Minería
Crónica dunha ecoloxista na xunta dunha multinacional mineira

Unha activista contra a megaminería conseguiu introducirse na xunta de accionistas de Atalaya Mining en Londres. Os executivos da mineira víronse obrigados a escoitar as súas reivindicacións sobre as balsas de lodo en Riotinto e a mina de Touro-O Pino.

mina touro atalaya
Manifestación do 25 de febreiro contra a reapertura da mina en Touro e O Pino. Pablo Santiago

Coordinadora nacional de Minería de Ecologistas en Acción

AVOGADA AMBIENTALISTA, INTEGRANTE DO GRUPO DE MINERÍA DE ECOLOGISTAS EN ACCIÓN.
10 dic 2018 08:00

O 27 de xuño, ás once da mañá, asistín á xunta xeneral de accionistas da mineira “junior” Atalaya Mining. Hai tempo que as grandes mineiras desprendéronse do legado de violencia que deixan en moitos territorios. Delegan en empresas máis pequenas o traballo sucio de comprar vontades políticas para conseguir os permisos e así agochar os conflitos sociais que xeran os seus proxectos pantasma. Merquei dez accións para presentarme ante os accionistas desta mineira e contar unha realidade distinta á dos resultados contables da empresa.

Para este día, invitei a Luis Gallardo, da Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino Non, e a dúas ONG inglesas dedicadas a denunciar abusos nas xuntas das multinacionais mineiras que cotizan na bolsa de Londres. Richard Solly, de London Mining Network, aconselloume sobre como mercar as accións e nomear aos meus acompañantes. Aínda lembro a sorpresa de Richard cando nos coñecemos protestando ás portas do congreso Mineira e Diñeiro, en Londres, e faleille da febre das minas en España.

xunta accionistas atalaya
Á entrada da xunta de accionistas de Atalaya Mining en Londres. Ilustración: Clara Atkinson.

A tarde anterior á xunta paseina na casa cos meus fillos facendo pancartas e redactando a miña intervención. Consciente da distancia que os inversores teñen sobre os territorios afectados dos “seus proxectos” decidín enfocar as miñas preguntas para que na acta da xunta quedara claro o aviso do risco que supón para as accionistas as operacións de Atalaya Mining en España.

Esa noite recibín en email do secretario da xunta que me dicía que non podería ir acompañada a esta reunión de accionistas. Cando Luis chegou do aeroporto uns minutos despois, non tiven o valor de dicirlle que fixera a viaxe a Londres en balde.

“Esta xente de Atalaya –dicíame- pensaban que eramos catro gatos en Galicia. Pero organizámonos”. E seguiu: “Esta era a pregunta de mañá sobre Touro, que che parece?”, preguntoume. Luis pediume unhas zapatillas, puxo o pixama e quedou durmido no salón vendo a televisión. Mentres, eu intentaba memorizar angustiada na cociña o texto que el escribira. Esa noite non puiden durmir e resolvín que dalgún xeito metería a Luis na xunta de accionistas, a pesar das advertencias.

ÁS PORTAS DA XUNTA

Media hora antes da xunta da mineira, xa estabamos todos reunidos, incluídos os meus fillos e os seus amigos, que aceptaron facer media hora de activismo. Alí estabamos na beirarrúa, ao pé dunha torre de oficina nunha zona financeira de Londres onde se ía celebrar a xunta, no piso oito. Luis e máis eu metémonos no edificio e pasamos sen máis controis á oitava planta. Logo baixei recoller outro activista, Hal Rhoades, de Gaia Foundation, que levaba preparada unha segunda intervención e agardaba suxeitando unha pancarta.

Cando os axentes de seguridade se decataron de que eramos parte da protesta, impedíronnos o paso. Pero eu xireime e, rapidamente, coleime pola porta xiratoria onde o porteiro de seguridade non me puido alcanzar.

Unha vez dentro fun detida por outro garda de seguridade que me berrou que debía abandonar o edificio. Como me neguei a saír, chamaron á policía. Expliqueille ao axente o ocorrido e amosei o meu certificado de accionista, ao que este indicou que tiñan que me deixar subir. Ese día, confésoo, mudou a miña perspectiva da policía inglesa.

