poemas escritos, era un poeta e xornalista rebelde, tivo ideas xerminais interesantísimas que o conectan con xente coma Walter Benjamin. Unha desas ideas xerminais é a de que hai momentos da historia do mundo nos cales a esfera pousa nun lugar e nese lugar onde descansa ocorren cousas especiais e extraordinarias. Eu sempre pensei cando escribía O Lapis do Carpinteiro aló polo 86, ou Os Libros arden mal, que a esfera pousou, que pousa aquí. De feito n´Os libros arden mal emprego esa mesma metáfora, esa esfera marabillosa que as lavandeiras de Elviña e Eirís levaban enriba das cabezas cos cestos. Foi unha época, a da II República na Coruña, en que tamén pousou unha esfera. Anos dunha Coruña libertaria e anarquista en que se as cousas ocorresen doutro xeito, a pesar de que xa estamos falando dunha ucronía, todo podería ter cambiado.”

A que te refires?
En outubro do 36 prodúcese no cuartel de Atocha unha rebelión de soldados leais á República que estivo a piques de ter éxito e que podería facer da Coruña unha praza republicana. Esa rebelión fracasa e os autores son fusilados no Campo da Rata. O mesmo lugar onde fusilaron os militares leais á República, Caridad Pita e Salcedo. Caridad Pita era un republicano convencido e Salcedo un militar leal, cando os executaron o primeiro berrou Viva a república! e o segundo Viva Cristo Rei!

(...) pesa a palabra vergoña, é unha desas palabras que activou o libro. A palabra vergoña é a primeira activista

Contra Todo Isto é xornalismo e é literatura, a literatura entendida coma o respecto á palabra e ao compromiso da idea na palabra. Nunha xeografía interna dun espazo en que agroma dende a actualidade ata os aforismos, presentes no derradeiro capítulo, o coruñés perfila o seu marco, o enfoque do estado das cousas.

No libro adícaslle un capítulo completo a Mariano Rajoy.
Conta case o mesmo que está pasando agora (risas), un home que gosta de esperar: o urxente é esperar, para que se van facer unhas eleccións?

“Mariano Rajoy: Entender o Mariano (...)”, na páxina 60. Neste contexto co da moción de censura ao goberno do PP, un momento de impase, ves moitas cousas de Todo Isto perdurables na palestra?
A fabricación da intimidación, co tema catalán, por exemplo. Isto xa vén de antes. Esta moción debeu producirse antes. O PP non gañou as eleccións, houbo maioría dabondo na outra beira mais tamén sectarismos tremendos e presións dende o poder económico e mediático para que se impedise esa alternativa ao goberno do PP, impediuse o que nese momento debeu producirse e puidera terse evitado a situación dramática da política hoxe en España, con políticos no cárcere. Neste libro falo diso e da loita contra a indiferenza, de que realmente o que pavimenta o camiño cara ao autoritarismo é á indiferenza. Por iso interesa tanto producir medo, a produción de indiferenza e medo é simultánea. O poder móvese mellor cando a xente fica paralizada, atemorizada, unha situación na cal é difícil que se produzan cambios. É unha forma de inocular medo. Sabes o que pasa cando hai un terremoto? A natureza fica parada. Nada se move. Os cans comezan a ladrar pero antes hai un momento en que non se move nada e se produce a parálise do medo.

O shock.
É a ditadura do shock, efectivamente. Todo Isto mantense grazas á produción dese medo e tamén do odio. Odio cara ao diferente, cara ao inmigrante, á creación do inimigo. Todo isto vai enfocado a manter o statu quo, a orde das cousas, impedir as transformacións e avances.

De onde provén?
Nisto ten que ver o abaratamento humano, retrocesos consistentes en condicións laborais peores, máis precariedade… todos eses retrocesos que se están dando teñen explicación no que se fai coas palabras. O xeito en que empregamos a linguaxe. Nas palabras, os medios de comunicación parecen derivar case en “medios de intimidación”. Volvendo á vergoña: é unha palabra activista.

