Medios de comunicación
A Xunta asinou 59 convenios e repartiu 2,6 millóns aos grandes xornais galegos baseándose no “interese xeral”

En pouco máis de ano e medio, as consellerías asinaron 59 convenios para a publicación de campañas e contidos xornalísticos relativos aos seus ámbitos competenciais, reservándose o dereito a facer observacións nos contidos.
Alfonso Rueda consello xunta 16
O presidente da Xunta de Galiza, Alfonso Rueda, presidindo o Consello. Foto: Xunta.
22 ene 2025 05:30

Desde hai anos, a Xunta de Galiza vén armando o seu propio modelo de financiamento dos medios de comunicación afíns. A partida máis coñecida, e a única na que hai certa concorrencia dos medios, é a das axudas a empresas xornalísticas que cada fin de ano reparte dous millóns aos grandes grupos mediáticos baixo uns requerimentos escollidos pola propia Xunta.

A partir de aí, existen outras vías que permiten repartir máis diñeiro con menos control, mesmo podendo ser acordado sen fiscalización nin participación externa posible. Antes das eleccións galegas, por exemplo, a Xunta destinaba uns 15.000 euros diarios a contidos xornalísticos a través de máis de máis de 700 contratos menores.

La Voz de Galicia recibiu 1,68 millóns de euros destes convenios, un 63% dos 2’64 millóns totais

Outro método estandarizado desde hai anos en San Caetano é a sinatura de convenios nos que a Xunta, argumenta, “quere colaborar apoiando a labor que levan a cabo os grandes grupos de comunicacións galegos de prensa escrita”, baseándose en que se trata dunha “actuación singular e de interese xeral, polo que non resulta posible promover a concorrencia en convocatoria pública”. Xustifican deste xeito un reparto sen ningún tipo de control máis alá do seu propio criterio. Tan só en ano e medio, 59 convenios e 2,64 millóns de euros.

Convenios de colaboración

Para a Xunta, a figura do convenio de colaboración é “idónea”, segundo os seus propios documentos e memorias. Por unha banda, non están suxeitos a IVE, xa que as actividades dos acordos non supoñen unha prestación de servizos, senón que están baseadas nun suposto “interese xeral” e na inexistencia de ánimo de lucro económico das partes.

A Xunta defende que os acordos “non supoñen en ningún caso publicidade institucional”, malia recoller actividades como a publicación de 'banners' da Xunta

A descrición das actividades coinciden en moitos casos con servizos propios da publicidade institucional ou de contidos que a Xunta tamén encarga mediante contratos de patrocinio comúns. Son exemplos disto obxectos como “publicar tres paxinas sobre materias competenciais da consellería” ou a “difusión de banners de distintas campañas”. Malia esta similitude, o goberno galego defende nos propios convenios que os acordos “non supoñen en ningún caso publicidade institucional”, que por lei estarían suxeitos a outro tipo de contratos administrativos.

Ademais, explican que a Xunta “financia a actividade de difusión informativa (…) como unha forma de participación no custo financeiro do produto obxecto de difusión, dado que a actividade de promoción da empresa editorial coincide cos fins da Xunta de Galicia”. É dicir, o goberno galego paga ao medio por elaborar o produto sobre as súas “materias competenciais” e pola difusión dos seus banners, pero defende non obter retorno publicitario desas accións.

A interpretación da Xunta desta figura é un exemplo máis do cuestionamento que facía en 2010 Tribunal de Contas pola falta dunha definición clara dun marco legal para diferenciar os convenios de colaboración das subvencións ou dos investimentos. Advertía de que en moitos casos, “baixo a aperiencia formal de convenios de colaboración, tramitáronse auténticos contratos administrativos, eludindo a aplicación da lexislación contractual”.

Os convenios obrigan a que as xornalistas que realizan os contidos “teñan en consideración” as achegas e observacións da Xunta, quen financia eses mesmos contidos

Conflito xornalístico

Outra das eivas destes convenios é o seu condicionamento na liña editorial das pezas xornalísticas que encarga. En moitos deles explicítase que o medio ten a obriga de “poñer en coñecemento da cidadanía os programas da Xunta de Galicia” ou “promover o coñecemento das iniciativas e convocatorias de axudas da Consellería”. Ademais, recollen que o goberno galego “poderá formular en relación cos datos e informacións, as observacións que considere pertinentes co fin de garantir a obxectividade e veracidade destes, as cales deberán terse en consideración”.

