Literatura
Novas librarías e novas historias

Malia o peche de establecementos clásicos, en Galiza tamén xurdiron iniciativas innovadoras que anovan a propia idea do que é unha libraría.

En Galiza tamén xurdiron iniciativas innovadoras que anovan a propia idea do que é unha libraría
En Galiza tamén xurdiron iniciativas innovadoras que anovan a propia idea do que é unha libraría. Pablo Santiago
16 mar 2020 09:00
Literatura
Por que pecha unha libraría?

A burbulla do aluguer, a competencia das grandes superficies ou os novos hábitos de consumo dificultan a sostibilidade das pequenas librarías tradicionais galegas.

Se ben hai datos e realidades que non chaman ao optimismo, tamén hai motivos polos que vermos a botella medio chea, e mesmo para considerar enriquecedora esta etapa de cambios.

O oficio e a relación co cliente tamén está a mudar. Lembra Rafael Silva que antes “tiñas que ir a Barcelona e Madrid, escoller os libros, calcular cantos traer... Agora chegan todos os días caixas e caixas.” Outro cambio -ou mito- é o de que agora se le menos. Os datos da CEGAL din que efectivamente baixou o número de vendas, pero non dun xeito drástico. Entre as libreiras coas que falamos, hai percepcións totalmente diversas, desde as que teñen claro que se le moitísimo menos ata as que o negan e relativizan a suposta crise: “fixéron máis dano as fotocopias, a finais dos anos 80”, explica Ana Regueiro, da Follas Novas.

“Noutro tipo de negocios teñen xefes con outros principios, e venden o libro no que teñan máis beneficio. Nós ofrecemos un valor engadido e tratamos de recomendar un libro que che guste para que sexa unha experiencia que aproveite”

No que todas coinciden é nas diferencias entre as librarías tradicionais e especializadas con respecto as grandes cadeas. Para Pilar Rodríguez, da Federación de Libreiros son dous tipos de negocios diferentes: “En Follas Novas, por personalizalo aí, vas falar cun libreiro ou libreira para que che recomende un libro. Noutro tipo de negocios, teñen outro tipo de xefes con outro tipo de principios, e véndenche o libro no que teñan máis marxe de beneficio. Nós ofrecemos un valor engadido e tratamos de recomendar un libro que che guste para que sexa unha experiencia que aproveite, e tamén para que volvas”. Regueiro cre tamén que a propia libraría pode aportar unha experiencia ao lector: “Non é o mesmo que entres e vexas os best-sellers aí en pilas que poder estar remexendo nas estanterías ata atopar algo que che poida interesar”.

Máis que libros

Aira das Letras é unha libraría que xordeu en 2010 en Allariz por iniciativa de Margarita Fernández e Carlos Airas, ao ver que non había na vila librarías adicadas ao libro. César Lorenzo traballa alí, e explica que apostaron desde o inicio por poñer xoguetes educativos, puzzles e outro tipo de artigos que puideran atraer a xente máis alá da vila.
aira das letras
Libraría Aira das Letras, en Allariz. Imaxe: Aira das Letras.

Cos anos, Aira das Letras mesmo desenvolveu un novo xeito de se relacionar cos clientes: “Temos un sistema de amizade coa libraría, no que te das de alta e podes recibir descontos, entre outras vantaxes. Tamén creamos unha comunidade de lectores e xa somos 4000 persoas”, explica César Lorenzo. Desde o inicio, a iniciativa buscou dinamizar a contorna, organizando un concurso de microrrelatos que vai xa pola sétima edición, presentacións, ou vermús literarios en bares de Allariz. En 2017, o proxecto foi máis alá e Carlos Airas iniciou outra fase coa creación da Editorial Aira, que dirixe Lorenzo: “Xa publicamos 11 libros e a partir de 2020 enfocarémonos nos libros onde a seña de identidade sexan a calidade na edición, na ilustracións, etc”.
César Lorenzo, da Aira das Letras: “As novas librarías teñen que dialogar coa súa comunidade lectora e atopar esa resposta do público, e ver que vías poden funcionar e cales non.”

Para Lorenzo, “o éxito das novas librarías, sobre todo nas cidades, é que son moito máis abertas e non teñen prexuízos co lector. As librarias hoxe non poden apostar todo polo fondo, e os problemas poden vir por aí. Houbo un cambio social e mesmo xeracional”. Neste senso, cómpre lembrar iniciativas como a libraría de mulleres Lila de Lilith ou Berbiriana, onde se organizan palestras, clubes de lectura, palestras temáticas ou mesmo podes tomar un café.

Pode parecer entón que hai dous modelos distantes e contrapostos, mais non ten porque ser así. Pilar Rodríguez defende que “as pequenas librarías se actualizaron para vender os medios nas mesmas condicións que outras plataformas. Todas están informatizadas e axilizamos a distribución.” Ana Regueiro di que “xusto agora”, Follas Novas vén de lanzar a venda online: “Levamos 50 anos e acabamos de facela. Temos moito fondo e libros descatalogados que aínda nos piden”.

berbiriana
Berbiriana, na Coruña. Imaxe: Berbiriana.

Malia a renovación das librarías tradicionais e o éxito de librarías innovadoras nas cidades galegas, César Lorenzo sinala que unha das chaves é o diálogo co cliente: “As novas librarías teñen que dialogar coa súa comunidade lectora e atopar esa resposta do público, e ver que vías poden funcionar e cales non. Temos unha vantaxe con respecto a outros comercios, que é o precio fixo, e uns descontos regulados por lei. Aí temos máis facilidade de manobra que noutros negocios onde non hai restricións”.

O que queda dunha librería

Máis alá de todas as análises casuísticas e económicas, hai realidades que perduran a pesar do tempo, e vinte minutos con Rafael Silva dá para unha manchea de anécdotas. Cun sorriso cheo de orgullo, lembra aquel día de verán de 1992 no que uns policías cubanos viñeron identificar aos empregados da Follas Novas: “Estaba Fidel Castro aloxado aí no Araguaney, e veu aquí. Na entrada da libraría había cantidade de mulleres mirando para el”. Conta que tamén pasaron por alí Cela ou Saramago, entre outros: “García Márquez pediu un taxi para vir á libraría. Eu faleille de Cien años de soledad e el preguntoume que tal se vendían os libros de Cunqueiro. Díxenlle que bastante ben e díxome: ‘A min déronme o Nóbel, pero merecíao el’”.

quijote ferrol 2

Igual que na Follas Novas, ben de seguro quedan historias na memoria na Balmes de Lugo, a Michelena de Pontevedra, a Pampín de Vilagarcía ou a Lea e a Quijote de Ferrol. Tamén na libraría que en 1981, Isidoro Blaisten pechou en Bos Aires e que acompañou cun cartel: “Cerrado por melancolía”. Despois de recoñecer o seu fracaso como libreiro, Blaisten centrouse na escritura e publicou un libro de contos ao que titulou coa mesma frase do cartel, e que desde 2014 tamén expón o libreiro José Luis Santalla en Ferrol.

E é que paradoxalmente pechar unha libraría é tan efímero e tan eterno como pechar un libro. A experiencia remata pero as aventuras e a memoria, aí quedan. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Culturas
Cultura Residente cancela todos sus conciertos en los festivales propiedad del fondo proisraelí KKR
René Pérez, cantante y rapero que llegó a la fama bajo el paraguas de Calle 13, abandona los carteles del FIB de Benicasim y del Morriña Fest de A Coruña.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.