Biodiversidad
Brigadas para salvar os nosos montes

Decenas de voluntarias únense para defenderen a biodiversidade dos montes galegos. As brigadas  deseucaliptizadoras queren facer partícipe á toda a sociedade da defensa dos nosos bosques

Brigadas Eucaliptos Verdegaia
O traballo consiste en cortar os pequenos brotes de eucalipto e en plantar carballos e outras especies. Elena Martín
31 ago 2018 10:11

É pleno xullo e o sol non dá tregua. Son poucas as sombras que protexen a aqueles que se aventuran a entrar nun bosque desertificado, pero isto non frea ao grupo de voluntarias que traballa arreo con luvas, machadas e sachos en man para librar unha batalla medioambiental. Precisamente, o sol é un dos maiores inimigos do monte galego, anegado de eucaliptos —unha especie famosa pola facilidade coa que prende— e este grupo de brigadistas sábeo. Esta fin de semana toca brigada en Froxán, no municipio de Lousame, e decenas de voluntarias chegan a primeira hora da mañá coa intención de salvar os nosos bosques.

“As de Verdegaia son unhas cracks, unha pena que non haxa máis visibilidade nas rúas do que fan para que se anime a vir máis xente. Unhas amigas e máis eu estamos pensando en colgar cartaces para publicitalos”, di Ester, unha das voluntarias. “Non me gustaría ter que recorrer a iso, pero quizais se convencemos a unha personaxe como Luz Casal para que veña, ou alguén así, entón si virían moitas máis persoas”, bromea.

Roga e albaroque

Verdegaia é a asociación que organiza estas brigadas. Levan desde abril deste ano xuntando xente para cortar os eucaliptos dos montes comunais e replantar especies autóctonas galegas, como carballos ou salgueiros, coa intención de salvar a biodiversidade dos nosos montes e previr os incendios que non fan máis que aumentar cada ano pola presenza desta especie invasora. De feito, as brigadas nacen na primavera do 2018 como resposta á tráxica vaga de lumes que afectou ao país durante o ano 2017, acabando con 62.000 hectáreas: o 80% das cales foron arrasadas durante os terribles incendios de outubro dese ano. Vendo que a axuda non ía chegar por outras frontes, esta asociación decidiu que o mellor que podían facer era coidar eles mesmos dos nosos bosques, e así foi como naceu esta iniciativa. En Froxán, concretamente, levaban xa meses tirándose ao monte para limpalo, antes incluso do inicio desta iniciativa, co cal son uns veteranos no tema.

“A brigada comezou aquí, en Froxán, como unha forma de voluntariado ambiental baixo os conceptos tradicionais de roga e albaroque”, conta Xoán, o coordinador das brigadas desta comarca.

Roga é unha ao traballo colectivo, e albaroque é o xantar comunal que se lle ofrecía tradicionalmente á xente despois do esforzo. É por isto que estas brigadas son moito máis que unha chamada á acción medioambiental, son tamén, como as súas organizadoras din, “reunións de carácter lúdico, participativo, educativo, sensibilizador e de extensión, un xeito único de coñecer e aprender a respectar e coidar do territorio máis próximo.” E todo iso co engadido de que os seus resultados son tanxíbeis e está demostrado que, alí onde van, a situación dos montes mellora.

Nas brigadas traballan man a man persoas a título individual, xunto con colectivos e os propios donos dos montes que “contratan” os servizos de Verdegaia para que se limpen os seus terreos, así como os montes veciñais. A súa labor pedagóxica vai máis aló de ensinarlles aos nenos e nenas galegas os nomes da nosa flora e fauna, ou levalos ao monte para que elas mesmas planten e coñezan a natureza que as rodea de primeira man, senón que tamén ensinan aos voluntarios sobre a nosa historia e o dano que fan as especies invasoras a enclaves significativos. Este foi o caso, por exemplo, da brigada do Castro de Bexo, a finais de xuño, onde un arqueólogo levou ás persoas voluntarias a unha ruta con explicacións sobre antigos xacementos, e onde se remarcou a importancia de manter o patrimonio limpo de eucaliptos para evitar a destrución de lugares claves da Galiza castrexa. E ademais son un xeito perfecto de coñecer xente, facer exercicio, aprender sobre a nosa natureza e axudar a salvar os bosques autóctonos deste problema crecente

A árbore australiana

“Os eucaliptos son un verdadeiro problema, non só por que son unha especia invasora pirófila, senón porque ademais non deixan crecer outras plantas propias da nosa terra e desertifican o terreo que invaden”, conta un dos voluntarios.