Rivas conta que xusto no momento da primeira presentación de Contra Todo Isto sae á luz o caso do mestrado de Cristina Cifuentes: “Notabas realmente coma metáfora a absoluta ausencia de vergoña. Contaba Italo Calvino que “o escritor de cando en vez ten que levantar o nariz do papel”. Ti podes estar aí, pero tes que levantar o nariz do papel porque están pasando cousas. Ese lixeiro movemento de levantar a cabeza. O que percibes é a ausencia de vergoña, o Estado de Des-Vergoña que se manifesta non de forma episódica senón de forma dominante na paisaxe. A ausencia de vergoña queda instalada coma unha especie de modus vivendi, os corruptos o que nos queren dicir é que “todo está corrupto”. Digamos que é unha forma de interiorizar na sociedade e culpabilizala do que eles fan mal. Despois, atemorizala.”

O que pavimenta o camiño cara o autoritarismo é a indiferenza

O poeta elabora coas mans un mapa imaxinario: “Temos nunha beira a vergoña e noutra a ausencia de vergoña, a produción de medo. Neste libro é a vergoña a que di, a que fala. Volvendo á carta de Marx ao editor, o primeiro dille ao segundo que “o xeito de ter vergoña é xa en si unha revolución”. Sempre fago una análise do local ao universal sobre o que está a pasar no mundo, pero cando un colectivo comparte o sentimento de vergoña xa se produce unha toma de conciencia.”

Cando nos debuxan o sistema sempre nos din que hai pesos e contrapesos para que o propio sistema, no noso caso a democracia, se controle a si mesmo. Non cres que ese medo do cal falas impediu a contrarréplica e espallou o silencio?
Eu penso que hai máis do que parece, o que pasa é que parte desa paisaxe natural non se nos quere mostrar. É o que se chama o frame do poder que se traslada coma unha especie de realidade. Está a haber mobilizacións que son xestos de esperanza extraordinarios e importantes.

Cales destacarías?
O movemento inédito da mobilización das mulleres en España, cunha participación inmensa, case todas as mulleres estaban na rúa. Iso é algo relevante. Tamén o movemento dos pensionistas, unha cousa que sempre se pensou en España era que os pensionistas formaban parte da capa xeolóxica onde se asenta o poder conservador e resulta que non, que esa capa xeolóxica non é estática, móvese. Paradoxalmente quen se están a mover máis son os vellos, e se non se moven están alerta, á espreita.

Todo Isto mantense grazas á produción dese medo e tamén do odio. Odio cara ao diferente, cara ao inmigrante, á creación do inimigo

Na nosa profesión tamén está a haber movemento.
É outra cousa que me parece decisiva: a mobilización da xente traballadora dos medios públicos, as xornalistas. Algo inédito, a gran maioría de xornalistas sumouse a estas protestas, unha especie de maioría silenciosa que nunca se pensou que daría a cara por uns medios públicos honestos e libres. É significativo tamén que iniciativas coma o Venres Negro en RTVE ou a RTVG, entre outros, haxa unha maioría de mulleres. É unha mobilización irreversible, o duns medios públicos controlados polo poder leva sendo unha das grandes vergoñas políticas dende a Transición. Non houbo transición democrática nos medios públicos, quedaron coma ferramenta poderosísima do poder. Como se controlan as mentes? Quen son os intelectuais hoxe en día? Enzo Traverso trata moi ben ese tema, onde están os intelectuais hoxe en día? Un intelectual é unha persoa que xera opinión, os tertulianos, os expertos, os responsables de crear o frame, o encadre. Evidentemente as cousas non funcionan sempre así, hai espazos de resistencia informativa, espazos decisivos para o tecido democrático en España. Este libro é a reivindicación dese xornalismo, reivindico o xornalismo como o activismo da liberdade. Houbo unha operación para afundir o xornalismo e neutralizalo, ben nunha crise existencial ou ben empregándoo coma medio de propaganda, esa operación comeza a fracasar, o xornalismo comeza a erguerse do chan.

O PP non gañou as eleccións, houbo maioría dabondo na outra beira mais tamén sectarismos tremendos e presións dende o poder económico e mediático para que se impedise esa alternativa ao goberno do PP

Unha señora maior aparece na mesa ao carón da nosa, ten un sorriso amplo e a mirada despexada, “non vos quería interromper pero… ”, sinala o seu reloxo e amablemente lémbralle a Manuel de que xa é hora de ir á libraría reunirse co resto do club de lectura, “podes vir, é un acto aberto, así tamén colles notas para a entrevista”, dime. A mesma señora convídanos ao té e entrégalle a Rivas un exemplar de Contra Todo Isto para que llo asine. O escritor desprega enriba da mesa da cafetería tres bolígrafos de cores: un verde, outro vermello e outro negro. Sobre a primeira páxina do libro, unha páxina en branco, debuxa unha rosa dos ventos.

