mariscadoras noia 1
Mari, Rosa e Laura na praia do Testal, onde van ao berberecho. Pablo Santiago

Medio ambiente
A loita pola defensa do maior banco de berberechos de Galicia: “As verteduras vannos deixar sen futuro”

A Xunta autoriza o baleirado de 890.000 metros cúbicos de augas con metais pesados nun río para reactivar a mina de volframio de San Finx.

Rosa Martínez tomou consciencia do que lle viña enriba un día de febreiro lendo a prensa. A Xunta autoriza a vertedura de augas residuais da mina de San Finx ao rego de Rabaceiras, rezaba un pequeno titular nun xornal rexional. Non daba crédito. Ela forma parte dunha das máis de 1.500 familias de mariscadoras que faenan nas praias da ría de Muros e Noia. Como todas as súas compañeiras, Rosa sabía que aquela non era unha nova calquera. O arroio das Rabaceiras forma parte da rede fluvial que alimenta a ría que lle dá de comer. A ría onde se atopa o maior banco de berberechos de Galicia. Non é unha esaxeración. Desas areas sae o 70% do berberecho que se produce no país. É o sustento principal das vilas de arredor. Segundo os cálculos do propio Goberno galego, preto de 5.000 familias están asentadas nese enclave e iso é grazas a este sector primario. “Hai comercio e hostalaría porque hai berberecho e ameixa. O primeiro chanzo da riqueza deste lugar sae do mar. Se nós non podemos ir á marea, aquí non vai haber futuro. As verteduras vannos deixar sen el”, relata.

Ela e as súas compañeiras recoñecen que teñen medo pola incerteza do que poda acontecer río arriba. A apenas sete quilómetros de alí, están localizadas as minas de San Finx (Lousame, A Coruña). Hai máis de cen anos, nese lugar instalouse unha explotación de minaría de volframio e estaño. O auxe, claro, chegou na Segunda Guerra Mundial. Os ditadores fascistas Francisco Franco e Adolf Hitler asinaron un acordo en Hendaia que, entre outras cousas, comprometeu ao Estado español a satisfacer a demanda destas materias primas para o armamento do exército da Alemaña nazi. Naquela altura, a mina chegou a ter máis de trinta puntos de extracción diferentes e, hoxe, alí fican os restos. A mina parou de explotarse en 1989 e asolagouse con centos de miles de metros cúbicos de auga que agora contén metais pesados como zinc, cadmio e cobre. Toda esa auga en condicións extremadamente perigosas para a saúde do medio ambiente e humana é a que a Xunta acaba de autorizar bombear. Exactamente, 890.000 metros cúbicos que serán baleirados, en última instancia, na ría de Muros e Noia.

mariscadoras noia 2

Unha batalla longa do ecoloxismo galego
“É un primeiro desenlace a sete anos de atrasos”, lembra Joam Evans, activista de Ecoloxistas en Acción e unha das persoas que de máis preto segue un conflito medioambiental que leva enquistado na súa vila máis dun século. Como boa parte das mariscadoras, Evans explica que ten esperanza na vía xudicial: “Neste caso estanse a facer as cousas desordenadamente. A Xunta autoriza estas verteduras para unha explotación mineira sen que esa propia actividade teña unha Declaración de Impacto Ambiental aprobada”. A sociedade civil da comarca xa esgotou as ferramentas da vía administrativa e este, apuntan, será o fío que vertebre os procesos xudiciais que chegan de forma inminente. A resolución definitiva pode producirse dentro de case unha década se as apelacións acaban no Tribunal Supremo. Por iso, lembra o Evans “resulta fundamental conseguir unha paralización cautelar”. Se non, o dano no medio natural pode demorar décadas en recompoñerse. Sen esa medida e coa autorización da Xunta xa activa, a empresa podería comezar as verteduras “aínda que dentro dunha década se declarase ilegal”. Ademais, recoñecen que xa están formalizadas denuncias por vía penal contra os tres funcionarios que tramitaron a resolución e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez.

