As poetas queer ante Luísa Villalta: “A poesía é unha ferramenta para poder cambiar o espazo que habitamos”

Afra Torrado, Cinthia Romero e Lara Boubeta, tres poetas disidentes galegas, xúntanse para reflexionar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia de referentes na literatura e a implicación que ten o Día das Letras Galegas.
poetas queer villalta
Iris Justo As poetas Lara Boubeta, Afra Torrado e Cinthia Romero.
17 may 2024 05:30

Este 2024, o Día das Letras Galegas homenaxea a Luísa Villalta, unha figura poliédrica da nosa literatura: poeta, narradora, dramaturga, ensaísta e tradutora, ademais de violinista. A autora representa unha das voces máis destacadas da literatura e do pensamento galego nas últimas décadas. Pero se hai algo que destaca dela e que atravesa toda a súa obra é o seu compromiso e activismo político.

Luísa estivo presente en diversos espazos e movementos do seu tempo. Entre outros tantos, formou parte da directiva da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, militou no Bloque Nacionalista Galego (BNG), coordinou a área de revisión histórica e análise crítica da cultura no Foro da Cultura Galega, participou no Foro Negro e formou parte activa da Mesa pola Normalización Lingüística. No eido da literatura, a súa pegada feminista quedou plasmada en obras como Papagaio (2005) ou nos seus artigos para A Nosa Terra, que postumamente serían escolmados e publicados no Libro das colunas (2006), nos que reflexiona sobre a educación, a guerra, a situación da lingua galega ou o feminismo. 

A poesía como ferramenta política

Nun discurso que deu no ano 2002 pola celebración do Día da Galiza Mártir en Oleiros dixo que “a literatura sempre é unha actividade política”. Esta premisa serve como punto de partida para reflexionar sobre o estado da poesía galega no noso tempo e, máis concretamente, a poesía que se move fóra das marxes da normatividade e a oficialidade: a poesía queer e disidente.

Afra Torrado, Cinthia Ermitas (c.ermitas) e Lara Boubeta, tres escritoras galegas que se enmarcan dentro desta nova xeración de poetas, xúntanse para conversar sobre o seu vínculo coa poesía, a importancia dos referentes da comunidade e sobre a implicación que ten para a literatura e para a xente nova a celebración do Día das Letras Galegas.

Cinthia Ermitas: "A miña poesía vén dende a vivencia da non normatividade, e dende esa vivencia vaise tecendo e facendo contacto. Aí está a súa potencialidade”

Estas tres poetas atoparon na poesía unha ferramenta para poder falar da experiencia e existencia propia e conectar con outras similares. Tal e como o explica Boubeta: “Para min, escribir é darlles ás demais a oportunidade de compartir algo teu e facelo seu”. Ermitas, pola súa banda, expresa: “A poesía está moi vencellada con romper o silencio dende unha vivencia moi silenciada. Para min, a poesía foi un altofalante”.

A escrita de Cinthia Ermitas trata a interseccionalidade entre a violencia, o corpo e a identidade. Conta como en recitais ou eventos moitas persoas se achegan a dicirlle que a súa poesía ecoa con elas mesmas, “que por fin lle poñen palabras as cousas que viviron, viron ou experimentaron”. “Escribo porque é unha ferramenta que eu preciso para expresar, pero que tamén pode servir para compartir e crear comunidade”. A súa poesía, explica, “vén dende a vivencia da non normatividade, e dende esa vivencia vaise tecendo e facendo contacto. Aí está a potencialidade da poesía”.

“É preciso ter referentes. Grazas a eles, construímos a nosa identidade e nos recoñecemos na alteridade, pero o certo é que o acceso a referentes non é igual para todas as vivencias”

Onde están os referentes da poesía queer galega?

É preciso ter referentes. Grazas a eles, construímos a nosa identidade e nos recoñecemos na alteridade, pero o certo é que o acceso a referentes non é igual para todas as vivencias,  nin existen en todos os ámbitos. No que respecta á poesía e literatura, o primeiro contacto tende a ser no ámbito educativo, un espazo aínda moi nesgado. “Os referentes que tiven foron os que nos daban no instituto, a maioría en castelán e homes. Comecei a atopar outras mulleres referentes na literatura galega facendo un traballo de investigación propio”, conta Lara Boubeta.

A vivencia de Afra Torrado foi a mesma, pero recorda un profesor que tivo na ESO que lle ensinou outro tipo de referentes: “Falounos de Sés e a partir da súa música tamén chegou a poesía de Iolanda Zúñiga ou Lucía Aldao”. “Os referentes son importantes no momento no que chegan, Lucía Aldao chegou a min nun momento de autocoñecemento total”, engade. Torrado recorda que cando lía a súa poesía sentíase totalmente interpelada: “Podo entender polo que estou pasando, quen son”. Cinthia mira a Afra e dille que foi unha referente: “Porque a través de ti descubrín a Lucía Aldao, Andrea Nunes, Regina Touceda…”.

