Memoria histórica
Memoria de loita, exemplo de vida

Aproveito o confinamento forzado, e o tempo do que dispoño por estar nun ERTE, para relatar unha historia que me removeu desde pequeno e que sempre quixen compartir. Este é o relato da vida dun traballador que o entregou todo —até que foi asasinado como moitos outros— na procura da igualdade entre a humanidade e a xustiza social.

Eduardo Arauxo
Os irmáns Marcial, Eduardo e Florencio Araújo. Arquivo familiar.
8 abr 2020 13:00

Non quixera que estas liñas se convertesen nunha homenaxe póstuma, senón máis ben nun exemplo da loita dun home humilde que sempre mantivo a fronte ergueita e o puño fechado contra o poder. Os tempos mudaron, e moito, desde que morreu o protagonista desta historia, mais seguramente as súas preocupacións fundamentais non eran moi diferentes das nosas. Traballo, aluguer, comida, educación ou saúde seguen sendo hoxe en día o que ocupa a maior parte dos nosos esforzos. Esta historia compuxémola pouco a pouco entre a magra memoria familiar e a inestimable axuda do historiador Marcos Abalde. Trátase da vida do meu bisavó, Eduardo Araújo Conde, asasinado pola Guardia civil nunha emboscada o 2 de abril de 1938.

Eduardo naceu no ano 1903 no antigo concello de Lavadores. A súa nai quedou viúva moi cedo, polo que tanto el como os seus catro irmáns —dous homes e dúas mulleres— coñeceron desde a infancia a escaseza e a dureza dun sistema que os condenaba a levar unha vida miserable. Probablemente foi esta situación un dos detonantes da rebeldía e inconformismo que tanto el como a súa familia demostraron ao longo dos anos posteriores. Da súa infancia pouco máis nos chegou, e moi novo comezou a traballar como metalúrxico.

Traballo, aluguer, comida, educación ou saúde seguen sendo hoxe en día o que ocupa a maior parte dos nosos esforzos.

Nos primeiros anos 20 casa con Dolores Bastos Martínez, recoñece como seu ao fillo desta e dálle os seus apelidos ao pequeno. Terán 3 fillos máis e a casa familiar será na rúa do Casal, na parroquia de Sampaio. No ano 1927 participa nunha pelexa a navalla na que dous veciños de Tui sufriron diversos cortes e pola que foi condenado a 8 meses de prisión. Os motivos da liorta son descoñecidos, mais naqueles anos a tensión política era moi alta e Eduardo comezara a significarse como activo militante na contorna viguesa.

Chegan os anos 30 e a súa participación política e sindical multiplicase, no 1931 ingresa no PCE e no 35 acada a secretaría política do comité rexional do partido, chegando a ser compromisario para a elección do presidente da república en 1936. Nestes anos participou dunha viaxe á URSS xunto cun grupo de comunistas da comarca, nela reforzou as súas conviccións políticas, sendo tamén un motivo de orgullo para Dolores, que gardará como un tesouro os presentes que Eduardo trouxo de volta para casa.

Eduardo Araúxo ingresa no PCE no ano 1931 e chega á secretaría política do comité rexional do partido catro anos despois

Como membro da dirección do sindicato dos metalúrxicos coordina unha folga que durará tres meses e que provocará grandes disturbios na cidade de Vigo. Os traballadores acadarán, tras esta longa loita, a xornada laboral de 44 horas e a tarde do sábado libre: o “sábado inglés”.

O 20 de xullo de 1936 presencia a lectura do bando de guerra na Porta do Sol de Vigo e algúns traballadores achéganse a el para reclamarlle armas coas que responder a ofensiva fascista. Impotentes ante a falta de armamento deciden organizar barricadas na estrada de Ourense, que pasaba polo centro de Lavadores e Cabral. Eduardo diríxese, xunto cun grupo de compañeiros, a asaltar o cuartel da Guardia Civil de Pardavila para armarse. O asalto fracasa, os “Civiles” acuartelados xa decidiran sumarse ao bando sublevado e non permitiron a entrada dos traballadores, chegando a atacalos polas costas mentres os traballadores defendían a súa posición. As barricadas soportarán durante 48 horas os embates dos sublevados, mais unha vez perdidas só fica unha opción: fuxir ao monte cos seus compañeiros. A vida familiar quedou atrás, moitos dos seus xa non o volverán a ver.

As barricadas soportarán durante 48 horas os embates dos sublevados, mais unha vez perdidas só fica unha opción: fuxir ao monte cos seus compañeiros.

Tras uns primeiros días nos montes de Cabral, instálanse na serra do Galleiro onde é probable que coincidisen co famoso guerrilleiro “O fresco” e co coñecido mestre comunista Victor Fráiz. En decembro do 36 unha grande batida policial obriga a Eduardo e ao seu grupo marchar do Galleiro para volver a instalarse nos montes de Cabral. Durante este tempo sucédense accións armadas e expropiacións contra elementos dereitistas da zona de Lavadores, aínda que a autoría destas accións nunca foi descuberta. A estas alturas os dous irmáns de Eduardo —Florencio e Marcial, militantes comunistas— xa foran asasinados, e as súas irmás —Artemia e Aurora— axudan a Dolores no coidado dos fillos.

