Que papel xoga Abanca no proxecto da celulosa de Altri en Galiza?

A sociedade público-privada Impulsa Galica, que cimentou os primeiros plans da multinacional papeleira e Greenalia está participada fundamentalmente pola Xunta e polo banco que xurdiu da desastrosa fusión das caixas de aforro galegas.
Escotet y Rueda
O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet Rodríguez, co presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda e o conselleiro delegado de Abanca, Franciso Botas.
21 abr 2025 05:30

O proxecto de macrocelulosa de Altri e Greenalia en Galiza sería inconcibible sen o traballo incansable de dous actores fundamentais: a Xunta e a sociedade público-privada Impulsa Galicia, participada maioritariamente polo Goberno galego (40%), Abanca (38%), Reganosa —controlada polo grupo propietario dos supermercados Gadis— (12%) e Sogama (10%).

Aínda que ao comezo, cando o relato da fábrica de fibras téxtiles do gabinete de Alberto Núñez Feijóo e Alfonso Rueda aínda seguía en pé, non se agochaban. Asistían xuntos a presentacións formais co Goberno galego ou viaxaban a Bruxelas a buscar financiamento. Agora, despois da enorme contestación social e tras desvelarse tamén que a factoría que se pretende situar en Palas de Rei (Lugo) producirá en realidade 400.000 toneladas anuais de celulosa e subprodutos como xeso, as súas aparicións públicas esvaecéronse.

Ao comezo de todo este percorrido, finais do ano 2021, incluso os eufemismos eran outros. O proxecto que a sociedade da Xunta e Abanca presentaron chamábase 'Xestión sostible dos bosques galegos'. O proxecto, lembran desde Impulsa, naceu nos despachos da Xunta de Feijóo: “Unha vez concibido o proxecto en Impulsa Galicia, contactouse cos líderes do sector a nivel mundial para presentarlles a oportunidade. Dentro deste proceso, leváronse a cabo negociacións minuciosas con catro grandes empresas de ámbito nacional e internacional con capacidade para executalo”, pódese ler aínda na presentación das primeiras informacións públicas arredor da factoría.

O negocio, constatan, era millonario: “Todas elas mostráronse interesadas pola dimensión do proxecto (...) Seguiuse un proceso de negociación equitativo, estruturado e homoxéneo cos potenciais socios promotores que se estendeu desde maio ata setembro de 2021. Finalmente, chegouse á firma dun memorándum de entendemento coa portuguesa Altri”. Alí callu todo.

Que é Impulsa Galicia realmente?

A pregunta ten difícil resposta. Nos papeis, Impulsa, que en realidade chámase Sociedade para o desenvolvemento de proxectos estratéxicos de Galicia SL, é unha sociedade público-privada promovida pola Xunta de Galiza para “axilizar iniciativas empresariais tractoras” creada ao calor da aparición dos fondos de recuperación económica da Unión Europea tras a pandemia de Covid-19, os Next Generation. Con ela, o Goberno do daquela presidente da Xunta, Núñez Feijóo, pretendía tender unha ponte entre a administración que dirixía e as grandes empresas da oligarquía galega para facilitar o seu acceso aos fondos públicos.

Precisaba unha entidade financeira que o avalase e aí apareceu Juan Carlos Escotet, o banqueiro venezolano presidente de Banesco que se fixo con Abanca tras a desastrosa xestión da fusión das caixas de aforro galegas. A famosa e torpe operación financeira avalada por Feijóo onde se dilapidaron 8.000 millóns de euros de diñeiro público e cuxos directivos acabaron en prisión.

O consello de administración de Impulsa é unha fotografía nítida dos intereses que se protexen tras o proxecto de fábrica de celulosa. A presidenta é María Jesús Lorenzana, a conselleira de Economía, Industria e Innovación da Xunta. O vicepresidente é Francisco Botas, conselleiro delegado de Abanca. Entre os seus conselleiros, por citar só un par, atópase o expresidente da Xunta, Fernando González Laxe; ou o secretario Eduardo Cortizo, responsable de asesoría xurídica de Abanca e secretario tamén do consello do Deportivo.

