Música
Reforestar o folclore a través da vangarda musical galega

O ciclo musical VanGal terá lugar esta fin de semana e presenta o traballo de catro artistas multidisciplinares que están a mudar o paradigma musical na Galiza.

Faia Ao cabo leirin
Faia. Arquivo VanGal
5 nov 2020 10:30

Marcos Gendre, quen se autodefine coma un espeleólogo musical, viviu en Barcelona por nove anos. Conta que cada vez que tornaba á Galiza, a súa terra natal, sorprendíase por todas as propostas musicais que retomaban o folclore galego para darlle un xiro novidoso. O seu primeiro instinto foi pensar en levar unha parte dese escenario musical cara a fóra, traspasar fronteiras. Mais pouco despois, logo de charlar co seu compañeiro Adrián Herrero, con quen conforma o colectivo Ruido de Fondo, xurdiu a pregunta: “por que non facelo aquí na Galiza?” Así empeza a historia do ciclo VanGal, un evento que convoca a catro artistas que tomarán a Igrexa de Santo Domingos de Bonaval coas súas actuacións musicais. Ademais no Museo do Pobo Galego terán encontros co público nos que presentarán outros traballos. “A idea era amosar o que se está facendo a nivel de vangarda aquí na Galiza. Nesta primeira edición, o que me veu á cabeza foi o traballo que esta facendo xente que toma as raíces e o folclore e lles da unha nova volta”, comenta Marcos Gendre.

A idea era amosar o que se está facendo a nivel de vangarda aquí na Galiza

O ciclo está organizado polo colectivo Ruido de Fondo e o Museo do Pobo Galego. A programación está composta polas artistas Faia Díaz, Laura LaMontagne xunto a PicoAmpeiro, MounQup (Camile Hèdouin) e Teresa Ferreiro. Sobre o feito de que todas as participantes sexan mulleres, Gendre comenta: “Nin sequera pensei en que foran mulleres, iso saíu só. Ao escoller dinme de conta que tanto Camile, como Faia, Laura e Teresa amosaban e cumprían esta faceta de vangarda e de investigación desde catro prismas moi diferentes.”

As artistas da vangarda galega

Para os organizadores de VanGal, o seu concepto de vangarda vai entrelazado coa idea de “reforestación do folclore”. É dicir, pensar fóra dos termos establecidos, ir aló dunha idea do folclore que se limita a facer unha referencia a un imaxinario do que é o rural.

“Creo que é moi importante, sobre todo, amosar a riqueza e a diversidade de posibilidades que ten o folclore... Creo que o tema do folclore está moi ancorado no pasado, parece que é difícil sacalo de alí, e ese tamén é o obxectivo de VanGal”, comparte Gendre.

O programa do ciclo destaca por ser heteroxéneo, as súas protagonistas abordan a musica desde o experimental e desde a investigación sobre distintos xéneros musicais.

Laura LaMontagne naceu en Lugo. É cantante e poetisa. No seu traballo musical, non só toca música electrónica a secas, senón que fai pontes coa música doutros continentes. Presenta música transoceánica e cantigas de amigo ás novas xeracións a través do loop.

Faia ten gañado recoñecementos en La Habana, Barcelona e Perugia. En VanGal presentará o seu traballo sobre a transmisión oral e a gravación sonora.

MounQup é o proxecto da compositora, produtora e cantante francesa Camile Hèdouin, a quen moitos chaman “a Björk galega”. Ao respecto dela, Marcos Gendre comparte que lle interesaba “o traballo que fai ao conectar coa súa herdanza da música e dos ritmos africanos. Interesábame a correlación que ten co sentido do ritmo que hai no folclore galego”.

Teresa Ferreriro medrou en Santiago de Compostela. Ela reinventa o folclore galego a través das súas sesións de DJ. Traballa mesturando e experimentando coa música electrónica, as cantigas galegas, a música techno e house.

O aspecto multidisciplinar

Todos os concertos das artistas están acompañados por un encontro co público. “Unha das ideas desta primeira edición era amosar que o espazo de investigación de cada una delas non é soamente a música, senón que tamén teñen outras vertentes. Son artistas multidisciplinares. “Teresa Ferreiro é una autora de cómics e o traballo que imos ver ten que ver coas súas ilustracións de Castelao, o traballo de Laura LaMontagne e PicoAmpeio está relacionado coas posibilidades de manexar os nosos sentimentos e afectos a través dunha musica que pode ser manipulable incluso por nós co artefacto que teñen preparado para a exposición”, explica Marcos e continúa:“O caso de Faia vai ser un traballo conectado cos arquivos do mesmo Museo do Pobo Galego e todos eses obxectos que foron importantes na súa vida familiar e na súa hora de constituír a súa personalidade creativa. E, finalmente, no caso de MounQup, destaca o seu apego ao traballo audiovisual e as súas pesquisas sobre as forzas femininas asociadas ás divindades.”

Esta serie de encontros permitirá aos espectadores entrar en contacto cos traballos e conceptos de cada unha das artistas, que van alén do seu mundo musical. “Elas están centradas na música pero está claro que teñen outras inquietudes, que hai algo moito mais forte detrás.”, conclúe Gendre.