E sen dúbida, esta é unha realidade coñecida por todas as galegas. Os eucaliptos, árbore orixinaria de Australia, xeran un impacto prexudicial sobre a diversidade do espazo no que medran, provocando erosión, contaminación e creando desertos con aparencia de bosques vivos. Debido ao seu rápido crecemento e ao feito de que o lume axuda a que medren, son ademais unha especie moi difícil de erradicar.

verdegaia brigadas
As brigadas nacen como resposta á vaga de lumes que afectou ao país durante o ano 2017. Elena Martín

Os eucaliptos foron introducidos en Galicia no século XIX, polo Frei Rosendo Salvado, namorado de Australia, que veu ata aquí cunha caixiña chea de sementes desta especie, regalo dun grupo de nativos desta illa de Oceanía. Aínda así, foi outro autóctono, Rafael Areses Vidal, o que comezou a plantalos no monte Aloia, primeiro parque natural de Galicia, decatándose de que eran as únicas plantas que se daban na zona de pedra inhabitable e inaccesible que era entón ese monte. Se ben as intencións de ambos non eran malas, senón que se relacionaban coa facilidade que tiña esta árbore de crecer en sitios onde outras plantas non eran capaces, a día de hoxe está demostrado o terrible impacto ecolóxico que a longo prazo acabou causando esta especie, xunto coa acacia, tamén introducida entón. Durante a ditadura Franquista, ademais, o rápido crecemento desta especie, e a súa sinxela propagación, fixeron que Franco subvencionase e promovese a planta masiva de eucaliptos para a industria madereira, xa que o eucalipto ten unha gran facilidade de combustión, coincidindo ademais coa apertura de ENCE nas beiras da Ría de Pontevedra.

Na actualidade, con máis de medio millón de hectáreas desta especie exótica medrando en chan galego, unha superficie que nin sequera a propia Xunta foi quen de prever que acabaría cubrindo (un 76% máis do que se calculaba que ocuparía na actualidade), o problema do eucalipto alcanzou unhas cotas dramáticas. A situación é tal que incluso o Comité Científico de MAPAMA elaborou un dictame sobre esta especie onde “se conclúe que se debería incluír no Catálogo de Especies Exóticas Invasoras regulado polo R. D. 630/2013, debido ao alto risco de invasión, consecuencia das súas características biolóxicas, fisiolóxicas e ecolóxicas”. E entre as súas recomendacións, fálase da erradicación para evitar que se acomode nos nosos montes, acabando co resto das especies. Dictame que, por outra banda, o goberno central intentou desacreditar co informe dun catedrático da Universidad Politécnica de Madrid patrocinado pola propia ENCE.

A causa común

E por iso que os voluntarios e voluntarias de Verdegaia decidiron que xa é suficiente e que, se ben a crenza popular é que só a administración pública ou os forestais poden facer algo para protexer a nosa biodiversidade, Verdegaia está precisamente intentando darlle a volta ás tornas, facéndonos partícipes do futuro do noso monte. Se todas vivimos grazas á nosa natureza, entón que mellor que participar como sociedade para transformar a situación de desamparo e destrución á que parecen sumidos os nosos bosques, convertendo o futuro de Galicia nunha causa común, onde todas podemos protexelo, restauralo e defendelo.

É mediodía e as brigadistas deciden darse un descanso. Unha das habitantes da aldea cercana de Froxán deixou unha caixa de froita, chea de bananas e mazás para que as voluntarias se refresquen. Protexidas baixo a sombra dunha árbore frondosa, as participantes do programa aproveitan para relaxarse, beber auga, intercambiar opinións e coñecerse mellor. E en momentos como este onde se nota que estas brigadas son moito máis que tala de eucaliptos e replantacións, son unha oportunidade para aprender sobre a nosa natureza e coñecer a outras persoas con inquietudes medioambientais. Pero o descanso non tarda en rematar, aínda queda moito por facer, e pronto un dos voluntarios ponse de pé. “Haberá que voltar á faena, non? Mentres estamos aquí sentados están medrando os eucaliptos!”, bromea.

E así voltan ao traballo, que consiste maioritariamente en cortar os pequenos brotes de eucalipto coas machadas e os sachos para evitar que volvan medrar e, en temporada, a plantación de carballos e outras especies que protexerán o monte e volverán a converter a zona nun verxel cheo de vida.

“É o que máis caracteriza a unha especie invasora como esta, a facilidade coa que se expande e aparece alí onde ninguén a chamou”, explica outra brigadista. “Por iso non podemos parar, e por iso espero que as brigadas sexan cada vez máis xuntas no tempo”.