Segundo o Goberno galego, preto de 5.000 familias están asentadas e iso é grazas ao marisqueo

A bióloga da Confraría de Pescadores de Noia, Liliana Solís, complementa con argumentos científicos o clamor das persoas que mariscan a pé. “A bioacumulación de metais pesados en organismos mariños como o berberecho e a ameixa pode ser perigosa debido a que poden causar efectos negativos na saúde humana ao ser consumidos”, expón. Este tipo de metais do que hai constancia nas minas de San Finx, como o cadmio, o cobre e o zinc, son elementos químicos tóxicos que fican presentes na auga e o sedimento do mar. Os organismos mariños, especialmente o berberecho e a ameixa, poden absorbelos a través da filtración de auga e a inxesta de sedimentos. Entón, vanse acumulando nos seus tecidos e non se degradan. Se as persoas inxerisen mariscos contaminados poden chegar a desenvolver efectos negativos na saúde humana. O cadmio, por exemplo, pode danar severamente os riles. Pero o certo é que a normativa actual non permitiría que chegasen á cadea alimentaria e, ese, é o gran risco socioeconómico que sobrevoa a ría.

mariscadoras noia 3

Un clamor social na comarca

“Enfrontámonos a que se eses niveis de presencia de metais pesados superan os permitidos pola propia Xunta de Galicia, declararían os bancos marisqueiros como non aptos para o consumo. Sería un golpe fatal para as nosas vidas”, lamenta a traballadora do mar, Rosa Martínez. Os seus pais gañaban a vida co marisqueo. Os seus avós, o mesmo. Foi o que lles permitiu asentarse no territorio e non ter que migrar. Por iso, di, vai chegar a “onde faga falta”. “Se hai que engancharse con cadeas á mina, pelexarse ou durmir alí, que teñan claro que imos facer iso e todo o que poidamos”, avisa. Esta muller non está soa. Ao seu lado ten á meirande parte da sociedade civil da comarca. “Na fin última, as persoas decatáronse de que se isto falla, acabaremos sendo expulsados de aquí todos. Eu quero que as miñas fillas poidan vivir aquí e, coma min, calquera veciño”, reflexiona.

“Non imos permitir que haxa ningunha clase de toxicidade na ría, sexa da mina ou de onde sexa. A ría é nosa e vamos a loitar por ela”

Desa transversalidade dá boa conta a última gran mobilización social que aconteceu na vila. “Alí veuse a influencia potencial que esta atrocidade pode ter na vida das familias que vivimos aquí”, sinala o patrón que representa os mariscadores a pé da confraría, Francisco Pérez. “Ninguén dá garantías de nada. Fálase de que se van facer depuracións, pero non hai nada que as acredite. Por iso protestamos”, engade. “Non podemos permitir que desaloxen esa auga porque sería un cancro para a nosa ría, que antes ou despois chegaría ao seu fin. Son moitos postos de traballo directos e indirectos. As catro confrarías da comarca decidimos que non se debe verter esa auga e loitaremos co que faga falla para que non se faga“, berrou o patrón maior da confraría de Portosín, Isaac Gaciño, diante dunha praza ateigada de xente hai apenas dúas semanas. “Ese día viuse a dimensión do que pode significar para nós. Pecharon os bares, os comercios, as panadarías... Estamos todos xuntos nisto”, reivindica Rosa Martínez. “Esta loita acaba de empezar, temos que seguir, non podemos parar. Non imos permitir que haxa ningunha clase de toxicidade na ría, sexa da mina ou de onde sexa. A ría é nosa e vamos a loitar por ela”, concluía o patrón maior de Portosín nunha das manifestacións máis grandes que se recorda na vila.