Cando as portas se abriron no oitavo piso, empecei camiñar con paso firme xunto aos dous individuos que me escoltaban e, de súpeto, comecei correr e, ignorando o control da entrada, accedín abrindo bruscamente a porta da sala. Todos xiraron a cabeza. Mirei a Luis, que estaba de pé lendo os papeis coas súas preguntas, xa no final da súa intervención.

“Atalaya Mining afirma ser un cidadán corporativo responsable coa ambición de mellorar a vida das comunidades”, dixo Luis en inglés cunha voz alta e firme. “Pero, por que, entón, a compañía está reabrindo unha mina en Touro sen licencia social e poñendo en perigo os medios de subsistencia dos habitantes, a auga e os ecosistemas?”.

“Señor Lavandeira: sabe que a mina de Touro está a menos de 200 metros das vivendas? Tiveron en conta os custos do recolocamento destas persoas?”.

'TRAER PROSPERIDADE'

O presidente da empresa mineira, Roger Davey, tamén conselleiro da australiana 'junior' Highfield Resources, que ten un proxecto de potasas en Aragón e Navarra, respondeu cun acento inglés refinado: “Señor Gallardo, estamos orgullosos de traballar para unha compañía que trae prosperidade ás vilas. No caso de Touro, coa creación de 400 postos de traballo. Entendemos que a minería non é do gusto de todos, pero é unha industria necesaria. Suxírolle que agarde á quenda de preguntas. Agora procederemos á presentación de Alberto Lavandeira, o noso director de operacións”. Lavandeira é un vello coñecido da minaría especulativa en España, promotor de proxectos como a mina de ouro de Salave, en Asturias.

O director de operacións fixo entón unha presentación dos plans de expansión de Atalaya Mining. Contou as bondades dunha compañía “en rápido crecemento” e “respectuosa co medio e as persoas” e asegurou que os impactos dos proxectos en España son de “baixo risco” e tanto a Xunta de Galicia, en Touro, como a Junta de Andalucía, en Riotinto, dan o visto bo.

O MEU TURNO

Despois chegou o meu turno. A culminación de semanas de traballo en colaboración co grupo de Sevilla, con Isidoro Albarreal e Antonio Ramos preparando informes técnicos e documentación para dar argumentos ante os accionistas.

“Señor Lavandeira, como director de operacións e responsable dos seus accionistas: Ecologistas en Acción anunciou en moitas ocasións que as balsas de Riotinto están en risco. O seu colapso causaría unha avalancha de residuos tóxicos dez veces maior que a ocasionada polo rompemento da balsa de Aznalcóllar, hai vinte anos. A estimación do derramamento é de máis de 65 millóns de metros cúbicos de elementos tóxicos. Isto afectaría ao Parque Nacional de Doñana e ás localidades de Gibraleón e Huelva, poñendo en perigo ás persoas”.

E continuei co meu discurso: “A miña pregunta é: Señor Lavandeira, por que non se construíu a planta de espesamento de lodos requirida pola autorización ambiental que evitaría o risco de rompemento das balsas polo exceso de liquidez dos lodos?”. E engadín: “Xa que o seu seguro non cobre este risco, os seus accionistas serían responsables do dano e das vidas humanas”.

Lavandeira botou o peso do seu corpo cara atrás e comezou facer xestos de indignación, ata o punto que Davey lle dixo: “Alberto, cálmate”. Lavandeira tardou uns segundos en recompoñerse e rosmou: “Elena, estou moi decepcionado coas túas palabras. É triste que te enganasen sobre os riscos das balsas”. E dixo: “Por favor, ven visitar os nosos traballos alí este verán”, dixo abrindo os brazos.
Pero non calei: “Señor Lavandeira, non o coñezo de nada e agradeceríalle non me ‘tutee’. Se invitarme a ver as balsas na época seca, cando non hai risco de exceso de choiva e, polo tanto, de rompemento, é todo o que se lle ocorre... Os accionistas poderán sacar as súas conclusións”. E protestei polo trato recibido á entrada do edificio polos 'gorilas' de Atalaya Mining. Ademais, reclamei o meu dereito a unha segunda intervención, esta vez sobre o proxecto de Yuso, do que me tiñan posto ao día os compañeiros de Ecologistas en Acción de Cantabria.

