Medio ambiente
Quen lidera o negocio do eucalipto en Galiza ao que Altri quere sumarse?

O estourido social que produciu o intento da multinacional Altri e a Xunta de instalar unha nova celulosa en Galiza abre a necesidade de pór o foco no sector forestal, onde se atopan algunhas das maiores fortunas do Estado.
eucalipto negocios
José Soares de Pina, CEO de Altri; Antonio Redondo, CEO de Navigator; Ignacio Colmenares, CEO de Ence; e Manuel García Pardo, principal accionista de Greenalia. Sancho Somalo

As intencións da Xunta e a multinacional portuguesa Altri de instalar unha celulosa que ocupe 366 hectáreas no centro xeográfico de Galiza desataron unha contestación social e ecoloxista innegable. Mentres o foco das protestas céntrase nas responsabilidades políticas do Goberno galego de Alfonso Rueda e as empresariais de Altri e Greenalia —cun 75% e un 25% de capital, respectivamente, na sociedade instrumental que executa o proxecto—, o sector forestal recibe con salves a chegada dunha ampliación dos seus modelos de negocios. Ademais, se a factoría chegase a instalarse, conseguiría algo menos tanxible no imaxinario de galegos e galegas: a lexitimación social para seguir producindo e vendendo un monocultivo de eucalipto. Desde pequenas comunidades de montes até o xigante madeireiro Finsa ou a pasteira Ence.

Semella un paradoxo, pero a empresa que máis negocio fai co sector forestal en Galiza e no Estado español é a que máis ocultos mantén aos seus propietarios. Nos papeis, en realidade, Finsa é Financiera Maderera, unha sociedade anónima que fai parte dun holding moito maior: o imperio da familia García Valiño, cuxos integrantes, liderados por Sara García Valiño, neta do fundador da madeireira, Manuel García Cambón, ostentan unha das maiores fortunas de todo o Estado.

Con todo, esquivan todas as cámaras —son as caras que faltan na imaxe que abre este texto— e tamén os micrófonos da prensa. Son anunciantes que pagan ben aos medios de comunicación hexemónicos e resultan totalmente inaccesibles para os críticos. Nin unha foto nas hemerotecas malia seren a décimo cuarta empresa que máis factura en Galiza —só por detrás das do imperio de Amancio Ortega, dúas cadeas de supermercados, Stellantis e Metalúrgica Galaica—. Ao único rexistro que non poden escapar é o mercantil. Alí, si que se pode observar o seu poder e o seu papel indispensable no negocio do eucalipto e o piñeiro —son o maior comprador de leste— en Galiza e non só, García Valiño tamén controla a empresa de enxeñaría Roydisa. O seu holding facturou 1.223 millóns de euros e obtivo un beneficio antes de impostos de 188,6 millóns no exercicio de 2023.

No entanto, a ninguén se lle escapa que o maior axente 'eucaliptizador' de Galiza foi e é a pasteira que Ence ten situada en Lourizán (Pontevedra), sen desmerecer a que ten en Navia (Asturias), que compra boa parte do eucalipto da zona da Mariña. Na cadeira da súa presidencia senta un conde, o de Polentinos, Ignacio de Colmenares y Brunet. Colmenares é unha das cadeiras chave do Ibex35, onde tamén acapara poder no sector da enerxía producida con biomasa e é o maior xestor privado de bosque do Estado español con máis de 64.000 hectáreas propias sen contar todas as de comunidades de montes e outras privadas que traballan única e exclusivamente para Ence.

Greenwashing
Greenwashing O ‘biomanual’ de Ence para lavar a súa imaxe en Galiza
Charlas sobre medio ambiente en colexios, escolas de xornalismo, barcos para confrarías, proxectos con universidades e publicidade para os medios. O xigante da celulosa empeza o curso financiando un imaxinario ficticio sobre a súa sustentabilidade.

Pero non só Ence fai caixa co sector forestal en Galiza e no Estado. Segundo un traballo elaborado pola Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra da Universidade de Vigo, só Ence Pontevedra transforma en pasta de papel 1,5 millóns de metros cúbicos de eucalipto ao ano, outros 600.000 son procesados pola industria da madeira e outros 500.000 de restos de talla empréganse para queimar, como leña e biomasa, incluída a empacada para a planta de Greenalia, outra das empresas clave neste armazón na sombra.

Como xa se explicou nunha ampla reportaxe de O Salto, Greenalia ten un 25% do capital de Greenfiber, a sociedade instrumental que crearon xunto á multinacional portuguesa Altri para tratar de levar a cabo o Proyecto Gama, nome oficial da fábrica de celulosa que sobrevoa a comarca da Ulloa (Lugo). Pero Greenalia non só ten ovos colocados na cesta da celulosa. Tamén controla boa parte do mercado da biomasa de Galiza e outro tanto do sector eólico. Aínda que se empeñan en definirse como “un produtor independente de enerxía exclusivamente con tecnoloxías renovables” —tamén contan con proxectos de enerxía solar e do mal chamado hidróxeno verde—, o seu papel na creación desta megafábrica de celulosa é fundamental. Son o nexo galego empresarial e político.