Alí tamén estaba Manoel Santos, coordinador de Greenpeace en Galicia, que secunda o apoio á veciñanza. Lembra que os perigos ambientais asociados á minería son diversos e van desde a degradación do chan e a auga até a emisión de gases tóxicos e a destrución de hábitats naturais. Un dos maiores problemas é a contaminación do chan, xa que a extracción de minerais implica a remoción de grandes cantidades de terra e roca, o que pode xerar danos irreversibles nos ecosistemas naturais. Ademais, os residuos xerados pola actividade mineira poden conter sustancias tóxicas como o mercurio, o chumbo, o cianuro e outros metais pesados que poden filtrarse no chan e a auga subterránea. Sobre iso, engade Joam Evans, “no futuro pode ser aínda peor”. Nesta altura, esas augas xa contaminadas “teñen unha presencia de metais pesados moi inferior do que terían se a actividade mineira volvese arrincar”. Ademais, a construción das presas e diques para almacenar os residuos mineiros (que xa existen) interrompen o fluxo de auga natural e que altera o ecosistema acuático. De feito, aínda hoxe o ríos que pasan ao carón da mina flúen contaminados pola actividade mineira do pasado.

mariscadoras noia 4

Quen está detrás da reactivación da mina?

O organismo dependente da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, Augas de Galicia, autorizou á empresa Tungsten San Finx, S.L., filial da mercantil australiana Pivotal Metals que, curiosamente, non conta con ningunha outra explotación mineira no mundo. Nese sentido, a Xunta recoñece que, en calquera caso, “para poder levar a cabo a fase de explotación mineira, necesitará dunha autorización explícita da Administración autonómica e, polo tanto, requirirá a necesaria avaliación ambiental”. É dicir, a resolución de autorización de vertido emitida, en ningún caso, permite o desenvolvemento da actividade mineira nese punto da explotación. Algo que na comarca consideran incomprensible.

Segundo os cálculos de Ecoloxistas en Acción, a vertedura duplicaría o caudal do río durante máis dun ano

A propia consellería explica que obriga a uns “condicionantes estritos” na autorización. A limitación aos caudais de vertido nas fases de baleirado e na de explotación é un deles. En concreto, a fase de baleirado, actividade previa á explotación, debe realizarse en tres etapas cunha duración de 494 días para o baleirado dun total de 889.885 metros cúbicos. Na fase de explotación establécese o caudal tratado poderá acadar un total de 631.836 metros cúbicos ao ano, correspondendo 481.800 m³ a augas extraídas das galerías e 150.036 m³ a augas de escorrega da zona industrial. Isto é, segundo os cálculos de Ecoloxistas en Acción, duplicar o caudal do río durante máis dun ano.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

LGTBIAQ+
Diversidade O Concello de Vigo retira a Área de Diversidade das subvencións de Igualdade
A asociación LGTBQI+ Nós Mesmas denuncia a eliminación como parte dun intento “continuo e silencioso” de borrar o activismo disidente do mapa.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.
Nacionalismo galego
Pensamento A incómoda liberdade de pensamento de Castelao
Este ano cúmprese o 75º aniversario do pasamento do artista e intelectual Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. O profesor Xoán Carlos Garrido investigou sobre a obra desta figura clave da historia de Galiza.
Materias primas
Consumo España entra en déficit ecológico este 23 de mayo
El país ya ha consumido, a fecha de este viernes, todos los recursos naturales por año que le corresponderían en un reparto justo que permitiera al planeta regenerarse.
Culturas
Bob Pop “Mis poemas son unas croquetas sabrosas y no congeladas”
Escritor y vedete intelectual, acaba de publicar ‘De cuerpo presente’, un poemario donde responde 27 años y un diagnóstico de esclerosis múltiple después a sus miedos ante la enfermedad en la juventud.
Albania
Albania Albania: más de 30 años de democracia corrompida
El Partido Socialista de Edi Rama se mantiene en el poder gracias a un sistema de redes clientelistas y una desilusión que ha hecho que más de la mitad de la población se haya resignado.
Opinión
Opinión La hidra de la lucha por la vivienda
Un sector del movimiento de vivienda pone el foco en los grandes propietarios y los fondos de inversión para entender la actual crisis de vivienda. Otro, a la clase media propietaria. Cada enfoque lleva a estrategias distintas.