“O xornalismo é unha póla da literatura”. Na libraría MoitoConto, xusto ao carón do Universal, Rivas está acompañado dun amplo club de lectura, preto de dúas ducias de persoas que enchen o espazo do fondo da libraría. O xornalista e escritor fai unha comparanza entre O lapis do carpinteiro e este último libro, a pesares de seren 2 libros de, aparentemente, dous campos diferentes, o xornalista asegura que os dous nacen da mesma necesidade de dicir, do mesmo impulso da palabra. No coloquio coas lectoras -a gran maioría deste club de lectura está formado por mulleres de todas as idades- o autor fala do seu instituto, o Monelos: “Eramos unha novidade, un instituto mixto! Lembro que viñan dos dominicos, dos maristas, vernos saír xuntos de clase a rapaces e rapazas, coma nas películas. Tamén viñan os Diablos Rojos, un grupo da zona. Nese instituto faciamos unha entrevista, fixen varias, unha delas foi a Rafael Dieste. Todo o proceso de chamar a porta, de abrir, de escoitar o piano… para un rapaz que vén do instituto, que vén facer unha entrevista e non tiña nin magnetófono, cun lapis e cun caderno, nerviosísimo e como podía, imaxinade... Conto isto porque foi unha das experiencias que me reafirmaron para ser escritor, o camiño práctico para ser escritor.” Non esquece a mesma Coruña cando fala do peso que tiñan as palabras que levedan naqueles ateneos e asociacións obreiras da época da II República: “que imaxinación tiñan, non? Eses nomes… Resplandor en el abismo. Creo que está hoxe na mesma zona onde está a refinería.”

Ábrese outra vez o debate, unha lectora demanda saber se O Rivas se volveu pesimista no Todo Isto. El négao, considérase un home optimista: “O trazo axial de Contra Todo Isto, aínda que non o poida parecer nun comezo, é o humor, tamén a esperanza, a limpeza do medo. No lapis hai conciencia, hai memoria tamén.” As lectoras volven sacarlle o asunto das palabras, “Contra Todo Isto é un lugar insurxente da linguaxe. Gústame a literatura que desquilibra”. Unha lectora, na segunda fila, quere facerlle outra pregunta:

E como ves a literatura?
Véxoa coma unha ringleira de mulleres que levan cousas na cabeza.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Literatura
Opinión Lectura enemiga y lectura aliada
La lectura enemiga aprueba las infiltraciones, las escuchas ilegales, el patrullaje cibernético, se sienten autorizados a meter las narices en las ideas que movilizan la vida de los otros.
Literatura
Azahara Palomeque “Yo quería hacer una novela que fuera un torrente de voz”
Azahara Palomeque realiza en su última obra, ‘Huracán de negras palomas’, un ácido repaso de la desigualdad, la racialización y la soledad, en el marco de unos Estados Unidos de difícil redención ética.
Literatura
Literatura La Feria del Libro de Buenos Aires, sin plata
La 48º edición de la Feria Internacional del Libro de Buenos Aires no es una más, se volvió un síntoma de la situación del libro y su industria en la Argentina gobernada por la extrema derecha.
Policía
Espionaje político Juancar, otro policía infiltrado en los movimientos sociales de Madrid
El Salto desvela la identidad del agente policial Carlos P.M., que pasó dos años infiltrado en movimientos sociales de Madrid bajo la falsa identidad de un joven estudiante.
Elecciones
Elecciones catalanas El triunfo de Sánchez e Illa en el embrollo catalán
Los socialistas derrotan con claridad al independentismo, pero lo tendrán complicado para formar gobierno y la derechización de la política catalana no es una buena noticia para el PSOE.
Genocidio
Movilizaciones Estudiantes por Palestina, el “no en nuestro nombre” global
Las acampadas se extienden por todo el mundo. La represión de algunas de ellas no consiguen limitar el alcance de una forma de protesta que desafía a los Estados y que Israel considera una amenaza que pone en riesgo su impunidad.
Generalitat de Catalunya
Elecciones Catalunya Pere Aragonés abandona la primera línea política tras el batacazo electoral
El candidato de ERC ha asegurado que no recogerá el acta para ser diputado en el futuro parlamento catalán, después de bajar hasta los 20 escaños y asegurar que su partido estará en la oposición.
Opinión
Opinión ¿Una primavera Palestina?
Quizá el momento más emocionante que hemos vivido estas semanas ha sido escucha las palabras de agradecimiento de los estudiantes de Gaza, que nos llegaban a través de las redes sociales.
Catalunya
Así te contamos la jornada electoral El PSC gana las elecciones y buscará el apoyo de ERC y Comuns mientras el bloque independentista cae
El caos suscitado por el robo de cable en la estación de Montcada (bifurcación de los trenes del norte de Barcelona) ha sumido a la red de Cercanías en un caos ferroviario. Las juntas provinciales pueden ampliar el horario de los colegios electorales
Historia
Historia Japó Roig: la historia olvidada de la izquierda nipona en plena Guerra Fría
Ferran de Vargas publica “Japó Roig” (Manifest, 2024), en el que reconstruye la historia de la izquierda revolucionaria japonesa desde el final de la II Guerra Mundial hasta 1972.