E así está acontecendo. Se ben tradicionalmente os donos dos montes adoitaban plantar moitos eucaliptos xa que é unha árbore que dá cartos facilmente, hoxe en día xa son moitos os que están concienciados e decátanse da importancia da súa eliminación se queremos que o monte siga tendo vida dentro dun século. Ademais, gracias ao traballo colectivo destas brigadas, os donos de zonas de terreo con alto risco de incendio pola alta presenza de eucaliptos non teñen por que facer o traballo sós, e teñen axuda para limpar o seu monte, evitando incendios, multas e contribuíndo a protexer a biodiversidade de Galicia. Tanto para as voluntarias, organizadoras como as propietarias dos montes, as brigadas de Verdegaia son un programa único e necesario.

É a hora de comer, e as brigadistas séntanse a descansar e a dar conta do xantar comunal, o albaroque, ao que son convidadas. Saben que aínda queda moito por facer, pero polo menos hoxe marcharán a casa coa sensación de que, paseniño, paseniño, quedan menos batallas por librar para recuperar o verde e a frondosidade do bosque autóctono galego.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Pesca
Biodiversidad Un boicot al pescado de las Feroe para frenar la matanza de más de un millar de delfines y ballenas al año
Nueve supermercados españoles comercializan bacalao de las Feroe. España compra a las islas 83,4 millones de dólares anuales, principalmente en productos del mar.
El Salto Radio
El Salto Radio Árboles contra el desierto
Las señales de hoy no sólo quieren hablar de árboles y bosques, de reforestación, de recuperar nuestros entornos maltratados. También pretenden sembrar un poquito de esperanza ante tanta desolación, porque hay muchas cosas que podemos hacer, que ya s
Industria alimentaria
Neocolonialismo empresarial La industria salmonera devasta el mar patagónico en Chile
Esta empresas transnacionales están contaminando con antibióticos el mar chileno. Además debido a la sobreproducción, millones de ejemplares están depredando a las especies locales, afectando gravemente al equilibrio marino.
#22569
6/9/2018 12:46

O capitalismo non permite salvar os nosos montes. A esquerda tricornier non esta para isto. O remedio esta inventado fai tempo. Socialismo ou morte (literal).

1
0
#22568
6/9/2018 12:46

O capitalismo non permite salvar os nosos montes. A esquerda tricornier non esta para isto. O remedio esta inventado fai tempo. Socialismo ou morte (literal).

2
0
#22372
2/9/2018 12:17

Grazas polo articulo. ¿Un enlace para contactar con algunha destas brigadas?

2
0
#26359
19/11/2018 2:03

http://verdegaia.org/brigadas/

0
0
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Rumanía
Rumanía La ultraderechista Alianza para la Unión de los Rumanos de George Simion se destaca para la segunda vuelta
La extrema derecha rumana sale de nuevo reforzada pese a la eliminación de la carrera electoral de su otro representante, Calin Georgescu. La segunda vuelta de las elecciones será el 18 de mayo.

Últimas

València
València Rechazada la querella por tortura contra Ramón, policía infiltrado en València
Un juzgado de València desestima el recurso presentado por Alerta Solidària contra la inadmisión de la querella criminal por torturas contra el agente que pasó dos años infiltrado.
Opinión
Opinión El apagón y la ofensiva nuclear de las derechas
El gran apagón se ha producido en medio de una auténtica guerra cultural de la derecha contra el plan de cierre de las nucleares.
Más noticias
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición El PSOE se mira en el espejo de Canadá
La irrupción de un enemigo exterior poderoso como Trump ha provocado un giro rotundo en las elecciones del país norteamericano, catapultando a los progresistas tras estar al borde de una dura derrota.
Economía social y solidaria
Cooperativismo Economías tejidas por mujeres: feminismo y cooperativismo en Madrid, una genealogía por contar
La Economía Social y Solidaria feminista no ofrece fórmulas mágicas, pero sí un horizonte: uno donde lo productivo y lo reproductivo, lo económico y lo afectivo, dejen de estar enfrentados.
Huelva
Huelva Jornaleras de Huelva en Lucha interpone la primera denuncia por el despido de una temporera marroquí
La sección sindical, recién constituida, asegura que “abren la veda” para denunciar otros atropellos laborales similares en contratos fijo-discontinuos de trabajadoras contratadas en origen.
Artes gráficas
Andalucía Poevélez: Cuando poesía e imagen mezclan, funden y subliman
La muestra colectiva de diversos artistas del panorama nacional nos presenta ejercicios de poesía visual desde diversas disciplinas como el collage y la fotografía y se puede visitar en la Fundación Eugenio

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña e Ourense mercaron material policial a Israel por medio millón de euros en só catro anos
O alcalde ourensán, Gonzalo P. Jácome, adxudicou un contrato por 70.000 euros días despois do sete de outubro. Abel Caballero asinou outro de máis de 200.000 euros e a alcaldesa da Coruña seguiu a estela cun contrato de 170.000 euros.