Catro concellos galegos esixen certificados de non embarazo ás mulleres que aspiran a brigadistas

O sindicato CIG recorre as bases de varios concursos públicos dos municipios do Irixo, Val do Dubra, Carballo e Santa Comba por discriminar ás mulleres que queren examinarse nas probas físicas das traballadoras contra incendios.
brigadistas incendios 2022 gz
Alma López Figueiras Brigadas do servizo de prevención e extinción de incendios forestais en Arbo (Pontevedra).
9 jul 2024 11:04

O sindicato maioritario de Galiza, a CIG, presentou varios recursos contra as bases dos concursos públicos para a contratación de Brigadas de Reforzo en Incendios Forestais nos municipios do Irixo, Val do Dubra, Carballo e Santa Comba debido a que discriminan ás mulleres ao requirir un certificado de non estar embarazadas para participar nas probas físicas de cada oposición.

A CIG esixe a anulación das bases dos concursos e a convocatoria de mesas xerais para a negociación de novas regras

Desde a central sindical explican que esta esixencia é ilegal e vulnera tanto a Constitución española como a lexislación estatal e europea en materia de igualdade e non discriminación e ademais, engaden, existe suficiente xurisprudencia respecto diso. En consecuencia, esixen a anulación das bases destes concursos e a convocatoria de mesas xerais para negociar novas bases de contratación para a oferta de emprego público dos respectivos concellos.

“O embarazo nunca pode ser motivo de exclusión dun proceso selectivo nin impedimento para participar nel. O certificado médico debe establecer se unha persoa está apta ou non para realizar determinadas probas físicas, pero non se pode esixir como requisito un papel que acredite que non estamos embarazadas”, sinalan fontes do sindicato nacionalista.

Desde a CIG-Administración e a Secretaría da Muller da CIG censuran que esta “violación flagrante” dos dereitos das mulleres mediante a incorporación dun criterio sexista se produza nun concurso público promovido polas administracións públicas “que deben garantir precisamente o cumprimento da lei e a igualdade entre as persoas”.

Lamentan que as bases carezan de perspectiva de xénero e que nin sequera se incorporou unha linguaxe inclusiva na súa preparación: “Isto demostra unha vez máis que as administracións públicas non vixían estas cuestións, tan importantes para garantir os dereitos das mulleres”. Por iso, non descartan a posibilidade de mobilizacións no caso de que non se poña fin a esta discriminación.

Biodiversidad
Brigadas para salvar os nosos montes

Decenas de voluntarias únense para defenderen a biodiversidade dos montes galegos. As brigadas  deseucaliptizadoras queren facer partícipe á toda a sociedade da defensa dos nosos bosques

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...