Unha sociedade medio pública, medio privada e enteiramente opaca

Da trastienda de Impulsa Galicia apenas se coñece a información que está presentada no Rexistro Mercantil. A pesar de ter unha participación maioritaria dunha entidade pública, a Xunta negouse durante os últimos catro anos a facer o máis mínimo exercicio de transparencia. A comezos do mes de abril, o Consello de Contas, ente fiscalizador das contas e da xestión económico-financeira do sector público galego, reprendía á Administración autonómica por iso, reiterando que aínda non puxo en marcha a súa recomendación para “transparentar” as finanzas de Impulsa Galicia e Recursos Naturais de Galizcia, outra das sociedades cunha estrutura similar.

Trátase de dúas entidades nas que o Goberno autonómico actúa como “o socio de referencia que posúe a maior participación de todos os accionistas”, tal e como se recolle no informe económico-financeiro sobre as entidades instrumentais correspondente ao exercicio 2023, que o Consello enviou para tal efecto ao Parlamento galego.

Este informe, entre outras cousas, responde ás alegacións presentadas pola Xunta, aclarando que “en ningún caso” se cualifica a Impulsa Galiza nin a Recursos Naturais de Galiza como sociedades públicas autonómicas conforme aos criterios establecidos pola lei reguladora da administración xeral e do sector público autonómico de Galiza (Lofaxga).

Non obstante, o órgano fiscalizador resalta no traballo que “a existencia de indicio de control público ou, en todo caso, a innegable influencia pública significativa recomenda incrementar as esixencias de transparencia e control”, motivo polo que desestiman as alegacións da Xunta.

Ademais, sublíñase que diversos factores como a promoción pública, a configuración dos seus órganos de goberno, a situación en dependencias oficiais, a designación de responsables ou o dereito de veto en decisións clave evidencian “indicadores de control público e/ou influencia pública significativa” que a Xunta intenta pasar por alto.

Fronte a iso, o informe reprócalle que o Goberno de Rueda “non aprobou un marco normativo nin ten implantadas medidas de xestión que incrementen o nivel de transparencia e supervisión nestas entidades nas que a participación pública, aínda que poida non ser maioritaria, é moi relevante”.

Contas lembra que Impulsa Galiza “non rendeu contas nin se integrou nos orzamentos xerais”, e que “a Xunta de Galiza ten unha participación do 48,02% no capital e o 50% dos dereitos de voto”, apuntando ademais que a presidencia da entidade recae na conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana.

Por todo iso, o órgano fiscalizador conclúe que “tendo en conta todos estes elementos, a Xunta de Galiza como accionista de referencia debe arbitrar as medidas oportunas para transparentar a actuación financeira desta entidade e para que a súa actuación sexa sometida a control público”.

Tribuna
Carta aberta a José Soares de Pina, CEO de Altri: “Paren este proxecto que Galicia nin quere nin necesita”
Os argumentos para apoiar o que dicimos son moitos. Situaríanse nun terreo no bordo da ZEC Serra do Careón; provocarían un novo ciclo de plantación masiva de eucalipto ou de importación de países do Sur; e o máis importante: non teñen licenza social.
Opinión
Organizar o boicot contra Altri e Greenalia
O poder da oligarquía galega xa demostrou a súa capacidade para tirar adiante coa construción dunha fábrica de celulosa que boa parte de Galiza rexeita. Tras o visto e prace ambiental da Xunta, cómpre cambiar a estratexia de presión.
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 1
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...

CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
AGANTRO
O desprazamento forzoso en Chiapas: metáfora da vida núa
Conversamos coa investigadora América Navarro sobre o desprazamento forzoso en Chiapas.
Altri
Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Salto medra contigo
O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Orgullo
O Orgullo Crítico enche de diversidade e de humanismo Galiza: “Transfeministas con Palestina”
Crónica visual de como unha enorme multitude encheu de diversidade o centro da cidade de Vigo.
O Teleclube
'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
O Teleclube
'O Teleclube' pecha a temporada cos supervivintes de '28 anos despois'
Danny Boyle e Alex Garland volven ao mundo dos infectados que inspirou o renacemento dos 'zombis'.

Recomendadas

Medio rural
A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Migración
A veciñanza mobilízase para acoller migrantes tras o peche de centros de Rescate Internacional en Galiza
Tras o progresivo desmantelamento de varios dispositivos de acollida, moitos refuxiados foron trasladados a outros puntos do Estado sen aviso previo. Outros son simplemente desaloxados trala denegación da súa solicitude de asilo.
Ourense
Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.
Comentarios 1

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...