Literatura
Por que pecha unha libraría?

A burbulla do aluguer, a competencia das grandes superficies ou os novos hábitos de consumo dificultan a sostibilidade das pequenas librarías tradicionais galegas.

Por qué pecha unha libraría
Por qué pecha unha libraría? Pablo Santiago
16 mar 2020 08:00
Ao camiñar pola rúa Real de Ferrol chama a atención un local empapelado por completo. O papel forma unha fiestra onde un libro reivindica ser lido. O seu título, acompañado dun cartel: “Cerrado por melancolía”. Rapidamente xorde unha pregunta: melancolía de que? A resposta está no propio libro, pero antes, algo de contexto: o número 11 da Real de Ferrol pertenceu á Quijote, unha libraría familiar que abriu alá por 1967 e que en 2014, for por melancolía ou por deixar de ser rendíbel, pechou.
quijote ferrol
Antiguo local da Quijote, en Ferrol. Pablo Santiago

O Observatorio da Libraría de 2019, estudo da Confederación Española de Gremios y Asociaciones de Libreros (CEGAL), revela os problemas polos que cada vez é máis difícil facer sostíbel unha libraría. Por esta orde, son: a venda online de grandes operadores como Amazon, a perda de compradoras de libros en papel, problemas relacionados coa administración e o sistema educativo e en menor medida, os problemas relacionados coas librarías, editoriais e distribuidoras.

“Os libreiros están sometidos a unha maratón pero á velocidade de 100 metros lisos. Necesitas moitísimo esforzo e estar atento aos cambios”.

Sobre a convivencia co online e as grandes cadeas, a presidenta da Federación de Libreiros de Galiza, Pilar Rodríguez, explica que evidentemente, “se baixa o número de persoas que le e aumenta o número de puntos de venda, pois malamente”. Ana Regueiro, libreira da Follas Novas de Compostela, explica que cada vez hai máis competencia: “Se venden unha novela no Carrefour xa non a vendes ti. Afecta a venta online, afecta El Corte Inglés, afecta La Casa del Libro... Hai uns anos tiñamos outra libraría grande xusto enfronte e vendiamos os dous, non había problema ningún. Ao mellor era unha época boa para as librarías e agora á libraría pequena machácana máis”. César Lorenzo, da libraría de Allariz Aira das Letras, cre que o comercio minorista, en xeral, está en crise “porque agora mercamos de todo en internet”. Efectivamente, o estudo da CEGAL confirma que as librarías que venden online facturan máis.

Con todo, desde a Federación non poñen escusas: “A dispoñibilidade inmediata de Amazon non é desculpa. Nós tamén podemos ter un libro dun día para outro, pero claro, hai que ir ou chamar á libraría. Os hábitos de compra mudaron e é moi difícil de interiorizar a responsabilidade de saber o que hai detrás dun click. Vivimos nun mundo complicado”.

Menos vendas e máis gastos

Faino máis complicado aínda o aumento dos prezos do alugueiro. Pilar Rodríguez, que tamén é propietaria da Libraría Padre Feijóo de Ourense, explica que antes tiña un aluguer fixo que era sostíbel, pero iso mudou: “Agora cada dous anos véxome ameazada; antes non había revisións no prezo do aluguer pero agora poden subir non só o IPC, se non o que o propietario decida, sen máis.” Para César Lorenzo, “os libreiros están sometidos a unha maratón pero á velocidade de 100 metros lisos. Necesitas moitísimo esforzo e estar atento aos cambios”.

Chégannos 100-150 novidades á semana, e iso tes que xestionalo, dar espazo ás novidades, devolver fondo... Só nese xogo invistes moitísimo tempo”. A presidenta da Federación de Libreiros insiste na precariedade á que se ven abocadas as pequenas libreiras representadas na Federación: “Se eu vendo 1000 euros, no mellor dos casos quédanme 300 de beneficio. Se con iso teño que pagar o alugueiro e a cota de autónomo... O que queda para min é cero ‘patatero’. Non hai marxe de beneficio”.

As librarías pequenas son as que máis difícil o teñen. Desde 2013 dedicaron un 17% máis de diñeiro para pagar ao persoal e as grandes, en cambio, case un 9% menos.