Últimas

Poesía
Galiza Morre aos 92 anos a poeta, activista e revolucionaria Luz Fandiño
O falecemento foi anunciado publicamente pola súa amiga e alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.
Elecciones autonómicas
Elecciones catalanas Aliança Catalana refuerza la presencia de la extrema derecha en el Parlamento de Catalunya
A los once diputados de la ultraderecha españolista de Vox se suman dos escaños del partido islamófobo de Sílvia Orriols, que consolida el feudo del Ripollès y se expande.
Crisis climática
Financiación fósil Santander, BBVA y Caixabank, los bancos españoles que más encienden la crisis climática
El informe 'Banking on Climate Chaos 2024' analiza las inversiones de la gran banca internacional en la industria de los combustibles fósiles. Mientras a nivel global, JP Morgan Chase es el que más fondos facilita, en España lidera el Santander.
Sanidad pública
Privatización sanitaria Una nueva ley para “limitar” la participación de las empresas en la sanidad pública
El Ministerio de Sanidad lanza a consulta un proyecto de ley de gestión del sistema nacional de salud que pretende poner coto a las privatizaciones aunque sin eliminar esta posibilidad de manera explícita.
Más noticias
Palestina
Acampadas Universitarias Palestina Estudiantes de Sevilla acampan contra el genocidio en Palestina a pesar de la represión denunciada
Las estudiantes de la US y la UPO han empezado durante la jornada del lunes dos acampadas en apoyo al pueblo palestino a pesar la represión de las instituciones educativas denunciada por las asambleas estudiantiles
Ocupación israelí
Guerra contra Gaza Crece el debate en EE UU por su responsabilidad en la masacre de Gaza
Un informe del Departamento de Estado admite por primera vez que las bombas de 900 kg suministradas por EE UU se han podido utilizar de forma indiscriminada contra civiles.
Opinión
Opinión Del 25 de abril al 1 de mayo: ¡no hay antifascismo sin anticapitalismo!
Hemos entrado en un sistema en el que el concepto de «trabajo» ya no está ligado a un proyecto de vida, a una identidad profesional, mientras la existencia social de la humanidad se reduce cada vez más al mero consumo.
Palestina
Palestina O berro contra o masacre israelí en Gaza florece na primeira acampada das universidades galegas
Estudantes do campus de Elviña da Universidade da Coruña fixeron de avanzada do movemento estudantil que ultima os detalles para as asembleas que se sucederán nas tres universidades galegas a comezos da semana que vén.

Recomendadas

Salud
Salud perinatal Susana Carmona: “No encuentro nada más feminista que estudiar lo que pasa en nuestros cuerpos”
La psicóloga clínica Susana Carmona recoge en ‘Neuromaternal’ casi todo lo que la neurociencia puede enseñar sobre las madres. Por ejemplo, que la La maternidad, como la adolescencia, era una época de neuroplasticidad y de adaptación.
Barcelona
Barcelona El Lokal se queda en el Raval
En un giro inesperado de su historia, el mítico espacio libertario El Lokal, de Barcelona, ha tenido que decidir si mudarse o firmar un contrato de compra-venta para preservar su espíritu, a ras del Raval.
Extrema derecha
Perspectivas electorales La ultraderecha en Austria aprende a cabalgar el tigre
El Partido de la Libertad de Austria (FPÖ) lidera desde hace meses los sondeos para las próximas elecciones europeas en el país centroeuropeo, con entre un 22% y un 28% de la intención de voto.