Alcei a voz de novo: “Señor Lavandeira, na documentación do proxecto da mina de cinc, cerca de Santillana del Mar, non conta cun plano de situación da galería subterránea de cinco quilómetros prevista. Polas enormes proporcións para un proxecto de exploración, debería ter en conta que é unha zona densamente poboada e de gran valor e que contén a cova de Altamira, Patrimonio da Humanidade?”.

Por unha fracción de segundo, distinguín nos ollos do director xeral un sinal de alarma. Lavandeira e Davey cruzaron as súas miradas e deron unha resposta negativa coa cabeza. Entón, observei como os socios maioritarios de Atalaya Mining, Trafigura, dous fondos estadounidenses e un árabe, tomaban notas a toda velocidade.

Nada máis saír da xunta, chamei a Antonio Ramos, que agardaba con ansiedade novidades en Sevilla: “Así me gusta 'mi niña', con dous ovarios!”, dixo ao escoitar o meu relato. Despois chamei a Isidoro Albarreal, que estaba a visitar a mina de Touro esa tarde cun grupo de persoas opositoras ao proxecto. “Agarda, repite o que acabas de contar, que poño o altofalante”, díxome. E mentres lembraba os xestos e a cara de descomposición de Lavandeira, un estouro de risas e berros chegaban a través do móbil.

Entón sentín a máis de dous mil quilómetros, a emoción dun momento único e irrepetíbel: a embriaguez dunha pequena batalla gañada, froito da cooperación entre Ecologistas en Acción e a cidadanía galega. Ao día seguinte metinme no ‘chat’ de inversores de Atalaya Mining e, segundo o relato dun dos accionistas, “houbo moito ruído na xunta con dúas ecoloxistas, unha delas, unha avogada que está como una 'regadera”.

Artigo publicado orixinalmente na revista Ecologista nº97 e no espacio ecofeminista Saltamontes.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Medio ambiente
Medio ambiente Máis de 200 colectivos esixen transparencia sobre a mina Doade e piden a intervención do Parlamento Europeo
Organizacións de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, esixen a Bruxelas acceso á documentación sobre a explotación prevista, denunciando opacidade, privilexios empresariais e risco ambiental en zonas protexidas de Galiza.
Galicia
Galicia Más de 200 colectivos exigen transparencia sobre la mina Doade y piden la intervención del Parlamento Europeo
Organizaciones de toda Europa, lideradas por SOS Suído-Seixo, exigen a Bruselas acceso a la documentación sobre la explotación prevista, denunciando opacidad, privilegios empresariales y riesgo ambiental en zonas protegidas de Galicia.
Minería
Minaría Bruxelas cava fondo: litio galego para o novo militarismo europeo
No medio do rearme ordenado pola UE, Galiza entra no ámbito xeopolítico como potencial provedor de litio para a industria de defensa. Un enclave de alto valor ecolóxico en Doade (Ourense) converterase en canteira de baterías militares.
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
República Dominicana
República Dominicana El Gobierno de Abinader desafía a la ONU expulsando mujeres embarazadas y recién paridas desde los hospitales
La campaña contra las migrantes haitianas del Gobierno de República Dominicana ha llegado a las maternidades. Decenas de mujeres embarazadas o con sus bebés en brazos han sufrido esta política.
Reducción de jornada
Trabajo El Gobierno aprueba el proyecto de ley para reducir la jornada laboral a 37,5 horas
La norma pasará al Congreso donde no cuenta con los apoyos necesarios de todos los socios de Gobierno, por lo que la Ministra de Trabajo ha apelado a la responsabilidad del Partido Popular para que esta nueva jornada laboral salga adelante.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.