Convén lembrar que alí é directora de seguridade Beatriz Mato, exconselleira de Medio Ambiente, unha das grandes portas xiratorias dos 12 anos de gobernos de Alberto Núñez Feijóo na Xunta, outro puntal do Partido Popular nas grandes empresas de Galiza. Pero quen manda e se lucra de verdade é Manuel García Pardo, o multimillonario discreto con 19 cargos diferentes en 13 empresas diferentes no mercado. O galego con máis poder na estratexia de Altri. O seu outro socio e presidente de Greenalia, José María Castelán, ten o 6% restante das accións da empresa. Aínda que é un vello coñecido na elite empresarial galega. Chegou a ser vicepresidente e conselleiro delegado entre 1997 e 2005 de Inditex e foi presidente de Nova Caixa Galicia Banco, o banco xurdido da fusión das dúas grandes caixas galegas apadriñado por Núñez Feijóo e que resultou nunha perda de 8.000 millóns de diñeiro público e con boa parte dos seus directivos en prisión.

Altri e Navigator, as papeleiras portuguesas que xa estaban, pero queren máis

Sen dúbida, a figura con maior influencia na rede empresarial e accionarial relacionado coa celulosa chamada formalmente 'Proxecto Gama' é José Soares de Pina, actual director executivo da multinacional portuguesa Altri. Segundo os datos dispoñibles publicamente, a súa traxectoria profesional pódese seguir a través de empresas do sector químico e de fabricación de pesticidas, un camiño que culmina —ou máis ben desenvólvese en paralelo— coa fundación de Altri.

Cabe destacar que algunhas das compañías nas que traballou teñen unha notoria asociación con algúns dos maiores desastres industriais e ambientais rexistrados. Un exemplo disto é Agrofresh, aínda que quizá sexa máis relevante mencionar The Dow Chemical Company, onde desempeñou cargos de responsabilidade desde 1995 até 2020. Pero Altri xa estaba en Galiza desde moito antes de que se coñecesen os seus plans para A Ulloa, levantados, por certo, por José Blanco o exministro do PSOE que apadriñou o proxecto coa súa consultora Acento Public Affairs.

Segundo o mencionado estudo da Universidade de Vigo, Galiza exporta para Portugal 1,5 millóns de metros cúbicos de eucalipto ao ano para Portugal, a mesma cantidade que emprega Ence, pero que no Estado veciño diríxense, fundamentalmente, a Altri, Navigator e DS Smith. Adóitase dicir, tendenciosamente, que Galiza exporta outros 950.000 metros cúbicos a Asturias, pero a realidade é que a fábrica que alí ten Ence está situada a apenas 30 quilómetros da fronteira con Galiza con acceso prioritario desde a autovía que une a ambas as comunidades.

O outro alicerce da pasta de papel que tamén fai negocio coa produción de eucalipto en Galiza é The Navigator Company, dirixida por Antonio Jose Pereira Redondo e amplamente coñecida en Europa pola comercialización de papel de oficina. Aínda que o seu rol no sector forestal galego é reducido, convén atendelo. Especialmente, polo seu potencial de crecemento e polo inmenso poder económico que ostenta en Portugal, onde é unha dos empresas clave do seu mercado bolsista Euronext Lisboa —o Ibex35 portugués—. Éo a través dun xigantesco holding que complexiza o seu debulle. Forma parte do Grupo Portucel Soporcel, pero este é controlado maioritariamente polo conglomerado Sociedade de Investimento e Gestão (Semapa), que conta con intereses estratéxicos nos sectores do cemento, a pasta de celulosa e papel e a xestión de recursos ambientais como subprodutos da gandaría industrial.

A continuación podes ver o documental 'Altri: a sede insostible', producido por O Salto e Xarda, un filme sobre os futuros efectos da celulosa proxectada na Ulloa.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Galicia
Galicia Dimite el conselleiro do Mar de la Xunta tras ser denunciado por agresión sexual
Alfonso Villares deja su cargo tras ser notificado por el TSXG de su implicación en una investigación por presunta agresión sexual, iniciada a raíz de una denuncia presentada por la presentadora Paloma Lago.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Medio ambiente
Medio ambiente Iberdrola proxecta un parque eólico que pon en risco un dos maiores xacementos fortificados de Galiza
A Xunta vén de declarar a utilidade pública para o parque eólico Castro Valente, a pesar de que a súa construción está suspendida cautelarmente polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Filosofía
Brais Arribas, filósofo “Non se trata de empoderar senón de disolver o poder”
Durante a conversa, o profesor reflexiona sobre a saúde da filosofía galega, o poshumanismo, as novas masculinidades ou a experiencia da pandemia.

Últimas

Alemania
Litigio climático Un tribunal alemán abre la puerta a que grandes emisores puedan ser responsabilizados de daños climáticos
El jurado descarta la demanda del agricultor peruano Saúl Luciano Lliuya por entender que el riesgo a su propiedad es demasiado bajo, pero esta misma argumentación podría llevar a condenas en otros casos.

Recomendadas

LGTBIAQ+
LGTBIAQ+ Unha casualidade, unha resposta masiva e un debate incómodo: a sentenza de Samuel Luiz en contexto
O 22 de maio, o TSXG ratificaba o veredicto do xurado popular e recoñecía que o asasinato de Samuel Luiz foi un crime motivado por LGTBIfobia. O caso supuxo unha mobilización sen precedentes.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.
Xunta de Galicia
Política A Xunta recibe ao embaixador de Israel en funcións mentres Gaza agoniza ao bordo da fame
O Goberno de Alfonso Rueda escenifica a súa boa sintonía coa Administración de Benjamín Netanyahu apenas unhas horas despois de que Israel bombardease unha escola que servía de refuxio e ordenase unha evacuación masiva en Gaza.