“Para min é como abrir os agasallos de Nadal”, di Lara Boubeta, e engade: “Eu tamén a raíz de coñecer a Andrea Nunes comecei a empaparme de todo este mundo: Silvia Penas, Samuel Merino, Diana Kurich… Un agasallo, outro agasallo: Foi un non parar”.

Existe unha comunidade de poetas queer en Galiza? Afra Torrado, Cinthia Ermita e Lara Boubeta responden a esta pregunta reflexionando sobre como perciben e habitan estes espazos

Tecer rede e comunidade

Queda claro que existen poetas disidentes no contexto literario galego, agora toca preguntarnos onde están? Existe unha comunidade de poetas queer en Galiza? Afra, Cinthia e Lara responden a esta pregunta reflexionando sobre como perciben e habitan estes espazos. “Eu moitas veces vexo ás artistas como illas. Non hai un evento, non hai unha xuntanza. Fixemos un Encontro de Artistas en Moaña o ano pasado e comentouse a necesidade de facer estes encontros, de coñecermos, de compartir, de pasar tempo xuntas para tecer redes”, conta Lara. Cinthia cre que xoga moito en contra a normatividade da propia Academia á hora de xerar comunidade: “Non pasamos os cortes, non interesa”. Continúa dicindo que “desmotiva moitísimo“: ”Déixanos nunha situación de precariedade laboral e vital. Ás veces temos ese veo da norma, dos estilos, do que se supón que se ten que facer”.

A quen representa o Día das Letras?

O Día das Letras Galegas celébrase dende o ano 1963. Este ano Luísa é a sexta muller á que se lle adica o día. Antes dela foron Rosalía de Castro (1963), Francisca Herrera (1987), María Mariño (2007), María Victoria Moreno (2018) e Xela Arias (2021). Entre unhas e outras, chegaron a pasar máis dunha vintena de anos adicados exclusivamente a escritores homes.

“É un día que debería ser precioso para a cultura galega, pero non deixa de pecar de certo elitismo, cun nesgo moi claro cara a figuras masculinas”, comenta Cinthia, quen explica que isto faille desconectar desta celebración. “Hai un problema da xente nova coa cultura e coa creación. Entre a precariedade, os referentes que sempre son os mesmos. Como vas a conectar? Como vas a interpelar? É algo a revisar e comezar a buscar outras formas de crear e de facer as cousas diferente”, denuncia. “Hai que darlle unha volta, xa está desfasado”, di Lara. “Estamos bastante fartas de que todo sexan señores cishetero brancos”, conclúe Afra.

“As Letras teñen que ir acompañadas de referentes, como no caso de Luísa e do seu feminismo. Agora toca ir  máis alá e engadir a unha persoa do colectivo que loitara polos nosos dereitos”, di Lara Boubeta.

Cal sería o ideal arredor do Día das Letras Galegas?

Ante esta pregunta, son varios os puntos que se plantexan. Por un lado, a falta de representación non só das mulleres, senón tamén das disidencias. “As Letras teñen que ir acompañadas de referentes e neste caso de activismo, como no caso de Luísa e do seu feminismo. Agora toca ir un pouco máis alá e engadir a unha persoa do colectivo que loitara polos nosos dereitos”, di Lara.

Neste xogo a supoñer e plantexar ideais, ponse tamén sobre a mesa a posibilidade de adicarlle o día a persoas vivas. “Parece que todos os escritores están mortos”, di Afra de forma irónica. “Penso que culturalmente tendemos moito ao derrotismo. Se só se celebra unha cultura dos mortos a xente viva queda apartada. Non digo abandonalo por completo, pero si igual mesturalo”, propón Cinthia.

poetas queer villalta 2
Cinthia Romero, Afra Torrado e Lara Boubeta. Iris Justo

Existen experiencias e celebracións que apostan por este novo paradigma con respecto á literatura e poesía galega. É o caso do Día das Galegas nas Letras, unha proposta impulsada pola Plataforma de Crítica Literaria Feminista A Sega e que leva celebrándose dende o ano 2014. Unha das características é que poden ser homenaxeadas escritoras vivas. “O do Día das Galegas nas Letras é marabilloso, porque chaman a esa persoa para darlle a noticia”, explica Lara.

Afra, Cinthia e Lara concordan neste afastamento, desconexión e falta de representación no Día das Letras, pero proxectan un futuro no que si haxa proximidade e representación. Ademais, destacan o traballo que académicas como Ana Romaní, Margarita Ledo ou Marilar Aleixandre, entre outras, están a facer dentro da propia Academia.

Neste sentido, Cinthia fala dunha débeda histórica a solventar por parte da Academia: “Creo que é importante non soamente que dentro de moitos anos haxa figuras que nos ecoen e nos representen, senón que tamén é importante recoñecer que sempre houbo persoas fóra da normatividade masculina. Hai que facer un traballo de recuperación. Por moito que sigamos propoñendo novos paradigmas, hai unha débeda histórica que é necesario poñer no centro”.

Poesía
Pensamento, emoción, Bach e muiñeira vella: isto é Luísa Villalta
Marga do Val, Armando Requeixo e Xurxo Souto reflexionan arredor da vinculación entre poesía e música na obra Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...