Malia esta obriga cara as xornalistas de ter en consideración as observacións da Xunta, acórdase que serán os medios os que fixen a liña editorial dos contidos, “non podendo a Consellería determinar o contido concreto da información publicada.” Deste xeito, queda en mans do medio de comunicación o que implica esa toma en consideración das observacións proporcionadas pola Xunta, pagadora das informacións.

Promover o galego ou apoiar proxectos industriais

Cada Consellería asina un convenio con cada grupo mediático, así ata os 59 convenios asinados entre marzo de 2023 e outubro de 2024. Por exemplo, a Consellería de Cultura e Lingua paga a 300.000 euros La Voz ou 42.000 a La Región, para “potenciar o uso do idioma galego”, obrigando a que “transcriban literalmente no xornal as entrevistas e declaracións feitas en galego”, empreguen o galego nun mínimo de pezas, reforcen o uso do galego nos suplementos ou publiquen máis contidos en galego nos xornais do Día das Letras Galegas e do Día Nacional de Galiza.

Outro exemplo. Algúns dos convenios de Economía e Industria teñen como obxectivo a publicación de “información relacionada con estratexias, programas e/ou iniciativas da consellería”. Búscase dar a coñecer “as iniciativas que se desenvolven en materia de innovación, apoio e consolidación do tecido empresarial e transición enerxética” e “contribuir á divulgación de iniciativas e proxectos relacionados coa ciencia, a tecnoloxía, a industria e o comercio”. Estes obxectivos tan ambiguos poderían permitir, por exemplo, contidos en apoio a proxectos industriais. Ademais, nalgúns convenios determínase tamén o número de pezas a realizar, como La Voz de Galicia, que ten que publicar cinco monográficos de oito páxinas e tres cafés sobre temas relacionados coa Consellería.

Todo polo interese xeral

Cada Consellería escolle un interese xeral para os seus convenios que xustifique cada colaboración, e que debe ser asumido por cada un dos medios. O interese dos convenios da Consellería de Cultura e Lingua, por exemplo, é “contribuír á normalización do idioma galego”.

Industria considera de interese xeral que a cidadanía e os sectores económicos “teñan unha percepción mellor da situación económica e laboral, das actividades desenvolvidas no ámbito da nosa comunidade autónoma e dos resultados que delas se derivan”. No caso das colaboracións promovidas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, a Xunta define que os convenios “contribúen a facer efectivos a liberdade de expresión e o dereito de información”, sen explicar de que maneira isto é así.

Os plans de medios

Con todo, nin as axudas á radiofusión nin estes modelos de financiamento a dedo están cerca das cantidades que supoñen para a prensa os plans de medios licitados cada ano pola Xunta. Nese caso, cada consellería encárgalle a axencias especializadas, sen ningún nin monitorización posible na súa execución e baixo a supervisión do goberno, o reparto de ducias de millóns de euros.

Na última semana de 2024 a Xunta licitou os plans de medios de 2025 e 2026 de cinco consellerías por un valor de máis de 15 millóns de euros. Que medios recibirán eses cartos é algo do que non teremos ningunha información, xa que segue sen existir regulación ao respecto.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Galicia
Galiza La Xunta y la Confederación del Miño, condenadas por la degradación ambiental del embalse de As Conchas
Las organizaciones impulsoras de la demanda consideran “histórica” la sentencia al vincular un caso de degradación ambiental al menoscabo de derechos fundamentales de residentes de la zona afectada. El fallo aún se puede recurrir.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Galicia
Galicia Dimite el conselleiro do Mar de la Xunta tras ser denunciado por agresión sexual
Alfonso Villares deja su cargo tras ser notificado por el TSXG de su implicación en una investigación por presunta agresión sexual, iniciada a raíz de una denuncia presentada por la presentadora Paloma Lago.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
CRTVG A Xunta do PP remata o seu plan de control sobre a CRTVG tras escoller á súa nova directora en solitario
A xornalista Concepción Pombo substituirá, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo. O Goberno de Alfonso Rueda modificou a lei de medios para que os votos do seu partido fosen suficientes para elixila.
Altri
Altri A Plataforma Ulloa Viva cambia a súa directiva para os vindeiros anos de loita contra Altri
A veciñanza da comarca máis afectada escolleu entre dúas listas logo de non chegar a un consenso. A gañadora tratará de ampliar a súa base de socias e socios por toda Galiza e abrirá máis as portas ás grandes organizacións do país, como a CIG.
El Salto n.79
Altri A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio
O xoves 17 de xullo esperámosvos no CS 'A Nubeira' de Vigo para presentar o último número da revista El Salto xunto a algunhas das súas principais protagonistas: as que loitan contra o macroproxecto de celulosa liderado por Altri e avalado pola Xunta.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria

Recomendadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.