A constante incertidumbre da cultura

Malia os tempos que corren, os organizadores de VanGal están decididos a facer fronte á pandemia. “O que temos claro é que, en caso de que non se puidese facer o ciclo nas datas programadas, habería que volver a programalo máis adiante, porque aquí non hai soamente un traballo de concertos, senón que as catro artistas prepararon as súas exposicións, que é un traballo de meses” comenta Gendre.

A cultura é tamén un ben primario: sen cultura non hai coñecemento

Por outra banda, Marcos tamén ten claro que seguir adiante con VanGal é importante no presente clima cultural marcado pola crise sanitaria: “non podemos deixar de propoñer cousas culturais. Este ramo está sendo moi perxudicado pola pandemia. Tanto aos niveis dos artistas, como da xente que traballa arredor deste sector. Neste senso, non podemos darnos por vencidos, nin deixar de amosar que estamos facendo cousas que teñen que ser consideradas polos organismos políticos, que poderían ollar máis cara á cultura. Moitos falan de bens necesarios... pois a cultura é tamén un ben primario: sen cultura non hai coñecemento, non existe a transmisión de valores que nos fan persoas e, alén diso, que espertan a nosa sensibilidade. Algo que é cada vez máis importante nestes tempos de tanta manipulación de redes sociais, e de todo o que nos contextualiza e nos rodea en cada momento”.

O ciclo VanGal terá lugar os días 6, 7 e 8 de novembro na Igrexa de Santo Domingos de Bonaval, onde se realizarán os concertos e no Museo do Pobo Galego, onde ocorrerán os encontros e exposicións das artistas. 

Cartel VanGal
Arquivado en: Galicia Culturas Música
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra na túa conta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Arte y política La censura sobre Gaza fue una de las principales amenazas a la libertad de expresión artística en 2024
El informe anual de la organización Freemuse sobre el estado de la libertad de expresión artística en 2024 alerta del incremento de la censura y la persecución en un contexto de guerra e inestabilidad.
Culturas
Opinión Macrofestivales o la romantización del hiperconsumo
No hay macrofestival ético, del mismo modo que no hay banco que piense en las personas. La forma de construir relaciones sociales, así como el lugar desde donde estas se producen son importantes.
A Catapulta
A Catapulta O mapa afectivo conectado a través da poesía
O poeta, escritor e dinamizador Tiago Alves visita A Catapulta e reflexiona sobre as conexións na lusofonía
Galicia
Galicia A Xunta aprobou a celulosa de Altri argumentando que a súa cheminea de 75 metros sería “icónica”
O Informe de Patrimonio Cultural, favorable á multinacional, emitiuse con base en dúas encargas externas, contratadas e pagadas pola empresa ao ex presidente e ao actual tesoureiro de Icomos-España.
Alemania
Alemania Friedrich Merz es elegido canciller alemán por la gran coalición tras una jornada de suspense
El nuevo canciller alemán supera una votación extraordinaria tras un sonoro fracaso en su primer intento. Los conservadores gobernarán con el partido socialdemócrata.
Israel
Israel Netanyahu acelera los planes de ocupación total de una Gaza diezmada por el hambre
El ejército israelí quiere movilizar a 30.000 reservistas para una nueva expansión de la ofensiva sobre Gaza. Las organizaciones dependientes de la ONU alertan de la hambruna y las enfermedades en un enclave en el que escasea el agua potable.

Últimas

Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Madres organizadas contra los arrancamientos piden una reunión con Infancia
Pamela L.C. ve a su bebé dos horas a la semana después de que se lo retiraran dos días después de su nacimiento. Ella y otras madres han decidido organizarse para pedir medidas que frenen los arrancamientos.
Madrid
Madrid Sareb amenaza con desahuciar el centro social La Animosa, en Hortaleza
Los colectivos que participan del centro social okupado, y que han dado vida a este espacio durante los últimos cuatro años, convocan a defender su permanencia aunque se ha retrasado la fecha de desalojo hasta el 26 de mayo.
Opinión
Opinión España ya roza el 2,5% en gasto militar
Según el autor, investigador del Centre Delàs, el gasto militar real del Estado español será de 40.457 millones de euros y representará respecto al PIB el 2,48%. A esto se sumarán las inversiones comprometidas en programas de armamento.
Comunidad de Madrid
Universidad pública El alumnado de la UNED denuncia el “modelo antipedagógico” tras la supresión de tutorías presenciales
El proceso de eliminación de clases se remonta a 2008, aunque ha sido este año, con el nombramiento Claudia Sevilla como directora de centros asociados de Madrid, cuando el gobierno de Ayuso “ha pisado el acelerador”.
Opinión
Opinión El rentismo es racismo
La posición de las personas migrantes y racializadas en el conflicto del alquiler nos coloca como sujetos esenciales e imprescindibles en la lucha por la vivienda.

Recomendadas

Laboral
Laboral Coidar sen dereitos: a loita das traballadoras nas residencias privadas de Galiza
Sen tempo nin medios para ofrecer uns coidados axeitados, alertan dunha situación insostible nos centros e denuncian a privatización dun servizo a costa do benestar das persoas maiores e dependentes.
Alemania
Alemania Ines Schwerdtner: “Los conservadores tienen esta estrategia de normalizar la AfD, pero eso ha salido muy mal”
De profesión periodista, Ines Schwerdtner ha sido una de las responsables del ascenso de Die Linke, un partido que pasó de no aparecer en las encuestas a superar el 8% en las elecciones de febrero.