Segundo os datos da CEGAL, as marxes de beneficio baixaron moito máis que o número de vendas, especialmente de xeito drástico desde o ano 2016. Tendo en conta que o prezo do libro está fixado por lei, dedúcese que o que máis subiron foron os gastos. O estudo da CEGAL, cunha mostra de 268 librarías de todo o estado, recolle que mentres a facturación por vendas baixou un 1,8% no 16/17 e un 3,3% en 17/18, neses anos o índice de beneficio baixou un 35% e un 54%, respectivamente, despois duns anos relativamente positivos. Outro dato rechamante é que desde 2013, as librarías pequenas dedicaron un 17% máis de diñeiro para pagar ao persoal e as grandes, en cambio, case un 9% menos. Ademais, as pequenas sufriron descensos de vendas “máis bruscos” que as grandes.

Máis problemas. En certas zonas das cidades onde o turismo abusivo está a mudar o comercio tradicional, o problema agrávase. Rafael Silva ten 83 anos e é propietario de Follas Novas, libraría de Compostela que leva aberta desde 1971. Conta Silva que daquela na rúa do Vilar había sete librarías: “Comezaba coa Porto, outra en Cervantes, a González —que era do irmán do da outra libraría González, a grande, no número 48—, despois a Galí e xusto ao lado a Encontros. Había máis. E pensar que agora non hai ningunha...”. Identifica Silva esa época cunha imaxe de éxito da rúa e da cidade: “O Vilar daquela era moi importante; eu lembro ver pasar por alí a Franco, a De Gaulle ou ao cardenal Roncalli, que logo foi Papa (Xoán XXIII)”.

O boom das libraríaS DOS 80

Botando a mirada atrás, os libreiros e libreiras sitúan os anos 80 coma a década do boom. De feito, Galiza é a autonomía do Estado con máis librarías por habitante: 13 por cada 100.000, seguida de Castela e León, A Rioxa, Asturias, Navarra, Aragón e Cantabria. Todas no norte.

O auxe das librarías coincidiu co das universidades, como lembra Ana Regueiro: “Había 1.000 alumnos en dereito e non parabamos de vender libros”. Lembra Rafael Silva a competencia —máis ou menos sa— coa libraría González: “Nós eramos pequenos e pediamos, por exemplo, 20 exemplares do Código Civil; pero el —o dono, Manuel González— ao mellor pedía 200. El vendía todo e nós só vendiamos aos que el non podía atender. Era moi listo”. Manuel González faleceu en 2006 e con el, unha libraría que levaba décadas aberta. Anos despois abriron alí un restaurante italiano.

O cambio xeracional é outro dos factores que afecta ás librarías tradicionais. Pilar Rodríguez, da Federación de Libreiros, cre que as librarías que pechan hoxe son moitas das abertas nos anos oitenta: “ante a situación de baixada de ventas e un montón de problemas paralelos... pois en vez de aguantar, vaste”.

Galiza é a autonomía do Estado con máis librarías por habitante: 13 por cada 100.000.

César Lorenzo, da Aira das Letras, vai máis alá: “En Galiza había un sistema de libraría estandarizado con dúas ou tres distribuidoras que che traian todo o que precisabas, un tránsito de alumnado de institutos coas súas lecturas obrigatorias, o libro de texto... era un circuíto establecido. De feito, en moitas vilas a libraría era o típico negocio que as familias de clase media lle montaban aos fillos que tiñan dificultades para meterse no mundo laboral. Hai moitas excepcións, pero en xeral en Galiza vimos dese modelo, que é o que agora está en crise”. 

Literatura
Novas librarías e novas historias
Malia o peche de establecementos clásicos, en Galiza tamén xurdiron iniciativas innovadoras que anovan a propia idea do que é unha libraría.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.
Madrid
Derecho a la vivienda Victoria contra la Sareb: 16 familias consiguen firmar contratos después de años de lucha
Un bloque en lucha de Casarrubuelos (Comunidad de Madrid) consigue formalizar contratos con el banco malo, al que acusan de actuar “como un fondo buitre”. En Catalunya, diez ayuntamientos apoyan los reclamos de 62 hogares en huelga contra La Caixa.

Recomendadas

Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.