Medio ambiente
A Xunta filtra á súa prensa afín un informe decisivo sobre Altri mentres nega ás partes afectadas o acceso

Os grupos ecoloxistas sinalan que a actuación é un “desprezo á cidadanía” e aos trámites ambientais. No diario que a publica, 'La Voz de Galicia', foi vicepresidente un dos altos cargos de Greenalia.
Alfonso Rueda en el foco
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

O Goberno de Alfonso Rueda volveuno facer. A través do diario máis compracente de Galiza coas políticas do Partido Popular, La Voz de Galicia, publicaron unha filtración dun dos informes decisivos sobre a celulosa que Altri e Greenalia queren construír no centro do país. Trátase do que emite a entidade pública Augas de Galicia sobre a potencial afectación desta industria tanto o río Ulla como o encoro de Portodemouros. Estes son dous dos enclaves ambientais máis reivindicados desde o amplo espectro social que se opón á instalación desta fábrica. Tamén, claro, a súa afección na ría de Arousa, onde desembocarían as verteduras.

No texto, presuntamente acreditado polo Goberno galego, relátase como a planta de celulosa é “compatible cos obxectivos ambientais” e asegura que “non causará impactos significativos” nin na contorna nin no río Ulla nin no encoro de Portodemouros. O Salto preguntou á Presidencia da Xunta e á Consellería de Medio Ambiente se este tipo de perversión dos caudais legais da Administración é algo habitual e quen deu dita orde, pero aínda non responderon. Tampouco ningunha pregunta sobre o contido do informe, que chegou antes a un xornal privado que ás veciñas e veciños afectados.

O medio elixido para a filtración é o único que non sorprende da estratexia da Xunta. La Voz de Galicia é o destinatario de publicidade institucional máis grande das administracións que dependen do Partido Popular en Galiza como documentou esta redacción en numerosas ocasións. Pero, ademais, Greenalia —a parte empresarial galega do proxecto— ten estreitos vínculos con La Voz. Sen ir máis lonxe, un dos asentos do seu consello de administración ocúpao Antonio Couceiro que, ademais de ser conselleiro con Fraga na Xunta, ostentou a vicepresidencia da empresa que edita o xornal.

Medios de comunicación
Medios de comunicación A Xunta do PP repartiu dous millóns a dedo a medios amigos unha semana despois de convocar eleccións
O Diario Oficial de Galicia recolleu o 29 de decembro o groso da adxudicación a La Voz de Galicia, Faro de Vigo, La Región e El Progreso, unha semana despois do anuncio electoral do presidente galego Alfonso Rueda.

Ecoloxistas e Greenpeace sinalan como “escandaloso” o modus operandi da Xunta

A xuízo de dous das organizacións ecoloxistas que mais están a remar para frear esta fábrica do tamaño de 500 campos de fútbol, o presidente da Xunta e os seus conselleiros e conselleiras “están a actuar como meros axentes comerciais ao servizo da multinacional portuguesa”, denuncia Cristobal López, portavoz de Ecoloxistas en Acción. “A maneira de proceder é absolutamente escandalosa”, engade o coordinador de Greenpeace en Galiza, Manoel Santos: “Van enviando pílulas a través da prensa sobre informes que non podemos ver, sobre correccións do proxecto orixinal que teoricamente se fixo coas mellores técnicas dispoñibles”. Sobre algo, din, “que xa decidiran hai moito tempo, con ou sen informes”.

“Están a facer un abuso e un mal uso do poder político, manexando os tempos e formas do procedemento administrativo para favorecer o proxecto de Altri”, denuncia o portavoz de Ecoloxistas e engade: “Necesitamos parar este proxecto tan daniño e lesivo, pero sobre todo necesitamos cambiar as políticas que favorecen o extractivismo e que favorecen que o noso país sexa unha gran zona de sacrificio para as multinacionais”. Desde Greenpeace, amplían a crítica e avisan ao Goberno galego: “O desprezo á cidadanía é constante. Non temos dúbida de que imos vernos de novo nas rúas e tamén nos xulgados porque é o que nos queda”.

O BNG sinala a “cacicada” da Xunta

O BNG denuncia a “cacicada” e o “atentado ambiental” do Goberno do PP coa autorización de Augas de Galicia para a captación de augas da macrocelulosa de Altri. Para a organización nacionalista, trátase da “crónica dunha autorización anunciada”. O portavoz parlamentario de Medio Ambiente, Luís Bará, sinala que o Executivo de Alfonso Rueda “xa hai tempo que decidiu autorizar” o proxecto e que “arranxará todos os informes” con “irregularidades e presións” ao persoal da administración.

Advirte de que supón un “atentado contra o país” polo impacto da captación e a vertedura de augas contaminantes no Ulla, afectando zonas protexidas e agravando a situación ambiental, especialmente no encoro de Portodemouros, onde está o punto de captación.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.