A denuncia dunha leiteira ante a Guardia Civil pon a estes sobre a pista de Eduardo, e o 2 de Abril de 1938 organizan xunto con tropas de infantería unha batida polo monte de Puxeiros, atopando o agocho no que se refuxiaba xunto con dous compañeiros. Un deles logra fuxir, descoñecemos a súa identidade. Mentres Eduardo e Álvaro Ballesteros enfróntanse aos fascistas coas armas que teñen a man ferindo a algúns deles, aínda que nada poderán facer por salvar as súas vidas. Alí morreu abatido, e despois de morto foi mutilado, feito que dá conta do salvaxismo do novo réxime xenocida.

O 2 de abril de 1938 a Guardia Civil organiza xunto con tropas de infantería unha batida polo monte de Puxeiros, atopando o agocho no que se refuxiaba Eduardo Araúxo xunto con dous compañeiros.

Dolores recibe a noticia da morte de Eduardo no seu traballo de peixeira na praza do Calvario, e non podendo conter a rabia polo asasinato do seu home, fóra de si, ergue o puño e berra un “viva Rusia” que resoa en toda a praza. É detida nese mesmo instante e levada ao cárcere, onde recibirá malleiras e vexacións por parte dos carcereiros. O único apoio durante o tempo que durou a súa pena foron as prostitutas que alí cumprían condena e as que sempre tivo en grande estima.

Ao saír do cárcere recuperou aos seus fillos e sacounos adiante coa dificultade que supuña ser unha familia estigmatizada. Os pequenos foron medrando e sendo mozos puxéronse a traballar, algún puxo terra de por medio e probou sorte en América. Dolores nunca entrou en detalle coas súas netas sobre a vida do avó. Elas sabían que o mataran por comunista e que fóra a Rusia daquela, pero pouco mais. O que si lembran as netas e que cada certo tempo había que subir ao cemiterio de Puxeiros a poñer un ramiño de flores a Eduardo, e as flores que Dolores deitaba no canto da tumba eran sempre vermellas.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Memoria histórica
Prisión de Cáceres Sigue el acceso restringido a los expedientes de la represión franquista en Cáceres
AMECECA denuncia que el ministerio del Interior sigue sin facilitar el conocimiento de la represión franquista en la ciudad de Cáceres tras diez años de demandas.
Memoria histórica
En defensa de la memoria histórica La ARMHEX manifiesta su rechazo a la propuesta de VOX Extremadura de acabar con la Ley de Memoria Histórica
El pasado viernes, 22 de noviembre, el grupo parlamentario de VOX presentó en la Asamblea de Extremadura una Propuesta de Ley de Concordia cuya intención es derogar la Ley de Memoria histórica vigente en la comunidad desde 2019.
Memoria histórica
Memoria histórica La “ineficacia” de la nueva Ley de Memoria Democrática en su segundo aniversario
Asociaciones denuncian que las víctimas siguen sin poder obtener justicia por los crímenes del franquismo y no existe aún un reglamento para desplegar medidas como la creación de lugares para la memoria.
Altri
Altri Galiza elixe o rumbo da loita contra Altri nas eleccións á directiva da plataforma Ulloa Viva
A veciñanza da comarca máis afectada presenta dúas listas separadas logo de non chegar a unha proposta de consenso. Por unha banda, concorre unha candidatura continuísta e, pola outra, unha alternativa que se achega máis o nacionalismo institucional.
Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
O Salto medra contigo
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar Altri
Queremos investigar os responsables políticos e empresarias do que podería ser o maior atentado ambiental da historia recente de Galiza.
Ourense
Ourense Ourense organízase para loitar contra patrullas de extrema dereita nos barrios máis empobrecidos da cidade
A veciñanza e os movementos sociais responden ao discurso do medo promovido por Frente Obrero e sinalan a súa estratexia de criminalizar a pobreza e sementar odio en contextos de exclusión e abandono institucional.

Últimas

O Teleclube
O Teleclube 'O Teleclube' alucina no deserto con Óliver Laxe e 'Sirat'
Laxe leva o seu cuarto premio de Cannes, esta vez en competitición, polo seu novo filme que explosiona na gran pantalla.
Medio ambiente
Medio ambiente A loita polo monte galego: lumes, eucalipto e ameazas á propiedade común
Galiza concentra un terzo dos incendios forestais rexistrados no Estado. Mentres a Xunta apunta aos montes veciñais, comuneiros e ecoloxistas denuncian unha estratexia política para favorecer a privatización e a expansión da industria madereira.

Recomendadas

Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Culturas
Erika Lust y Sara Torres “El deseo tiene una potencia inagotable para transformar la realidad si lo liberamos de las normas”
Sexo, deseo o ética del placer son algunos de los temas que hilan la escritora Sara Torres y la productora de cine porno Erika Lust en ‘La abundancia del deseo’.