Últimas

Comunidad de Madrid
Pseudomedios Ayuso y Almeida han inyectado más de 400.000 euros a ‘Periodista Digital’ en cuatro años
El medio de Alfonso Rojo que emplea al agitador Bertrand Ndongo ha recibido más dinero que medios con mucho más alcance como ElDiario.es mientras El Salto sigue siendo totalmente discriminado por el Partido Popular.
LGTBIAQ+
Sentencia El TSXG reconoce que el asesinato de Samuel Luiz fue un crimen de odio
El tribunal ha ratificado las penas de entre 20 y 24 años para los tres acusados y ha absuelto al joven condenado a diez años de cárcel como cómplice del asesinato.
Navarra
Opinión Diez años de corralito progre en Navarra
VV.AA.
En las elecciones municipales y forales del 24 de mayo de 2015 se propagó la confianza en un futuro en el que la hegemonía conservadora del corralito foral diera paso a algo muy diferente y mejor.
Educación
Educación Ayuso elimina feminismo de selectividad: por una educación que fomente la igualdad
Alumnado y Dirección del posgrado de Género, Masculinidades y Acción Social de la UPV-EHU/UCM denunciamos la decisión de eliminar los temas de feminismo y de Objetivos de Desarrollo Sostenible de la ONU.
València
València Víctimas de la dana comparecerán en la investigación del Congreso, pero no en la de Les Corts
Las asociaciones pactaron también en su reunión con Pedro Sánchez un funeral de estado laico y una reunión el próximo jueves con la vicepresidenta y ministra de Transición Ecológica, Sara Aagesen.
Más noticias
Comunidad de Madrid
Sanidad pública Una cita médica para dentro de 20 días: la ciudadanía vuelve a la calle contra las políticas de Ayuso
En la Comunidad de Madrid hay más de un millón de personas en las listas de espera hospitalarias y más de 700.000 sin médico de familia asignado. Este domingo 25 de mayo la ciudadanía vuelve a salir a la calle contra la política sanitaria de Ayuso en una gran manifestación compuesta de cuatro columnas que confluirán en Cibeles a las 13:00 horas.
El Salto Radio
EL SALTO RADIO Natalia García Freire: escritora de una generación volcánica
Sexto capítulo de la serie Aleteo sonoro, en el que volamos a los Andes ecuatorianos para conocer la infancia y las motivaciones literarias de la autora.
València
València El País Valencià se prepara para la huelga general del 29 de mayo contra la gestión de Mazón
Siete meses después de la dana, mientras la justicia apunta al Consell, los sindicatos combativos preparan la huelga general con el respaldo de amplios sectores sociales.
Poesía
Poesía Por qué vive Roque Dalton: 50 años del asesinato del poeta de El Salvador
El poeta Roque Dalton sigue desaparecido desde que aquel día murió “muchacho” con 40 años de edad. Que Roque Dalton murió muchacho lo escribió su amigo Mario Benedetti, también poeta.

Recomendadas

México
México Desenterrar el dolor: los desaparecidos de Jalisco
El colectivo Guerreros Buscadores de Jalisco, el mismo que descubrió el campo de exterminio de Teuchitlán, halla un punto de venta de droga activo del Cártel Jalisco Nueva Generación con varios cuerpos enterrados.
Gordofobia
Lara Gil “Es más peligroso para la salud una cirugía de reducción de estómago que ser una persona gorda”
Lara Gil (Madrid, 1988) es antropóloga y activista antigordofobia. Ha escrito un libro, 'Manual para romper un cuerpo', en el que cuenta como una cirugía bariátrica ha destrozado su cuerpo. Denuncia que nadie habla sobre las consecuencias de mutilar el estómago cuando está sano.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.